Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e XosĂŠ Seoane
A Guerra Civil española suscitou unha auténtica explosión creativa con clara intención propagandística. Os carteis son unha testemuña gráfica que debe ser considerada como unha fonte histórica máis. A propaganda impresa da guerra vai unida á loita ideolóxica da época: foi a chamada guerra da tinta.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
O cartelismo cultivouse en ambos os dous bandos. A temática é do máis variada: exaltación dos fins da guerra e dos combatentes, consignas políticas e consellos, propaganda, ridiculización e acusación do inimigo, celebracións… Os organismos estatais, os partidos políticos, os sindicatos, os periódicos, o exército..., todos recorrerán aos carteis.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
O presidente da II República, Manuel Azaña, consideraba que condenar a violencia era a súa maior responsabilidade. No segundo ano da contenda dixo: É obriga moral, sobre todo dos que padecen a guerra, cando remate como nós queremos que remate, sacar da lección e da musa do escarmento o maior posible. E cando o facho pase a outras mans, a outros homes, a outras xeracións, que se acorden, se algunha vez senten que lles ferve o sangue iracundo e outra vez o xenio español volve a se enfurecer coa intolerancia e co odio e co apetito de destrución, que pensen nos mortos e que escoiten a súa lección: a deses homes que caeron embravecidos na batalla loitando magnanimamente por un ideal grandioso e que agora, abrigados na terra materna, xa non teñen odio, xa non teñen rancor, e nos envían, cos escintileos da súa luz, tranquila e remota como a dunha estrela, a mensaxe da patria eterna que lles di a todos os seus fillos: Paz, Piedade, Perdón. Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
A República emprendera reformas para que a muller saíra da marxinación e fora recoñecida como unha cidadá cos mesmos dereitos que os homes. Así en novembro de 1933, por vez primeira, máis de 6 millóns de mulleres tiveron dereito a exercer o voto. Durante a guerra o esforzo educativo continuou favorecido pola necesidade do momento: formación profesional, alfabetización, incorporación á industria de guerra... Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
En Catalu帽a, a organizaci贸n anarquista Mulleres Libres organiza a retagarda e milita contra a prostituci贸n.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xos茅 Seoane
As milicias populares xorden no bando republicano ante a desorganización militar e a desintegración do Exército nos primeiros días da sublevación militar. Partidos políticos, sindicatos e o pobo deteñen a sublevación. As milicias antifascistas estaban integradas por voluntarios obreiros e campesiños e tamén por numerosos continxentes de mulleres. Os milicianos tiñan en común o mono azul de traballo e a súa inexperiencia en combate.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
Os xenerais que o 17 de xullo de 1936 se rebelaron contra o goberno lexítimo da República, xustificáronse dándolle o nome de “Glorioso Alzamento Militar”. Francisco Franco aos poucos meses foi nomeado Xeneralísimo de todas as Forzas Armadas e Xefe do Estado da España nacional. O triunfo foi posible, en grande medida, grazas á axuda militar prestada polas potencias fascistas: Italia, Alemaña e Portugal, que encontraron unha boa ocasión para practicar a política expansionista e de militarización.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
A Falanxe Española foi o único partido político permitido e participou activamente na guerra dende o principio. De ideoloxía fascista, fora fundada por José Antonio Primo de Rivera no ano 1933. O seu pensamento baseábase en ideas totalitarias e na tradición española; reivindicaba a abolición da democracia, o antimarxismo e o feroz nacionalismo.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
O Alzamento fracasou na España máis industrializada e desenvolvida do leste e do norte, con maior número de obreiros industriais e unha agricultura máis evolucionada. O sindicato ferroviario, representado por unha locomotora, símbolo do progreso, arrolla o fascismo.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
Ao exército republicano resultáballe moi difícil gañarlle posicións ao exército inimigo e formáronse dúas visións diferentes de como organizarse para gañar a guerra. O Partido Comunista, que ao principio tiña pouca importancia, comeza a ter influenza dende que a URSS se convertera no único país en apoiar a República (xunto con México), adoptou o lema “abandonar a revolución para primeiro gañar a guerra”. Por este motivo comezan a vixiar os oficiais pouco leais e a adoutrinar os soldados para que se opuxeran a calquera intento de traizón ou deserción.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
A sublevación militar propiciou unha “revolución social” que crearía unha nova forma de vida en común. Dende séculos a máxima aspiración dos campesiños era a propiedade da terra e agora organízase un movemento espontáneo de colectivización das terras que se estende en pouco tempo por amplas áreas da zona republicana, seguindo modelos que variaban dun lugar a outro: colectivización forzosa de latifundios e voluntaria das fincas pequenas; crean moedas locais, vales, incluso abolición dos cartos.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
A mariña e a aviación españolas permaneceron na súa maioría fieis á República. Na segunda fase da guerra o Estado Maior de Franco cambiou de táctica despois do fracaso do intento da toma de Madrid. A cidade foi bombardeada dende o aire para quebrar a moral da poboación. Por primeira vez na historia das guerras, a poboación civil coñeceu o terror dos bombardeos sistemáticos dende o aire. Non obstante, a resistencia permaneceu inquebrantable. Na batalla de Madrid tiveron lugar os primeiros combates aéreos entre as forzas italo-xermanas, por unha banda, e os cazas rusos (súper moscas), pola outra.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
En España póñense a proba estratexias ofensivas que se empregarán na Segunda Guerra Mundial. O 26 de abril de 1937, avións italianos e bombardeiros alemáns da “Lexión Cóndor” destruíron a cidade de Guernica nun brutal bombardeo de tres horas. Esta localidade ten un valor especial para os vascos xa que a Deputación Provincial tiña o costume de se reunir en torno a un carballo centenario, símbolo das liberdades vascas. Hitler nas súas “charlas de sobremesa” mencionaba que Franco debería erixir un monumento aos “Junker 52”, xa que a “revolución española” debíalle a súa vitoria a ese modelo de avión.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
No bando republicano a actividade cultural incluíuse no exército regular. A guerra non era soamente pegar tiros. Nas trincheiras facíase un importante labor cultural para combater o analfabetismo e para democratizar a cultura. Publicáronse uns 2.400 libros; a política cultural do goberno republicano impulsou unha cultura lectora sen precedentes que non se volvería a alcanzar.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
No bando republicano, a guerra produciu unha exaltación do saber como instrumento de liberación e de vitoria. Creáronse milicias da cultura e desenvolveron a súa tarefa nas frontes, xa que a maioría dos mozos mobilizados eran campesiños, e deles, preto dun 80% eran analfabetos.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
O 2 de outubro decretouse a mobilización xeral para salvar Madrid. Miles de persoas fortificaron os accesos e o interior da cidade. Mentres homes e mulleres cavaban foxos, nacían consignas que se fixeron míticas coma “NO PASARÁN”.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
A onda de simpatía que espertou a causa da República en Europa e América deron paso á formación de unidades de estranxeiros de diversas nacionalidades, denominadas Brigadas Internacionais, integradas por soldos veteranos da Primeira Guerra Mundial, obreiros, estudantes ou intelectuais que viñeron a España a loitar contra o fascismo. A finais de 1995, o Parlamento español aprobou unha proposición non de lei que lles concedía aos brigadistas da Guerra Civil a nacionalidade española. Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
Os primeiros momentos da guerra foron para o bando republicano un período de autodefensa. Ao non haber un auténtico exército, as organizacións políticas e sindicais, sen esperar instrucións ou consentimento do Goberno, ármanse elas mesmas e lánzanse contra as tropas rebeldes. O PCE quería o esforzo conxunto contra o “alzamento fascista” das centrais sindicais, CNT e UXT, e a unificación das organizacións xuvenís socialistas e comunistas. Pero os políticos socialistas negáronse xa que desconfiaban do protagonismo que o PCE tentaba ter.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
Os chamamentos á loita contra o fascismo serán continuos. A medida que se alonga a guerra, o Goberno republicano trata de crear un exército eficiente preparado para entrar en acción, pero ao principio soamente dispuñan de columnas heteroxéneas de milicianos insuficientemente organizadas. Nestas columnas recibirán o seu bautismo de fogo moitos homes que chegarían a ser famosos comandantes milicianos: Juan Modesto, Valentín González “O Campesiño”, o coruñés Enriqe Líster ou Cipriano Mera.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
Nos lugares onde a forza da CNT era maior, como Cataluña, o campo aragonés e, en menor grao, na Mancha, as transformacións revolucionarias foron máis profundas. Baixo o vello lema “a terra para quen a traballa”, os campesiños vían como no campo económico se estaba a producir a “revolución social” á que aspiraban os anarquistas: o comunismo libertario cun reparto equitativo, todo é de todos, polo tanto, todos traballan, todos se forman porque hai tempo e un ordenamento social sen dominación.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
En maio de 1937 ante o continuo avance dos nacionais, encárgaselle a dirección da guerra ao socialista Indalecio Prieto, representado no cartel, quen forma un exército cun mando único, o Exército Popular. Neses momentos os comunistas teñen grandes influencias no goberno porque a URSS era a única potencia estranxeira que apoiaba con armas á República.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
Madrid xa na primeira fase da guerra, xullo 1936 - primavera 1937, comeza a recibir refuxiados que foxen do avance das tropas de Franco. Mentres que o goberno se traslada a Valencia as organizacións políticas e sindicais asumen tarefas asistenciais como a evacuación. A poboación civil xunto co Quinto Rexemento cava trincheiras, levanta barricadas... Lograron resistir ata finais de marzo de 1939.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
A Guerra de España foi un dos feitos históricos con maior repercusión na opinión pública mundial. O pobo de Francia emprendeu múltiples iniciativas de solidariedade a prol do pobo español e a democracia republicana, malia que o seu goberno, Estado democrático, creara o Comité de Non-Intervención para non axudar a ningún dos bandos por medo a unha guerra mundial. Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
Cando comeza a sublevación militar, os anarquistas (CNT –FAI) e os socialistas do POUM consideraron que era o momento de poñer en práctica os seus ideais: suprimir o Estado, acabar coa propiedade privada e substituílo por un mundo igualitario e sen explotación. Isto formulou unha cuestión no bando republicano que foi motivo de enfrontamentos: ¿Era máis importante gañar a guerra, ou facer a revolución social?
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
A columna España Libre foi unha de tantas que loitaron contra o fascismo. Integrada por militantes da CNT formouse en setembro de 1936. Nun primeiro momento chamouse Batallón España Libre. En outubro dese mesmo ano pasou a denominarse Columna España Libre e contaba con 1236 homes. En decembro xa eran 2215. Participaron na defensa de Madrid.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
O POUM –Partido Obreiro Unificado Marxista- foi un partido creado en setembro de 1935. O seu obxectivo principal era o triunfo da revolución democrático-socialista en España. Para logralo era indispensábel a unión de toda a clase traballadora.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
Este cartel conmemora a proclamación da Segunda República española, o 14 de abril de 1931. A II República abriría o camiño a unha época de cambios e transformacións na sociedade española, pero as reformas, insuficientes e lentas para uns e excesivas para outros, dividirían o país en dous bandos irreconciliables que se enfrontaron coas armas durante tres anos de fratricida Guerra Civil.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
España converteuse en lugar ideal para as ambicións expansionistas e de incremento do fascismo italiano. A axuda italiana ao bando sublevado consistiu no envío dunha grande unidade, o Corpo di Truppe Volontaire (CTV) de 40.000 soldados e armas, participando na toma de Málaga, a batalla de Guadalaxara e na guerra do Norte.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
Do mesmo xeito ca Francia, Gran Bretaña non quixo comprometerse en España. Se apoiaba á República era fiel ás súas ideas democráticas, pero tiña intereses económicos que defender e tiña medo da agresividade de Alemaña e Italia. Neste caso, de novo é a opinión pública a que emprende iniciativas de solidariedade con mitins, propaganda e recadacións par o envío de víveres, roupa e medicamentos.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
Cartel que amosa a intención da República de unificar todas as milicias nun Exército Popular (1937) para que gañasen efectividade. Papel importante nesa reorganización tivo o PCE, especialmente o seu Quinto Rexemento que coa súa disciplina, colaborou na creación dun exército eficaz e organizado. (A influencia do Partido Comunista foi medrando ao longo da guerra, aínda que dependían das directrices que Stalin marcaba dende a URSS.)
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
Cartel republicano no que se ridiculizan os piares da España Nacional: banqueiros fascistas, igrexa, xenerais, lexionarios e regulares, que intentan aforcar a España por medio dunha Cruzada de Liberación.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
O heteroxéneo exército da República (milicias, soldados regulares, forzas da orde, Brigadas Internacionais) facía preciso, coma no bando rebelde, disciplina e mando unificado.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
A guerra de España foi interpretada como unha loita histórica entre o fascismo e a democracia e por iso as organizacións obreiras e sindicais enviaron axudas de todo tipo. Moitos homes e mulleres chegaron xa en outubro do 1936 para combateren en favor da República. O intelectual francés André Malraux, o novelista americano Hemingway e o inglés Orwell, formaron parte destas brigadas internacionais.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
A axuda en homes para a República consistiu na chegada masiva de voluntarios de todas as procedencias. Normalmente eran recrutados a través das oficinas dos partidos comunistas e socialistas. Formaron as coñecidas e populares Brigadas Internacionais, que durante a guerra formaron grupos de voluntarios de arredor de trinta mil homes.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
As organizacións políticas e sindicais asumiron tarefas asistenciais, como a evacuación, símbolo insuperábel do que supón unha guerra civil. Xa dende os primeiros meses de guerra moitas familias tiveron que abandonar os seus fogares ante o avance das tropas rebeldes. Como non se podía evacuar a todos, déuselles prioridade aos nenos. Preto de 13 000 foron embarcados con destino a diversos países europeos, americanos ou á URSS.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
No bando nacional, todos os que non aceptaran o chamado “Movimiento” eran cualificados como esquerdistas e eran depurados ou incluso “eliminados”. “Roxos”, por asimilación a comunistas, foi o cualificativo que englobou a todo español da zona republicana, independentemente de que fora republicano, socialista, anarquista, catalán ou vasco. Neste cartel vemos ademais como os xudeus, representados coa estrela de David de cinco puntas, son tamén obxecto de persecución, respondendo a un dos principios do fascismo, o racismo, a crenza de que existen seres superiores con dereito a perseguir e someter a outros, supostamente inferiores, neste caso os xudeus. Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
Para organizar o novo Estado, os sublevados inspiráronse no modelo dos estados fascistas italiano e alemán que tanto lles axudaban. Estableceron un partido único, Falanxe Española Tradicionalista e das JONS, unificando a falanxistas e carlistas. Franco sería o xefe do Partido e o xefe do Estado. O uniforme constaba de camisa azul, da Falanxe, e de boina vermella, dos carlistas. O saúdo era de estilo fascista co brazo dereito en alto.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
A Guerra Civil foi gañada polo bando nacional, integrado por unha coalición dereitista de oficiais do Exército, terratenentes, empresarios e eclesiásticos que, asustados ante a Constitución de 1931, frearon as reformas emprendidas pola República no primeiro intento serio de modernización de España. Emprenderon unha contrarrevolución e restableceron os vellos privilexios. Para eles foi unha guerra santa, unha CRUZADA, bendicida pola Igrexa. Foi a cruzada dos bos españois nacionais contra os malos españois roxos. O lema España resucita, agacha a sede de vinganza dos vencedores que nunca pensaron na reconciliación. Todos os anos da era de Franco, o 1 de abril conmemorábase o Día da Vitoria, recordando ano tras ano a división do país en dous: o dos vencedores e o dos vencidos. Para moitos, a Guerra Civil durou ata 1975, ano da morte do ditador, pois soamente entón recobraron o dereito a existir e a igualdade de dereitos. Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
Auxilio Social foi outra organización de mulleres dedicada á asistencia social no novo Estado. Ocupouse na guerra do reparto de comida polas rúas, abriu centros para nenos, casas de nais, comedores e centros de maternidade. Máis adiante crearon fogares berce, fogares profesionais e de estudos superiores. Foi fundado por Mercedes Sanz Bachiller, seguindo o modelo do Wintherhilfe alemán.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
No bando nacional o Requeté foi unha fanática milicia que dende o primeiro momento se uniu á sublevación militar. Pertencían ao grupo Comuñón Tradicionalista dos Carlistas, que baixo o lema Deus, Patria e Foros, defendían unha sociedade antimoderna baseada no poder absoluto do monarca, na tradición nacional e na preeminencia da Igrexa Católica. Con eles a cruz converteuse no símbolo de identificación do bando nacional e as súas ideas serviron de apoio ideolóxico. Pamplona era o centro do monarquismo carlista. Os requetés, que entre 1934 e 1936 recibiran instrución militar na Italia de Mussolini, colaboraron cos falanxistas na imposición do poder por medio do terror. Estes horrores dos que foron responsables foron aprobados pola Igrexa e as forzas da lei e a orde: o Exército, a Garda Civil e a Policía.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
A situación da muller no bando nacional experimentou un profundo retroceso. Vólvese a unha sociedade patriarcal na que o papel da muller se reduce á familia e ao fogar, sempre cun matiz de submisión ao varón. Falanxe Española das JONS posibilitou que a muller desenvolvera labores sociais a través da Sección Feminina. Labores como enfermeiras, asociacións de beneficencia, lavadoiros, atención aos orfos..., tarefas consideradas puramente femininas.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
En maio de 1931, ao pouco de terse iniciado a II República, o Seminario de Estudos Galegos redactou un Anteproxecto de Lei do Estatuto de Galicia. En 1932, o alcalde de Santiago de Compostela, Raimundo López Pol, convocou unha asemblea de concellos de Galicia na que se acordou constituír unha comisión redactora do Estatuto. Nesa comisión estaban, entre outros, Manuel Lugrís Freire e Alexandre Bóveda. O 19 de decembro de 1932 aprobouse o documento definitivo co apoio do 77% dos concellos galegos.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
A campaña polo SI do estatuto foi espectacular. Castelao, Seoane, Isaac Díaz Pardo… e tantos outros contribuíron á campaña con carteis, con entusiasmo e coa súa participación en mitins de apoio por toda Galicia.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
O 28 de xuño de 1936, logo dunha demora provocada entre outros factores polas disensións entre as forzas políticas galegas, desenvolveuse o plebiscito do estatuto. Participou o 74,56% do censo electoral, con 993.351 votos a favor e 6.161 en contra. Neses momentos era presidente do Goberno da II República o coruñés Santiago Casares Quiroga.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
O Estatuto de Autonomía de Galicia non chegou a ser aprobado nas Cortes por mor do inicio da Guerra Civil. O 15 de xullo de 1936, Gómez Román e Castelao, entregáronlle ao Presidente das Cortes Españolas o texto do estatuto aprobado en referendo para o inicio dos trámites para a súa aprobación. As Cortes republicanas, trasladadas a Cataluña, admitiron a trámite o estatuto o 1 de febreiro de 1938, pero non se chegou a discutir nin a aprobar.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane
Visita de membros do Partido Galeguista á Coruña. Figuran na fotografía Castelao, Lugrís Freire e Antón Vilar Ponte. O Partido Galeguista naceu en decembro de 1931 como resultado da unión de distintos partidos galeguistas, republicanos, dos membros das Irmandades da Fala, etc.
Mitin de autoafirmación galeguista no ano 1931, diante do monumento dedicado aos mártires de Carral. No centro da imaxe, dirixíndose aos participantes, Manuel Lugrís Freire.
Cartelismo na guerra civil (1936-1939).Textos: Pilar Facal e Xosé Seoane