
1 minute read
FAITE SOCIO por só
981 77 45 74
Tickets de aparcamento con descontos para soci@s no parking de Betanzos.
Advertisement
Cursos de formación para @s nos@s asociad@s a través da Cámara de Comercio.
Novo servizo gratuíto de Community Manager para promoción dos negocios asociados nas nosas redes sociais www.comerciodebetanzos.com
No que se refire á mobilidade exterior e á conectividade das betanceiras con outras zonas da comarca e do país, temos utilizado tanto estas páxinas como outros foros para transmitir as nosas propostas a este respecto: mellorar a liña de ferrocarril que conecta Betanzos coa Coruña e con Ferrol, crear un tren de proximidade ao servizo das necesidades laborais e académicas da sociedade ou recuperar as frecuencias e os servizos das liñas de transporte por autobús, entre outras. Estas seguen a ser as nosas propostas e seguiremos pelexando por conseguilas, aínda que a realidade nos demostre que os gobernos galego e estatal non reman na mesma dirección, como proban as recentes noticias relacionadas coa liña de tren de Ferrol á Coruña e o novo transbordo que as usuarias deben facer en Infesta. Mais no BNG tamén nos preocupa a mobilidade interior das betanceiras, as maneiras en que a nosa veciñanza se despraza polo noso concello. En setembro de 2020, o goberno do PSOE anunciaba a contratación da redacción dun plan de mobilidade municipal. A día de hoxe, máis de dous anos despois, nada sabemos do estado de tramitación do mencionado plan. Este documento debería vir a poñer fin aos grandes problemas de circulación da cidade, en que as saídas por estrada están saturadas, os semáforos presentan mal funcionamento ou directamente non funcionan durante semanas, as marcas viarias son invisíbeis, as zonas pensadas para o aparcamento dos vehículos son escasas e dan lugar ás dobres filas e os pasos de peóns están mal pintados e mal pensados na súa localización. Por non esquecer o problema de mobilidade que existe no Casco Histórico, onde non se cumpren as ordenanzas en vigor, nin se derrogan, nin se avanza na aprobación dunhas normas novas e, mentres, os coches entran e aparcan nas rúas e prazas do Casco sen ningunha regulación. Cómpre repensar a maneira en que as betanceiras e os betanceiros nos movemos polo nosos termo municipal, apostar por novas formas de relacionarse co entorno tamén neste aspecto e redeseñar a mobilidade do noso concello de maneira integral. Doutra maneira só poñeremos parches e non iremos ao fondo do problema. No BNG sabemos que outra maneira de moverse, máis respectuosa, máis sustentábel e máis eficiente é posíbel.