Rosalía de Castro

Page 1

A poetisa e escritora Rosalía de Castro naceu o 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela e pasou os seus primeiros anos entre Ortoño, Padrón e Santiago. En 1856, con dezanove anos Rosalía marchou a Madrid, onde viviu ata 1861. Alí coñeceu ó seu marido, Manuel Murguía, co que tivo sete fillos. Tamén residiu en Castela, onde escribiu os seus primeiros poemas en galego, un deles o tan coñecido Adiós ríos; adiós fontes. En 1870 volveu a Galicia para quedarse. Pasou os seus últimos anos na súa casa de Padrón, onde morreu en 1885. Hoxe en día é a súa casa-museo. Aínda que escribiu moitas obras en prosa, destacou sobre todo en poesía. As súas obras máis importantes foron: Cantares Gallegos, Follas Novas e En las orillas del Sar (en castelán).

Rosalía foi unha muller forte e decidida que se enfrontou ás dificultades de ser unha muller escritora, oficio que naqueles anos estaba reservado ós homes. A publicación de Cantares Gallegos tivo lugar o 17 de maio de 1863, e está considerada como a primeira gran obra da literatura galega. E por iso, para rendirlle homenaxe a Rosalía, desde 1963 celebramos o Día das Letras Galegas todos os 17 de maio.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.