Falemos de paz .

Page 1

Batallas?... de flores. Fusís?... de papel. Canóns?... de mentira. Pantasmas?... sen pés. Sustos?... de merengue. Beliscos?... de mel. Cadeas?... de nubes. Monstros?... A correr A correr… !

Ana Mª Fernández

CEIP A.D.R. Castelao EDLG, Equipo de Biblioteca e Equipo de Act. Extraescolares


Todos os nenos do mundo teñen dereito a ter catro avós e catro avoas coma catro soles, para escoitar mil contos a carón do lume. Todos os nenos do mundo teñen dereito a xogar ás catro esquinas e a ter centos de amigos, e a perderse, ás apilladas, entre as casas dos veciños. Todos os nenos do mundo teñen dereito a ter catro soños e catro castelos construídos na area das súas praias, mentres contan as ondas que non teñen número. Todos os nenos do mundo teñen dereito a ser un millón de veces felices.

Ana Mª Fernández

CANTAROLA DOS NENOS Amiguiños todos, amiguiños xa, os nenos de aquí, e os nenos de alá. Os nenos do mundo todos a cantar a unha mesma voz collidos da man. Cantarola nosa de amor e de paz. Leda cantarola, ledo rebuldar.

Rolda de sorrrisos dende mar a mar, corazóns abertos ollos de amigar. Amiguiños todos, amiguiños xa, os nenos de aquí e os nenos de alá.

Xosé Neira Vilas


Que veña o vento fungón,

Choven balas

Non lle digas nada á lúa,

que lle quero preguntar

Seres berran

que non te quere escoitar.

a cor dos ollos das nubes, a cor dos ollos do mar. Eu coido que son azuis verdes, grises, de cristal, mais calquera cor que teñan será sempre a cor da paz.

Antonio García Teijeiro.

Arden vilas Queiman leiras Caen nenos

Está a falar coa choiva, a brétema e máis co mar.

Chora a terra

Na conversa deles tres

Xeme o pobo

estase a falar de paz.

Pingas negras Cicatrices Dor vermella Destrución Chuvia cega Berros tristes Dor marela Choven balas

E tódolos tres arelan botarlle á Terra unha man. Cativos que pasan fame. Cidades contaminadas. O lixo flota nos ríos. As fragas xa non son fragas.

e miseria

Non lle digas nada á lúa.

Noite fría

Teñen pechado o salón.

Tristes guerras Nace o medo Chora a terra.

Antonio G. Teijeiro

Non queren que chegue o día sen atopar solución.

Antonio García Teijeiro


Gustaríame ser

No máis alto das nubes

a fada dalgún conto

ter unha casa,

para poder vivir

voar coma unha pomba

o que eu queira, de pronto.

e ver que pasa.

Ter esa vara máxica

Converterme nos campos

que cumpra exactamente

en bolboreta

cada capricho novo

con dúas ás fermosas

que acuda á miña mente;

e moi coquetas.

e no patio da noite

Pero se o penso ben,

saltar estrelas

mellor sería

e, pasiño a pasiño,

que esa variña dese

falar con elas.

sol e alegría

Comprar enormes lentes

para espantar dos rostros

alucinantes,

dores, tristezas,

para ler cada libro

poñer paz entre os pobos,

que hai nos estantes.

quitar pobrezas.

Ana Mª Fernández


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.