20 minute read

O Betanzos CF recupera e suma

REDACCIÓN/ Deportes

Mes e medio durou a seca de puntos para o Betanzos CF. Despois da vitoria na casa ante a Sarriana o 4 de decembro o equipo betanceiro pasou a súa particular crise ata o 22 de xaneiro que volveu a gañar na casa ante o CD Unión. Semanas complicadas para os de Noé que non deixaron de traballar na procura da mellora dos resultados. Despois da derrota na casa ante a SD Residencia (1-3) no desprazamento a Mugardos o equipo non foi quen de materializar as ocasións que tivo e rematou caendo pola mínima (1-0).

Advertisement

A xornada 19 parecía propicia para coller folgos ante un dos colistas e as expectativas cumpríronse. Dous goles de Juan de Dora e outro de Pájaro sentenciaron un partido cunha victoria que permitiu respirar e volver a coller confianza aos de Noé. No inicio da segunda volta na xornada 20 o equipo repetiu triunfo na casa esta vez ante a SD Sofán. Un tempraneiro gol en propia porta do rival e outro de Murilo no minuto 32 pecharon un partido no que o Betanzos CF ben puido aumentar distancias e irse cun marcador máis amplo.

segunda metade. Reparto de puntos xusto con ocasións por ambos bandos.

O equipo ocupa a sexta praza empatado a puntos coa SD O Pino e a SD Dubra pero xa alonxado da cabeza, a segunda praza está a nove puntos e a primeira a once. Aínda así quedan dezaseis xornadas, todo un mundo en calquera liga igualada como a Preferente e na que este equipo aínda ten moito que dicir.

Calendario febreiro

12 de febreiro:

Betanzos CF - CF Portomarín poden solicitalo enviando un correo electrónico a: clubmontanabetanzos@gmail.com.

Para inscribirse nalgunha das actividades do clube ou para informarse poden enviar un correo electrónico a: clubatletismobetanzos@gmail.com

I.M Galical Rábade FS

25 de febreiro: Castroverde FS

Troula Betanzos FS

5 de marzo:

Troula Betanzos FS

PM Friol Concello de Friol FS

Na última das xornadas disputadas o equipo desprazouse ata Ordes rematando o partido con empate a un gol. Un encontro no que o Betanzos adiantouse por medio dun penalti que transformou Juan de Dora e que viu como os locais empataban mediada a

19 de febreiro:

Ribadeo FC - Betanzos CF

26 de febreiro:

Betanzos CF - SD Fisterra

5 de marzo:

At. Coruña Montañeros CF

Betanzos CF

C Omarca

A Deputación

inaugura o 12 de febreiro a senda ciclista entre Cecebre e Carral cunha andaina a pé e en bici

REDACCIÓN / Comarca

O Concello completa a restauración da fonte de Esperela

REDACCIÓN / Paderne

O Concello de Paderne completou os traballos de restauración da fonte de Esperela, na parroquia de Vigo. Tanto a fonte como o lavadoiro xa foran rehabilitados en parte con anterioridade mais quedaban pendentes as obras da parte trasei-

Miño agradece a colaboración veciñal que permitiu crear a Senda dos Sentidos

ra da fonte como a construción da arqueta de evacuación de pluviais, o piso da parte de atrás da fonte, o muro de contención e o precintado dalgunhas das zonas anteriormente construidas.

Para acometer esta segunda fase dos traballos o Concello utilizou fondos propios.

Augas de Galicia realizará traballos de limpeza e conservación do Rego de Caraña

REDACCIÓN / Miño

O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, presidiu o acto de agradecemento a todas as persoas que cederon o uso de parte dos seus terreos para realizar a Senda dos Sentidos. O acto cele-

C Oir S

brouse no punto de comezo do itinerario, onde se descubriu unha placa conmemorativa. O alcalde destacou que "grazas á xenerosidade e boa disposición destas persoas, hoxe contamos cunha ruta única, dun alto valor ambiental e paisaxístico", dixo.

Paderne acomete obras de saneamento no camiño entre O Telleiro e San Pedro

REDACCIÓN / Paderne

O Concello de Paderne está a acometer obras de saneamento no camiño entre O Telleiro, en Paderne, e San Pedro, en Obre para solucionar os problemas de asolagamento que se producen en época de choivas. Os traballos buscan mellorar a drenaxe e canalización das augas para facilitar o tránsito de vehículos pola estrada.

Augas de Galicia procederá proximamente á limpeza e conservación do Rego de Caraña, unha pequena canle fluvial que discorre polas parroquias de Obre, en Paderne, e de Tiobre, en Betanzos.

A limpeza realizarase con ferramentas mecánicas naqueles puntos onde así o requiran as condicións de acceso ao regato. Estas labores, según explicou o alcalde de Paderne, César Longo, "son imprescindibles para o mantemento do entorno e a conservación da canle natural libre de malezas e desprendementos de árbores que co tempo se foron acumulando e poden causar anegamentos ante choivas intensas", dixo.

Coirós entrega 24.000 euros en axudas ás asociacións

REDACCIÓN / Coirós

O Concello de Coirós entregou as axudas municipais a unha vintena de asociacións e comisións de festas do municipio.

A contía total que destinou o goberno local a estas subven- cións foi de 24.000 euros. O alcalde do municipio, Francisco Quintela, aproveitou o encontro cos representantes das entidades para intercambiar impresións e abrir novas vías de colaboración entre o Concello e estes colectivos.

A Deputación da Coruña organiza unha andaina e marcha cicloturista o domingo 12 de febreiro para inaugurar a nova senda ciclista que percorre a contorna do encoro de Cecebre e que conecta co munipio de Carral. Trátase dun itinerario de 32 quilómetros que transcorre polos municipios de Abegondo, Betanzos, Bergondo, Cambre e Carral. A saída da marcha será ás 9,30 horas desde o pavillón de Guísamo, en Bergondo, e a chegada está prevista para as 15.30 horas no Campo da Feira de Carral. En total percorreranse uns 18 quilómetros nos que se instalará un punto de avituallamento intermedio na cidade Deportiva do Mundo do Fútbol do Real Club Deportivo da Coruña, en Abegondo.

A actividade é gratuíta pero para participar é preciso inscribirse previamente na páxina web da Deputación. As persoas participantes recibirán unha camiseta de regalo e disporán dun servizo de bus con diferentes modalidades.

Máis de 2,1 millóns de investimento

O proxecto da Senda ZEC contou cun investimento de 2,1 millóns de euros que foron cofinanciados nun 80% con fondos europeos FEDER, a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE).

A Deputación da Coruña asumiu directamente a xestión das actuacións que se dividiron en tres tramos, o primeiro entre Abegondo, Bergondo, Betanzos e Carral e o segundo e terceiro entre os municipios de Abegondo e Carral.

A alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, e o delegado da Xunta en A Coruña, Gonzalo Trenor, visitaron as obras

Rematan as obras do centro de saúde de San Cidre

REDACCIÓN / Bergondo

As obras de reforma do centro de saúde de San Cidre nas que Xunta e Concello investiron 306.000 euros, cofinanciados a partes iguais, permitiron mellorar a accesibilidade das instalacións e solucionar os problemas estruturais do edificio.

A alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, e o delegado da Xunta

Protección Civil de Bergondo pecha 2022 con 722 intervencións

REDACCIÓN / Bergondo

A agrupación municipal de Protección Civil de Bergondo levou a cabo un total de 722 intervencións ao longo do ano 2022, respondendo aos avisos do 112, da Policía Local ou dos propios veciños e veciñas do municipio.

Tal e como se reflicte na memoria anual da agrupación, a maior parte das intervencións foron actuacións na rede viaria, onde se rexistraron 128 accidentes de tráfico, un 7,6% máis que en 2021. Pola contra, diminuiron significativamente os avisos por caídas de árbores con respecto ao ano anterior.

No que respecta aos incendios, en A Coruña, Gonzalo Trenor, visitaron as obras, acompañados de membros da Corporación. Os traballos incluiron a renovación da cuberta e da carpintería exterior, a construción dunha marquesina e soportal de acceso cuberto desde a zona da ambulancia, pintado interior e a instalación de calefacción mediante bomba de calor.

Bergondo ofrece 90 días de obradoiros gratuítos desde marzo ata maio

REDACCIÓN / Bergondo

O Concello de Bergondo acaba de lanzar o programa "90 días de acción", unha iniciativa impulsada polo equipo de voluntariado municipal que ofrece ao vecindario a posibilidade de participar en diferentes obradoiros gratuítos durante 90 días.

A programación desenvolverase entre os meses de marzo e maio e inclúe rutas verdes e plantas medicinais, Mindfulness, repostería caseira, clube de lectura, limpeza de praias, observación de aves, club de calceta, conversas en inglés, prevención de condutas aditivas e sesión informativa sobre o párkinson.

As persoas interesadas deberán inscribirse antes do 10 de febreiro no departamento de Servizos Sociais, por correo electrónico: servizos.sociais@bergondo.gal, ou a través da sede electrónica municipal.

R Eserva De Biosfera

Imaxe de grupo dos efectivos de Protección Civil de Bergondo urbáns, forestais ou de vehículos, a agrupación actuou en 8 casos e interviron tamén en 15 actuacións relacionadas con inundacións en estradas.

Ademais, ao longo do ano realizan actividades de formación tanto internas, para mellorar a capacitación dos seus efectivos, como externas, dirixidas a escolares e a persoas adultas.

A alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, destacou a "importantísima labor que realiza Protección Civil nun concello como o noso, sempre coordinados coas forzas de seguridade", dixo, e fixo fincapé en que "o seu traballo altruista beneficia directamente aos veciños e veciñas de Bergondo xa que están operativos os 365 días do ano", subliñou.

O presidente e o vicepresidente da Reserva, José Antonio Santiso e César Longo, e o técnico da Reserva, Diego López, reuníronse en Fitur coa presidenta da Fundación Starlight, Antonia Varela

A Reserva aspira a converterse en Destino Turístico Starlight

As previsións apuntan a que poderá obter esta cualificación para a vindeira primavera

REDACCIÓN / Comarca

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo aspira a obter a cualificación de Destino Turístico Starlight para a vindeira primavera.

O presidente e alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, e o vicepresidente e alcalde de Paderne, César Longo, mantiveron o 19 de xaneiro en Fitur un encontro coa presidenta da Fundación Starlight, Antonia Varela, para analizar a situación da candidatura e a futura colaboración entre ambas as dúas entidades.

Na xuntanza, na que tamén participou o técnico da Reserva, Diego López, avanzouse que se está ultimando o proceso de medicións do ceo iniciado nos 17 municipios que a integran e queda pendente realizar estas medicións en época de lúa nova.

Unha vez que se teña aprobado o certificado, impulsarase formación ao empresariado dos diferentes concellos para que poidan ofertar actividades relacionadas coa denominación Starlight, tal e como explicaron dende a Reserva. A colaboración conxunta entre a Fundación Starlight e a Reserva permitirá tamén a creación de infraestruturas para a observación do ceo, tanto na costa como no interior.

Plan de sustentabilidade turística

Mariñas Coruñesas presentou en Fitur o seu Plan de Sustentabilidade Turística, unha aposta por desenvolver un destino de ecoturismo familiar neutro en carbono. A Reserva destina 1,5 millóns de euros a este Plan que se desenvolverá nos 17 municipios estruturado en catro eixes: transición verde e sostible, eficiencia enerxética, transición dixital e competitividade.

A través destas liñas realizaranse accións como a retirada de residuos da ría de Betanzos, a creación dunha rede de centros de interpretación da biosfera, a instalación de puntos de recarga de vehículos eléctricos, a recuperación de sendas tradicionais ecoturísticas, a mellora de accesibilidade a espazos públicos ou o balizamento da ría de Betanzos, entre outras propostas

[ESPAZO XOVE DE BETANZOS - DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO]

Axudas Galicia renova Electrodomésticos

A Xunta aprobou unha nova convocatoria do programa Galicia Renova Electrodomésticos, que facilitará axudas de ata 450 euros a persoas que queiran renovar eses equipamentos.

O prazo de solicitude das axudas abrirá o 8 de febreiro e rematará o 30 de setembro ou cando se esgote o crédito dispoñible. As peticións resolveránse en orde de entrada.

As subvencións poderán acadar o 25% do prezo dun electrodoméstico para un consumidor xeral, e chegarán a entre un 50% e o 75% cando se trate de persoas con dificultades económicas. @s beneficiari@s deberán residir en Galicia e poderán empregar os fondos para renovar frigoríficos ou frigoríficos conxeladores con categoría enerxética A, B, C ou D; conxeladores coas mesmas categorías; lavadoras catalogadas como A, B ou C; lavalouzas do mesmo tipo, ou placas de cociña de inducción total. As axudas irán desde os 100 aos 450 euros Cada solicitante solo poderá recibir unha subvención para cada unha das tipoloxías, cun máximo de tres electrodomésticos por beneficiari@.

Axudas para o aluguer de vivenda

As axudas que poderán conseguirse chegan aos 300 € ao mes e conce deranse por 1 ano, prorrogables ata un máximo de 5 anos. O prazo permanecerá aberto ata o día 5 de maio do 2023 ou ata o esgotamento da partida presupostaria.

A Xunta concederá axudas de ata 300 euros mensuais para o pago do aluguer ás persoas que a renda non supere 3 veces o Iprem (24.318,84 euros), límite que se incrementa ata 4 ou 5 veces no caso de familias numerosas ou con personas con discapacidade. Tamén deberán acreditar uns ingresos mínimos de 0,5 veces o Iprem.

O importe da axuda será do 50% da renda establecida no contrato, excluidos os gastos de comunidade e a renda de anexos como garaxes ou trasteiros.

A resolución limita a renda máxima das viviendas que poderán acollerse a esta financiación. Será de 600 euros nas 7 grandes cidades, de 500 euros en Concellos como Betanzos e de 400 euros os concellos de carácter rural.

As axudas concederanse por un prazo de 12 meses, coa opción de ser renovadas anualmente ata un máximo de 5 anos. A concesión poderá realizarse con efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2023 ou dende a data de firma do contrato, no caso de ser posterior.

A maiores, @s solicitantes deberán contar cun contrato de aluguer cunha duración mínima dun ano.

Máis información Espazo Xove de Betanzos:

Tlf. 881 880 279 (tarde) email: espazoxovebetanzos.xuventude@xunta.gal

Instagram: @espazoxovebetanzos

Facebook: Espazo Xove-Casa da Xuventude de Betanzos

Atocha participa nun proxecto orientado a concienciar sobre o vandalismo

REDACCIÓN / Betanzos

O alumnado de 6º de Primaria do CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen-Atocha de Betanzos participa no proxecto "Investigadores Sociales #Sen Vandalismo", impulsado pola asociación APES en colaboración coa Fundación Barrié. Trátase de actividades orientadas a combater dende as aulas comportamentos antisociais. Desde principio de curso levan realizado actividades encamiñadas a formarse como persoas adultas comprometidas coa sociedade e capaces de identificar e previr comportamentos vandálicos e de risco.

Ao longo de todo o proceso os escolares están implicados na investigación das causas e nas consecuencias que ten o vandalismo seguindo unha metodoloxía de aprendizaxe-servizo.

Para poñer o peche a esta iniciativa o alumnado prepara unha acción social baixo o lema "Para el vandalismo frenar, Atocha-Betanzos va a actuar", que consistirá na

A betanceira Lucía Abarrategui

representación teatral dunha acción vandálica bastante común na sociedade e as consecuencias no proxecto que sofren, non só quen as padece senón tamén as persoas que a levan a cabo .

REDACCIÓN / Betanzos

A comunicadora betanceira Lucía Abarrategui analiza na súa tese doutoral "A radio como recurso para a promoción da educación interxeracional, o avellentamento activo e a inclusión sociocomunitaria" a conexión entre a radio e a interxeracionalidade.

Abarrategui deseñou e desenvolveu en 2017 no CEIP Barouta, de Ames, un programa educativo interxeracional no que alumnado de 6º de Primaria e persoas maiores traballaron colaborativamente na creación dun programa de radio sobre o patrimonio cultural da zona.

O traballo comezou a realizarse co apoio das Bolsas de Investigación en Ciencias Sociais outorgadas pola Deputación de A Coruña. A tese, desenvolvida dentro do Programa de Equidade e Innovación Educativa da Universidade de Santiago de Compostela (USC), contou coa dirección de Jesús Rodríguez, da USC, e Helena Zapico da Universidade da Coruña.

Entre as conclusións despréndese que o Programa Interxeracional de radio "permitiu romper estereotipos, mellorar as relacións entre a mocidade e os maiores, potenciar o envellecemento activo e mellorar a aprendizaxe. Ademais, a construción colaborativa do programa de radio supuxo a difusión e posta en valor do patrimonio cultural, como refráns, lendas, festividades ou xogos tradicionais".

A investigación levouse a cabo valéndose dos datos recollidos a través da observación da experiencia, a realización de entrevistas ás persoas participantes e os contidos radiofónicos producidos polo grupo, formado por persoas de entre os 11 e os 90 anos.

Os directores da tese amosáronse orgullosos do traballo resultante e o tribunal valorou especialmente a orixinalidade do traballo, a súa aportación en termos de innovación educativa e inclusión sociocomunitaria e outorgáronlle a máxima calificación ao tempo que a animaron a seguir investigando.

Grazas A Todos E Todas

[MANUEL SEIJO - SARXENTO DA POLICÍA LOCAL DE BETANZOS XUBILADO]

36 anos 11 meses e 21 días formando parte dun colectivo cuxas interioridades son case descoñecidas.

Detrás deste traballo, nos Concellos pequenos como o noso, hai unha especialización en todos os ámbitos e unha dedicación plena nas horas de traballo por escaseza do persoal (habitualmente dous axentes por turno) que teñen que facer fronte a todos os requerimentos do servizo dende as cousas máis insignificantes ata as máis perigosas.

Non vou contar estas vicisitudes (ao mellor noutro intre), só quero aproveitar a oportunidade que me ofrece este periódico de Betanzos para das as GRAZAS:

Primeiro, GRAZAS á miña familia, aos que están e aos que xa se foron, que sempre entenderon a dedicación que lle prestei a esta profesión de día e de noite, que me levou a sair máis dunha vez da cama ou dalgunha celebración ou a fallar nalgunha cita.

GRAZAS aos meus amigos/as que dende que puxen por primeira vez o uniforme separaron da miña vida persoal a laboral aínda que tivera que soportar as bromas de rigor.

GRAZAS aos meus compañeiros/ as de traballo na Policía, dende o día primeiro ata o derradeiro grazas a eles a miña labor foi máis doada. Todos e cada un deles fixeron que o meu traballo saíra adiante. Non pensedes que todo foi un leito de rosas, en todos os colectivos xurden problemas ou atrancos. A min servironme para seguir na mesma dirección e con máis forza.

GRAZAS a todos os compañeiros/ as do Concello. Cuns traballei máis de preto que con outros pero con todos houbo sintonía, quédome coas verbas que máis dun me dixo: "Alégrome por ti pero non por min, botareite en falta".

GRAZAS A TODOS/AS E A CADA UN/ UNHA (permitídeme escribilo con maiúsculas) dos integrantes de Protección Civil. Máis de 20 anos, cóbado con cóbado, cruce con cruce, en todos os dispositivos por calquer evento no termo municipal, sen unha soa discusión, sen unha soa queixa facendo o traballo limpo, o suxo e o enlamado e podo dicir que seguindo cada instrucción coa mesma profesionalidade como se lles fora o soldo niso e con orgullo digo que GRAZAS a eles e a elas todos estes eventos remataron cun "PARABÉNS" "SEN NOVIDADE". Sen elas nin eles non se podería celebrar nin un só dos eventos que se fan en Betanzos. Ao igual que a axuda que prestan en todo tipo de emerxencias e calamidades. O mundo é un pouco mellor grazas a todos os voluntarios/as.

GRAZAS aos concelleiros/as e alcaldes/as, en todo momento intentei resolver os problemas que me plantexaron e cumprir coas obrigas do meu cargo. A complicidade tampouco é a mesma con todos pero de moitos xurdiu unha boa amizade fóra da vida profesional.

GRAZAS aos colexios de primaria (Vales Villamarín e Nosa Señora do Carme) por permitirme por uns días, ao longo de moitos anos, exercer a miña verdadeira vocación, o ensino, e por abrirme as portas con total liberdade permitíndome ao mesmo tempo coñecer e dar a coñecer a cercanía da policía á xuventude de toda a bisbarra con todo o que iso

"O 21 de decembro do 2022 finalizo as miñas prestacións neste concello e paso a xubilación, polo medio ascenso a oficial (cabo) no 1995 e a Inspector (sarxento) no 2004" conleva. Podería contar mil anécdotas de encontros con estes nenos cando xa deixaron de selo, e, apurados ou non, che soltan: "Eu coñézote, ti es Manolo que me diches educación viaria".

GRAZAS ao Pai Meni por permitirme colaborar nesa tarefa tan difícil e ao mesmo tempo tan reconfortante e gratificante que supón a educación nese centro.

GRAZAS ao persoal de tantos organismos que me prestaron colaboración cando a precisei Concellos límitrofes (Paderne, Bergondo, Abegondo...), Garda Civil, Policías (Nacional, Autonómica...), Fomento (amigo Eduardo), AGASP (Susana,

BETANZEANDO POR... SAN MARTIÑO DE TIOBRE

[ELENA CARRO VIEITES - TÉCNICO DE TURISMO DE BETANZOS E GUÍA OFICIAL DE TURISMO DE GALICIA]

O primeiro dato que consta (supoñemos que habería anteriores pero non se conservan) sobre unha igrexa neste lugar é no ano 830 co templo pertencente a Sede Irense. O templo actual foi restaurado e consagrado polo propio Bispo Xelmírez a principios do século XII, o cal xa nos da detalle sobre a importancia da igrexa de Betanzos (posto que aínda non se trasladara a poboación á Vila Nova de Betanzos).

Outro documento de 1178 fala da importancia deTiobre no Camiño Inglés de peregrinación a Santiago.

É unha igrexa románica simple pero con varios detalles significativos. O primeiro sería o “dragón”, probablemente suevo, que decoraba a ábside da igrexa. Segundo Martínez Santiso este “dragón” sería o elemento que faría irrefutable a datación do templo no século V.

No exterior destacan as tres pezas que decoran o ábside:

- O carneiro.

- Un corpo informe con dúas cabezas.

- O “dragón”.

O mestre Vales Villamarín fixo un completo estudo sobre estas pezas que se coñecen como cruces antefixas e que se pode consultar no Anuario Brigantino. Destacar un canzorro no muro sur que representa un home bebendo dun barril, claramente alude ó pecado da embriaguez aínda que sendo en Betanzos sería mellor pensar que está a degustar un dos afamados caldos da nosa zona. Outras teorías apuntan a que é un músico tocando o “dolio”, un instrumento musical de vento propio da zona occidental da península no século XII.

Moi preto de Tiobre, percorrendo o Camiño Inglés en sentido contrario, atópase o Campo e Ermida de San Paio. De feito aínda se conserva unha ringleira de pedras que formarían parte da antiga muralla de Betanzos. A capela estaba adicada a Santa Ana, San Bartolomé e San Paio, sendo moi tradicional a romaría que aquí se celebraba o 24 de maio con moitísima afluencia de xente, incluso levando un café de Betanzos os seus servizos para os romeiros.

Como dato curioso, alí apostabase “O Juracho” para vender a súa auga milagreira de Solimán (tratábase de auga azucarada). Sábese que no século XVII a ermita era habitada por un ermitaño ou ermitaña que se encargaba de coidala.

Actualmente apenas quedan restos da ermida pero si se conserva o campo onde se celebraba a romaría, e segue cada 24 de agosto celebrándose o San Paio na igrexa de Tiobre. Como curiosidade betanceira dise que os restos que sobraban desta festa eran os que se aproveitaban o 25 para facer a segunda xira ao campo dos Caneiros.

A toponimia deste lugar fala claramente dunha vila ou pequena cidade posto que atopamos os lugares de As Torres, O Hospital, O Monte do Conde, As viñas vellas, As vides brancas, O Castro, A Altamira ou Detrás das Bodegas.

Mónica, Tino...) e tantos outros que non collerían nesta folla.

E, por último, GRAZAS a todos os que me fixeron sentir policía de verdade, a esa xente máis ou menos anónima que me fixo sentir importante cando lles botaba unha man (ou as dúas), esa xente que recurre á policia porque non sabe onde ir ou xa non ten a ninguén máis a quen recurrir, esa xente que me indicou o camiño do que significa ser un sevidor público.

Ser policía non consiste en levar un uniforme que te represente por onde vaias, ser policía é ser persoa e que ese uniforme che sirva para abrir portas e solucionar problemas.

Ser policía é poñerte na pel dos máis vulnerables e non envolverte na chaqueta dos poderosos. Ser policía é mirar á cara as lacras desta sociedade e intentar palialas. Ser policía é servir e non servirte. Ser policía e respectar e facerse respectar. Ser policía non é ter un posto de traballo fixo e esperar a que escampe, ser policía é mollarse se veñen mal dadas. Ser policía non é sentirte superior porque levas uniforme ou un arma senón sentirte útil facendo cumprir as Leis e garantindo a igual-

Microhistorias da @BAMbetanzos

DE ONDE VIMOS?

Nace esta pequena colaboración mensual ca única pretensión de ir facendo, aos poucos, unha recopilación de feitos e personaxes que afonden na historia betanceira e no seu coñecemento por parte dos lectores, valéndonos dos materiais que estean dispoñibles na Biblioteca, o Arquivo e o Museo das Mariñas. Como marca a microhistoria, trataremos de centrarnos no cotiá e no que pasa inadvertido dos grandes libros da Historia, aumentando a escala do noso particular microscopio ata chegar a adentrarnos na vida do Menocchio garelo. E como xa saberedes, os nosos comezos están no chamado Betanzos O Vello, núcleo fundacional da nosa vila ata o traslado á Vila Nova de Betanzos en 1219. Unha das formas máis curiosas de viaxar a este pasado é facelo a través da Historia de la fundación de la ciudad de Betanzos , escrita en 1812 polo presbítero Manuel Antonio Verín y Seijas, onde trata de compilar a evolución da nosa urbe cunha advertencia inicial: «Viernes de los Dolores, dia 20 de marzo. Llegó a mis manos un manuscrito copiado a la letra de la historia de la ciudad de Betanzos sacada del Archivo de el Real Monasterio de San Martin de Santiago, cajón 19, de el que a la letra es como sigue:

La Ciudad de Betanzos en sus principios estuvo fundada de la otra parte del Rio Mandeo hacia el Norte, cosa de un cuarto de legua, donde al presente está; y el dicho sitio donde estuvo primero fundado se llamaba San Martiño de Tiobre, y el dicho sitio se llama hoy dia Betanzos o Vello, y alli se hallan ruinas de edificios, piedras labradas, ladrillos antiguos y paredones en hilera, y orden de calles: aunque con el mucho tiempo y falta de Moradores hay poca luz de esta verdad, si bien la antigua tradicion, y papeles de su archivo dan manifiesto testimonio» Aquí fai unha curiosa aclaración o autor -e que podemos corroborar cos expedientes que temos no Arquivo Municipal- dicindo que «los papeles del Archivo de la Ciudad de Betanzos todos derrotados, rasgados y dispersos por los franceses cuando entraron en ella el día 11 dade e a seguridade da xente. Ser policía é ser amable cando te recoñecen pola rúa (tomando un viño, recollendo a prensa ou simplemente paseando) e che contan o que lles preocupa e os escoitas e os emprazas para ver xuntos eses problemas e non lles contestas "non estou de servizo". Ser policía é atender de igual modo a todas as persoas sen prexuzgar pola súa raza, procedencia, cor, relixión, tendencia política, sexo ou orientación sexual, sabendo que os máis vulnerables e marxinais son os que máis precisan de nós. Ser policía é dedicarlle 24 horas cada día a unha profesión na que tes que estar ao cen por cen nos cambios da lexislación, no manexo das ferramentas das que dispós para poder protexer aos demais, aos teus compañeiros e a ti mesmo.

Chegado o momento de colgar o uniforme teño que dicir que para min ser policía foi tremendamente gratificamente; foi unha honra servir a Betanzos, á súa veciñanza e a cantos se achegaron ás nosas dependencias e puiden atender.

GRAZAS A TODOS E TODAS POR FACERME SENTIR IMPORTANTE.

Moedas romanas aparecidas en Tiobre e custodiadas no Museo das Mariñas de enero del año pasado de 1809 a mediodía. Yo soy testigo» . E continua explicando a escolla do lugar no alto de Tiobre:

«El fin que los antiguos tubieron en fundar la dicha Ciudad de Betanzos o bello en el sitio de San Martin de Tiobre , fue para hacer una fuerza inexpunable y que no se pudiese coger ni ganar con lanza, escudo, ni espada, ni otro genero de armas de las de aquel tiempo. Tiene este sitio las entradas y salidas muy agrias por extremo, y el suelo donde estuvo fundada, era muy estrecho y alto, y desde el señoreaba todos sus contornos, de manera que de ninguna parte podia ser ofendida con instrumentos bélicos, ademas de que tenia seis montes o castros de su proporcion y altura que la rodeaban, de los cuales yo he visto algunos, y en ellos hallé a manera de cerca y de trincheras que servian a la dicha Villa de defensa»

Acaba concluindo que estes seis castros son os seis roeis que aparecen no noso escudo para proseguir cunha xenealoxía mítica (Brigo, fillo de Tubal, neto de Noé…) dos fundadores da antiga Brigancia. Mais non queremos estender moito máis esta pílula histórica, que deixaremos para outra ocasión.

E aínda que moitas veces estas historias de Verín y Seijas ou a de Martínez Santiso transitan entre a liña que separa a Historia da lenda, non podemos negar a existencia de restos importantes nese lugar de Betanzos O Vello, como son as moedas que custodiamos no Museo das Mariñas ca cabeza da deusa romana Minerva (III a.C.) ou do deus Xano (119 a.C.).

Así que aquí tedes, nestas poucas liñas, razóns de sobra para visitar a Biblioteca, o Arquivo e o Museo das Mariñas, ademais de ir buscar por Betanzos O Vello esa cidade oculta da que nos falan os libros.

BETANZOS e a súa comarca · Febreiro 2023

This article is from: