wangari e as árbores da paz

Page 1

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA ACTIVIDADES DO LIBRO WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ. DEBUXA A WANGARI LOGO DE LER A HISTORIA.

WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ

EQUIPOS DE BIBLIOTECA EDLG CEIP ADR CASTELAO.


30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Le esta historia: A TERRA ESTABA DESNUDA A SÚA MISIÓN FOI INTENTAR VESTILA DE VERDE. WANGARI MAATHAI. Wangari vive baixo as árbores, á sombra do monte Kenia en África. Escoita o canto dos paxaros no bosque cando vai coa súa nai a buscar leña para cociñar. Axuda a apañar a batata, a caña de azucre e o millo no chan fértil. Wangari medra alta como as árbores do bosque. É moi boa alumna e gaña unha beca para ir a estudar a Estados Unidos.Seis anos despois de rematar os seus estudos, regresa a súa casa en Kenia. Pero moitas cousas cambiaron. Que pasou?- pregúntase. -Onde están as árbores? Wangari ve ás mulleres curvadas polo peso da leña que van buscar moi lonxe das súas casas. Ve a terra arrasada na que nada medra. Onde están os paxaros? Milleiros de árbores foron taladas para construír edificios, pero ninguén sementou árbores novas. Converterase toda Kenia nun deserto?- pregúntase. Wangari pensa na terra seca. Podo sementar algunhas árbores aquí no miña propia horta, de unha en unha. Comeza con nove arboriñas. Os pequenos brotes botan raíces e Wangari anímase a seguir ou continuar sementando. Comeza cun viveiro. Nun descampado, Wangari sementa rego tras rego de pequenas árbores. Logo, convence ás mulleres das aldeas que sementar árbores é cousa boa. Regálalle unha arboriña a cada unha. -A nosa vida será mellor cando teñamos árbores de novo. Xa verán. Estamos sementando as sementes da esperanza. As mulleres dispérsanse polas súas aldeas e sementan largos regos de arboriñas …. Que se estenden como un cinto verde por todo o campo. Os policías rinse . -As mulleres non poden facer isto- din. Necesítanse gardabosques profesionais para sementar ás árbores.

WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ

EQUIPOS DE BIBLIOTECA EDLG CEIP ADR CASTELAO.


30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

As mulleres ignoran as burlas e seguen plantando. Wangari págalles unha pequena cantidade por cada brote aínda vivo despois de tres meses de ser plantado. É a primeira vez na súa vida que gañan cartos. A noticia voa como un murmurio no vento, entre as ramas: o verde está regresando á aldea de Wangari. Pronto as mulleres de outras cidades, pobos e aldeas de Kenia tamén se poñen a sementar logos regos de arboriños. Pero a tala continúa. Wangari plántase firme coma un carballo para protexer as vellas árbores que aínda quedan. Precisamos máis un parque para os nenos que un edificio de oficinas. Pero os gardas non están de acordo. Wangari impídelles o paso. Eles péganlle dinlle que é unha alborotadora e métena na cadea. Wangari mantense firme. O correcto é o correcto aínda que me quede soa. Pero Wangari non está soa. Por toda África expándese a voz sobre as árbores, como ondas nas augas do lago Vitoria. Moitas mulleres entéranse da noticia, e sementan aínda máis árbores en regos cada vez máis longos. Os brotes botan raíces e medran moi alto, ata que hai máis de trinta millóns de árbores onde antes non había ningún. O verde bosque de Kenia renace. As mulleres camiñan coas cabezas ben alto e o lombo erguido porque agora poden recoller leña preto das súas casas. A terra xa non está seca. Batata, caña de azucre e millo medran novamente n aterra escura e fértil. El mundo enteiro oe falar das árbores de Wangari e ao seu exercito de mulleres sementeiras. E si sobes ata a cima do Monte Kenia verás millóns de árbores medrando abaixo, verás o verde que Wangari fixo renacer en África.

WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ

EQUIPOS DE BIBLIOTECA EDLG CEIP ADR CASTELAO.


30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Comprensión lectora: 1º) Quen é a protagonista da historia?………………………………………………………………………… 2º) En que país vivía? …………………………………………………………………………………………………. 3º) A que país vai estudar?................................................................................................ 4º) Durante canto tempo está fóra?.................................................................................. 5º) Que sucede no seu país mentres ela está fóra? ……………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………………… 6º) Que teñen que facer agora as mulleres da aldea para recoller leña? ...............................................………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………………… 7º)Como comeza Wangari a evitar que Kenia se converta nun deserto: Primeiro ……………………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………………… Logo ……………………………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………………… A continuación ……………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………………… Ao final …………………………………………………………………………………………………………………………. ……………………………………………………………………………………………………………………………………… 8º) Por que pegan e meten na cadea a Wangari? ……………………………………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………………… 9º)Con axuda dun mapa colorea o país onde sucede a historia.

WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ

EQUIPOS DE BIBLIOTECA EDLG CEIP ADR CASTELAO.


30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

10º) Para poder cobrar as mulleres que tiña que suceder? ……………………………………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………………… 11º) Inventa un diálogo entre Wangari e os gardas antes de pegarlle e metela na cadea? ……………………………………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………………………………….. ……………………………………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………………… 12º)Ordena alfabeticamente as seguintes palabras da lectura: Mulleres, Wangari, árbores, paz, África, paxaros, leña, alborotadora, regos, bosque. ……………………………………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………………… 13º) Agora co que xa sabes de Wangari invéntate un acróstico co seu nome. W…………………………………………………………………………………………………………………………………… A……………………………………………………………………………………………………………………………………. N……………………………………………………………………………………………………………………………………. G…………………………………………………………………………………………………………………………………… A……………………………………………………………………………………………………………………………………. R……………………………………………………………………………………………………………………………………. I……………………………………………………………………………………………………………………………………..

WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ

EQUIPOS DE BIBLIOTECA EDLG CEIP ADR CASTELAO.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.