Existe en Galicia unha fermosa tradición do Nadal case esquecida por todos: os cantares de reis. Tres ou catro cantores, un gaiteiro e varios percusionistas recorrían as casas de vilas de aldeas cantándolle aos reis e ao Nadal. Como agradecemento, os anfitrións aos que se lles cantaba, daban ao grupo un aguinaldo. Tradicionalmente, produtos da casa: comida, bebida, uns doces, … Recuperemos esta tradición: acordemos entre os ciclos que aulas lle cantan a que aulas e que se pode dar como aguinaldo aos cantores. Aquí vos deixamos algunhas ideas de aguinaldo: -
Unha tarxeta de Nadal para cada neno/a. Unha tarxeta de Nadal colectiva. Unha ilustración de Nadal. Un diploma aos “Mellores cantores de Reis”. Algúns doces típicos de Nadal , noces, peladillas,…
A continuación tedes algúns cantares dos que podedes botar man se vos apetece participar nesta actividade. Se tedes algunha dúbida, necesitades algún material ou realizades algunha actividade de Nadal, pedímosvos nolas fagades chegar: diríxedevos a Palola, Carina ou Thais (coordinadoras dos equipos de Biblioteca, Extraescolares e DLG). Desfrutade destas festas cos alumnos/as.
Un saúdo