OS DEMOSTRATIVOS A diferencia dos pronomes persoais que teñen sempre función substantiva, os demostrativos pódena ter substantiva ou adxectiva. En función substantiva contan con tripla flexión de xénero: masculino, feminino e neutro. Cando funcionan coma un adxectivo, acompañan a un nome, ó que presentan e modifican. FORMAS
singular plural singular plural singular plural
masculino este estes ese eses aquel aqueles
feminino esta estas esa esas aquela aquelas
neutro isto iso aquilo
CONTRACCIÓNS COAS PREPOSICIÓNS
este esta isto ese esa iso aquel aquela aquilo
EN neste nesta nisto nese nesa niso naquel naquela naquilo
DE deste desta disto dese desa diso daquel daquela daquilo
CONTRACCIÓNS CO INDEFINIDO OUTRO As formas dos demostrativos contraen co indefinido outro. As formas resultantes só admiten morfemas de xénero e número no segundo elemento.
masculino feminino masculino feminino masculino feminino
singular estoutro estoutra esoutro esoutra aqueloutro aqueloutra
plural estoutros estoutras esoutros esoutras aqueloutros aqueloutras
Exemplos: Non quero estes discos, prefiro aqueloutros. Entre eses e esoutros non hai diferencia. Dáme aqueloutras, que me gustan máis. USOS ESPECIAIS DALGÚNS DEMOSTRATIVOS 1- As formas aquel, aquela poden funcionar coma un substantivo e con diferentes significados: Ten moito aquel para xogar ó balón. ( Moito xeito, moita gracia ). Preparaba a comida con moita aquela. ( Con moito coidado ).
2- Ás veces úsanse os verbos aquelar e aqueloutrar, con significados moi diferentes segundo o contexto: Hasme aquelar esa radio, se fas o favor. ( Amañar ) Desde que se foi vivir fóra anda moi aqueloutrado. ( Preocupado ) 3- A contracción daquela é moi empregada e ten un dobre valor: Adverbial, equivalente a a entón : daquela bailábase doutro xeito. Valor de conxunción, co sentido de polo tanto: Non estudiaches, daquela vas suspender. 4- Nisto, nestas, con estas poden funcionar coma adverbios co significado de: entón, de repente, ó momento de acontecer: Prendín o televisor e nisto soou o teléfono. Estabamos na praza e nestas botouse a chover.
OS POSESIVOS O mesmo que os demostrativos e os artigos, os posesivos son presentadores e actualizadores e poden ter función adxectiva ou substantiva. Expresan unha idea de posesión, que vai referida ás persoas gramaticais. FORMAS
Persoa 1ª sing. 2ª sing. 3ª sing. 1ª plur. 2ª plur. 3ª plur.
Singular Masculino Feminino meu miña teu túa seu súa noso nosa voso vosa seu súa
Plural Masculino Feminino meus miñas teus túas seus súas nosos nosas vosos vosas seus súas
As formas dos posesivos son as mesmas tanto en función adxectiva coma substantiva: dáme as miñas chaves / dáme as miñas. Os posesivos esixen a presenza do artigo, excepto cos vocativos. Cos nomes de parentesco este uso é opcional. Tampouco se pon o artigo nalgúns casos nos que o posesivo vai posposto ó substantivo: Colleu o seu bolso e saíu. Que tal che vai, meu amigo? A miña nai chegará maña / Miña nai chegará mañá. Chamoume un amigo teu. VALORES ESPECIAIS DO POSESIVO 1- As formas de meu, de teu, de seu, de noso, de voso, de seu, úsanse para expresar pertenza exclusiva ou calidade propia por natureza: ten piso de seu ( pertenza exclusiva ); é xeneroso de seu ( ten esa calidade por natureza) 2- As formas cadanseu/s, cadansúa/s teñen un sentido distributivo: Xogaban con cadanseu balón; as mulleres levaban cadansúa cesta na cabeza. 3- Nalgunhas locucións podemos utilizar o posesivo feminino no canto da preposición de seguida de pronome persoal: está detrás túa ( de ti ) 4- As formas de primeira persoa poden indicar familiaridade: senta aquí, meu amigo. 5- Usados con numerais poden equivaler a unha expresión que indica cantidade aproximada: ata alí haberá os seus setenta quilómetros.