PASATEMPOS DESTES TEMPOS Atopa as doce palabras agochadas neste caldo de letras:
SOLUCIÓN: Nadal, Samaín, Magosto, souto, decembro, novembro, outubro, tizón, lareira, cabaza, vendima e setembro.
Xeroglífico : dito popular
a CEIP ADR CASTELAO SOLUCIÓN: Polo Pilar, buxainas a bailar
,
EQUIPO DE BIBLIOTECA EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA
QUEN DIXO QUE AS FESTAS SON TODAS NO VERÁN? Aquí tedes algunhas:
Samaín. A finais de outubro. Cabazas, espíritos, ánimas… Un pouco de medo si que da! Magosto, no mes de novembro. Que boas as castañas asadas! Nadal, finais de decembro. Festas en familia das de toda a vida!
REFRÁNS DE SETEMBRO A DECEMBRO O refraneiro galego ten unha grande riqueza, para mostra un botón: - Polo Pilar, buxainas a bailar - Castaña que está no camiño, é do veciño. - Moita flor na primavera, bo outono nos espera. - Se en setembro empezou a chover, outono seguro é. - Outono chegar, porco cebar. - O día de San Martiño, asa castañas e proba o teu viño. - De Santos a Nadal é inverno natural. - A castaña no Nadal, sabe ben e parte mal. - Tantos días sol en Nadal, como de auga en san Xoán. - Pola Santa Lucía, mengua a noite e medra o día. - No Nadal, alegrote, alegrote, que hay viño na cuba e chourizos no pote. CANTIGAS
"Non chas quero, non chas quero, castañas do teu magosto. Non chas quero, non chas quero, que me cheiran a chamosco" "As castañas son castañas, os ourizos son ourizos; os ollos da tua cara, para min son dous feitizos"
TRADICIÓNS A nosa terra está chea de tradicións, crenzas e costumes que veñen de moi vello, relacionadas coas tarefas do campo, o mar, o tempo e as celebracións. As que a continuación vos propoñemos están relacionadas co Nadal. O TIZÓN DE NADAL É un cañoto grande dun árbore, que nas montanas do leste da provincia de Lugo, en moitos sitios da de Pontevedra, e noutras terras, botan ó lume na noite do 24 de Nadal, e deixan queimar deica a mitá, e o que queda gárdano pra cando hai treboada; entón, bótano de novo a arder na lareira, pra arredar o pedrazo e os raios. Nalgús lados, semella que aproveitan a borralla pra botaren nos eidos, o cual sí que é un verdadeiro rito fertilizante de maxia agraria. Mais tamén tén relación coa presencia das ánimas da familia na noite de Nadal, arredor do lume. O tizón de Nadal é rito coñecido e usado en toda Europa, e faise tamén en moitas partes de Hespaña. En Cataluña vén ser o que chaman o tió, no que baten os nenos da casa pra que lles bote dulces, que os pais lle meten dentro. A súa orixe recúa con seguranza deica os tempos mais vellos." Ramón Otero Pedrayo OS CANTOS DE REIS Existe en Galicia unha fermosa tradición do
"Teño un castiñeiro alto, no tronco ten mil enredos, tampouco os enamorados poden te-los ollos quedos".
Nadal case esquecida por todos: os cantares
OUTONO BONITO, FOLLIÑAS NO CHAN, CASTAÑAS ASADAS, QUE RICAS ESTÁN.
e varios percusionistas recorrían as casas
de reis. Tres ou catro cantores, un gaiteiro
"Ábreme a porta, Marica, que che quero dar castañas;
de vilas de aldeas cantándolle aos reis e ao
-Eu a porta non cha abro, que ben sei as tuas mañas"
Nadal. Como agradecemento, os anfitrións
"Acabáronse as castañas, secáronse os castiñeiro, acabáronse as rapazas; quedan os mozos solteiros.
aos que se lles cantaba, daban ao grupo un aguinaldo. Tradicionalmente, produtos da casa: comida, bebida, uns doces.