OS TRES PORQUIÑOS Había unha vez tres porquiños que vivían no país do Nadal. Chamábanse Turrón, Folerpa e Estrela e dedicábanse a construír regalos para todos os nenos e nenas. Pero no país do Nadal tamén vivía o malvado Lobo Noel, que sempre lles quería roubar os agasallos. Un día, cansos de que o lobo lles roubara, os tres porquiños decidiron construír a cadansúa casa. Turrón construína de palla; Folerpa de madeira; Estrela fíxoa de ladrillos. Cando chegou o lobo, soprou e soprou e a casa de Turrón derribou. A continuación, soprou e soprou e a casa de Folerpa derribou. Finalmente, soprou e soprou, pero, como a de Estrela era de ladrillos non a puido destruír. O lobo pensou entón que podía entrar pola cheminea, pero os tres porquiños, que eran moi listos, xa a tiñan acendida. O lobo queimou o cu e aprendeu a lección. Desde aquel día, o Lobo Noel xa non é malvado e axuda aos tres porquiños levando agasallos a todos os nenos e nenas do mundo. E colorín, colorado, cada un recibiu o seu regalo.
Fin
Nenos e nenas de 2ºB