25N 2012

Page 1

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Como este ano o 25 de novembro coincide en domingo, propoñémosvos traballalo o venres día 23.Tedes á vosa disposición na exposición da biblioteca: Traballa o respecto polos demais ensinando que non debemos obrigar a ninguén a facer algo que non quere.

Trata de transmitir a necesidade do traballo colaborativo nas tarefas do fogar.

Margarita descubrirá o significado da liberdade e abrirá o camiño a igualdade para as súas compañeiras. Vídeo Youtube de biblioteca do cole (CEIP Quintela Moaña) 5:15 min. http://www.youtube.com/watch?v=bDq_W4M9O8&list=UUp2eL30bRaH6qaK5rECIZMA &index=2&feature=plpp_video

Arturo non deixa que Clementina aprenda a facer cousas por si mesma. Un día ela decídese, sae da casa e descubre que o mundo é tan marabilloso que decide non volver.

A nai é tractorista mentres o pai se queda na casa preparando a comida. A nai coa súa forza de vontade salva a colleita de herba do pobo e celebran a súa iniciativa cunha festa.DVD no que van contando o conto diante dun grupo de rapaces. Tempo 8 min. Recomendamos proxectar o DVD. Vense as imaxes do libro de fondo e unha contacontos conta a historia de Xela, unha mestra que ó ser maltratada cambia a súa fantástica forma de ser e como despois de desaparecer o marido volve a ser ela mesma. Tempo : 11 min.Historia de Fina Casalderrey, ilustracións de Noemí López

Canción “Los niños y las niñas somos iguales” (infantil e 1º ciclo) http://www.youtube.com/watch?v=iax2W9qAfK0&feature=related Para non maltratar coa linguaxe (3º ciclo) http://olardefriancinho.blogspot.com.es/2010/11/para-non-maltratar-coa-linguaxe.html Manualidade:


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.