Pallares dixital Revista do CPI Tino Grandío – Guntín – Lugo
Nova época - Ano XIX - Nº19
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
ÍNDICE BLOGS E PÁXINAS DO CENTRO .......................................................................................................... 2 AS NOSAS REDES SOCIAIS.................................................................................................................. 2 RESUMO DAS ACTIVIDADES DO CURSO 2018/2019 ......................................................................... 3 ANTÓN FRAGUAS ............................................................................................................................ 25 PINTASÍAS DE ANA VILA PORTOMEÑE PARA ED. INFANTIL ............................................................ 27 AGASALLO DE ANA VILA, POETA LABREGA ..................................................................................... 33 HISTORIA DA POMBA DA PAZ QUE CHEGOU AO NOSO COLE ........................................................ 34 ESCRITO DE EVA VILABRILLE POLA XORNADA DA MULLER............................................................. 36 SAÍDA A PORTOMARÍN .................................................................................................................... 38 RECOMENDACIÓNS LITERARIAS ...................................................................................................... 40 PROXECTO TERRA: DEREITO Ó HÁBITAT ......................................................................................... 41 SON EFICACES AS INFUSIÓNS VEXETAIS PARA CONTROLAR AS PRAGAS DE XARDÍN? ................... 44 ANACOS DE VIDA ............................................................................................................................. 50 A RADIO VÉN AO NOSO CENTRO..................................................................................................... 51 UN CLUB DE CLUBES........................................................................................................................ 52 JOURNEY TO FERROL AND AS FRAGAS DO EUME ........................................................................... 53
BLOGS E PÁXINAS DO CENTRO
FACEBOOK DO CPI TINO GRANDÍO PÁXINA WEB DO CPI TINO GRANDÍO BIBLIOTECA DO CPI TINO GRANDÍO CLUB DE LECTURA BLOG PROXECTO ABALAR BLOG DE 5º DE EDUC. PRIMARIA A PATRULLA VERDE (6º EDUC. PRIMARIA) INVESTIGACIÓN E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN (1º ESO) BLOG SECCIÓNS BILINGÜES DE 3º E 4º ESO BLOG DAS RUTAS LITERARIAS 2012 PÁXINA DO PROXECTO ETWINNING: FREE TIME BUSY TIME
AS NOSAS REDES SOCIAIS
FACEBOOK DO CENTRO INSTAGRAM DO CENTRO INSTAGRAM DE INGLÉS
2
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
RESUMO DAS ACTIVIDADES DO CURSO 2018/2019 Estas fotos resumen as nosas actividades ao longo do curso pero tedes acceso a máis a través das nosas redes sociais, Instagram e Facebook.
11/09/2018 Inicio do curso escolar
04/10/2018 Posta de venda de doces.
09/10/2018 Impresora 3D na aula de tecnoloxía.
3
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
18/10/2018 clase de conversa co alumnado de sección bilingüe de 3º e 4º
23/10/2019 excursión a Sotavento
24/10/2018 actividade de 1º e 2º de EP
4
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
24/10/2018 Día das Bibliotecas
26/10/2018 Certificado do premio de Lingua de Signos
26/10/2018 xogo sobre Halloween en inglés – 1º de ESO
5
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
29/10/2018 Exposición de Halloween
05/11/2018Obra de teatro – 5º e 6º EP
06/11/2018Visita ao CENTRAD – 5º E 6º EP
08/11/2018 Exposición do Outono 6
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
09/11/2018 Posto de venda de comida
12/11/2018 Reunión do Club lectura de adultos – Sapiens e Una clase en amargura
13/11/2018 Asignación de titores do TEI
14/11/2019 Celebración do Magosto
7
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
16/11/2018 Actividade de 5º EP
16/11/2018 Exposición de fungos e cogomelos ↓
21/11/2018 Decoración polo 25 de novembro
23/11/2018 Conmemoración do día da non violencia contra a muller
8
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
23/11/2018 Traballos de descrición física en inglés-ESO
29/11/2018 Visita dos xogadores do Breogán
11/12/2018 Reunión do Club de lectura de adultos para comentar Besta do seu sangue
12/12/2018 Videoconferencia do proxecto eTwinning Free Time, Busy Time
9
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
12/12/2018 Inauguración do Club de conversa en inglés
14/12/2018 Traballo do TEI en Ed. Primaria
19/12/2018 Reunión do Club de lectura de primaria
19/12/2018 Decoración de Nadal no Centro
10
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
19/12/2018 Os Bolechas Electreco
19/12/2018 Xogo sobre o Nadal en inglés – ESO
21/12/2018 Festival de Nadal
10/01/2019 Montaxe de robots mBot en 5º EP
11
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
10/01/2019 Obradoiro de instrumentos musicais en inglés
11/01/2019 Formación en robótica do profesorado
16/01/2019 Actividade TEI Ed. Primaria
22/01/2019 Charla sobre as linguas indoeuropeas
12
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
24/01/2019 Actividade do TEI de Ed. Primaria
30/01/2019 Decoración invernal
30/01/2019 Celebración do Día da Paz
13
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
01/02/2019 Exposición do proxecto anual de música
04/02/2019 Visita de noso ex-auxiliar Reid Wagner
05/02/2019 Reunión do Club de lectura de adultos para comentar Una educación
14
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
07/02/2019 Sesión eTwinning en 3º e 4º de ESO
12/02/2019 charla sobre a historia do medicamento
13/02/2019 xornada de convivencia coas familias
15/02/2019 Ponlle as pilas ao teu bocata
15
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
21/02/2019 Inauguración da exposición sobre o pintor Manuel Rodríguez López
01/03/2019 Entroido
08/03/2019 Conmemoración do día da muller
11/03/2019 Mesa redonda do día da muller
16
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
12/03/2019 Club de lectura de adultos
12/03/2019 Charla Plan director da Garda Civil sobre Acoso escolar
26/03/2019 Actividade de integración do TEI
27/03/2019 Actividade sobre o uso e abuso das redes socias – 5º EP
17
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
29/03/2019 Xornada deportiva no pavillón
03/04/2019 Actividade de 1º de ESO
03/04/2019 Actividade de 5º Ed. Primaria
03/04/2019 Conmemoración do día do autismo
18
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
12/03/2019 Club de lectura de adultos para falar de Vicus
01/04/2019 Actividade Eu robot, ti programador-5º EP
10/04/2019 Actividade de 2º de Ed. Primaria
10/04/2019 Diálogos en inglés sobre a consulta do médico 19
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
10/04/2019 O Recuncho do saber
10/04/2019 Aprendendo co robot DOC-5º EP
11/04/2019 Sesión eTwinning de 3º e 4º de ESO
12/04/2019 Plantación dunha árbore polo Día da árbore
20
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
25/04/2019 No barco cara Mugardos-Proxecto Terra
30/04/2019 Xornadas de baloncesto para Educación Primaria
08/05/2019 Participación de Nerea García e Lucía Pérez de 3º de ESO en Galiciencia
21
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
07/05/2019 Actividade de Life Lugo Biodinámico
07/05/2019 Charla da Garda Civil sobre novas tecnoloxías
13/05/2019 Actuación de Abra Palabra
22
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
13/05/2019 Charla de Inés Fernández Lamela sobre violencia de xénero
14/05/2019 Yincana Aliméntate ben
14/05/2019 Actividade de repostaría para 3º e 4º de ESO a cargo da EFA O Piñeiral
14/05/2019 Reunión do Club de lectura de adultos para comentar O último barco de Domingo Villar
23
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
15/05/2019 Reunión do Club de conversa en inglés para falar de libros
15/05/2019 Obra Pedro y el lobo a cargo do alumnado de 2º e 3º de ESO
16/05/2019 Xogo cultural en inglés
15/05/2019 Programa de radio A radio no teu colexio
24
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
ANTÓN FRAGUAS Nerea García e Lucía Pérez de 3º de ESO
Antón Fraguas Fraguas, a quen se dedican as Letras Galegas deste ano, foi un escritor, historiador e antropólogo que naceu o 28 de decembro do 1905 nunha aldea do concello de Cotobade (Pontevedra). Estudou o bacharelato en Pontevedra, onde foi alumno de Castelao e Antonio Losada Diéguez. Máis tarde estudou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela. Pasou gran parte da súa vida entregado a defender a nosa lingua e cultura. Para iso fundou a Sociedade da Lingua en Pontevedra, na que pretendía crear un dicionario que finalmente nunca foi publicado, formou parte das Irmandades da Fala e, no 1928, converteuse en membro do Seminario de Estudos Galegos. Ata a chegada da Guerra Civil exerceu como mestre, pero logo, debido ás súas ideas galeguistas, tivo que abandonar o seu posto. Un ano despois de doutorarse, ocupou o lugar de Castelao na RAG e no 1963 pasou a ser o presidente do Museo do Pobo Galego. Fraguas escribiu artigos para a revista Nós e para o xornal A Nosa Terra, así como a biografía de Castelao ou Murguía, aínda que co que máis destacou foi cos seus ensaios. Os temas principais destes eran a xeografía, a arqueoloxía e, sobre todo, a cultura espiritual campesiña, xa que falaba sobre as crenzas, as romarías ou os costumes da xente do rural. Algunhas das súas obras máis importantes son:
A festa popular de Galicia (1996)
Do Entroido (1994)
A Porta Santa (1993)
Romarías e santuarios de Galicia (1988)
25
Pallares XIX
O traxe galego (1985)
A Galicia insólita (1973)
Lugo (1973)
Xeografía de Galicia (1953)
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
Ao longo da súa traxectoria recibiu numerosos premios como o Pedrón de Ouro (1984), o premio Trasalba e a medalla Castelao (1985), ou o o tamén premio Otero Pedrayo (1992). Así mesmo, foi distinguido co título de fillo adoptivo de Santiago de Compostela. Outros postos que desempeñou Fraguas ao longo da súa vida foron a coordinación da sección de Antropoloxía do Consello da Cultura Galega (1983) e o de membro numerario da Real Academia Galega das Ciencias, entre outros. Tras a súa morte, o 5 de novembro do 1999 na Coruña, creouse unha fundación que leva o seu nome dentro do Museo do Pobo Galego, coa intención de proxectar e dinamizar o Patrimonio que Fraguas e toda a súa xeración crearon para a futura conservación da memoria de Galicia.
Bibliografía:
Wikipedia: Antón Fraguas Fraguas Cerdedo Cotobade: Antón Fraguas - Día das Letras Galegas Imaxe de Epimg Wikimedia: Sinatura de Antón Fraguas Pontevedra Viva: imaxe de Antón Fraguas
26
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
PINTASÍAS DE ANA VILA PORTOMEÑE PARA ED. INFANTIL O pasado 8 de maio, visitou o cole, a Poeta labrega, Ana Vila Portomeñe, veciña de Taboada. Veu presentarnos o seu libro Pintasías, realizado entre ela e o seu fillo Brais. Con este fermoso libro aprendemos poesía, adiviñas, cancións e pasámolo xenial. Aquí vos deixamos boa mostra da nosa sesión con Ana:
Respecto, tolerancia, igualdade….cantas cousiñas nos contou Ana!
27
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
Cousiñas do seu libro!
Tanto nos gustou que animamos a convertirnos en poetas cos nosos debuxiños!
28
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
Xogamos a facer poesía con cousas que nos gustan moito! Todos e todas colaboramos!
Ana anotou todas a nosas palabras e fixemos unha poesía moi graciosa dunha xirafa cun colar de flores.
29
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
Bailamos o poema de O Barquiño, porque as cancións tamén son poesía. Sabiádelo?
30
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
Finalmente, Ana sorprendeunos con un agasallo para cada un de nós!
31
Pallares XIX
32
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
Pallares XIX
AGASALLO DE ANA VILA, POETA LABREGA
33
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
HISTORIA DA POMBA DA PAZ QUE CHEGOU AO NOSO COLE Duarte Guerreiro Legaspi - 1ºESO
Vouvos contar a historia da pomba da paz que chegou ao noso cole e debido á cal fixemos actividades a prol da paz e a concordia. Todos os anos, polo mes de abril, vou coa miña familia aos Encontros de Educadoras e Educadores pola Paz. Sempre é unha fin de semana na que se xuntan profes de Primaria, de Secundaria, de Universidade, educadores sociais, e estudantes universitarios destas disciplinas, para falar de como construír un mundo de Paz. Xuntámonos así xente de Galiza e Portugal, a veces tamén de América e outras partes. Un ano celébranse nunha vila galega e outro nunha portuguesa. E sempre arredor do 25 de Abril, polo motivo de darlle tamén á data un valor simbólico de paz e conmemorar ese episodio da historia contemporánea denominado Revolución dos Caraveis.
Esta revolución aconteceu un 25 de abril de hai 45 anos, e acabou sen case resistencia co réxime de ditadura autoritaria máis lonxevo de Europa. A revolta devolveu a liberdade ao pobo portugués e debeu o seu nome á reacción popular, que repartiu caraveis vermellos aos soldados e estes puxéronos nos canóns das súas armas, simbolizando o seu apoio á revolución e como maneira de demostrar que estaban do lado da xente e que non ían disparar. Por iso tamén o caravel é un símbolo de paz. Ao final destes Encontros dos que vos falo sempre lanzabamos unha pomba feita de poliespán que, axudada de grandes globos de cores inflados con helio, saía voando cara a onde o vento a levase. A pomba portaba unha carta para que, se alguén a atopaba ao final do seu voo, a depositase na 34
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
escola pública máis próxima coa súa mensaxe de paz, e así pedíase que a escola fixese algo como o que nós estamos a facer hoxe aquí, ademais de comunicarllo á organización dos Encontros. A todos nós, nenos e grandes que iamos a eses Encontros, nos gustaba moito ver o momento da largada da pomba e vela voar moi alto até que desaparecía. E sempre cantabamos unha canción daquelas que se cantaban polo 25 de Abril mentres a pomba ía subindo. Este ano os Encontros de abril foron no Carballiño, unha vila da provincia de Ourense famosa polas súas pulpeiras. E o Encontro trataba como sempre da Paz, e ademais de Ecoloxía e Medio Ambiente. E démonos conta de que non era moi ecolóxico lanzar unha pomba de poliespán con globos. Entón decidimos facer unha pomba máis pequena e de cartón reciclado, que é esta que temos no cole, e que en vez de facela voar con globos, que fose un dos máis novos de nós que estabamos alí a levala á súa propia escola, xuntamente coa carta na que se pedía que a coidasen e fixesen algunha actividade a favor da Paz. E así foi como me tocou a min, o maior de todos os nenos e nenas do Encontro, traela ao CPI Tino Grandío de Guntín. Agora temos nós a responsabilidade de comprender e comezar a construír un mundo en paz. Tede en conta que, segundo a ONG Save the Children, morren máis menores ca soldados nas guerras actuais; e nunca como ata agora houbo tantos menores de idade vivindo en zonas de guerra, máis de 400 mil, expostos cada día a minas, atentados, ataques aéreos e a todo tipo de explosivos.
Recomendacións:
Youtube: Buenas noches Ouma (27’); Most Shocking Second a Day (2 vídeos: 3’ 30’’) Páxinas web: savethechildren.es; fund-culturadepaz.org; sgep.org Libro: Ni un solo niño en la guerra, infancia y conflictos armados, Jéhane Sedky-Lavandero, 1999, ed. Icaria.
35
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
ESCRITO DE EVA VILABRILLE POLA XORNADA DA MULLER Bos días a todas e todos. Polo que vin no cartel anunciador destas xornadas, pídeseme que fale da vida da muller no SÉCULO XX, demasiado para min. Cen anos! Pero tranquilos, en dúas follas traio o resume. Eu nacín na segunda metade do século (ano 1951) nunha remota aldea da montaña na Fonsagrada. Polo tanto remítome ás lembranzas e coñecemento de casos da vida da muller no rural galego por ser este o lugar onde nacín, a miña residencia habitual e o desempeño da miña profesión que sempre foi na aldea, agás a etapa de estudante. A muller non tiña dereito a voto, non podía abrir unha cartilla no banco (isto daquela tampouco tería maior importancia xa que o diñeiro era escaso) nin vender unha propiedade de seu. Dos primeiros recordos de desigualdade entre nenos e nenas é que meu irmán ademais podía ir á que chamaban “escola de noite” e eu non. E xa de moza, cando iamos ás poucas festas que se nos permitía, as rapazas tiñamos que estar sempre á vista dos pais. Outro recordo é daquelas mulleres cun montón de fillos, que nacían na casa, ás veces cada ano seu e para máis a dura expresión que teño oído dicir “pare fillos como una coneja”. Nin que fose tan doado parir e sobre todo naquelas circunstancias; e ter que crialos con moi escasos medios, como se o home non tivese culpa de enxendralos. E ao mellor a muller era obrigada sexualmente, como non podía dicir non a nada… Eu non sei, imaxínoo. E sucedía que canto máis pobre era a familia máis fillos tiñan e así as nenas máis grandes axudaban a criar aos máis pequenos. Recordo preguntarlle a miña nai: “ E por que esa muller ten tantos fillos?”, e ela contestábame: “porque Dios llos dá”. Así pois, cando a recén nada era nena o recibimento non era como se fose un neno. Daquela moi poucas rapazas, despois de rematar a etapa escolar, tiñan o privilexio de estudar ou aprender un oficio, algunhas o de costureira para despois coa máquina de coser na cabeza (que pesaba o seu) desprazábanse quilómetros polas aldeas para ir de casa en casa facer a roupa para toda a familia. A maioría casaban novas e ían vivir á casa do home cos sogros e demais familia que había case sempre. E alí a traballar arreo e sen mando ningún. Remítome ao caso que me contou unha amiga de que súa nai levaba máis de dez anos na casa e aínda nunca se atrevera a abrir a despensa e iso que pasaba diante dela para ir ao seu cuarto. Coñezo tamén o caso particular dun pai que concertou o casamento dunha filla cun mozo ó que ela apenas coñecía nin quería. Tiña posta ata a data da voda. Ela díxolles á nai e á avoa que non casaba. Aquela noite as tres mulleres durmiron na palleira. 36
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
A muller dereitos tiña poucos, obrigas todas. Por non ter, nin profesión. Cando se preguntaba: Profesión da nai? Non ten. Poñer “sus labores”. Labores dende logo que si, aparte do traballo no campo o da casa: coidar dos nenos, carrexar a auga da fonte coa sella na cabeza e un caldeiro na man, lavar a roupa no río, apañar e cargar cos feixes de comida do gando, coa leña do lume, de cocer, muxir as vacas… Fago reseña doutro caso que me conta unha muller maior que quedou sen pai aos nove anos con dous irmáns maiores, pero que ela tiña que facer de todo: arar, gadañar herba, arrincar esterco… ata que un día se plantou e marchou da casa e sen saber ler! O home era quen ía a taberna, quen arranxaba todos os asuntos, quen viaxaba. O que podía ter carné de conducir. Seguramente vós, os rapaces, aínda o podedes constatar no exemplo das vosas bisavoas ou mesmo avoas que non conducen. Había algunhas mulleres que nin manexaban o propio diñeiro da súa pensión. Outra cousa a destacar sería “ser nai solteira” . Que vergoña para a familia!. Era perder a honra, quedar excluída socialmente. Todo culpa dela. O home non recoñecía o fillo e para máis coma se fose motivo de fachenda. Daquela a muller era considerada o sexo débil. Pouco a pouco as cousas foron cambiando co paso do tempo e as mulleres saíron e marcharon traballar de empregadas de fogar. Dicíase despectivamente “marchou servir, está de criada”. E houbo casos nos que o amo abusaba delas. Iso si me consta. A partir das décadas dos anos setenta e oitenta houbo avances ben notorios. O mundo e a vida progresou. Acceso a métodos anticonceptivos, separación (antes a muller casaba para toda a vida, tiña que aguantar o que fose), leis de divorcio e aborto. Puido estudar, desempeñar calquera oficio ou profesión ás que antes nunca puidera acceder como exército, garda civil, policía, etc.. Para rematar quero deixar claro que, afortunadamente, non todo o negativo que acabo de relatar sucedía a todas as mulleres e en todos os fogares. É polo que todos e todas debemos aunar esforzos e vontade para conseguir que en lugar de homes e mulleres vexamos PERSOAS. Grazas. Eva Vilabrille Fernández
37
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
SAÍDA A PORTOMARÍN Alumnado de 5º Educación Primaria (Adrián, Alba, Diego, Gael, Josete, Marco, Paio, Sabela, Samuel e Víctor)
Todos os alumnos e alumnas do CPI Tino Grandío fomos a ver á Garda Civil o día doce de abril de dous mil dezanove. Para elo viaxamos a Portomarín e vimos moitas actividades, por exemplo drons ,cabalos ,cans... que a Garda Civil mostraba para que os coñecéramos. O que máis nos chamou a atención foron os animais que traía a Garda Civil. Os cans gustáronnos porque eran responsables, pero tamén nos gustaron os cabalos, porque facían uns movementos que outros cabalos non fan e ademáis esperaban o seu turno. Tamén había mesas con material relacionado co traballo dos axentes. A primeira mesa estaba relacionada coa desactivación de bombas. As chaquetas dos traxes pesaban moitísimo. Nós probamos e pesaban aproximadamente 25 kg. Case non podíamos con elas.
38
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
Na segunda mesa de criminalística impresionounos que a policía científica tiña uns botes que botaban po sobre algo e aparecía dunha cor ou doutra dependendo da droga que había no obxecto. Se había claro! Tamén había unha furgoneta con traxes de submarino para rescatar persoas. Había traxes para mergullarse a pouca profundidade e outros para facelo a moita profundidade. O de pouca profundidade collía moita humidade, por iso non se podía meter un moi fondo. Sen embargo o traxe para somerxerse en augas profundas levaba un plástico especial debaixo da tela. Durante o tempo que estivemos en Portomarín a Garda Civil fixo distintas exhibicións: un dron que planeou pola zona, un can que o que fixo foi facer trucos e obedecer ao seu amo, os cabalos que deron un camiñada pola zona, os coches e as motos da garda civil que aparcaron alí e aos que deixaban subir... O acto finalizou cunha exhibición na que se simulou un rescate nun cantil. Os gardas civís fixeron isto para ensinarnos o seu traballo diario. Se tedes a oportunidade debedes ir a ver esta actividade. Ídelo pasar en grande!
39
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
RECOMENDACIÓNS LITERARIAS Elia BARCELÓ: Cordeluna. Edebé. Recomendo un libro chamado Cordeluna. É unha historia que mestura unha historia dun cabaleiro nas conquistas do Cid e no mesmo tempo outra historia sobre un grupo de rapaces e rapazas que teñen que facer unha obra de teatro sobre a vida do cabaleiro da historia anterior.
Jakob WEGELIUS: El mono del asesino. Pulp.
Lucía Pérez – 3º ESO
Cressida COWEL: El tiempo de los magos. Roca Editorial.
Suzanne COLLINS: Los
juegos del hambre. Editorial Molino. Recomendo ler Los
juegos del hambre. En llamas e Sinsajo.Creo que é un libro interesante, con intriga, acción, etc. Se queres saber de que trata, empeza por ler o libro.
É un libro que realmente recomendo posto que é moi intrigante, bastante extenso, pero léese moi rápido. Visto desde fóra é unha historia totalmente inverosímil, pero eu animo a todo o mundo a darlle unha oportunidade porque non o vai decepcionar. Andrés Piñeiro – 3º ESO
Diego Saavedra – 3º ESO
El tiempo de los magos (recomendado para 12 anos) trata sobre maxia.
SRTABEBI: Amor y asco e Indomable.
Xoán Fernández – 3º ESO
escritos en poesía e non teñen un tema fixo senón que alterna temas que nos suceden a todo o mundo.
Do que vou falar non é un libro senón dous. Estou a falar dos libros de SrtaBebi, Amor y asco e Indomable. Están
Son continuación un do outro pero podes ler o segundo sen problema. Recomendo moito lelos, considéroos os mellores que lin, e creo que son unha boa maneira de fomentar a poesía moderna. 40
Nerea García – 3º ESO
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
PROXECTO TERRA: DEREITO Ó HÁBITAT Amparo Veiga Vila
Como hábitat enténdese o lugar e conxunto de condicións nas que se desenvolve a vida dun individuo ou especie. Por extensión, o hábitat humano inclúe as características ambientais, construcións e servizos nos que transcorre a vida de cada un de nós. No presente curso pretendemos observar e describir as características do noso hábitat a partir da elección do noso lugar favorito e de investigar os cambios nos costumes nos últimos 70 anos, a través da recollida de imaxes e enquisas que os alumnos realizan na súa contorna. Como parte do proxecto participamos no intercambio territorial a Ferrol e Fragas do Eume, subvencionado polo Colexio de Arquitectos de Galicia. Fixemos un percorrido pola historia do Ferrol, as construcións de orixe militar, tales como o castelo de San Felipe, os estaleiros, a aula de ecoloxía urbana, o barrio modernista da Magdalena. A vila mariñeira de Mugardos ofreceunos o contraste coa urbe industrial.
Castelo de San Felipe
Museo da Construción Naval
Paseo por Mugardos
41
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
No segundo día fixemos unha visita ó museo etnográfico de A Capela, onde nos amosaron gran cantidade de obxectos representativos dos oficios presentes no medio rural ata hai poucos anos, así como utensilios domésticos doados polos veciños do lugar. A visita resultou moi amena grazas ás explicacións de Secundino, o mestre que ideou este museo
Tear
Demostración do oficio de afiador
Para rematar fixemos un percorrido polas Fragas do Eume, exemplo de bosque atlántico, no cal a diversidade de fentos e brións é indicativa do seu valor ecolóxico. O Mosteiro de Caaveiro ofreceunos unha imaxe espectacular do río Eume e unha mostra de arquitectura relixiosa. Tras unha camiñata de 14 km concluimos o noso intercambio con un bo recordo e moitas cousas aprendidas, e algúns con moita sede… Ruínas dun vello muíño:
42
Pallares XIX
Mosteiro de Caaveiro:
Exemplos da vexetación característica das fragas:
43
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
SON EFICACES AS INFUSIÓNS VEXETAIS PARA CONTROLAR AS PRAGAS DE XARDÍN? Lucía Pérez Fernández e Nerea García Vázquez (3º ESO)
No presente curso o noso centro conta con un club de ciencia, no cal as alumnas Nerea e Lucía de 3º da ESO elaboraron un traballo de investigación co que participaron na Galiciencia 2019. Esta reunión de estudantes de toda España, para presentar as súas investigacións ó público en xeral, permítelles compartir experiencias e vivencias con outros rapaces coas mesmas idades e inquedanzas e todos se manifestaron moi satisfeitos e con poucas ganas de volver ás rutinas diarias. Introdución O control das pragas da horta e o xardín é unha necesidade dos seres humanos dende que se estableceu a agricultura. O feito de concentrar determinadas especies vexetais en áreas reducidas fai que os parasitos vexetais se desenvolvan amplamente, causando grandes perdas. As especies prexudiciais para as plantas son fundamentalmente nematodos, moluscos e insectos.
bacterias, virus, fungos,
O aumento expoñencial da superficie agrícola trouxo como resultado a necesidade de desenvolver pesticidas cada vez máis tóxicos que orixinan resistencias, co cal é necesario usar cada vez pesticidas máis nocivos, que tamén se acumulan no medio, contaminando os solos e as augas. Outro efecto nocivo é a desaparición de especies beneficiosas como poden ser as abellas ou as aves insectívoras, tal e como relata Rachel Carson no seu libro Primavera silenciosa. Breve revisión histórica As plantas usáronse dende hai moito tempo para o control dos pulgóns. No século XIX empregábanse plantas moi tóxicas como o teixo, o buxo, a beladona ou o estramonio. En 1900 comeza a preparación a nivel industrial de insecticidas. En 1920 tanto froitos como hortalizas son tratados con altas doses de arsénico que ó acumularse no chan, xunto co cobre usado para combater fungos, mataba as bacterias beneficiosas do solo. Declárase a loita a morte sobre calquera ser vivo presente nos cultivos. Un aspecto agravante era que á hora de recoller os froitos non se tiña en conta a toxicidade destes produtos (podía estar presente ata 1mg de arsénico por cada kg de froito). A intoxicación por arsénico causa diarreas, parálise e alopecias, tamén é canceríxeno. En 1945 popularizouse o uso do caldo bordelés como funxicida. A partir de 1945 próbase o uso de estractos vexetais no control de las pragas. 44
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
Poden ter función biocida, aumentar la resistencia a enfermidades ou ben actuar como repelentes debido a unha olor característica. Algunhas plantas usadas eran ou son:
Lonchocarpus utilis da que se extrae a rotenona, eficaz pero moi tóxica. Pelitre (Anacyclus pyrethrum) Quassia amara. Verdegambre (Veratrum album) Cebadillas (Schoenocaulon officinale) Tabaco (Nicotiana tabacum)
A nicotina do tabaco pode chegar a través das raíces ata as follas e matar ao pulgón. Xa era usada en 1700. Unha fumigación de 4,5 kg de follas de tabaco libera 30 g de nicotina. A principios do século XXI foi prohibido o seu uso masivo pola súa toxicidade ( 40 a 60 mg de nicotina pura é mortal en adultos). De todos modos, moitos insecticidas comerciais que se usan na actualidade son compostos neonicotínicos e estanse a relacionar coa morte de colonias de abellas. Hai unha serie de sustancias que se permiten usar en agricultura ecolóxica xa que se supoñen respectuosas co medioambiente, biodegradables, sen efecto acumulativo e con escasa toxicidade aínda que estean presentes en froitas e verduras. Algúns destes insecticidas son a base de aceites como o aceite de colza ou o aceite de parafina que actúan por contacto impedindo a respiración a través da superficie en pulgóns e cochinillas. Outros métodos de loita biolóxica consisten no uso de parasitos naturais ou predadores das pragas, este é o caso de especies como as que se ilustran a continuación:
Chrysoperla carnea Adonia variegata
45
Pallares XIX
Coccinellas septempuntata
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
Lisyphlebus testaciepes
Tamén realizan unha función importante as aves insectívoras. Material e método Para o presente traballo escollemos dúas especies de insectos: Pulgón negro (Aphis sp) que parasita gran variedade de especies e da cal temos exemplares adultos e xuvenís, e a cochinilla algodonosa da camelia (Chloropulvinaria floccifera) que parasita as follas de camelia. As formas que detectamos son larvarias. Unha dificultade foi o feito de atoparnos aínda no inverno, con temperaturas frías, polo cal estes parasitos aínda son escasos no campo. Probamos a pulverizalos co extracto obtido mediante infusión de 25 g de planta seca en 250mL de auga moi quente que deixamos repousar 24 horas. Dese estrato tomamos 100 mL e o diluímos ata 1 L para usar este preparado na pulverización das mostras. No caso do tabaco a dose foi de 12,5 g de tabaco en taza de auga e 90 mL a 1 litro. As referencias das doses tomámolas da bibliografía (Los cuidados naturales de los árboles) Fixemos infusións de: xarxa (Salvia officinalis), eucalipto (Euccalyptus sp), sen (Cassia senna), cola de cabalo (Equisetum arvense), tabaco (Nicotiana tabacum), romeu (Rosmarinus officinalis) Ademais tomamos como control unha mostra rociada con auga e outra en seco. Outras substancias probadas: auga con xabón, alcohol de 96o , alcohol ao 10% , Insecticida comercial con Acetamiprid (insecticida neonicotinoide) e insecticidas comerciais permitidos en agricultura ecolóxica, a base de piretrinas e aceites de parafina ou colza. Observacións: usamos lupa binocular con 10 e 20 aumentos tras 24 h, aos dous días e aos tres días. Sobre fragmentos de plantas afectadas fixemos pulverizacións das diferentes substancias e mantivemos en bolsas pechadas durante o tempo do ensaio.
46
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
Transcorrida unha semana, o estado da vexetación xa non era o óptimo para manter a actividade dos parasitos, polo que resultaron mortos aínda sen tratamentos insecticidas. RESULTADOS EN PULGÓNS ÓS TRES DÍAS DE APLICAR OS TRATAMENTOS
Sen tratamento (vivos)
Con auga (vivos, femia e ninfas)
Con cola de cabalo (mortos)
Con auga e xabón (mortos)
Con auga e alcohol ao 10% (mortos)
Con insecticida comercial (mortos)
47 Con tabaco (paralizados ou mortos)
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
Resumo de resultados
TRATAMENTO
COCHINILLA
PULGÓN
Sen tratamento
Non afectada
Non afectados
Auga
Non afectada
Non afectados
Xarxa
Non afectada
Non afectados
Sen
Non afectada
Non afectados
Eucalipto
Non afectada
Afectados
Romeu
Non afectada
Mortos
Cola de cabalo
Non afectada
Mortos
Tabaco
Afectadas
Mortos
Alcohol ao 10%
Deshidratadas
Mortos
Auga xabonosa
Non afectadas
Mortos
Insectic. neonicotínico
Mortas
Mortos
Compo
Afectadas
Mortos
Solabiol
Afectadas
Mortos
Spruzit
Afectadas
Mortos
Conclusións
Infusións sen eficacia
Xarxa
Infusións eficaces
Alcohol ao 10%
Sen Eucalipto
Insecticidas comerciais máis rápidos
Insecticidas de efecto máis lento
Neonicotínicos
Basados en piretrinas e aceites de colza e parafina
Tabaco Romeu Cola de cabalo
As cochinillas, debido á impermeabilidade do seu corpo e a súa escasa mobilidade son moi resistentes ós tratamentos insecticidas, respondendo ben ó contacto co alcohol e insecticidas comerciais neonicotínicos.
48
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
O efecto dos insecticidas a base de aceites e piretrinas é máis lento e difícil de observar. Os pulgóns son sensibles á exposición durante tres días á auga xabonosa, ás infusións de cola de cabalo, tabaco, romeu e ao alcohol diluído ao 10% (concentracións maiores causan danos serios nas follas das plantas). O insecticida comercial ten un efecto rápido (24 horas) pero o seu uso está baixo sospeita de causar a morte de colonias da abellas. Unha alternativa ós insecticidas neonicotínicos pode ser unha dilución de alcohol para a cochinilla algodonosa e a infusión de cola de cabalo para o pulgón. A cola de cabalo (Equisetum arvense) contén equisetonina, que é tóxica para os fungos e tamén flavonoides e nicotina o que lle confire propiedades funxicidas e insecticidas contra pulgóns e a araña vermella. Non se considera tóxica polo que é utilizada en dietética e herboristería. Non se documenta toxicidade para a fauna terrestre e acuícola polo menos nas doses que se poden usar en pequenos xardíns e hortas.
BIBLIOGRAFÍA
WWW.ecotenda.net. Manual de insecticidas, fungicidas y fitofortificantes ecológicos (2014) Navarro Campos, Cristina; García-Mari, Ferrán. Guía de identificación de pulgones y sus enemigos naturales. Universitat Politénica de Valencia. Eric Petiot; Los cuidados naturales de los árboles. La fertilidad de la tierra Ediciones, 2010. Salinero Corral, Carmen; Vela Fernández, Pilar. La camelia. Servicio de publicaciones de la Diputación de Pontevedra.
Exposición do traballo en Galiciencia 2019
49
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
ANACOS DE VIDA A TVG visitou o noso centro para elaborar un dos programas da serie Anacos de Vida. O programa, realizado por Arraianos Producións, parte de fotos antigas para coñecer as historias que hai detrás de cada imaxe, anacos de vida que todos gardamos con agarimo nas nosas casas. As fotos da vida son as que van propiciar un diálogo interxeracional entre os maiores, que son os que coñecen as historias, e os novos, os dixitalizadores, que son os que procuran as mellores imaxes do lugar e que teñen as destrezas dixitais para conservalas e divulgalas. Anacos de Vida pretende contribuír a recuperar as pequenas historias das vilas e cidades de Galicia, a través da súa memoria oral e gráfica, desde un punto de vista contemporáneo, vendo como cambiaron os espazos, as festas, o comercio, a música, a escola, o deporte, a xuventude e a vida cotiá, co obxectivo de recuperar do esquecemento o relato colectivo dun pobo a través das mellores fotos antigas e das historias que agochan. Estas son algunhas das fotos que deron pé a recuperar vellas historias no noso centro:
50
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
A RADIO VÉN AO NOSO CENTRO O programa de radio Hoy por hoy da Cadea SER-Lugo estivo o día 16 de maio facendo o programa desde o centro. Foi unha xornada moi especial e divertida grazas ao programa e ao seu locutor, Juan Carlos e ao técnico Lolo, que fixeron deste día un día moi especial.
51
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
UN CLUB DE CLUBES Club de lectura do Centro
Un ano máis continuamos coa nosa aventura literaria a través do Club de lectura. Pero non por veteranos deixamos de renovarnos e de crecer. Moitos foron os títulos que pasaron polas nosas mans, uns con maior éxito que outros. Aí quedan esas horas de debate en
torno as lecturas compartidas, opinións enfrontadas ás veces, outras máis unánimes. Porén, a gran novidade deste ano foi que o noso club seguiu crecendo e, a principios de curso, demos a benvida ao grupo de quinto de Primaria, que se entregou apaixoadamente á lectura de cada un dos exemplares escollidos. Somos xa un club de clubes, formado por máis de sesenta persoas distribuídas en cinco seccións distintas –dous de Primaria, dous de Secundaria e un de adultos- unidos pola lectura. Grazas pola vosa participación e esperamos contar con vós no próximo ano! 52
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
JOURNEY TO FERROL AND AS FRAGAS DO EUME Alumnado de 3º e 4º de ESO We left Guntín at 8.45 on Thursday morning. Then, we went to Ferrol by bus. It took almost two hours. Later, we were divided into two groups and visited an Ecology Classroom there. We had to give ideas about how to solve problems in a city without energy sources. After that, we went to a museum, Museo da Construción Naval where we had a guide who explained the history of the shipyards in Ferrol.
After this visit, we went to a ship and we were soaked because it was raining cats and dogs. Then we had lunch in a ship going to Mugardos. There we saw Mugardos, went to the beach and then to a cafeteria. Later, we returned to Ferrol and went to St. Felipe's castle. We saw the castle, investigated around, saw the cannons and then returned to Ferrol by ship. In the evening we went to Madalena's area in Ferrol, which is a historical neighbourhood and then went to our hostel in Alvarella by bus. The food there was very good and there were two very cute dogs. We had soup, steak with chips and yoghurt for dinner. At night, after dinner, we celebrated Jenny's birthday and gave her a candy cake. Her room was filled with balloons. We celebrated until 12, when we went to bed and kept talking until the small hours. On Friday we woke up at 7.30 and then we got dressed and had a shower. At about 8.30 we had breakfast (we could choose toast, jam, biscuits, pineapple juice, fruit, hot chocolate, coffee and milk). After this, we cleared our 53
Pallares XIX
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío
bedrooms and then we had a talk about the hostel with the guides. They explained how it worked. Later, we went to A Capela ethnographic museum by bus. When this activity finished, we started the route to Fragas do Eume.
We walked up to the Caaveiro monastery where we had lunch and there the guides told us about the monument. At 3 o'clock we continued our route and we finally walked for about 11 km. During the route the guides explained about that protected area: the landscape, the forests, animals, etc. At about 6 we took the bus and drove to a service area to buy food and drinks. Finally, we returned to Guntín where our parents were waiting for us. It was an incredible, wet experience.
54
Pallares XIX
55
Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío