qwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwerty uiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasd fghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzx A ORQUESTRA DE CLARA cvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq ADAPTACIÓN DO TEXTO DE ELISA RAMÓN wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg hjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxc vbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg hjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxc vbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg hjklzxcvbnmrtyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwert yuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopas BIBLIOTECA E EDLG CEIP ADR CASTELAO RIANXO
BIBLIOTECA E EDLG CEIP ADR CASTELAO RIANXO
A ORQUESTRA DE CLARA Os país de Clara eran músicos. O pai tocaba o piano e a nai o violonchelo. Clara criouse entre música, instrumentos e partituras. O instrumento que máis lle gustaba era a trompeta. Tocábaa a todas horas, sen parar, e non por obriga ,senón porque era o que máis lle satisfacía na vida. Coa trompeta ía a todas partes: á escola, ás excursións e ás festas dos seus amigos. Con frecuencia pedíanlle que tocase unha canción. Escoitábana en silencio e coa boca aberta entusiasmados. Cos anos, converteuse nunha gran trompetista. Actuaba cos pais nos mellores teatros do mundo. A música saíalle de dentro, do máis fondo. As notas rebordaban sentimento e o público emocionábase. A música chegáballes ao fondo do corazón.Mesmo, algún choraban. Pero non de tristeza senón de felicidade. Tamén se pode chorar de felicidade. Saían da sala con ganas de compartir a súa alegría. Clara decatábase e pensaba: -QUEN ME DERA QUE A MÚSICA GUIASE O MUNDO. Estaba convencida de que a música espertaba os sentimentos máis nobres, e era capaz de borrar algún dos problemas que había no mundo Pensaba isto porque o mundo se trastocaba. En moitos lugares da Terra había guerra e semellaba que non pararía. Malia as manifestacións en contra da guerra e a favor da paz, a situación complicábase, e cada vez interviñan máis países. Un día Clara recibiu unha carta do Ministerio da Guerra. Mandábanlle incorporarse a filas. Iso quería dicir que a enviaban á guerra. Co desgusto, Clara tocou durante tres día seguidos, día e noite.
2
BIBLIOTECA E EDLG CEIP ADR CASTELAO RIANXO
Chegou o día de marchar. A estación estaba chea de soldados e os seus familiares. Clara despediuse dos pais cun ha forte aperta.Despois colleu a bolsa e a trompeta e subiu ao tren. No tren , Clara coñeceu outros mozos e mozas que tamén mandaran á guerra. Un dos mozos sinalou o estoxo e preguntou: -Que levas aí? -Unha trompeta. Eu son música.-Contestou Clara. O seu compañeiro era pasteleiro. A moza de diante era bibliotecaria. Tamén había un mestre de escola e un pallaso. Tamén unha pintora de paredes. Ningún deles quería ir á guerra. - Tócanos algo para que non pensemos en cousas tristes -pediulle o pallaso. Durante todo o traxecto , o tren encheuse de música. Podíase oír en tódolos vagóns. Clara coñeceu a un violinista e fixéronse amigos. Pola noite tocaron xuntos para escorrentar o medo á guerra. Ao día seguinte, pola mañá, moi cedo enviáronos á fronte. Clara tiña medo. Non quería matar nin que a matasen. Para librarse do medo colleu a trompeta e comezou a tocar. O seu amigo violinista fixo o mesmo. O resto dos compañeiros escoitaban en silencio. De súpeto, do campo inimigo soou unha frauta e un saxofón. Sen deixar de tocar, Clara e o violinista asomaron o nariz pola trincheira. Clara e o violinista asomaron o nariz pola trincheira . Da outra banda o frautista e o saxofonista tiveron a mesma idea. Así os catro músicos víronse as caras. Engaiolados pola música saíron do seu agocho, saltaron o aramado de espiños e reuníronse no medio do campo. Dun lado e do outro seguíanos o resto dos compañeiros.
3
BIBLIOTECA E EDLG CEIP ADR CASTELAO RIANXO
Os sarxentos dos dous bandos berrando gritaban: - Volvede ás trincheiras! Isto é unha guerra!. Por máis que berrasen ninguén lles facía caso. Ao final , cautivados pola música , uníronse ao grupo. Os soldados mesturábanse entre eles e bailaban ao compás das notas. Por todas as vilas que pasaban, a xente saía das casas e polas rúas saudábanos coa man. Todos se unían á cola . Os que sabían tocar un instrumento incorporábanse aos músicos.Diante de todos Clara e a súa orquestra percorrían vilas e cidades. Ao seu paso , os soldados, emocionados pola música e desexosos de volver á casa, abandonaban as armas e uníanse ao grupo, que se facía máis e máis grande, sen distincións. Os políticos e as autoridades militares, avergoñados por estas manifestacións populares, non tiveron máis remedio que asinar a PAZ.
Adaptación do texto Elisa Ramón.
4