Pallares 21
2021-2022
ATA AS ORELLAS DE POESÍA Sofía, Daria, Suevia, Ares, Iker, Manuel, Roberto, Joel, Aroa, Lúa, Nerea, Yael de 3º de ed. primaria
Durante este curso, en 3º de Educación Primaria prestamos atención a diversos tipos de textos da vida cotiá. Por iso, aproveitamos que dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares nos prestaron unha maleta chea de libros de poesía, para mergullarnos nela. Aquí vos ensinamos varios exemplos das nosas creacións. Versionamos a Xoán Babarro (á esquerda). Se este autor situou os seus “Raposos” no sur de Galicia, nós achegámolos á nosa casa. Da Serra do Galiñeiro baixaba un raposo co fol baleiro. Foi pedir ao Porriño e déronlle un vaso de viño. Foi pedir a Vigo e déronlle un molete de trigo. Foi pedir a Gondomar e déronlle zapatos para calzar. Foi pedir a Nigrán e saíulle ao camiño un can... Do monte das Teixugueiras baixaba un raposo coa barriga baleira. Foi pedir a Guntín e déronlle un pin. Foi pedir a Guntín de Pallares un paxaro con moita pelaxe. Foi pedir a Portomarín un tarro de maíz. Foi pedir a Santa Euxea e déronlle unha orella. Foi pedir a Lugo e déronlle un fungo. Foi pedir a Zaíde e déronlle unha entrada pro cine. Foi pedir a Ferroi e déronlle un Iphone. Foi pedir a Gomelle e déronlle un muelle. Foi pedir a Goia e déronlle unha furoia. 13