Pallares dixital
Revista do CPI Tino Grandío – Guntín – 2022/2023
Nova época - Ano XXII - Nº22
Pallares 2023 2022-2023 2 ÍNDICE O CICLO DA AUGA 2 ROSALÍA DE CASTRO 5 COÑECEMOS A BIBLIOTECA CON DOC 6 EXCURSIÓN A LUGO.............................................................................................................7 FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO (LETRAS GALEGAS 2023)..........................................11 VISITA E ENTREVISTA POLO 11 F – MARILUZ RODRÍGUEZ (BIÓLOGA) ..............................13 CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO EN 5º EP............................................................................16 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA CO DEPORTE.......................................................................18 LEMBRANZAS .....................................................................................................................20 VÍDEO DE PRESENTACIÓN DO CENTRO .............................................................................22 TRABALLANDO DENSIDADES NA CLASE DE FÍSICA E QUÍMICA..........................................23 MÉTODOS DE SEPARACIÓN DE MESTURAS.......................................................................23 COMPOSTANDO CIENCIA: A VIAXE DOS RESTOS VEXETAIS DO CENTRO ATA A TÚA HORTA24 INFOGRAFÍA SOBRE COMPOSTAXE....................................................................................31 TRABALLOS DE PLÁSTICA NA ESO 32 CLUB DE LECTURA TINO GRANDÍO 33 FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO 35 INTERVIEW TO STEVEN ROWEKAMP 36 FOTOS DO DISTINTOS GRUPOS DE ALUMNADO 38 Publicidade simulada en distintas páxinas realizada polo alumnado de 4º de Educación primaria.
O CICLO DA AUGA
Alumnado de educación infantil
O alumnado de educación infantil estivo a coñecer o ciclo da auga e algunha das súas características mediante un pequeno proxecto que levou a cabo un futuro mestre, Carlos, que nos acompañou durante tres meses.
Despois dunha explicación inicial para saber os coñecementos previos sobre este tema pasamos a realizar unha serie de actividades.
Expresamos co noso corpo como se comporta a auga nos diferentes estados: sólido mediante abrazos, líquido mediante a unión nunha fila e gasoso mediante movementos libres polo espazo.
Ademais, fixemos máis visible o proceso do ciclo da auga mediante un experimento, que consiste en facer un debuxo do mar, nubes e sol nunha bolsa Zip e botarlle auga mesturada con témpera azul, pechamos a bolsa e colocámola nun lugar no que dese o sol. Tocounos esperar uns días para poder observar como ao quentarse a auga e empezar a evaporarse lentamente, este vapor se acumulaba nas paredes da bolsa en forma de pingas de auga que caían na parte inferior de bolsa, representando a chuvia.
Pallares 2023 2022-2023 3
Tamén tratamos o uso e a importancia do coidado da auga. Para iso Carlos presentounos dous botes: un con auga limpa e outra con auga sucia. Despois da charla estabamos todos de acordo en que para beber ou asearnos utilizariamos o bote da auga limpa.
Co obxectivo de coñecer máis profundamente a figura da escritora galega Rosalía de Castro, o pasado 23 de febreiro o alumnado de Educación Infantil levou a cabo unha serie de actividades cuxo núcleo central foi o coñecemento da labor desenvolta pola autora de Cantares Gallegos
Pallares 2023 2022-2023 4
Para rematar Carlos presentounos unha maqueta na que se representa o ciclo da auga.
ROSALÍA DE CASTRO
Alumnado de Educación infantil
Así pois e con axuda de Luís, o noso mestre de Música, os máis pequen@s aprenderon, en forma de canción, as primeiras estrofas da poesía Adeus ríos, adeus fontes, que logo ensinaron e cantaron ao resto do alumnado e profesorado no salón de actos da escola. Engadir que non soamente os nen@s de Educación Infantil levaron a cabo esta actuación, senón que tamén os alumnos/as de 1º de Educación Primaria acompañaron ós nenos/as durante este momento, acompañándoos e motivándoos a partes iguais. Estas son algunhas das fotografías do recital feito ese día:
Como se pode ver nas dúas imaxes, cada un dos alumnos/as tamén levaba nas súas mans a fotografía máis “icónica” de Rosalía de Castro que, previamente, habían escrito e decorado ao seu gusto con diferentes materiais. Ditas creacións foron colocadas, posteriormente a modo de collage e de obra estilo “Andy Warhol”, nun dos andares principais do centro escolar para ser vistas por todos/as.
Por último, dicir que a vida e obras principais de Rosalía de Castro quedaron recollidas nunha serie de actividades escritas que os nenos/as fixeron a nivel de aula e que logo levaron para as súas casas. Nas mesmas, recollíanse datos moi básicos sobre a autora galega como a súa data de nacemento, as cidades nas que viviu, os seus títulos máis coñecidos ou o coloreo dalgún dos seus protagonistas.
Pallares 2023 2022-2023 5
COÑECEMOS A BIBLIOTECA CON DOC
Na clase de 1º de EP achegámonos á biblioteca para coñecer un pouco mellor os seus espazos. E fixémolo coa axuda do noso amigo DOC.
A actividade consistía no seguinte:
Tiñamos que ler unhas tarxetas nas que se nos pedía ir a unha parte da biblioteca: andel de literatura para os distintos ciclos, zona de audiovisuais, a mesa de préstamo, revistas, etc.
A nós encantounos!
Alumnado de 1º de Educación primaria
E, finalmente, dabámoslle as indicacións a DOC para que se movese ata o lugar correcto: adiante, atrás, dereita, esquerda Vaia lío!
Foi moi divertido e, agora que xa sabemos todo o que temos na biblioteca, animámosvos a que tamén vaiades descubrila.
Pallares 2023 2022-2023 6
EXCURSIÓN A LUGO
Alumnado de 2º de Educación primaria
Pallares 2023 2022-2023
Pallares 2023 2022-2023 8
Pallares 2023 2022-2023 9
Pallares 2023 2022-2023 10
FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO (LETRAS GALEGAS 2023)
Alumnado de 3º de Educación primaria
Pallares 2023 2022-2023 11
VISITA E ENTREVISTA POLO 11 F – MARILUZ RODRÍGUEZ
(BIÓLOGA)
Alumnado de 4º de Educación primaria Mariluz Rodríguez é unha científica que traballa investigando temas relacionados coa auga e os solos. Parécenos destacable o seu traballo porque cremos importante saber como está a auga que bebemos e que a está ao noso arredor, nas fontes ou nos regueiros. Por iso, veu visitarnos ao cole o Día da Nena e a Muller na Ciencia, que é o 11 de febreiro. Realmente veu dous días porque no primeiro nos explicou como era o seu traballo. No segundo analizamos augas que trouxeramos da casa, e tamén observamos con microscopio terra do río Miño. Aproveitamos que estaba aquí para facerlle unha entrevista e coñecer máis cousas do seu traballo.
Por que quixeches facerte científica?
Os meus profesores de universidade foron os que me introduciron neste mundo. En bioloxía tocamos varias ramas (a microbioloxía, os animais, a xenética, o medio ambiente). Un dos profesores deunos os temas de medio ambiente, de xeoloxía, de solos, de augas. Iso foi o que me levou a encamiñar a miña liña de investigación por aí.
Cando comezaches no mundo da ciencia?
Unha vez que terminei a carreira. Primeiro fixen licenciatura en bioloxía, e unha cousa levou á outra, porque cando rematei pedín unha bolsa para ir ao estranxeiro e funme a Bos Aires (Arxentina), a unha facultade de edafoloxía, é dicir, onde se estudan os solos. A partir de aí foi cando comecei a miña investigación con solos e augas. Rematei a carreira no 2001, ata agora, levo case 21 anos.
Que investigas concretamente? Cal é o teu ámbito científico? Que fas na universidade?
Por un lado fago investigación e por outro lado fago docencia. Ensino xeografía, edafoloxía (a ciencia que estuda os solos), xeoloxía. Ensinei unha disciplina que se chama Sistemas de representación xeográfica, que serve para aprender a facer mapas, para facer medicións con mapas.
E despois fago investigación, en augas, en solos e tamén en patrimonio natural. É dicir, poñer en valor as rochas, os bosques, os solos para que a xente saiba o valor que ten. Sabemos o que é a muralla de Lugo e sabemos que hai que protexela. Pois temos moitísimas cousas naturais que non foron construídas polo ser humano e que temos que protexer: os bosques, a calidade das augas e o ríos, as fervenzas...
Pallares 2023 2022-2023 13
E tamén outras das cousas que fago é divulgar o que facemos na universidade para que a xente coñeza que existen determinados sitios que son importantes porque se as persoas non sabemos o que hai alí, non o temos en conta. Seguro que na vosa contorna hai cousas moi interesantes e non sabemos que as tedes.
Como investigas? Traballas con outras persoas?
Facemos traballo de campo e logo o laboratorio. É moi importante traballar en equipo porque unha persoa sabe dunha cousa e outra sabe de outra, do que se trata é de achegar todos. Saber traballar en equipo é moi importante, saber escoitar, saber valorar os que non pensan coma nós, tan importante como valorar os que si pensan coma nós
Como é o teu laboratorio?
Como traballo en dúas universidades, teño dous laboratorios. O laboratorio na Universidade da Coruña é como unha cociña. Utilizamos moitísimos instrumentos. Temos para facer análises, para coller as mostras, para pesalas, como balanzas. Necesitamos estufas, peneiras, vasos de precipitados, funís...
Nunca pode traballar unha persoa soa no laboratorio, sempre hai que estar acompañado porque pode pasar calquera cousa e se non tes a ninguén preto, non che poden axudar pronto.
Na universidade en Ourense temos menos aparellos de laboratorio porque traballamos máis con mapas e empregamos Internet. Pero, aínda que pensamos que todo está na Rede, non todo o que alí aparece é certo. Temos que valorar se é certo ou non.
Tes que traballar con uniforme?
Non, pero no laboratorio si que poñemos bata. Hai veces que temos que poñer guantes e gafas, depende de con que esteamos traballando, porque para facer algunhas análises empregamos produtos que son un pouco tóxicos.
Cantas horas traballas?
Penso que ao traballar en investigación nunca desconectas, porque moitas veces saes do teu lugar de traballo pero segues levando as cousas na cabeza. E, como ademais, tamén se traballa con xente que está ao outro lado do mundo, ao mellor pedimos ou nos piden cousas a deshora. Ademais, ao traballar en cousas de auga, hai que facelo sobre todo cando o ríos están escuros, que é cando chove. Pois hai que recoller mostras cando chove, e o chover non entende de horarios.
Pallares 2023 2022-2023 14
Algunha vez fiches a outros sitios para investigar?
Fixen a carreira na Universidade da Coruña, estiven con esa bolsa da que vos falei en Bos Aires. Tamén estiven en Zaragoza. Despois estiven case tres anos en Portugal co Postgrao. Tamén estiven unhas cantas veces en México. Logo estiven moitos anos como profesora na universidade da Coruña. E, agora mesmo estou na Universidade de Vigo pero no campus de Ourense.
Descubriches algo importante nas túas investigacións? Que descubriches?
Principalmente as nosas achegas á ciencia é saber como se transportan os sedimentos, a pedra e os nutrientes que hai, nas augas. Concretamente cando chegan ás augas, como se transportan deses solos ás augas: Que, cando e onde. E tamén cando se forman as fendas que a veces se forman nos solos. Temos determinado cando se forman, é dicir, canta auga fai falta para que se forme e en que condicións se forman.
Coñeces algún científico importante?
Bueno, no campo no que me movo si que hai xente importante que coñezo porque ao final, unha vez que fas investigacións, é o que te leva a viaxar: vas a diferentes universidades e sitios e isto permíteche coñecer a xente dentro do teu campo.
É a primeira vez que explicas o teu traballo a nenos e nenas?
Non, tamén o fixen no colexio do meu fillo. E logo, dende a universidade levamos a cabo un día que se chama “Ciencia na Rúa”, na que nos poñemos na rúa para explicarlle a quen queira distintos experimentos e así que coñezan o noso traballo.
E, finalmente, se non foses científica, a que te dedicarías?
Pois posiblemente sería e mestra, porque me gusta o contacto coa xente. Creo que é importante transmitir, formar á xente, que saiba e que, ademais, saiba valorar e que sexa boa persoa, porque na educación está todo.
Pallares 2023 2022-2023 15
CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO EN 5º EP
Alumnado de 5º de Educación primaria
O día do libro celébrase o día 23 de abril porque ese día faleceron algúns dos escritores máis coñecidos como Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Nós comezamos a celebralo o día 24 de abril e fixemos distintas actividades durante a semana.
Estivemos escollendo os nosos libros favoritos e presentámolos na biblioteca aos nosos compañeiros e compañeiras de clase.
Tamén debuxamos unha expansión da portada dese libro que máis nos gustaba e xunto ao resto de grupos de primaria expuxémola na entrada do colexio.
Ademais, en grupos cooperativos buscamos argumentos a favor da lectura para despois poder confeccionar un cartel que estará en distintos lugares do centro.
Pallares 2023 2022-2023 16
Aquí podedes ler o cartel coas nosas RAZÓNS PARA LER :
Por todo isto animámoste a que escollas a túa razón ou razóns para ler e todos os días do ano goces da maxia dos libros!!!
Elaboraron este artigo: Alba, Carla, Édgar, Iago, Ían, Lara, Marcos, María, Mauro, Noelia, Santiago Arboleda, Santiago Quintá e Uxía, de 5º de Educación primaria.
Pallares 2023 2022-2023 17
6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA CO DEPORTE
Alumnado de 6º de Educación primaria
Pallares 2023 2022-2023 18
Pallares 2023 2022-2023 19
LEMBRANZAS
O alumnado de 1º de ESO quixemos participar no festival de Nadal e decidimos escoller a peza de teatro: Lembranzas, que ten tres actos; dada a escaseza de tempo para ensaios, só representamos o primeiro acto que comeza así:
Presentadora: Unha vez máis os rapaces amantes das obras teatrais ímosvos presentar una realidade histórica. Amósanos unha xuntanza e vivencias internacionais nun illado e pobre curruncho que loita pola súa subsistencia á beira dunha das grandes cidades galegas.
Neste acto entrevese unha mensaxe de paz e solidariedade na que están mergullados todos os personaxes: Mohamé, Xosé, Xaquín, Susiño, Manuela, Maruxa e a Lúa.
Cómpre destacar outras intervencións e ante todo o remate do acto:
Mohamé: ─Eu son Mohamé e vendo de todo.
Xaquín: ─Eu son Xaquín e non che merco de nada.
Xosé: ─Mohamé achegouse hoxe por aquí porque as vendas non lle foron do mellor e os cartiños non dan para pagala fonda. Xa lle dixen que no pendello do curruncho poderá soñar que viaxa enriba das súas alfombras desde Galicia a Nixeria.
Xaquín: ─Decátate de que Nixeria está lonxe e pódese quedar a alfombra sen gasolina.
Xosé: ─Déixate de bromas. Mohamé é hoxe o noso hóspede e debemos darlle do mellor.
Xaquín: ─Pois dime galeguiño, ¿qué lle imos dar se nada temos?
Pallares 2023 2022-2023 20
Alumnado de 1º de ESO
Xosé: ─Mira compañeiro. Nunha casa sempre hai algo que compartir. Por outra banda cando se acaban os obxectos, aínda quedan: a ilusión, a esperanza, a bondade…
Mohamé: ─Boas noites e grazas pola vosa hospitalidade.
Susiño: ─Mohamé, só levas dous anos aquí e falas moi ben o galego.
Mohamé: Fáloo porque é unha lingua moi doce.
Como quedamos satisfeitos da nosa representación, en xaneiro repasamos os nosos respectivos papeis e desprazámonos á ResidenciaSanSalvadorde Guntín para compartila coas persoas que viven e traballan nela.
A pesar da máscara que nos limitaba a nosa vocalización, os asistentes mostráronse ben atentos e agradecidos pola nosa visita.
Pallares 2023 2022-2023 21
VÍDEO DE PRESENTACIÓN DO CENTRO
O alumnado de Proxecto competencial de 1º de ESO fixemos un vídeo
Alumnado de Proxecto competencial de 1º de ESO
Pallares 2023 2022-2023
TRABALLANDO DENSIDADES NA CLASE DE FÍSICA E QUÍMICA
Alumnado de 2º de ESO
O alumnado de Física e Química de 2º ESO estivo argallando no laboratorio unha columna de densidades composta por mel, lavalouzas, auga con colorante alimentario (azul), aceite e alcohol etílico con colorante alimentario (vermello). Durante o proceso ían adiviñando cal das substancias tiña maior densidade.
Esta actividade foi anterior á práctica de laboratorio que realizaron sobre determinación de densidades de sólidos e líquidos (da que non se fixo rexistro gráfico).
MÉTODOS DE SEPARACIÓN DE MESTURAS
Tamén o alumnado de física e química de 2º de ESO prepararon disolucións de sulfato de cobre (II), un funxicida moi empregado, que logo cristalizaron obtendo uns cristais azuis de forma romboédrica.
Alumnado de 2º de ESO
Pallares 2023 2022-2023 23
COMPOSTANDO CIENCIA: A VIAXE DOS RESTOS VEXETAIS DO CENTRO ATA A TÚA
HORTA
RESUMO
Club de Ciencias do CPI Tino Grandío no curso 2022/2023
O presente texto segue a estrutura clásica dun artigo científico co propósito de narrar os obxectivos, métodos e resultados do traballo que desenvolveu o Club de Ciencia no presente curso coa posta en marcha dun punto de compostaxe no centro. As principais aprendizaxes aparecen recollidas na infografía final Guía de compostaxe para principiantes, coa que pretendemos animarvos a poñer en marcha esta actividade nos vosos fogares
1. INTRODUCCIÓN
A compostaxe é un proceso que historicamente se realiza en tódalas casas de labranza galegas, e en todo o mundo!. Non obstante, os procesos físico-químicos e biolóxicos que esconde soen ser grandes descoñecidos e, raramente, se controlan estes parámetros para obter un compost da mellor calidade. Por iso, dende o Club de Ciencias pretendemos estudar este proceso, precisamente para poñelo en valor nun momento en que a xestión de residuos e a economía circular ocupan un lugar central no debate sobre os modelos produtivos e de consumo.
2. A COMPOSTAXE: NOCIÓNS TEÓRICAS
A compostaxe é unha técnica mediante a cal se crean as condicións necesarias para que os organismos descompoñedores transformen os residuos orgánicos de distinta natureza nun abono de elevada calidade (chamado “compost”). Trátase pois dun proceso biolóxico que pode acontecer en presencia ou ausencia de osíxeno, diferenciando así a compostaxe aeróbica da anaeróbica.
En ambos casos, os microorganismos aproveitan o nitróxeno (N) e o carbono (C) presentes nos restos orgánicos para producir a súa propia biomasa. Neste proceso, desprenden calor medible a través das variacións de temperatura ao longo do tempo. Segundo a temperatura xerada durante o proceso, recoñécense tres etapas (Imaxe 1):
Fase de descomposición: os primeiros 2-4 días, os microorganismos aclimátanse ao novo medio e comezan a multiplicarse e a degradar os elementos máis biodegradables cun aumento de temperatura que pode superar os 50ºC.
Fase termófila: aparecen organismos termófilos (bacterias e fungos) que actúan a temperaturas de ata 70ºC, producindo unha degradación da materia que pode durar ata dous meses.
Fase de maduración: período de fermentación lenta non biolóxica que degrada a materia máis resistente e que pode durar ata 3 meses.
Pallares 2023 2022-2023 24
Imaxe 1: Etapas do proceso de compostaxe: evoluación da temperatura, o pH e tipo de microorganismos descompoñedores.
Ao ser un proceso levado a cabo por microorganismos débense ter en conta os parámetros que afectan ao seu crecemento e reprodución. Estes factores inclúen: o osíxeno ou aireación, a humidade do substrato, a temperatura, o pH e a relación C:N. Coñecer e controlar estres parámetros será determinante da calidade do compost obtido.
3. OBXECTIVOS
O proxecto “Compostando ciencia” perseguiu poñer en marcha un punto de compostaxe no centro, comparar o proceso de compostaxe de distintos tipos de materiais a partir das súas características físico-químicas e biolóxicas e obter unha batería de recomendacións para replicar esta iniciativa nos nosos fogares.
4. MATERIAIS
A posta en marcha e desevolvemento do proxecto sustentouse sobre dous materiais básicos: Os composteiros:
Pallares 2023 2022-2023 25
O tipo de compostaxe polo que optamos foi o aeróbico, é dicir, con presencia de osíxeno. Polo tanto, os composteiros deben ser abertos e cun deseño que favoreza o fluxo de aire pero, ó mesmo tempo, que evite a entrada de auga de choiva dado que a súa función é manter as condicións de temperatura e humidade axeitadas para a formación do compost.
No presente proxecto optamos por un modelo prefabricado imaxe pois primamos a seguridade do alumnado máis cativo do centro. Non obstante, recomendamos empregar composteiros construídos con materiais reutilizados como os palés, ou mesmo, o simple amontoamento de restos.
O modelo seleccionado presenta unha serie de vantaxes como: moi fácil montaxe e nulo mantemento; controla os efluvios (olores) e dos fluídos (xurros); mantén a zona limpa e recollida e facilita a medida e rexistro das condicións de humidade e temperatura.
De igual xeito, por cuestións de seguridade ubicáronse na parte traseira do centro sobre formigón pero coa revisión do proceso aceptamos e recomendamos que deberían estar ubicados nun lugar máis aberto e aireado e, tamén, sobre solo desnudo .
Os restos a compostar
O proxecto tratou de simular o proceso de compostaxe para tres tipos de restos: agrícola, forestal e doméstico. Ademais, duplicamos o composteiro de restos agrícolas para poder comparar o efecto de acelerantes orgánicos como as borras de café e a vermicultura (acción das miñocas).
Ademais dos anteriores, tamén se empregaron materiais de análise e observación do laboratorio (termómetros, higrómetro, pHímetros dixitais e tiras, microscopios e lupas binoculares, claves dicotómicas…), así como as ferramentas para as tarefas no composteiro (volteadores ou aireadores -pinchos e/ou palas, trituradores manuais - tesoiras ou podadores, cubetas, varillas…).
5. MÉTODO
O método proposto foi fundamentalmente analítico pero con cinco liñas ou dimensións de traballo diferenciadas:
Pallares 2023 2022-2023 26
1. Dimensión institucional: tratamos de tecer unha rede de acordos cos distintos axentes para instaurar os composteiros como parte das dinámicas do centro: tanto coas cociñeiras; o persoal do concello encargado de segar o céspede e rozar o perímetro do patio; conserxería, persoal de limpeza e coidado das plantas e profesorado.
2. Dimensión técnica: consistiu en instalar os composteiros e en establecer un protocolo para o seu abastecemento e mantemento. Entre outros, decidimos que restos se incluirían en cada sector de compostaxe (deseño das receitas), o método para trituralos e o tamaño dos restos. Nesta liña, tamén incluímos as distintas decisións técnicas para ir corrixindo as anomalías detectadas (incorporar restos acelerantes ou variar as proporcións de C/N para rebaixar a humidade ou corrixir o pH).
3. Dimensión analítica: consistiu no deseño dunha sistemática para rexistrar as distintas variables: altura e volume, temperatura, pH, humidade, propiedades organolépticas de interese (olor, color e textura) e a identificación visual de distintos microorganismos en cada unha das etapas de compostaxe. Para a medición do pH e a identificación de microorganismos fixemos varias sesións de traballo no laboratorio analizando mostras e practicando a observación mediante microscopio e a lupa binocular.
4. Dimensión experimental: tratou de dar resposta mediante a observación da evolución dos restos ás seguintes cuestións:
Os acelerantes (como as borras do café ou a vermicultura) son efectivos? Para dar resposta a esta cuestión establecemos un composteiro como de restos agrícolas de control (sen aditivos) e outro
Pallares 2023 2022-2023 27
idéntico en aportes (cantidades e tipo de restos) pero con borras de café nas primeiras etapas, e vermicultura nas últimas.
Os papeis e cartóns poderían compostarse? Dependería do tamaño de trituración? Para isto incluímos nos distintos tipos de composteiros entorno a un 3-5% de restos de periódico e de cartón de tres tamaños diferentes (aprox. 1, 5 e 10 cm2).
As bolsas de supermercado, tanto de caixa como da froita, que catalogan como compostables chegan a desintegrarse? En que período? Depende do tamaño? Para dar resposta a esta cuestión incluímos en tódolos composteiros distintos tipos de bolsas (enteiras e trituradas) e observamos o grado de desintegración.
Que efecto teñen os restos de froitos secos e a casca de ovo no compost obtido? Para iso incluímos casca de distintos froitos secos (noces, abelás, pistachos) e casca de ovo no composteiro proba.
6. RESULTADOS
A continuación resumimos algúns dos achados acadados durante os catro meses que estiveron activos os composteiros ata a redacción do presente artigo.
PARTE A: ANÁLISE DAS VARIABLES DE COMPOSTAXE
Os composteiros agrícolas reduciron o seu volume a máis da metade na primeira semana de compostaxe. Os restos forestais reduciron o seu volume nun terzo pero máis lentamente. Por último, os restos domésticos apenas cambiaron o seu volume.
A cor e a textura do compost agrícola son marronácea e miúda e homoxénea, respectivamente. Pola contra, o compost forestal presenta un tamaño maior e máis heteroxéneo e, tamén, máis escuro. Finalmente, os restos da compostaxe doméstica son os máis finos e escuros, pero tamén pastosos por unha anomalía no proceso de compostaxe (excesiva humidade).
Pallares 2023 2022-2023 28
Nin o compost agrícola nin o forestal presentaron olores desagradables en ningunha etapa do proceso. Polo contrario, o compost doméstico, si.
A humidade dos restos foi diminuíndo dentro do rango óptimo (40 - 60 %), especialmente a partir do segundo mes de compostaxe. O compost doméstico foi a excepción ó anterior que nunca baixou do 80%, nin nas capas máis superficiais.
A temperatura máxima acabada polos composteiros foi de 40º na fase termófila para despois estabilizarse entorno ós 18-20º C en todos eles.
As diferenzas do pH das mostras foi mínima chegando a estabilizarse todos nun 6.7, lixeiramente máis ácido no forestal e máis básico no doméstico.
No tocante aos microorganismos, observamos exemplares de mofos e outros fungos, moi diversa mesofauna e varios exemplares de protozoos flaxelados e ciliados pero non macromicetos ou bacterias termófilas.
PARTE B: EXPERIMENTACIÓN
Os acelerantes aportados (borras de café e vermicultura) tiveron un efecto diferenciado en tanto que o compost agrícola tratado é menos compacto, presenta mellor estrutura e ten unha maior proporción de restos degradados.
Non aparecen restos dos papeis e cartóns de menor tamaño en ningún dos catro composteiros activos durante os catro meses. En cambio, aparecen puntualmente os restos de maior tamaño (aprox. 10 cm2).
Non aparecen restos das bolsas de froita e verdura do supermercado trituradas nos restos, a excepción do forestal. En cambio si aparecen restos das bolsas entregadas na caixas do supermercado. As bolsas de ambos tipos sen triturar aparecen íntegras en tódolos composteiros.
Os restos de ovo aparecen moi desmiuzados e os restos de froitos secos aparecen íntegros, pero actúan como aireantes e danlle estrutura ó compost.
7. DISCUSIÓN
Á vista dos resultados, observamos que os procesos de compostaxe estudados non completaron todas as etapas. Por unha banda, por unha falta de tempo. Os composteiros estiveron activos dende decembro ata abril. Este período de catro meses non é tempo suficiente para obter compost maduro (6-8 meses).
Por outra banda, a fase termófila foi incompleta por unha falla de continuidade nos aportes que permitise manter a columna de restos constante. Así, non se acadaron as temperaturas máximas pertinentes nin apareceron tódolos microorganismos necesarios para unha dixestión completa.
Pallares 2023 2022-2023 29
Atendendo á textura, estrutura e cor, a principal diferenza entre as distintas mostras radica na proporción C/N. A proporción de carbono é superior no composteiro forestal, mentres que nos agrícolas predominaba o nitróxeno. Precisamente, a emenda dos composteiros agrícolas con restos de folla durante as primeiras semanas axudou moito a proporcionar a relación C/N. Deste xeito, o produto de compostaxe óptimo para o uso na horta sería unha mestura das tres mostras.
Finalmente, é importante resaltar que a compostaxe doméstica tivo notables dificultades. Fundamentalmente, moita humidade por un aporte de restos incorrecto (que incluía restos húmidos de comida que deberan limitarse a restos de vexetais) e unha mala aireación (por escaso volteo e unha mala ubicación dos composteiros). Neste caso, a compostaxe foi anaerobia, con notable emisión de olores e con microorganismos diferenciados. Tras unha revisión bibliográfica o proceso foi emendado engadindo serraduras e palla.
Precisamente, estas desviacións e correccións son a principal aprendizaxe do proxecto que tratamos de resumir nun produto de divulgación recollido no ANEXO 1: Compostaxe para principiantes como unha guía de boas prácticas e recomendacións derivadas da nosa experiencia e aprendizaxes.
8. CONCLUSIÓNS
A compostaxe é un proceso complexo determinado pola acción interrelacionada de múltiples variables. O seguimento e control das mesmas é fundamental para obter un compost de propiedades óptimas para diversos usos, como acolchados ou fertilizante (aporta elementos minerais, mellora a estrutura do solo e axuda a absorber e reter a auga). De feito, son punteiras as iniciativas de investigación e innovación público-privadas emerxentes nestes últimos anos vinculadas coa produción de compost. Entre elas as iniciativas galegas visitadas nos seminarios e na saída do Club de Ciencias: Illas de Compostaxe do Concello de Allariz, Abonos Lourido (xestión da biomasa de toxo para obter compost) e Ecocelta (produtor de biofertilizantes punteiro en I+D+i). Como adiantábamos, o control do proceso é a chave das noces para obter un produto de calidade
REFERENCIAS
• FAO (2013). Manual de compostaje del agricultor. Ed. Román, P. Martínez, M. y Pantoja, A. Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura. Santiago de Chile.
• Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino 2 (2009). Manual de compostaje. Ed. Publicaciones de divulgación MITECO. Madrid.
• Marqués, M. y Urquiaga, R. (2005). Manual del buen compostador. Ed. GRAMA - Grupo de Acción para el Medio Ambiente. Madrid.
• SOGAMA COMPOSTAXE. http://www.compostaconsogama.gal/es
Pallares 2023 2022-2023 30
TRABALLOS DE PLÁSTICA NA ESO
Pallares 2023 2022-2023 32
Alumnado de ESO
Selección de traballos realizados polo alumnado de Plástica (EPVA) de 1º, 3º e 4º da ESO.
CLUB DE LECTURA TINO GRANDÍO
Desde o curso 2008-2009 no Centro gozamos do Club de lectura Guntín.
Cada curso foi medrando o número de participantes e neste funcionan os seguintes grupos:
• Grupo I: Alumnado de 5º e 6º de EP (27 lectores)
• Grupo II: alumnado de 1º e 2º ESO (25 lectores)
• Grupo III: alumnado de 3º e 4º ESO (15 lectores)
• Grupo de adultos: 21 lectores (profesorado, exprofesorado e persoal non docente)
Cada membro do club recibe na primeira sesión un carné, que se sela coa asistencia e aproveitamento das lecturas e reunións; o selado completo é o billete para a saída cultural de fin de curso.
Tamén se foi ampliando o estilo literario e presentación das obras comentadas, as canles de lectura, e fóronse mellorando os medios de difusión das actividades do club: taboleiro específico, e-mails, redes sociais, WhatsApp (para o grupo de adultos) e o blog do club: http://clubdelecturaguntin.blogspot.com
As finalidades principais do Club de lectura son:
a) Fomentar o hábito lector entre o alumnado.
b) Favorecer o establecemento de relacións interpersoais entre alumnado de distintos niveis educativos, o equipo docente e persoal non docente.
c) Favorecer o desenvolvemento da competencia lingüística e a comprensión lectora.
d) Pór en relación a actividade lectora con outros códigos (audiovisuais, imaxes, música, novas tecnoloxías)
e) Ofrecer un amplo abano de xéneros para a lectura (biografía, banda deseñada, ensaio, poesía, teatro, diarios, literatura popular, cartas...)
f) Educar o sentido crítico da información e reflexionar sobre os contidos presentes nas lecturas
Pallares 2023 2022-2023 33
seleccionadas, nos medios de comunicación escritos tanto en soporte papel coma en soporte dixital.
g) Contribuír ao desenvolvemento das competencias básicas, á educación en valores e á socialización do alumnado.
h) Integrarse na vida real do centro como reflicten os documentos: o Proxecto Lector, o Proxecto Abalar, o Proxecto de Dinamización e Normalización Lingüística e o Plan de Convivencia do Centro.
As actividades destacadas son as seguintes:
• Reunións por grupos preferentemente na biblioteca, no patio do centro, no parque anexo á Casa da cultura e na Residencia San Salvador.
• Lectura e posta en común de obras de interese literario e argumental para os membros do club ao longo do curso (aproximadamente unha cada mes), principalmente en galego, pero tamén en castelán e en inglés.
• Sesión dirixida polo auxiliar de conversa na que comentaremos unha lectura recomendada por el para achegarnos á súa cultura: All about the USA.
• Exposición temporal no taboleiro cos materiais elaborados no club de lectura durante á súa actividade.
• Invitación aos escritores:
o Xosé Luís Vázquez, autor de O conserxe para compartir inquedanzas co grupo de 3º e 4º de ESO.
o Marisa Castro, autora de A saga das menciñeiras para intercambiar opinións co alumnado de 2º a 4º de ESO, membros do grupo de adultos e resto de profesorado interesado..
• Saída ao centro de maiores (alumnado de 2º ESO) para lerlles contos de obras de Álvaro Cunqueiro.
• Visita cultural guiada a Mondoñedo (museo, biblioteca de incunables, imprenta, catedral…) como cuna de importantes literatos, polo que leremos obras de Álvaro Cunqueiro.
Pallares 2023 2022-2023 34
FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
Alumnado de 4º de ESO
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no en Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín.
Tras formarse no seu pobo natal, Mondoñedo, empezou a estudar dereito na universidade de Madrid, tras mudarse a Santiago para acabar alí a carreira empezou a exercer de mestre.
Despois da guerra instalouse en Vigo, casou e comezou a traballar primeiro como profesor de ensino privado e despois como avogado. En 1943 comezou a reorganizar o Partido Galeguista na clandestinidade e pertenceu á xeraciónd e intelectuais xurdidos arredor do Grupo Nós.
Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial.
Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega. Tamén publicou máis de trinta obras de creación e ensaio, algunhas delas fundamentais como repertorios básicos da época para o estudo da literatura galega como por exemplo: Historia da literatura galega, Os contemporáneos e Escolma da poesía galega.
Tamén cultivou a narrativa (O cego de Pumardedón, Lourenzá) e a literatura de viaxes (As peregrinacións Xacobeas, O camiño de Santiago e Galicia). Editou antoloxías de poesía e libros de vocabulario, escribiu un gran número de artigos de poesía e biografías. Tamén é autor de varios libros de memorias como, O río do tempo (1991) ou Con Pondal en Bergantiños no cal fai un percorrido pola vida do exitoso poeta . En 2003 recompilou a súa correspondencia con Cunqueiro e publicouno en Galaxia baixo o título Cartas ao meu amigo. En 2004 publicou as súas memorias con Galaxia baixo o título Camiño andado.
No ámbito da poesía tamén tivo varias obras exitosas como Escolma da poesía galega.
Pallares 2023 2022-2023 35
INTERVIEW TO STEVEN ROWEKAMP
DAVID: What do you think about Spain?
STEVEN: I think Spain is a very pretty country with lots of distinct culture and language and food and tradition.
SARA: What do you like about Spain?
STEVEN: My favourite part of Spain is the Northern part, specifically Galicia but in particularly I love cafecitos, and getting coffees, or drinks after school, after the work day.
YANIRA: What are your dreams?
STEVEN: My dream is to become an English teacher in the United States. I want to teach all ages and I want to help people who come from other countries to learn English in the United States.
JENNY: What is the best part of your job?
STEVEN: They best part of my job is teaching English to all the students that I work with and hearing all the little phrases and things they make up that are translations from Spanish and Galician into English, just things that make me laugh.
CRISTIAN: Do you like animals?
STEVEN: I do like animals. I don’t have any pets. One day I want to have a cat but I love animals.
LUCÍA: What situation in your life has made you think?
STEVEN: When I was in high school, I didn't know what I wanted to do when I was growing up, so I often though I wanted to be a doctor, but then I had Spanish classes I realized I loved Spanish, and so I thought
Pallares 2023 2022-2023 36
Alumnado de 4º ESO
maybe teaching Spanish or teaching English would be a great thing and, in that situation, made me think about what I wanted to do in the future.
ÉDGAR: What is your hobby?
STEVEN: My hobby is actually learning languages. I love to learn languages of any kind. I love watching movies in languages that aren’t English. Anything that doesn’t involve English is my hobby.
FRAN: How many children do you want to have?
STEVEN: One day in the future I want to have three kids.
ALBA: What is your favourite place in Galicia?
STEVEN: My favourite place in Galicia is Praia das Catedrais.
MANUEL: Do you prefer American or Spanish food?
STEVEN: I prefer American food but particularly because of the diversity of cuisine that the United States has.
LÚA: Do you speak other languages apart from English?
STEVEN: I do. I speak Spanish, English and Portuguese fluently but I also know a bit of French and Italian.
PABLO: Would you like to be a teacher in the United States?
STEVEN: Yes, I do want to be a teacher in the United States. I am actually going back to the United States this year to study to become both an English language and a Spanish teacher.
Pallares 2023 2022-2023 37
Pallares 2023 2022-2023 38
Pallares 2023 2022-2023 39
Pallares 2023 2022-2023 40
Pallares 2023 2022-2023 41
Pallares 2023 2022-2023 42
Pallares 2023 2022-2023 43