Coa escusa da "crise" os poderes financeiros e as multinacionais, da man dos gobernos, impoñen as reformas que nos levan a unha maior explotación e miseria, non só en Galicia, nin en España, senón a nivel planetario. Imos cara un mundo de escravos e parados que só ten remedio dende a solidariedade. Levamos case 10 anos afirmando que a saída ten que ser de todos e que non se pode pretender "salvar o noso" á marxe do mundo. iÉ imposible! Nun mundo global, os problemas son globais, e as solucións tamén.
Estamos moito máis preto da fame e da explotación do que nos atrevemos a crer.