-O CARRO DO PAÍSO carro galego, tamén coñecido coma carro do país ou carro aldeán, xogou un papel moi importante no devir do medio rural galego dende fai séculos, o uso do mesmo pérdese na antigüidade. Xeralmente, tiraba do mesmo unha parella de bois, se a casa era rica, porque nas casas pobres era unha parella de vacas, velaí aquel dito: “…..coma a vaca do pobre”.
O carro foi, xa non é, o medio de transporte do mundo rural galego, dende tempos inmemoriais, sempre rodando e cantando polas rotas ou camiños de carro, e tamén polas corredoiras da nosa profunda Galicia. Con frecuencia se tomaba coma medida, a efectos de valoración dos productos que transportaba .Cando se xuntaban varios carros, levando a mesma mercadoría, nomeábase carreto. O carro de leña, de esterco, de palla, etc. tiña un prezo.. Agora xa, prácticamente, non quedan carros, pasaron a ser pezas de museo etnográfico. O carro
pola rodeira/ anda camiño rodando,/ leva patacas da leira./Ai das vaquiñas, tirando! / O noso carro galego é bastante complexo na feitura, consta de máis de oitenta pezas, moitas delas son complementarias, coma o adival, especie de corda de I7 brazas de largo, case trinta metros e serve para amarra-la carga do carro o afueirar (afungueirar) pero citarei só as máis coñecidas polos nosos labregos. . -PARTES DO CARRO: Chedeiro ou leito, especie de plataforma, sen pés, que gravita nun eixo, cunha roda en cada extremo. As partes fundamentais son a cabezalla que se continúa coa botoalla, formando unha especie de columna vertebral que se prolonga ata o remate, na parte posterior. A devandita cabezalla mide I, 35 m. de lonxitude. Na parte anterior presenta dous “buratos”(buracos) para introduci-la” chavella”, (chambaril) un pau que serve para mante-lo carro en posición horizontal, cando está parado, mide I,35 m. de largo, logo o chevelluco é máis pequeño ca chavella e suxeta o xugo a lanza do carro. Onde remata a cabezalla arrancan as chedas, cada un dos largueiros laterais exteriores do leito do carro. Cada un leva, pola cara superior cinco buracos, onde se introducen os fueiros (fungueiros ou estadullos) e. pola parte inferior, leva dous buracos, onde se cravan as leitoiras,(dentoiras) seguramente, facendo alusión a que amarraban o leito do carro o eixo, para facita-lo o xiro do mesmo.) No inicio os largueiros son curvos, para aumentar a anchura do leito. Éste nome fai alusión o lugar onde repousa a carga que leva o carro. A estructura desta parte do carro e de madeira de carballo, por ser moi resistente. A traseira do chedeiro mide un metro de ancho. O total de fungueiros que leva o carro son dez; entretecidos nos mesmos van os ladrairos ou ladrales que son táboas delgadas de dous metros e medio de largo e vintecinco ou trinta centímetros de ancho e deben ser de madeira de salgueiro ou avineiro
(abeneiro ou amaneiro. O carro pode levar dous, catro ou seis en total.l Sempre en función da carga que leve. Por debaixo do chedeiro leva catro afueiros (afungadoiros), especie de caravillas, dúas na parte anterior e dúas na posterior, para engacha-lo adival que serve para amarra-la carga, tamén leva uns pasadores entre os que se move o eixo, as treitaras, logo nomeanse treitoiras as pezas do chedeiro entre as que xira o mesmo. . -O EIXO E AS RODASCada unha das pezas curvas que fan a roda do carro reciben o nome de cambas, en cada roda son tres, dúas polas beiras e unha no medio, ésta recibe o nome de cambón, cun buraco cadrado onde se introduce o eixo. Éstas tamén deben ser de carballo. O diámetro da roda mide un metro. Van protexidas pola ferraxe, conxunto de pezas de ferro que recobren as mesmas, para evita-lo desgaste da madeira. Do mesmo material o cambón, na parte que corresponde a base das medias lúas, leva as nomeadas abrazadeiras ou guarnicións (rellas), catro pezas de ferro que se colocan detrás, son pasadores que atravesan o Minle, peza central da roda do carro, e tamén aseguran os laterais ou cambas. O eixo,introducido nos buracos do cambón saen cara fora uns dez centímetros e, polo contorno exterior leva cada extremo unha guarnición de ferro e, para amarra-las cambas co cambón, pola cara exterior colócase unha especie de arilla ou argola do mesmo metal, pero pola parte interior colócanse dúas pezas de xeito que forman un arco moi aberto. Este conxunto de pezas reciben o nome de baldóns, non van embutidas na madeira, senón pegadas e cravadas con cravos de orellas ou bitoques. Os cravos que amarran a ferraxe a roda reciben o nome de betoques, os máis pequenos, porque para suxetar ben a cuberta leva uns máis grandes, os chantós. Tanto uns coma os outros teñen a cabeza cadrada e van de máis a menos, para adaptarse, exactamente, os buracos da mesma. Para fixar ben o eixo
as rodas leva dous pasadores en cada extremo, pegados a parte exterior do cambón. Éstes coñécense co nome de borrós. O eixo vai amarrado o chedeiro polas dentoiras, pezas que amarran o leito do carro o eixo do mesmo. Para esa parte do carro non vale unha madeira calquera, necesariamente debe ser de freixo, loureiro ou vídalo (bidueiro), pola sinxela razón de que, se o carro vai cargado, o rodar emite un son que anima os bois ou vacas a tirar, porque gustan moito desa música de fondo. Outra finalidade importante é que serve de aviso para outro carro que poida vir en sentido contrario. Con carácter anecdótico cito unha expresión frecuente no manexo dos carros: “Da-la cheda” Con frecuencia os pobres animais non podían coa carga, especialmente nas costas ou terreos en declive, entón o campesiño metía o ombro no chedeiro, empurrando cara arriba ou cara adiante, según as circunstancias. En Galicia había auténticos artistas que cantaban namentres estaban a face-lo carro: Estou a face-lo carro/ desta madeira tan dura,/ para que cante amarro/ as dentoiras na feitura Xa é hora de xantar,/ escoito canta-lo carro,/ eles están a chegar,/ vou polo viño co xarro./. Para conserva-la tradición do noso carro do país é unha idea excepcional iso que están a facer os veciños de Chantada que nos ofrecen tódolos anos, durante a celebración da festa maior, ese espectáculo tan atractivo como é o FOLIÓN DE CARROS. Mentres se faga con carros do país tirados por xugadas de bois ou vacas, iso é tradición. Se aparecen grandes plataformas arrastradas por tractores, entón a tradición é víctima da modernidade. Nota.- Cito algúns nomes que se usan na nosa bisbarra, logo, entre paréntese, adaptación a normativa. Estimo que é de xustiza que fale algo dos motores do carro: A nomeada xugada de bois, xunguidos a molida, era un tanto excepcional, xa que era un privelexio das casas ricas, porque cando eu me criei, prácticamente, case a
totalidade eramos pobres e o motor do noso carro tiña menos potencia. Pobres vaquiñas! En tempos lonxanos andaban mal alimentadas, durmían enzoufadas nos toxos, na palla e nos propios excrementos, daban leite e carne, tiraban do carro, do arado, do rastro……..Sempre co xugo na sogueira e, de tanto xugo levar, xa a tiñán encetada. Por se todo isto era pouco aínda collían as brochas que perdían os zocos, logo o diaño das carrachas amargaban a existencia deste manso animal. Pero agora andan ben alimentadas, durmen enxoitas e seguen dando leite e carne. A vaca forma parte do gando bovino que, como todos sabemos, co porcino xogaron un papel tan importante na alimentación do home ao longo dos tempos. Se comparamos as vacas da actualidade coas de antano, agora viven coma princesas. Tanto elas coma nós moito melláramos en calidade de vida!
O carro pola roteira lentamente ven rodando, trae viño da ribeira, por iso ven cantando.
-O MEU CARROSendo aínda un rapaz na casa había un carro, era tan cataruxeiro que me tiña namorado, coa música de fondo, se camiñaba cargado Vacas, xugo na sogueira, rodando cara os campos, entón eu moito gozaba escoitando aquel canto. As vacas eran felices correndo cara os pastos, neses intres, polo menos, elas repousaban algo. Pouco premio lles daban facendo tanto traballo. Que contentas rebeiraban dándolle voltas o rabo! A veces sinto nostalxia recordando o pasado, aínda que aqueles tempos amosaban trasnoitados: Case non ruxían coches,
pero cantaban os carros. agora aran tractores, antes eran os arados, se había algún de ferro, tradicional, o romano, eran moitos os apeiros que esgotaban o gando. Aparello emblemático, agora resulta raro, non se ve nas corredoiras nin tampouco polos agros.
Sócrates Rigueira Ramos