O UNIVERSO Primeiro Ciclo de Primaria. Colexio A.D.R. Castelao.
ASTRONOMÍA A Astronomia é a ciencia que estuda o universo. No ano 350 a.C ARISTÓTELES Explica que a Terra é redonda. No ano 150 d.C PTOLOMEO di que a Terra é o centro do universo. No ano 1543 COPÉRNICO afirma que o sol é o centro do universo.
No ano 1609 GALILEO constrúe o primeiro telescopio.
A teoría do BIG BANG di que hai millóns de anos houbo unha gran explosión que motivou a formación de miles de Galaxias. O nome da nosa galaxia é A VÍA LÁCTEA.
O noso Sistema Solar está formado por 8 Planetas: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.
O SOL
O Sol é a estrela do noso sistema solar; polo tanto, é a máis cercana á Terra e o astro con maior brillo aparente. A súa presencia ou a súa ausencia no ceo determina, respectivamente, o día e a noite. A enerxía radiada polo Sol é aproveitada polos seres vivos, sendo así a principal fonte de enerxía.
A lúa é un satélite que colle luz do sol. A lúa é o satélite da Terra. As fases da lúa son: cuarto crecente, cuarto minguante, lúa nova e lúa chea.
FASES DA LÚA Cando o sol ilumina toda a cara que observamos da lúa, é a LÚA CHEA. Cando non a vemos, é LÚA NOVA. Entre estas dúas fases só apreciamos o CUARTO CRECENTE (ten forma de D) e o CUARTO DECRECENTE (ten forma de C). Sempre vemos a mesma cara da lúa.
A LÚA Yuri Gagarín converteuse no primeiro humano en realizar un voo espacial no ano1961. Neil Armstrong foi o primeiro astronauta que pisou a lúa. Este acontecemento foi no ano 1969 coa nave Apolo 11.
MERCURIO
Mercurio é o planeta do Sistema Solar máis próximo ao Sol, é o máis pequeno (a excepción dos planetas ananos). Forma parte dos denominados planetas interiores ou rochosos. Mercurio non ten satélites. O Deus Mercurio é o mensaxeiro dos Deuses.
VENUS
Venus é o segundo planeta do Sistema Solar en orden de distancia dende o Sol, é o terceiro en canto a tamaño (de menor a maior). Recibe o seu nome en honor a Venus, a deusa romana do amor .
TERRA
A Terra é o terceiro planeta do Sistema Solar ,e o cuarto deles de menor a maior. Está situada a uns 150 millóns de quilómetros do Sol. É o único planeta no que o 71% da superficie está cuberta de auga. É o único planeta do sistema solar onde a auga pode existir permanentemente en estado líquido na superficie. Coñece a existencia de vida.
MARTE
Marte, apodado ás veces como o Planeta Vermello, é o cuarto planeta do Sistema Solar. Forma parte dos chamados planetas rochosos, como a Terra. En moitos aspectos, é o máis parecido á Terra. Recibe o seu nome do deus romano da guerra.
XÚPITER
Xúpiter é o quinto planeta do Sistema Solar. Forma parte dos denominados planetas exteriores ou gasosos. Recibe o seu nome do deus romano Xúpiter (Zeus na mitoloxía grega). Trátase do planeta que ofrece maior brillo ao longo do ano. É, ademais, despois do Sol , o maior corpo celeste do Sistema Solar, (318 veces máis pesado que a Terra). Ten 61 lúas.
SATURNO
Saturno é o sexto planeta do Sistema Solar, é o segundo en tamaño e masa despois de Xúpiter e é o único cun sistema de aneis visible desde o noso planeta. O seu nome ven do deus romano da agricultura, Saturno. Forma parte dos denominados planetas exteriores ou gaseosos. O aspecto máis característico de Saturno son os seus brillantes aneis. Ten 21 lúas.
URANO
Urano é o sétimo planeta do Sistema Solar, o terceiro en tamaño. Urano posúe a superficie máis uniforme de todos os planetas pola súa característica cor azul-verdosa, producida pola combinación de gases presentes na súa atmosfera. É o único planeta que roda igual que unha pelota e non coma un trompo.
NEPTUNO
Neptuno é o octavo e último planeta do Sistema Solar. Forma parte dos denominados planetas exteriores ou xigantes gasosos. O Seu nome ven do deus romano Neptuno, o deus do mar. Igual que URANO é un planeta conxelado. Ten oito lúas, unha delas coñecida como Tritón. É o lugar máis frío do sistema solar.
AS ESTRELAS As estrelas son bólas xigantes de gas. Desprenden luz e calor. As estrelas nacen , medran e morren. É imposible calcular o número de estrelas que existen no universo. Só na nosa galaxia hai mais de 100.000 millóns. As estrelas que máis brillan forman constelacións.
METEOROS Nós chamámoslle a miúdo “estrelas fugaces”, pero NON son estrelas . Os meteoros son pequenas rochas do espazo que chocan contra a atmosfera e quéimanse . O que vemos é o destello da rocha . Cando un meteoro toca a terra chamámoslle METEORITO.
ASTEROIDES Os asteroides son trozos de rocha que non chegaron a unirse para formar un planeta. A maior parte xiran en torno ao sol entre Marte e Xúpiter. É o que se chama cinturón de asteroides.
COMETAS Son corpos celestes que xiran en torno ó sol. A maioría están máis alá de Neptuno. Algúns cometas acércanse ao sol, coma por exemplo o cometa HALLEY, que se acerca cada 76 anos. En ocasións dise que son coma bólas de neve sucias porque se compoñen de pó e xeo.
OUTROS PLANETAS No noso sistema solar hai unha serie de planetas ANANOS coma poden ser: Plut贸n, Ceres ou Eris.