Os xogos populares en Galicia

Page 1

Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

1. INTRODUCCIÓN.

O estudio do xogo popular e do deporte popular, obriga unha revisión conceptual dos termos que se barallan. Por un lado a diferenciación de xogo, xogar, deporte e por outra parte a revisión dos cualificativos que se soen usar: popular, tradicional, autóctono etc... O xogo popular/tradicional entendido dende unha perspectiva socio-cultural, transmítese

seguindo

os

procesos

que

outras

manifestacións

culturais

(

enculturación, aculturación, sincretismo). Tendo esto en conta podémonos considerar unha posible evolución dende que o xogo xurde como algo espontáneo ata alcanzar os requisitos necesarios para devenir un deporte tradicional. O valor educativo do xogo popular/tradicional reside na súa especificidade, altamente distinta o resto de recursos da E.F. deportiva. Sen embargo, as potencialidades educativas pódense plasmar baixo dúas concepcións dispares: -

En primeiro lugar, centrando as accións nas actividades motrices. Empregamos o xogo popular como medio para alcanzar obxectivos lúdicomotrices, tales por exemplo a mellora da coordinación dinámica xeral ou visomanual, a forza, percepción corporal, temporal, etc...

-

En segundo lugar como contido da E.F. ou da Educación en xeral. Non pretendemos alcanzar unicamente obxectivos psicomotrices senón que imos máis alá, tentando coñecer diferentes aspectos culturais dunha zoa determinada, coñecer as súas tradicións, costumes etc... Neste caso non unicamente

corresponde

á

E.F.

senón

que

se

pode

abordar

interdisciplinarmente.

2. O CONCEPTO DE XOGO Xogar, divertirse, aprender, moverse son modos verbais inherentes á singradura humana, relacionadas coa vida de calquera colectivo socio-cultural. A simplicidade da acción de xogar é absolutamente universal, plural, heteroxénea, flexible e tan ambivalente como necesaria.

Jorge García Gómez

1


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

Sen embargo a súa gratitude fai que xogar sexa considerado como unha acción pouco importante que en ocasións asóciase a unha perda de tempo e outras o vicio ou pecado ou cousas insignificantes. O estudio rigoroso do xogo non se da cita ata que aparecen autores como Claparede, Schiller, Groos, Huizinga, Piager, Caillois ou Parlebas. Etimoloxicamente o termo xogo provén do latín, concretamente da palabra "iocum" que significa broma, diversión. Petrowsky observa usos distintos do termo xogo en diferentes pobos antigos. Así por exemplo en Grecia referíase ás bromas, chiquilladas; os hebreos aludían á risa ou alegría. Os xermanos posuían no seu vocabulario a palabra "spilon" para designar un movemento do péndulo que producía pracer. Existen innumerables definicións sobre o concepto de xogo e entre as máis sobresaíntes atopamos a de José María Gagigal: "É unha acción libre, espontánea, intranscendente, fora da vida habitual, limitada no tempo e no espacio, regrada e que xera tensión". Pola súa parte Johan Huizinga define o xogo da seguinte maneira: "O xogo é unha acción libre, executada <como si> e sentida como situada fóra da vida corrente, pero que, a pesares de todo, pode absorber por completo ó xogador, sen que haxa nela ningún interese material nin se obteña nela proveito algún, executada dentro dun determinado tempo e un determinado espacio, que se desenrola nunha orde sometida a regras e que da orixe a asociacións que tenden a rodearse de misterio ou a disfrazarse para destacarse do mundo habitual" (J. Huizinga.) No concepto de xogo reúnense unha serie de características, algunhas delas son: -

É unha actividade libre.- É un acontecer voluntario. Ninguén está obrigado a xogar forzosamente.

-

O xogo sempre se localiza cunhas limitacións espacio-temporais previstas de antemán.

-

Incerto.- Ó ser unha actividade creativa, espontánea, orixinal, o resultado final do xogo fluctúa constantemente, o que motiva a presencia dunha agradable incerteza que nos fascina a todos.

-

Gratuíto.-É desinteresada e intranscendente.

-

Ficticio.-É un mundo aparte, alonxado da vida corrente, e como un conto narrado con acción. Jorge García Gómez

2


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

-

Convencional.- O xogo ven determinado por unhas regras, coas súas limitacións.

3. O CONCEPTO DE DEPORTE. "O deporte é ante todo unha situación motriz, suxeito a regras que definen unha competición (trazo que descarta as actividades libres e improvisadas), en fin, e é aquí onde reside gran parte da súa identidade sociolóxica, o deporte é un feito institucional ( trazo que exclúe á inmensa maioría dos xogos non recoñecidos polas instancias sociais). O deporte representa, pois, a motricidade lúdica e competitiva aprobada pola institución". P. Parlebás (1.986) Parlebás distingue tres categorías do xogo deportivo: 1. Os xogos deportivos institucionais.- Son aqueles que gozan do soporte das institucións sociais, que foron insertados nas estructuras de producción e consumo. 2. Os xogos deportivos non institucionais ou xogos tradicionais. 3. Os cuasi-xogos deportivos.- Son certas prácticas lúdicas que non están sometidas a estrictas normas exteriores e que non obedecen a un sistema de regras, pois pódense modificar ó gusto e vontade do participante.

4. CONCEPTO DE AUTÓCTONO-VERNÁCULO-POPULAR E TRADICIONAL. AUTÓCTONO

O Diccionario Xerais da Lingua (1.986)

define o adxectivo "autóctono"

indicando: "que é do país en que vive, nacido na propia terra na que habita; aborixe, indíxena". Trasladar este cualificativo ó xogo ou deporte implica afirmar que o xogo ó que nos estamos refirindo, é orixinario do lugar ó que facemos mención, o cal, sabendo que moitas prácticas ludomotrices remiten o seu nacemento a épocas remotas, non podemos asegurar que se orixinaron nunha localidade ou outra. Por elo, a expresión xogo autóctono debería usarse con cautela. Jorge García Gómez

3


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

VERNÁCULO

Seguindo o Diccionario Xerais da Lingua (1.986) o adxectivo vernáculo quere dicir "propio do país ó que pertence; xenuíno, puro, enxebre".Dito cualificativo úsase especialmente ó referirse á lingua ou idioma. Lingua vernácula (a propia dun país). Neste sentido a expresión xogo ou deporte vernáculo contén os mesmos perigos que a de xogo autóctono.

POPULAR

Falar de popular, é referirse ó relativo ou pertencente ó

pobo. Unha

manifestación é popular cando a sigue e nela participa o pobo, a súa xente. O uso da expresión Xogo ou deporte popular, significa facer alusión a unha actividade que se introduce no seo da comunidade que conta cun número considerable de seguidores. Neste caso, non se pode falar de xogos populares, cando nos referimos a xogos moi minoritarios e totalmente excepcionais. Sen embargo a expresión "xogo popular", é máis correcta e obxectiva cas anteriores.

TRADICIONAL

O adxectivo tradicional segundo o Diccionario Xerais da Lingua refírese á tradición: "A un conxunto de coñecementos, crenzas, usos e valores culturais e morais transmitidos de xeración en xeración". A expresión xogo ou deporte tradicional supón aludir a unha práctica que tivo unha continuidade no tempo, que se foi transmitindo, que se deu a coñecer de xeración en xeración. Sen embargo pode ser que unha actividade sexa tradicional pero non popular, do mesmo xeito un xogo pode ser popular pero non tradicional. De tódolos xeitos debemos usar as expresións xogo popular e tradicional, cando nos referimos ós xogos dun determinado pobo.

Jorge García Gómez

4


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

5. VALOR CULTURAL DO XOGO POPULAR E TRADICIONAL. Todo xogo participa dun etnoludismo, a lóxica interna dos xogos tradicionais está ligada ós valores dados polo contexto social. Ó estudiar os xogos populares e tradicionais temos que acudir á etnomotricidade (Parlebas, 1.986) referida ó "campo e natureza das prácticas motrices consideradas baixo o aspecto da súa relación coa cultura e o medio social no seo das cales se desenrolaron". Outros autores como Huizinga ou R. Caillois sinalan a estreita relación entre sociedade-cultura e xogo. Huizinga na súa obra "Homo ludens" sinala que toda cultura nace co xogo. Aínda que este último a precede xa que o termo cultura corresponde o home e neste sentido os animais dende sempre xogaron, sen esperar a que o home lles ensinase a xogar. R. Caillois propón unha etnoludoxía ou socioloxía dos xogos, considerando que cada pobo ten os seus xogos e que a través destas prácticas pódense dilucidar moitas características dos pobos cas acollen. Ó tratar o xogo/popular como comportamento inherente do ser humano vémonos obrigados a introducirnos na perspectiva cultural, xa que o xogo popular é unha manifestación da cultura dun pobo. Neste sentido temos que diferenciar entre Sociedade e Cultura: -Sociedade.- Fai referencia ós individuos que ó coincidir no espacio (zona xeográfica) e no tempo (época histórica) constitúen unha comunidade. -Cultura.- Refírese ó conxunto de relacións, que establecen as persoas que pertencen a unha comunidade. O xogo tradicional, resultado dun pacto social, orixínase gracias á relación que establecen un grupo de persoas que queren divertirse, de aí que sexa unha auténtica manifestación cultural. O xogo popular tradicional para ser considerado como tal sofre previamente unha serie de procesos: 1) ENCULTURACIÓN.- É o proceso polo cal unha sociedade integra ós seus membros. Normalmente a xeración de máis idade incita, induce e obriga a xeración máis nova a adaptar modos de pensar e comportarse tradicionais. É unha transmisión de valores. O xogo popular é un exemplo de enculturación.

Jorge García Gómez

5


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

2) ACULTURACIÓN.- Cando dúas culturas coinciden, se se chegan a influenciar prodúcese un proceso de aculturación ou difusión. A aculturación é o proceso mediante o cal dáse unha transmisión de aspectos culturais dunha sociedade e cultura a outra diferente. Entre as moitas influencias culturais, o establecemento nunha sociedade de costumes lúdicos foráneos como son os xogos populares-tradicionais doutra comunidade sería un exemplo de aculturación. 3) SINCRETISMO.- Cando un pobo recibe influencias doutro pode que se opoña radicalmente tratando de evitar todo aquelo que provén doutras culturas. Noutros casos pode que acollan esa manifestación cultural adaptándoa

a súa propia cultura dándolle

particularidades propias. Xustificamos así como existen distintas modalidades dun mesmo xogo popular dependendo da zona.

6. DO XOGO POPULAR Ó DEPORTE TRADICIONAL. Considerando que o xogo é unha manifestación cultural, é lóxico pensar que todo xogo como calquera evento social é susceptible de evolucionar e orientarse en rumbos moi distintos. O obxecto que poidamos entender como un xogo espontáneo, pode chegar a converterse en deporte tradicional ou incluso nun deporte de masas, imos detallar cales son os condicionantes principais que hipoteticamente segue a evolución dun xogo. a) Nun primeiro lugar, dicir cas principais interpretacións sobre a orixe dos xogos populares-tradicionais, indican que xeneralmente estas prácticas nacen dun modo espontáneo, estando moi conexas á actividade laboral, bélica ou ben adquirindo un verdadeiro carácter relixioso, máxico-cultural. De aí que moitos xogos populares utilicen útiles de traballo ou que inclúan verdadeiros rituais, e preparativos. b) Tal xogo improvisado, se gusta, pode ser que empece a practicarse, cada vez por un maior número de persoas. c) Se as institucións sociais de certa autoridade (estructuras políticas, sociais, educativas ou relixiosas) cren que é un xogo integrador, que fomenta ou Jorge García Gómez

6


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

que ó menos non interfire negativamente os valores a potenciar nos seus individuos, darán luz verde a súa continuidade. d) Se ese xogo, cada vez, ocupa un papel máis relevante no ocio da comunidade, de modo que non esté reservado tan soamente ás clases sociais privilexiadas, senón que tódolos membros que os poden practicar, entón se goza dun notable acervo social, podemos falar de xogo popular. e) Se se transmite, e consegue ter unha continuidade ó longo do tempo (de xeración en xeración), entón pódese falar de Xogo Tradicional. Pode ser que esta actividade, non aproveitamento dun número elevado de practicantes, agora non se lle pode denominar xogo popular, aínda que seguirá sendo tradicional. f) Se este xogo tradicional, estructura o seu funcionamento con maior precisión, e se institucionaliza a través de estamentos sociais que regulen a súa posta en práctica como federacións, comités de competición, etc., esta actividade pasa a ser un Deporte Tradicional. g) Se este deporte tradicional consegue traspasar os seus límites xeográficos, e instaurarse noutras rexións, noutros países, noutros continentes, estaremos ante un deporte de masas.

7. PRINCIPAIS CLASIFICACIÓNS SOBRE O XOGO POPULAR E O DEPORTE TRADICIONAL. Roger Caillois (1.965) fai unha clasificación atendendo a criterios sociais e eminentemente formais, os cales permiten atender ás principais formas que poden adquirir as manifestacións lúdicas tradicionais e populares Segundo este autor, diferéncianse os seguintes tipos de prácticas lúdicas: Xogos de agón.- Competitivos. O éxito reside nas accións dos xogadores, no esforzo e constancia e na preparación da súa participación. Xogos de alea.- Son xogos de azar, onde a sorte procede do exterior, sen que ninguén poida interferir no resultado. Xogos de mimicry.- Son xogos de Representación, de simulación nos cales existen uns xogadores (actores) e uns espectadores (outros participantes, público...). Xogos de ilinx.- Son xogos de inestabilidade, de vértigo. Jorge García Gómez

7


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

A súa vez estas categorías pódense concretar nos elementos: Paidia.- Abarca tódalas manifestacións espontáneas de instinto lúdico pero que non chegan a ser verdadeiros xogos (roído, axitación, risa, alegría...) Ludus.- Supón unha evolución da paidia. Aparecen convencións, determinadas técnicas de actuación. Na maioría dos casos son unha competición

cun

mesmo

(relacionado

coa

paciencia,

disciplina,

adestramento, destreza, aceptación de regras).

M.J. Subiza (1.991) clasifica os xogos en catro categorías:

a) Xogos tradicionais vixentes.- Son xogos que aínda se practican como: De carreira ou de persecución.- o pano, a zapatilla, o marro... Xogos de saltos.- o burro, a corda, a goma... Xogos intelectuais.- practicados por toda a familia: xogos de adiviñanzas (vexo-vexo), xogos de cartas, tres en raia... Xogos con animais.- cazar e coleccionar grilos, ras... Xogos rítmicos.- practicados fundamentalmente polas rapazas acompañados dalgunha canción como: "o cocheciño leré", "pasemisí"...

b) Xogos tradicionais desaparecidos.- Son aqueles que utilizaban botóns, pedras, gomas e outros obxectos de pouco valor. Estes substituíronse por xogos cos xoguetes actuais: Xogos de habilidade con aposta.- xogos nos que se arrisca algún obxecto como botóns, chapas... Xogos de lanzamento.- Podíase lanzar toda clase de obxectos (diábolo, bolos, a ra...) Xogos e cancións en corros.- Tan practicados a principios de século, van diminuíndo progresivamente c) Xogos que evolucionaron ó mesmo tempo ca sociedade: Xogos imitativos de simulacro.- Son aqueles xogos imitativos de profesións. A medida que transcorre o tempo incrementa e cambia o número de profesións a imitar. Jorge García Gómez

8


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

Cancións.- Utilizadas nos xogos de corda, mans, e goma.

d) Xogos novos: deportes: Deveñen as principais distraccións dos

pequenos

actuais.

Rafael García Serrano na súa obra "Xogos e deportes tradicionais en España" (1.974) distingue as seguintes categorías: Xogos atléticos e exercicios de forza. Xogos de puntería. Xogos de pelota. Xogos e deportes hípicos. Loita de animais.

Ricardo Pérez e Xaquín Alberto Tabernero na obra "Xogos Populares en Galicia" fan a seguinte clasificación :

1) POLA IDADE Preinfantís. Infantís . Adolescentes. Maiores. Terceira idade. 2) POLO SEU FIN De entretemento ou recreo. De exercicio e competitivos. 3) POLO ESFORZO De menor intensidade. De mediana intensidade. De grande intensidade. 4) POLA PARTICIPACIÓN Individuais. Por parellas. Por equipos ou grupos (máis de dous en cada un).

Jorge García Gómez

9


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

5) POLA DIFICULTADE Elementais (sinxelos e doados). Complexos (complicados e difíciles)

6) POLA SÚA REGULACIÓN Xogos libres. Xogos sometidos a normas (Regulamento).

8. VISIÓN ETNOGRÁFICA DO PATRIMONIO LÚDICO ESPAÑOL. Rafael García Serrano na súa obra "Xogos e deportes tradicionais en España"(1.974) fai unha clasificación etnográfica do xogo popular distinguindo catro grupos en función do nivel de práctica realizada:

GRUPO I: Nivel en número e práctica MÁXIMO.- País Vasco ( Pelota Vasca, Korricolaris, Segolaris, Toka (kaliche), Palankaris (barra). GRUPO II: Nivel en número e práctica ELEVADO.- Castela-León, Asturias, Cantabria, Navarra, Rioxa, Aragón (Caliche, bolos, barra española, loita aragonesa, Korricolaris, Andarines... GRUPO III: Nivel en número e práctica MEDIO.- Cataluña (torres humanas, sogatira, barra, bolos...), Valencia (bolos, pelota valenciana, caliche), Castela- A Mancha (Tiro de rexa, bolos) Madrid (caliche, bolo-palma, barra española) Murcia (caliche murciano, bolos murcianos), Canarias (Loita canaria, pao canario), Galicia. GRUPO IV: Nivel en número e práctica ESCASO.- Andalucía (carreiras de sacos, sogatira, barra española), Estremadura (barra española, caliche, tiro de rexa) Baleares (Caliche, bolos, tiro con onda).

9. ASPECTOS PEDAGÓXICOS DO XOGO POPULAR. s nenos toman moi en serio os seus xogos; é por eso necesario tomar

" Oen serio todo o ca eles se refire" (Roland Göök). Os educadores deben saber que o xogo é, para o neno, unha resposta ó seu degaro de ser, e que en relación a este punto de nada sirve controlar, verificar, xulgar, xa que Jorge García Gómez

10


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

non se trata de privilexia-lo xogo polos seus aspectos formativos, senón sinxelamente de transmitilo ós nenos actuais e de incluílos dentro da súa vida. Por eso o xogo popular é de enorme importancia para os nosos nenos, posto que lles vai permiti-lo seu desenrolo e educarse socialmente, ademais de mante-la cultura dun pobo, e, neste caso, da nosa cultura galega.

Ó analizar cada xogo batemos con características que se axustan ás definicións máis actuais sobre o xogo, e ás teorías do desenrolo evolutivo e da educación. Todas estas calidades supoñen unha grande axuda no proceso madurativo do neno. Sobrancéanse aspectos tan importantes como: Socialización. Desenrolo da linguaxe. Relación entre adultos e nenos. Actuación ó aire libre. Adecuación á psicomotricidade.

O actuar na mor parte destes xogos, o corpo enteiro desenrola en sí mesmo unha grande riqueza a nivel de educación psicomotriz. Os devanditos xogos fomentan: A coordinación dinámica xeral naqueles xogos nos que é preciso correr, saltar, andar a presa, a modo. O control postural naqueles nos que participa o equilibrio. A inhibición de movementos nos que se esixe un control da actividade do corpo. A coordinación visomanual cando existen movementos de lanzamento dirixidos cara algún punto. Os movementos finos dos dedos nos xogos de habilidade. A conducta respiratoria nos xogos de soprar. A orientación especial naqueles xogos que fan referencia ás nocións espaciais arriba, abaixo, dereita, esquerda, diante, detrás, enriba, embaixo. O ritmo en todos aqueles nos que intervén o canto, a recitación e maila adecuación do movemento a secuencias rítmicas.

Jorge García Gómez

11


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

O coñecemento do xogo supón, por unha parte, o dominio da súa estructura, quérese dicir, as secuencias en que se desenvolve e, por outro lado, axusta-la actividade do neno a un tempo e un espacio determinados para levar a cabo o xogo.

10.

OS XOGOS POPULARES EN GALICIA.

AS SORTES NO XOGO POPULAR.- Denantes de comezar un xogo sóese empregar unhas regras que determinen quen vai selo capitán ou xefe de equipo ou que vai pandar ou ficar libre, utilizándose para elo unha fórmula, que ven sendo o reconto ou sorte. a) Oro e prata b) Pares ou nones. c) Sorte do cuspe. d) Sorte con palliñas. e) Sorte da raia. f) Sorte con moedas. g) Sorte dando saltos. AS ANELLAS.- Xogo elemental e sinxelo. Consiste en lanzar unhas anellas dende unha distancia determinada sobre unha estaca ou pao de madeira tentando de introducilas nel. AS APANDAS.- Xogos que consisten en saltar sobre un compañeiro/a que está nunha posición agachada ou en perseguir ó resto.

a) "A unha como o cura" b) "Quen te monta bicho pavo" XOGOS DAS CANICAS OU BOLIÑAS.

a) "O guá" b) "A mías"

Jorge García Gómez

12


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

XOGOS DE CARREIRAS.

a) Carreira da fogaza. (S. XIX) b) Carreiras a cabalo (S.XVI. Carreira do Cendal, concurso hípico en Santiago. O vencedor recibía o cendal que era unha tea de seda delgada e transparente e paseábao triunfalmente polas rúas da cidade. c) Carreiras de relevos. d) Carrerias de sacos, de obstáculos, a "cadea turrica". A CUCAÑA. Xogo moi popular en Galicia nas zoas mariñeiras. Tamén se practica no resto de España. Escollido o lugar, encol do estrado (peirao ou barca), colócase un poste, case sempre un piñeiro, coa superficie totalmente limpa de asperezas e asentado fortemente pola base e en posición horizontal, paralela á superficie da auga. O poste terá unha medida de 5 metros e 30 cms e estará recuberto de sebo ou graxa. No

seu extremo

colocarase un sinal (pano) ou ben o propio premio (pato, galiña, coello...) Os mozos dispóñense a alcanzar o premio desprazándose polo poste. O gañador será aquel que logre chegar ata o premio. XOGOS DE CORDA.

a) Corda de dous. b) Corda de tres. c) Corda de varios, practicar a entrada e a saída. d) Loita de galos. e) A maroma (soga-tira). O DIÁBOLO. AS CATRO ESQUINAS.-

Cinco xogadores: un en cada esquina e o que

apanda. Os xogadores tentan distraer ó que está no centro o mesmo tempo Jorge García Gómez

13


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

que cambian de esquina. O do centro parará mentres e reaccionará con lixeireza e prontitude ó se produci-los cambios procurando ocupar un sitio baldeiro.

O PANO OS CAZADORES DE RABOS.- Tódolos participantes levan atada á cintura un lazo ou cinta. O desenrolo do xogo consiste en que cada participante se moverá correndo tentando quita-lo rabo a un compañeiro/a. Se o fai, úneo pola cintura, ó seu propio rabo, e segue a cazar nos rabos. Gaña quen o final, teña conseguido "roubar" o maior número de rabos.

¡ SANGUE! XOGOS DE FILA OU RINGLEIRAS. Pase- Misi. ENREDOS OU IXOLAS.

A voz "enredos" ten en Galicia dous valores, úsase xeralmente para indicar algo de pouca importancia e sen transcendencia. Cando se fala de froita, por exemplo, os nosos campesiños acostuman a dicir: "Eses son enredos de rapaces". Pero ademais, nun senso máis restrinxido, un enredo é un xoguete, ou sexa, un artiluxio co que os nenos satisfán a súa necesidade de copa-lo tempo arremedando no posible ás persoas maiores. A mesma significación ten a palabra "brinquedo" (de brincar, saltar, xogar). Chámanse tamén ós xoguetes "ixolas", de onde ixoleiro ven se-lo mesmo que mañoso. A continuación exponse algúns dos enredos que acostumaban a facer os nenos galegos. Garfos con ramiñas de árbores. Aros coa base de caldeiros de lata. Os bugallos dos carballos serven para xogar ás bolas. A porca.- cun pao dun metro os xogadores tentan meter a porca nun burato central. Jorge García Gómez

14


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

Funga-gatos ou cernidoira.- Cun pequeno anaco cadrado de follalata, con dous buratos polos que pasa un cordón dobrado sobre sí mesmo. Para facela funcionar imprímeselle un movemento de rotación no que o eixo é o cordel. A pioneta, peonza ou buxaima. Cintos, tirantes, coroas, bandeirolas, empregando follas de árbores (castiñeiros) follas anchas e longas. Os bugallos dos carballos unidos cun cordel que se pode utilizar como collares, cintos. Candelabros de noz. Rodicios. Cestiñas, gaiolas con xuncos. Pinadoiros sobre unha pedra.- Ponse unha táboa sobre unha pedra. Bambáns de corda atada ás polas dunha árbore. Pociños na terra. Como caldeiro emprégase a metade dunha pataca valeira. Bonecas co carozo do millo. Co corno dun animal vacún, cortado pola punta, e no que, soprando se obtén un son bronco e desagradable. As fondas de cordas para lanzar pedras. Arcos de bimio e unha corda tensa para lanzar frechas. Pitos e tiroliros cun anaco de cana. Frautas. Cun anaco de palla de centeo aplastadiña nun dos seus extremos para que faga de lingüeta podemos facer unha gaita. Castañolas.- cun anaco de cana de mango de vasoira, de dous palmos de longo, aberto lonxitudinalmente nas súas dúas terceiras partes. O extremo enteiro serve de mango á castañola para golpear co outro na man esquerda e acompañan co seu ritmo ó canto. Tirabalas ou tiracroios.- Cunha pequena forquita de pao e nos gallos van prendidas dúas gomas fortes, que rematan polo lado oposto nun anaco de pel na cal se aloxa o proxectil. Rodas de madeira e cunha forquita. Patinete. Carriños de nabos tirados por bois feitos con carozo de millo. Coches con latiñas de sardiñas. Zancos con botes de pementos ou con paos de carballo. Jorge García Gómez

15


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

Papaventos ou cometas. Gaiolas para paxaros ou grilos. OS XOGOS DE OLLOS TAPADOS.

a) A pita cega. b) Adiviña quen che deu. c) Unha, dúas e tres, poliño inglés. d) O escondite. e) ¡Frío, frío! XOGOS DE PEDRAS E CHAPAS. XOGOS DE PRENDAS. XOGOS CON PELOTAS. XOGOS DE RAIUELA OU TRUCO XOGOS CON GOMAS. OS ZANCOS.

A CHAVE

A técnica deste xogo é sinxela. Ten de abondo cunha chave, uns pesos e unhas cantas liñas trazadas nun terreo liso e sen obstáculos que entorpezan a visión. A chave non é máis cousa que un vástago de ferro de setenta e cinco centímetros de lonxitude, aguzado nun dos seus extremos, e noutro dúas ou tres aspas -"as alas"- tamén de ferro, provistas dun alvado que lles permite xirar sobre de vástago. A segunda aspa non aparece en tódalas chaves, e pénsase que é de

Jorge García Gómez

16


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

recente introducción. Os pesos, tamén de ferro, son uns discos de seis centímetros de diámetro e de dezaoito milímetros de grosor. Para xogar, crávase a chave en terra a unha profundidade de vinte a trinta centímetros, procurando que forme un ángulo de corenta e cinco grados, e que presente ós tiradores a cara dereita e, as azas, de fronte. Na parte traseira do terreo de xogo practícase unha pequena escavación que non deixe que os pesos arrolen para lonxe. Tíranse os pesos a unha distancia de vinte ou trinta pasos. Só cando se trata de principiantes, ou de nenos, a lonxitude de tiro redúcese a quince ou dez pasos. No xogo poden tomar parte dous, catro ou seis xogadores, sendo de notar que as partidas entre dous, ou man a man, son pouco frecuentes. No comezo, os xogadores fan unha tirada, non en procura de darlle á chave, senón co desexo de achega-lo seu peso, o máis que poidan, ó pé do branco. O que máis se lle achegue, elixe compañeiro e, unha vez que o faga, comeza a partida, propiamente dita, tirándose catro pesos a cada man. Dous por un xogador dun bando, e dous por un xogador do outro bando. A partida pódese estipular nun determinado número de xogos. Pero cada xogo disputarase a sesenta tantos: trinta de "malas" e trinta de "boas". Antes de cousa algunha é de advertir que estes tantos cóntanse por chaves, ou sexa, por cada vez que o peso bate nas aspas, ou no vástago directamente, e sen ter tropezado antes en terra, ou noutro lugar; e tamén pola distancia á que van para-los pasos que non dean na chave, na porción visible do vástago. As chaves contan oito tantos, e a proximidade ó vastago, un tanto. Pero a contabilidade complícase pola circunstancia de que en cada tirada dos xogadores dos distintos bandos, os resultados iguales anúlanse, e non se apuntan máis que os tantos sobrantes, se é que os hai. Véxanse os distintos casos a que dá lugar este sistema:

a) Un xogador atina e dá na chave cos seus dous pesos, ou fai unha xemela, que é coma se di en terminoloxía corrente. Pero o xogador contrario, que tira atrás del, fai outra xemela. Neste caso non se conta ningún tanto, porque os dezaseis primeiros tantos foron anulados polos segundos. b) Un xogador fai xemela e outro bate na chave. Cóntanse oito puntos para o que fixo a xemela.

Jorge García Gómez

17


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

c) Cada un dos xogadores dá na chave. Daquela compróbase a distancia a que quedaron do pé do vástago os dous pesos que non atinaron no tiro, e cóntase un tanto ó xogador que máis preto quedou. d) Cando o xogador dá na chave e o contrario non dá ningunha, pode valer nove tantos para o primeiro, no caso de non quedar o outro peso máis preto do vástago que os do contrario. Neste caso, para o que máis se achegou, un tanto, e oito ó que deu na chave. e) Cando ningún dos dous dá na chave, un pode leva-los dous tantos se os seus pesos quedan máis preto do vástago. Se os pesos máis próximos corresponden un a cada xogador, a tirada non vale tantos para ninguén.

Como ben se ve a chave é un xogo notablemente deportivo no que o azar está coidadosamente eliminado. É un xogo que busca sempre o triunfo dos máis habilidosos. A afección que por el teñen os homes é inmensa, chegando algúns individuos a seren auténticos campións, consagrados ó través de concursos organizados e regulamentados. O interese que se xoga nas partidas de chave consiste, polo xeral, no valor duns netos de viño, ou, con menos frecuencia, un xantar ou unha cea. Esta modalidade de chave con aspas soíase practicar en zoas de Ferrol ou Ourense Outra modalidade da chave atopámola na Coruña onde a chave é en forma de lingua ou punta de lanza cun peso aproximado duns 3,750 kgs e unha altura de 50 cms. Os discos son tamén de ferro de 8 cm. de diámetro e peso aproximado de 300 gr.. Esta chave colócase sobre un cepo de madeira duns 10 cms. de alto, así ó impactar os discos sobre o cepo producen un son distinto e somos capaces de distinguir os derribos que dan no cepo e os que son de rebote, ámbolos dous inválidos. O xogo desenrólase fundamentalmente pola modalidade de equipos: 7 xogadores, podendo ter cada equipo dous reservas. Sempre comeza tirando o equipo que se considera visitante. A distancia de tiro rolda os 15 m. e para que unha chave sexa válida debe caer do cepo. Cada xogador en cada tirada tira 5 discos ou pellos, e as tiradas son alternativas: primeiro tira 5 pellos un xogador visitante, logo un local; a partida é a dez tiradas completas e gaña o equipo que máis veces tire a chave do cepo.

Jorge García Gómez

18


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

OS BOLOS Este xogo é ou foi, un dos máis difundidos e populares en España. En Galicia practícase hoxe, aínda que con algunhas modalidades específicas. Os máis coñecidos son os chamados "Bolos ó Canteiro" e "Bolos celtas". Como en tódolos xogos populares, danse neles variantes na súa práctica, mesmo dentro da mesma comarca. Este feito ven a proclama-la necesidade de arbitrar fórmulas que permitan unha unificación de criterios en orde a posibles competicións dentro da área da comunidade Galega. Nun senso xeral, a "Real Academia Española" defíneo como "juego que consiste en poner sobre el suelo nueve bolos derechos, formando tres hileras equidistantes; y en derribar cada jugador los que pueda, tirando con una bola desde la raya señalada.". O xogo dos bolos ven a se-lo exercicio de forza predilecto dos mozos da aldea. Dividen o campo dos bolos en tres partes: unha, na que poñen os bolos e onde se pon o que xoga para tira-la bola e derrubalos, e outras dúas coas distancias, sinaladas con raias, para contabiliza-los tantos. Ó primeiro chámanlle "patio", e componse de dúas pedras planas colocadas entre sí a tres metros de distancia aproximadamente. Unha das pedras, para coloca-los bolos riba dela, e, a outra pedra, como marco dende onde fan o xogo. Os bolos son nove anacos de madeira, redondos, como de vinte a vintecinco centímetros de alto, e de catro ou cinco de diámetro, que se colocan sobre da pedra suxeitos cun pouco de lama nun dos extremos para que non caian. A forma de colocalos varía. Nunhas aldeas póñenos todos en ringleira moi xuntiños; noutras, alternados en dúas fileiras. As bolas para tirar tamén son de madeira, e de regulares tamaño e peso. O xogo faise entre catro, dous a dous, a corenta e catro tantos. Cada xogador ten tirada de ida e volta, que chaman "bolear". O bolo derrubado, pola bola lanzada en contra deles, cóntase como un tanto, a non ser que pase as raias sinaladas no campo. Porque, neste caso,l se é a primeira, vale dez, e vinte cando é a segunda ou máis apartada do patio. Para que valan os tantos non abonda con tira-la bola e que ésta derrube bolos, necesítase que rode e que pase unha das dúas raias sinaladas no campo. Pero, nalgúns campos en lixeira pendente, cando se tira en contra dela, é boa a que pase da de dez, e non conta, xa que logo, a de vinte, como no caso anterior. E cando non chegan ás dez din que "cochó", e non valen os tantos caídos. E cando bate na pedra e chouta sen derrubar bolos, dícese "facer cabalo". Jorge García Gómez

19


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

Ó comeza-lo xogo, para saber quen ha leva-la man, bótase o ár unha moeda. E os que pediron "cara", empezan. Ata que chegan a vinte, perde a man e, daquela, os seus adversarios xogan seguidos. De aí que se precise unha práctica especial do xogo para saber cando hai que pasar de vinte, ou non pasar, segundo a forza e habilidade dos contrarios. É costume que os mozos do pobo leven candia sí unha bola.

Elementos do xogo: Bolos.- nove de nove centímetros de alto, en forma de barriliño, con seis centímetros de diámetro no centro, e dous centímetros e medio de diámetro nas bases. Peso por bolo: douscentos vintecinco gramos. Bolas. Oito esféricas de trece centímetros de diámetro e dous quilogramos de peso. Tanto os uns coma as outras confeccionados, preferentemente con madeira de buxo.

Desniveis: No campo de xogo deberá existir un desnivel de 1/2% entre a pedra boleira e a liña extrema do fondo do patio de xogo. Execución do xogo: Lánzanse as bolas dende a posición de tiro tentando que cheguen á liña extrema do fondo, na que se sitúan os bolos. A bola que non pasa, anula o seu tiro. A birla execútase dende a liña extrema inferior, impulsando a bola suavemente para que acade a voltear bolos ó chegar cabo da pedra boleira. Diante da liña de tiro haberá unha plataforma de cemento de tres metros de longo por dous de ancho, con superficie rugosa. Modalidade do xogo: Compiten dúas parellas. A xogadas iguais, con tiro e birla, han gañar dous xogos a 150 tantos cada un. Nos partidos oficiais interveñen catro parellas por equipo. Un actúa como local e como visitante, outro capitaneados por un xogador. Hai un corpo de árbitros oficialmente recoñecido. Os capitáns designan para cada competición ós seus respectivos xuíces de liña, e póñenos ás ordes do árbitro. O xogo remata ós corenta e catro tantos. De continuar, o novo xogo comeza onde rematou o anterior. Os partidos adoitan ser a tres xogos cada un. Jorge García Gómez

20


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

Os bolos son xogos de aposta. Os xogadores perden ou gañan o viño que beben, un cuartillo galego por cabeza. Rara vez apostan diñeiro. Quen presencian as xogadas cruzan apostas entre sí e cos xogadores. É por eso que o que se achegue a presenciar estes xogos, escoitará arreo: " a máis facer", "que fai vinte", "que fai quince", "que pasa", "que non pasa". En Viana do Bolo xógase unha modalidade moi característica e apaixonada. Utilízase unha esfera de carballo, sen buratos. Tírase con forza. A esfera diríxese contra unha ducia de bolos cilíndricos, tamén de madeira. A bola lánzase sen rodar, polo aire. Hai que bater no conxunto de bolos, e compútase o número dos derrubados e maila distancia a onde foron a parar.

BOLOS Ó CANTEIRO

Características

Consta o xogo de dúas ou máis bolas, cun peso de un a tres quilos. No "fito" colócanse os bolos, de 10 a 14, segundo o tamaño da base.

Terreo de xogo: Practícase nun terreo plano, ou cunha lixeira pendente, suave e libre de atrancos. Regras de xogo: Poden intervir dous, catro ou máis xogadores, por parellas ou por equipos. Hai que lanza-la bola procurando derruba-lo mor número de bolos. Os tantos fanse tendo en conta que os que non cheguen ó límite de dez, valen soamente un punto; que os que pasen do "10", valen cada un dez puntos, e os que pasen do "20", valen vinte puntos. Se a bola non pasa da raia do "10", considérase que o xogador "chinó". E non conta nin suma punto algún. Aínda que houbera "mandado" varios bolos. Material: Dúas ou máis bolas de madeira, con pesos e tamaños variados. O peso oscila entre quilo e medio, e tres quilos.

Jorge García Gómez

21


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

Outros datos: É moi antigo, e practícase en determinadas épocas do ano. Máis ben dende a primavera ó remate do verán. O terreo de xogo protéxese cunha forte rede, por mor dos extravíos e pérdas, tanto das bolas como dos bolos. Ténse por hábito argallar concursos ou campionatos locais e comarcais. Os premios consisten en xamóns, lacóns galiñas, años..., que debidamente cociñados servirán de base á festa gastronómica dos vencedores. Pero esta é unha variedade tipicamente galega. Xógase nun campo semicircular, e no centro sitúase unha pedra consistente e ben afincada en terra. A pedra ha ser dura, e non vale, xa que logo, a lousa e outras similares. Na actualidade substitúese por unha superficie lisa de cemento. Na pedra marcaranse ben os lugares onde se han coloca-los bolos, nove en total. A súa disposición será "a marco real", e cunha separación de vinte a vintecinco centímetros. Bolos: Nove, aínda que haxa outros tantos de reposto por aconsellalo a facilidade con que se extravían. Son de pequeno tamaño, aínda que sexa variable, oscilando entre os sete e os dez centímetros de altura. Utilízanse de dous tipos: a)Bolos sen tornear, con dúas caras de apoio octogonal ou redonda. b)Bolos torneados, cunha soa cara de apoio, redonda. A parte superior é arredondada, e a súa forma recorda á dunha lámpada cortada por riba do portalámpadas. Nun bo xogo de bolos non han faltar, cando menos, catro ou cinco de distintos tamaños e pesos. O diámetro medio será duns quince centímetros, e o peso sobre dous quilos. Son esféricos perfectos, e sen buratos nin ocos. Convén que tanto os bolos como as bolas sexan de madeira resistente e, especialmente pesada. As madeiras máis prezadas ó respecto son as de buxo, e as de teixo, entre outras. As bolas e mailos bolos metíanse sempre en sacos de arpilleira, e soterrábanse na lama. E así permanecían de domingo a domingo para non perderen peso. O xogo: Os tantos neste xogo conséguense sumando os puntos obtidos da seguinte maneira: 1,2,3,.........puntos...bola liña de 10....bolos en pedra, ou espacio. Jorge García Gómez

22


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

10..............puntos...bola liña de 10... 1 bolo ha chegar a liña 10. 20..............puntos...bola liña de 10...2 bolos han chegar a liña 10. 20 .............puntos...bola liña de 10...1 bolo ha chegar a liña 20. 15 (algures).puntos .bola liña de 10..bolo central só liña de 10.

XOGOS DE BOLOS CELTAS Campo de xogo. Dende unha liña de tiro a outra de fondo situada a unha distancia de trinta e cinco metros da primeira. O ancho é de dez metros. A base do campo é de terra compacta, recuberta dunha capa de area grosa. Pedra boleira. Colócase ó mesmo nivel que a liña de tiro. Consiste nunha base de pedra granítica alisada na súa parte superior. As súas dimensións serán de 1,10mts de longo, por 0,70 cms de ancho. Sobre desta plataforma colócanse os nove bolos nas catro liñas dun rombo de 0,70 mts de lado; un, en cada vértice, outro na metade de cada lado, e o último no centro de intersección das diagonais. O bolo situado no primeiro vértice do rombo queda en liña paralela á lonxitude da cancha, que pasa polo do medio da última fileira. Elementos do xogo: Os bolos, de nove a oito centímetros de alto, en forma de barriliño; de seis centímetros de diámetro no centro, e de dous centímetros e medio, tamén de diámetro, nas bases. Peso por bolo, douscentos vintecinco gramos. As bolas, en número de oito, perfectamente esféricas, de trece centímetros de diámetro e dous quilogramos de peso. Tanto os bolos como as bolas deberán ser de madeira de buxo. Desniveis: No campo de xogo deberá existir un desnivel do medio por cento entre a pedra boleira e a liña extrema do fondo. Execución do xogo: As bolas lánzanse dende a posición de tiro procurando que cheguen á liña de fondo a mor cantidade delas. A bola que non pasa, anula o seu tiro. A birla

Jorge García Gómez

23


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

execútase dende a liña extrema inferior, impulsándoa bola suavemente para que poda ainguir ós bolos para os voltear ó chegar á pedra boleira. Diante da liña de tiro haberá unha plataforma de cemento de tres metros de longo por dous de ancho, con superficie rugosa. Modalidade de xogo: Compiten por parellas, en dous xogos a cento cincuenta tantos, con tiro e birla a xogadas iguais. Nos partidos oficiais interveñen catro parellas por equipo. Un, actúa como local e, o outro, coma visitante, capitaneados ámbolos dous por cada un seu xogador. Hai un corpo de árbitros oficialmente recoñecido. Os capitáns designan, para cada competición, ós seus respectivos xuíces de liña, e póñenos ás ordes do árbitro.

A RA Características: É un xogo de entretemento á par que deportivo. Consiste en lanzar uns pequenos discos, dende unha determinada distancia, para os introducir pola fendedura que forma a boca da figura, en ferro, dunha ra sentada. Con elo estimúlase a precisión e maila habilidade do xogador, e facilítase a súa concentración. Na nosa memoria aparece como xogo moi antigo, e moi especificamente practicado en Galicia, nos patios, terrazas ou xardíns das pensións, restaurantes e casas de comidas. Foi decaendo,. Pero aínda se conservan nalgúns dos patios das tradicionais, á par que famosas, "casas de comidas" nas capitais e pobos de Galicia.

Xogadores: Xógase individualmente. Participan, como pouco, dous; ou seis, como moito. A unidade básica do xogo é a tirada, que consiste en lanzar 10 fichas, e a distancia de tiro é variable de 3 a 3,5 m, Se unha ficha queda na boca da ra pero non entra non é válida excepto ca poidamos introducir con outra ficha. A partida sóese xoga a 6-10 tiradas, cando se xoga a puntos a puntuación é: -Ra----------------10 ptos. -Muiño-----------5 puntos. -Ponte------------2puntos. Jorge García Gómez

24


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

-Burato-----------1 punto.

Jorge Garc铆a G贸mez

25


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

1. DENOMINACIÓN

A unidade didáctica que presento a continuación está pensada e deseñada para ser aplicada ó Segundo Ciclo de Primaria. Nela abordaremos distintos xogos populares, de tal forma que o neno coñeza aqueles xogos que sobreviviron ó paso do tempo e que de non ser recordados corren o risco de ser esquecidos e de non ser practicados.

2.XUSTIFICACIÓN

Os xogos populares e tradicionais son aqueles xogos que sobreviviron ó paso do tempo e que no seu momento contaron cun amplo número de practicantes. O valor educativo destes xogos non só queda patente polas súas normas e regras senón que o ser practicados por un número considerable de xente tamén interveñen outros aspectos da vida como poden ser a cooperación, competición, socialización... Ademais diso a práctica de moitos xogos esixe unha forma de locomoción ou certa maneira de pensar polo que nos últimos anos fóronse introducindo na área da E.F. como recurso para obter os distintos obxectivos.

3.TEMPORALIZACIÓN

Esta Unidade didáctica podémola incluír dentro da P.A., no terceiro trimestre, de tal forma que as actividades que se realicen neses días poidan ser ó aire libre, aproveitando a chegada do bo tempo. De todas formas non podemos concretar unha data concreta tendo que ser flexibles en función de cómo desenrolemos a nosa programación anual. A unidade didáctica consta de cinco sesións de xogos e xogos populares e leva o nome de "Os xogos populares".

jorgegarciagomez.org


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

4. ETAPA Á QUE VAI DIRIXIDA

Esta Unidade didáctica está deseñada para o 2º nivel do 2º Ciclo de Primaria aínda que coas oportunas adaptacións de regras, normas ou esixencias poderiámola adaptar ó Primeiro ou Terceiro Ciclo. -

Neste ciclo o ritmo de desenrolo estabilizase e os cambios estructurais son menores, polo que é unha fase de maior rendemento corporal e de movementos máis económicos e eficaces.

-

Pódese considerar ó período que transcorre entre os oito e dez anos como de refinamento das coordinacións corporais. Estabilízase a dominancia manual e posteriormente a ocular.

-

O crecemento en altura é máis lento que na etapa anterior; en cambio, aumenta en anchura (ensanchamento biolóxico), polo que morfoloxicamente está moi proporcionado, á par que gaña en equilibrio e vigor.

-

A mellora do equilibrio está estreitamente relacionada coa maduración neurolóxica debido á especialización hemisférica.

-

Por outra parte, o neno destas idades manifesta unha mellora da flexibilidade na columna vertebral, feito que diminúe posteriormente.

-

En relación coa percepción espacial existe unha mellora no rendemento deste tipo de tarefas, será capaz de situar os obxectos en relación uns con outros. A partir dos 9 anos, pasan paulatinamente do proxectivo ó espacio euclidiano de eixes e relacións, onde se respectan as posicións e dimensións.

-

Na percepción, organización e representación temporal son capaces de facer asociacións sensoriais percibindo e estructurando mellor o tempo.

-

As aptitudes perceptivo-cognitivas necesarias para aprender habilidades motrices melloran sensiblemente.

jorgegarciagomez.org


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

-

Nos xogos, o rendemento e a competición aumentan, así como a obediencia ás regras establecidas.

5. PAUTAS METODOLÓXICAS.

-

Seleccionar xogos e obxectivos que queremos conseguir, características do alumno, ter en conta as condicións climatolóxicas, busca de aprendizaxe significativo a través do xogo.

-

O alumno non ha de ser mero realizador das tarefas senón que ha de saber o porque e o para que de ditas tarefas.

-

O mestre

ha de cumprir unha función dinamizadora e integradora

entendida en sentido positivo de ánimo e guía cara o descubrimento de novas opcións e posibilidades. -

O

proceso

de

E-A

debe

favorecer

situacións

de

interiorización

(interaccións consigo mesmo, co entorno, compañeiros e co mestre/a). -

Propoñer actividades que supoñan un esforzo e reto axeitado ás capacidades dos nenos/as desta idade.

-

O aspecto lúdico xoga un papel moi importante.

-

Evitar na medida do posible os tempos mortos e de espera, contando co material suficiente ou diversificar as actividades.

6. OBXECTIVOS.

-

Conservar os xogos populares que formen parte da cultura da comunidade.

-

Traballar de forma independente e en equipo respectando as regras e normas para gozar do xogo.

-

Acercar os nenos ó medio natural.

-

Practicar diversas actividades físico-ludicas aproveitando o entorno natural. jorgegarciagomez.org


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

-

Fomentar as relacións interpersoais.

-

Fomentar hábitos de coidado e hixiene.

7. OBXECTIVOS TRANSVERSAIS.

-

Educar para a convivencia.

-

Educación non sexista.

-

Fomentar a igualdade entre todos, evitando as diferencias de ningún tipo.

8. CONTIDOS. 8.1. -

Conceptos.

O xogo popular como fenómeno de sociabilidade: xogos populares e tradicionais.

-

Normas e regras que rixen os xogos.

-

Cultura e xogo popular.

8.2.

Procedementos.

-

Recompilar e practicar xogos populares.

-

Utilización de regras para a organización de xogos.

-

Facer reflexións acerca da cultura e tradición do noso entorno.

-

Experimentar diversas posibilidades de actuación no medio natural.

8.3.

Actitudes, valores e normas.

-

Respectar as normas do xogo.

-

Ser respectuoso e tolerante cos compañeiros.

-

Respectar e apreciar a natureza.

-

Actitude positiva e motivante de cara as actividades propostas.

9. AVALIACIÓN.

jorgegarciagomez.org


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

Farase un seguimento diario do alumnado, constatando aspectos como a participación nas actividades, o respecto ós compañeiros/as, a consecución dos obxectivos, contidos... Tamén é importante avaliar ou facer unha reflexión da

nosa actuación

docente, reflexionando acerca da metodoloxía empregada e das actividades que propoñamos, de tal forma que poidamos constatar cales son as máis axeitadas e motivantes para o grupo ou se precisamos engadir ou suprimir algunha regra para posteriores ocasións.

BIBLIOGRAFÍA.

"Propuestas de secuencia Educación Física" M.E.C. Editorial Escuela Española, 1992.

"A Educación Física na Primaria 2º Ciclo"

Editorial

Toxosoutos, 1996.

"Xogos Populares en Galicia" Edicións LEA ,1997. Juegos Motores y creatividad" Editorial Paidotribo, 1998.

jorgegarciagomez.org

Eugenia Trigo Aza.


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________ BLOQUE: Os xogos. UNIDADE: Os xogos populares. SESIÓN:Primeira.

OBXECTIVOS: -Coñecer distintos xogos populares. -Resolver situacións motoras con eficiencia e eficacia

MATERIAL:Ningún -Respectar as regras e normas para gozar do xogo. ANIMACIÓN:

"CACEROLA".- Un ou dous perseguen ó resto. Os perseguidos para se salvar abrirán os brazos e as pernas o mesmo tempo que exclaman ¡Cacerola! e terán que permanecer en posición estática ata que outro compañeiro/a lles pase por baixo.

"OS CÁNTAROS".- Distribúense varias parellas polo espacio enganchados polos brazos. Hai un perseguidor (A)e un perseguido (B); O perseguido (B) para se salvar agarrarase o brazo dalgún membro dunha parella, entón o compañeiro da parella que queda libre pasa a ser o novo perseguidor (C) e o perseguido é o antigo perseguidor(A). PARTE PRINCIPAL:

¡SANGUE!.- Dispoñemos os alumnos en círculo menos un/unha que queda no medio cunha pelota na man. O do medio lanza a pelota ó aire o mesmo tempo que exclama "Eu declaro a guerra a (nome dalgún neno ou o nome dalgún país previamente acordado entre os rapaces, de tal xeito que cada neno/a represente a algún).Nese intre todos escapan menos o nomeado que corre polo balón e unha vez que o captura di ¡Sangue!. Nese momento todos cortan a carreira e permanecerán inmóbiles. Entón o que panda da tres pasos e tenta de dar co balón a algún compañeiro/a. Se o consegue o tocado perde unha vida senón pérdea el.

¡XENTE CON XENTE!.- Todos sentados polo chan e en parellas formando un círculo. Un queda fora e vai dicindo certas ordes como por exemplo "man con man" e os rapaces xuntan as súas mans. Despois de dicir unhas ordes exclama "Xente con xente" e inmediatamente todos han de buscar unha nova parella incluído o que quedaba fora. O queda libre será quen de dar novas "ordes"

¡SÁLVATE SALTANDO!.- Toda a clase sentada no chan e distribuídos polo espacio excepto dous que serán un perseguido e un perseguidor. O perseguido para se salvar terá que saltar sobre algún dos rapaces que están sentados no chan ocupando o seu lugar. O saltado pasa a ser o novo perseguidor e o antigo perseguidor é agora o novo perseguido

VOLTA Á CALMA. "1,2,3, ESCONDITE INGLÉS".

jorgegarciagomez.org


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________ BLOQUE: Os xogos. UNIDADE: Os xogos populares.

OBXECTIVOS: - Desenrolar a capacidade de traballo de forma autónoma

SESIÓN: Segunda. MATERIAL:Botes, cantos, chapas, Canicas, pista ou patio de recreo.

Ser capaz de lanzar de forma precisa e con forza controlada diferentes obxectos. -Ser capaz de traballar indiv. e en grupo.

ANIMACIÓN.

"BOTE, BOTERO".- Un se la queda. Os demais tiran o bote o máis lonxe posible e escóndense. O que se la queda vai a polo bote e colócao nun punto determinado. Vai buscar ós demais e cando ve a alguén di:"Bote botero vin a ...". Se alguén lle pilla distraído e pega unha patada o bote, os xa vistos quedan libres escondéndose mentres o recolle e coloca no punto acordado. Cando todos son vistos, se la queda o último.

"OS CANTOS".- Equipos de seis. Cada un cun "canto" de tamaño similar e o máis redondeado e forte posible. Fan un "guá" (burato no chan). Dende el cada un tira o seu canto por orde, tratando de dar a algún dos anteriores, cando o conseguen teñen que facer "guá" (colocar o canto no burato) para eliminalo. Gaña o que queda o último sen ser eliminado. PARTE PRINCIPAL.

"CARREIRA DE CHAPAS".-Faise un circuíto na area para cada equipo de 6 a 8 participantes. Cada neno con unha chapa de refresco ou similar. Dende unha liña de saída lanzan por orden as chapas e avanzan en cada tirada ata onde chegue a chapa, mentres non se salgan do circuíto. Gaña o que antes complete un número determinado de voltas. A chapa pódese impulsar a capirotazos co dedo corazón ou impulsándoa co polgar.

"AS CANICAS".- Desenrolo idéntico ó dos cantos, pero lánzase unha bola ou canica en posición de agachado e co dedo polgar. Pódese avanzar unha cuarta coa man contraria.

"A CONDENA".- Grupos de 6 xogadores. Cada xogador con unha bola ou canica. Nun círculo marcado no chan introdúcense un número indeterminado de bolas ou canicas. Os xogadores saen por orden dende unha raia marcada a uns cinco metros do círculo (condena), tentando sacar o maior número de bolas ou canicas posible, sen quedarse dentro do círculo. Se a súa bola queda dentro do círculo, "condenouse" e queda eliminado. Gaña o xogador que maior número de bolas ou canicas logre sacar.

VOLTA Á CALMA.

"A RAIUELA".- Equipos de 6-8. Cada grupo fai unha "raia" a uns 5-6 metros e a esa distancia lanzan a chapa tratando de quedar o máis cerca da raia pero sen pasarse. Facer varias tiradas. Pódese facer tamén coas bolas ou cantos.

jorgegarciagomez.org


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________ OBXECTIVOS:

BLOQUE: Os xogos. UNIDADE:

Os

xogos

-Conservar os xogos populares que forman parte do Acervo cultural da comunidade.

populares. SESIÓN: Terceira.

-Traballar de forma independente e en equipo.

MATERIAL: Panos.

ANIMACIÓN.

"O ZURRIAGAZO".-Gran grupo. Catro apandan cun pano cada un na man e anoado no outro extremo. Ó sinal, tentará dar os demais co pano. O tocado queda co "zurriago" (pano anoado) e o xogo continúa. Non está permitido dar na cabeza.

PARTE PRINCIPAL.

"A CADEA TURRICA".- Un apanda. Cando exclama "¡Cadea!" todos escapan e alonxanse de el. Cando un dos que escapan di "Turrica" entón o que apanda inicia a persecución. Cando logra tocar (pelar) a algún (pelado) éste únese a él collido da man, formando de este modo unha cadea. Só poden tocar os das esquinas.

"REI-REI".- Por parellas. Mentres un realiza o outro observa. A cada parella lles entrego unha pica. O xogo consiste en soster a pica coa palma da man o mesmo que se di:"Rei,rei cantos anos vivirei..." e comezan a contar 1,2,3,4,5,...

"O PANO".-Clase dividida en dous grupos. Entre cada grupo un queda co pano na metade do campo delimitado previamente. Cada grupo está formado por dous equipos e os seus membros numerados. O que queda co pano canta un número, os que teñen ese número corren a coller o pano. Regras:

Antes de coller o pano non se poderá pisar o campo contrario. O que primeiro colle o pano volve o antes posible a liña de saída. O que non colle o pano tentará tocar ó outro antes de que chegue a súa liña. Se lle cae o pano, queda eliminado. Os eliminados pasan a suxeitar o pano e cantar o número. Gaña o equipo que menos eliminados ten. VOLTA Á CALMA. "A BOMBA".- Distribuímos os alumnos en dous círculos. Os rapaces terán que pasar unha pelota (a bomba) de uns a outros. Ó sinal do mestre o rapaz que teña a pelota nas súas mans queda eliminado xa que estoupou a bomba.

jorgegarciagomez.org


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

BLOQUE: Os xogos. UNIDADE: Os xogos Populares.

OBXECTIVOS: -Aprender xogos de corda.

SESIÓN: Cuarta. MATERIAL: Cordas.

ANIMACIÓN:

"PERSECUCIÓN COA CORDA".- Unha corda por parella. O que ten a corda persegue ó seu compañeiro e intenta capturalo meténdoo na corda. Cando o consiga intercambian os papeis. No caso de que non poida, manda o mestre o cambio.

PARTE PRINCIPAL:

Sáltase individualmente a corda desprazándose polo espacio. Saltase por parellas, un ao lado do outro. Pódese saltar collidos da man e ca man libre dase a corda. No sitio/ desprazándose polo patio/ a mesma tarefa un detrás do outro. "REI, REI CANTOS ANOS VIVIREI" .-Por parellas dan saltos a corda e contan os saltos (anos que vive o rei). Toda a clase con unha comba largo, a metade da clase a cada lado dela . Saltan a unha entrando un de cada lado.

Todos do mesmo lado, salta á de dúas. Cando o primeiro saltou unha vez entra o seguinte: cada un salta dúas veces, unha acompañando o que vai diante e outra o que salta detrás.

Sáltase á de tres, pero entrando polo lado contrario ó habitual. Fanse estiramentos de cuadríceps e xemelgos, sen rebotes e aguantando un rato. VOLTA Á CALMA.

Realízanse grupos de oito con catro cordas pequenas cada grupo. Cada un colle un extremo das cordas, con éstas colocadas en estrela. Numéranse en pares e impares e o ritmo dunha canción de corro os pares xiran cara una lado e os impares cara o outro pasando unha vez por riba e a outra por baixo as cordas que se van encontrando. As cordas vánse enroscando no centro.

Gárdanse as cordas.

jorgegarciagomez.org


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

BLOQUE: Os xogos. UNIDADE: Os xogos populares. MATERIAL: Pelotas.

OBXECTIVOS: - Practica de xogos populares. - Traballar de forma individual e en grupo.

SESIÓN: Quinta.

ANIMACIÓN.-

"POLICÍAS E LADRÓNS".- Dous grupos, uns son policías e outros ladróns. Os policías teñen que intentar tocar os ladróns e levalos a unha zona. Os ladróns poden librar os seus compañeiros que foron collidos. Cambiar os papeis.

XOGO DE PERSECUCIÓN CON 3 OU 4 perseguidores. Os perseguidos poden salvarse subindo a unha altura na que non poderán permanecer máis de 7". PARTE PRINCIPAL.-

"DAR Ó BRANCO".- Facemos un círculo cos alumnos excepto uns cantos que se colocan no centro. Os do exterior do círculo tentan dar os do interior a través de lanzamentos cunha pelota. Os tocados pasan a formar parte do círculo.

"PEDRA, PAPEL E TESOIRAS".- Dúas filas fronte a fronte cunha separación de metro e medio. Cada grupo ponse de acordo naquilo que van xesticular cas súas mans: pedra (man en forma de puño), papel (man estirada), tesoiras (dedos en forma de tesoiras). A pedra pode a tesoira porque a rompe. O Papel pode a pedra porque a envolve e a tesoira pode o papel porque o corta. A un sinal os dous grupos sacan unha destas tres cousas. O equipo vencedor ten que perseguir os demais. Existe unha zoa de salvamento na que non se pode entrar.

"A UNHA COME O CURA".- Un rapaz agáchase e os demais teñen que saltar por riba del o mesmo tempo que din o seguinte: " A unha come o cura, as dúas comémolos dous; as tres san Andrés; as catro maragato, as cinco pego un brinco; as seis dou un traspés; as sete poño o caperuchete; as oito, como un biscoito, as nove, recóllome que chove; as dez volve a chover; as once pasa o conde; as doce lle responde; as trece, ¿que quere vostede, señor Conde?.

¿QUEN TE MONTA BICHO PAVO? .- Un fai de nai sentado nunha cadeira. Os demais están en fronte da nai excepto un/unha que apoia a súa faciana nos xeonllos da nai sen ver nada. A nai fai un sinal a outro rapaz e este sóbese enriba do que esta apoiado na nai. Entón a nai pregúntalle o "fillo":¿Quen te monta bicho pavo?. Se atina el será a nai e o que montou será o novo cego. Senón atina seguiran igual. VOLTA Á CALMA.

"O REI DOS ANIMAIS".- En círculo, de pe ou sentados, pasan unha pelota o mesmo tempo que din o nome dun animal. Por exemplo: "Vin un lobo"... e así sucesivamente. Non se poden repetir animais. O que repita animal queda eliminado.

jorgegarciagomez.org


Os xogos populares en Galicia____________________________________________________________

jorgegarciagomez.org


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.