A paisaxe lingüística de silleda bases para normalización do entorno

Page 1

Equipo de Normalizaci贸n do IES Pintor Colmeiro

A paisaxe ling眉铆stica de Silleda Bases para a normalizaci贸n do entorno


Que é a paisaxe lingüística? Agustín Fernández Paz comenzaba así un artigo na Revista Galega de Educación do ano 1986: 2

“Imaxinemos por un momento que un habitante doutro planeta, unha especie de antropólogo das estrelas, chega a Galicia coa misión mis de facer un estudo sobre a situación lingüística do noso país”. Continuemos a estela de Fernández Paz e consideremos que o extraterrestre chega a Silleda e pasea polas súas rúas. Vería moitos sinais e carteis, pero podería concluir finalmente que está en Galicia? Sería quen de adiviñar que a gran maioría dos habitantes do concello son galego-falantes? galego O estudo da paisaxe lingüística consiste en facer o mesmo que ese suposto extraterrestre: investiga investigarr a presenza escrita das distintas linguas nos espazos públicos.

Aquí temos dúas imaxes correspondentes orrespondentes aos dous grupo grupos principais de sinais recollidos. O da esquerda correspóndese cun sinal dun organismo oficial, o segundo a un comercio.


Pasos asos que seguimos para facer o estudo da paisaxe lingüística de Silleda Redactar un documento de traballo que nos servira para planificar o que tiñamos que realizar. Partimos dun artigo do profesor profeso da Universidade de Vigo Miguel López Docampo, publicado no nº 33 dos Cader Cadernos de lingua da RAG [http://www.realacademiagalega.org/documents/10157/e83aa3f5 http://www.realacademiagalega.org/documents/10157/e83aa3f5-7169-4656b7a7-c1ec2250d0e7].. Na medida do posible seguimos a metodoloxía alí indicada. Por exemplo, cada sinal considérase individualmente, aínda que haxa varios que pertenzan ao mesmo comercio. Nese documento establecimos tres grupos principais en que clasificar os soportes da escrita nos espazos públicos: aqueles que qu son responsabilidade das administracións, os pertencentes aos comercios ou particulares particulares, e un último apartado no que se pretendían tendían recoller as as pintadas e os graffitis. O seguinte paso consistiu en percorrer varias rúas céntricas de Silleda sa sacando fotos . Fixémolo pola pol Avenida do Parque, a Rúa María Colmeiro,, a Rúa Venezuela , a Rúa do Progreso e a Rúa H en n dúas xornadas do mes de febreiro do 2013. Así obtivemos máis de 800 fotos, sobre as que faríamos todo o traballo posterior. Establecimos varios grupos de traballo, repartindo entre eles as fotos recollida recollidas. Realizamos un primeiro paso de depuración das fotos, eliminando algunhas ben por estaren repetidas, ben porque finalmente decidimos que non nos interesaban. Qued Quedámonos así con 768 fotos. Mediante un documento colgad colgado na nube de Google Drive ao que tiñan acceso todos os colaboradores, colaboradores etiquetáronse todas as fotos principalmente en dous campos. O primeiro deles facía referencia ao tipo de soporte que contiña a mensaxe fotografiada e o segundo á lingua ou as linguas nas que viña redactada. Finalmente realizamos izamos un traballo de reconto dos datos obtidos e elaboramos este informe no que se dá conta deles. Para acompañar este informe tamén se realizaron varios vídeos con parte das fotos recollidas.

3


Os datos recollidos. Durante dúas xornadas, no mes de febreiro do 2013, os alumnos colaboradores neste proxecto do Equipo de Normalizaicón do IES Pintor Colmeiro, fixeron máis de 800 fotos por algunhas das rúas máis céntricas da vila de Silleda. Despois de depurada urada toda a colección de imaxes imaxes, acabamos cun arquivo de 768 sinais. No traballo do que partiamos, establecíanse dúas grandes categorías: administración e comercio. Nós engadímoslle unha máis para recoller nela as posibles es pintadas ou pancartas que non caesen en ningunha das outras dúas etiquetas. Despois de realizado o traballo comprobamos que este último grupo é case anecdótico, con só 23 sinais. Ademais foinos imposible determinar a lingua en que estaban escritas a ma maioría destes sinais, polo que para ter unha refencia de cómo se distribúen as linguas cando paseamos por Silleda, resulta prácticamente irrelevante termos en conta os sinais recollidos baixo este epígrafe.

pintadas; 23 (3%)

administración ; 143 (19%)

comercio; 602 (78%)

Das 768 fotos recollidas a gran maioría, 602, corresponden co ao comercio. 143, un 19%, correspóndese a sinais das administracións. Polo tanto quen determina a paisaxe lingüística de Silleda illeda é, esencialmente o ámbito dos particulares e o comercio frente ás insitucións.

4


As administracións A maior sorpresa que tivemos ao comprobar os resultados foi o obtido ao facer o estudo da distribución das linguas nos sinais das administracións. Supoñíamos que o uso do galego se aproximaría ao 100%, pero non foi así. Dos 143 sinais deste grupo, 67 (un 47%) estaban escritos en galego; 63 (un 44%) aparecían só en castelán e 8 (6%) nas dúas linguas. Isto revela que as autoridades no concello non estiveron realmente implicadas na normalización lingüística.

galego castelán galego/castelán inglés gal/cast/ing

administración 67 63 8 4 1

46,85% 44,06% 5,59% 2,80% 0,70%

Nunha das columnas desta táboa indicamos o número de sinais en cada lingua e na seguinte columna as porcentaxes correspondentes

Porcentaxes-Administración Administración 50 45 40 35 30 25 20 15 10 5 0

A cidadanía silledense decátase simplemente paseando polas rúas máis céntricas da vila, que as administracións non apostan pola mesma lingua que usan os veciños. Isto non fai outra cousa que reforzar prexuízos polo que para o ben da normalización, precísase reverter esta situación

5


Como curiosidade temos o caso único dunha foto que fai referencia a un cartel trilingüe en galego, castelán e inglés. En casos como este poderiamos estudar se algunha delas ten algún tipo de preferencia sobre as demais. No caso que nos ocupa podemos comprobar bar como claramente o galego ocupa un lugar preponderante Outro dato que pode parecer estraño é que teñamos 4 sinais da administración monolingües en inglés. Que clase de mensaxe quer mandarnos o organismo oficial redactándoo en inglés? O misterio desaparece arece cando miramos as imaxes: son sinais de stop.

Preséntase o problema de que facer para cambiar a situación. Ao revisar os datos comprobamos que a maior parte dos sinais administrativos monolingües en castelán son os referidos aos vaos de aparcamento das entradas dos garaxes, polo que sería relativamente sinxelo comenzar ca cambiar a situación. Neste traballo recollimos un total de 39 fotografías de vaos, que representan prácticamente o 60% do total dos sinais en castelán. Por iso farémoslle unha proposta pro ao Concello para que cambie este tipo de sinais e para que os que se coloquen de aquí aqu en diante teñan garantizada a súa emisión en galego. De facerse así sería ademais unha aposta moi visible para os veciños veciñ de Silleda. Ademais con este traballo pretendemos pret abrir unha porta de colaboración coa entidade local para establecer proxectos normalizadores

6


O comercio Dos 602 sinais comerciais, 120 están en galego e máis do triplo, 384 en castelán. Outros 45 aparecen nas dúas linguas. Non fixemos ningunha análise sobre se hai predominancia dalgunha lingua nestes últimos sinais. En 25 sinais aparecen en inglés. Deles 12 son monolingües e no resto vén acompañada doutra(s) lingua(s). Temos tamén 30 fotos tos nos que tivemos problemas para etiquetar a lingua na que estaban redactados.

Comercio-porcentaxes porcentaxes

7

70% 60% 50% 40% 30% 20%

comercio galego castelán galego/castelán inglés cast/ing gal/ing gal/cast/ingl 4 ou máis sen clasificar

120 384 45 12 5 2 2 2 30

20% 64% 7% 2% 1% 0% 0% 0% 5%

Nunha das columnas desta táboa indicamos o número de si sinais en cada lingua e na seguinte columna as porcentaxes correspondentes

10% 0% galego

castelán

galego/castelán

inglés

Chama a atención que estando asentados os comercios nun entorno galegófono os comercios respondan usando outra lingua que non é a ambiental. Esta gráfica pon en evidencia unha anormalidade que se non a percibimos como tal é por estaren moi asentados prexuízos que veñen de moi atrás.


Unha das consecuencias deste estudo é a evidencia da conveniencia de establecer acordos para ra unha planificación da normalización no entorno entorno. Para ara iso puxémonos en contacto con ECOS (Asociación de empresarios e comerciantes de Silleda) e trasladámoslle os resultados deste estudo. Resulta que a asociación empresarial mantén o galego como lingua d de comunicación social, tal e como fai tamén o Concello. Pola contra os resultados recollidos da paisaxe lingüística de Silleda ofrécennos un panorama completamente distinto,, onde o castelán é a lingua hexemónica. En moitos casos a cartelería dos comercio comercios procede de marcas e axentes externos que emiten os seus sinais en castelán. Pensamos que compría que os comerciantes de Silleda reflexionasen sobre este feito para que a presenza do galego non se vexa aínda máis excluída polo que os invitamos a que as mensaxes nsaxes de confección propia que emitan deberían facela en galego. Deste xeito compensaríase tan siquera cuns mínimos o percorrido paisaxístico polas rúas do noso entorno. Partimos da base de que a escasa normalización que atopamos é debida a hábitos históricos normalmente irreflexivos e a prexuizos lingüísticos aos que conviña facerlle frente colectivamente. Eses prexuízos non quedan

dentro dos comercios ou nos valos publicitarios, senón que se trasladan a toda a cidadanía e particularmente á xuventude. Trataríase Tra de implantar modos de reverter o proceso. O alumnado formado con ferramentas sociolingüísticas podería ser axente normalizador dos espazos próximos.

Aínda que o título desta epígrafe faga referencia ao comercio cómpre destacar que non só son responsables os comerciantes os responsables deste tipo de sinalización. Hai carteis como este que presentamos aquí, que puideron ser colocados por calquer cidadán. Isto sérvenos para insistir na necesidade de contar coa colaboración de todo o mundo para a normalización. nor

8


Conclusións “Cómpre ter en conta que as rúas e espazos públicos son o escenario idóneo para promover unha lingua xa que será vista por milleiros de transeúntes a diario. De aí, que a escolla da lingua e a súa situación nos sinais non se realiza ao chou nin arbitrariamente, senón que detrás de cada elección prima sempre algunha intención. […] A omisión do galego no espazo público , a súa ignorancia, pode ser lida como a praxe efectiva dos que, consciente ou inconscientemente, pretenden tapar, calar e enmudecer a nosa lingua deixándoa paulatinamente sen respiración” A paisaxe lingüística: unha análise dun espazo público galego, López Docampo, Miguel, Cadernos de lingua nº 33, RAG 2011

As pintadas teñen pouca ou ningunha relevancia para establecer a paisaxe lingüística de Silleda. Observamos poucas e normalmente sen unha lingua identificable. As administracións non fixeron unha aposta decidida pola normalización nos espazos públicos. Isto parécenos especialmente grave xa que a cidadanía normalmente identifica a defensa da lingua galega cos organismos públicos polo que a súa responsabilidade normalizadora se ve multiplicada. Comprobamos que prácticamente a metade dos sinais administrativos son monolingües en castelán o cal é indicativo do abandono que as administracións fixeron da bandeira da normalización. Cómpre unha actuación decidida, en primeiro lugar por parte do concello para facer pedagoxía do compromiso coa lingua galega. Como evidencia da situación recollimos toda unha serie de sinais das entradas dos aparcamentos para indicar un punto polo que se podería comenzar a actuar desde o concello. Así elaborouse tamén un vídeo con estes sinais para evidenciar que o punto de partida non é nada bo para a lingua galega, pois non atopamos nin un sinal que nos enviara a mensaxe “Prohibido aparcar. Vao permante” e preguntámonos, por que despois de 30 anos do establecemento da Lei de Normalización Lingüística, nun concello como o noso, eminentemente galegófono, temos que sentir a vergoña dun desleixo tan claro. Puxémonos en contacto coa concelleira de normalización lingüística para trasladarlle estas inquedanzas e co fin de que se estableza un plan normalizador de acción conxunta coas asociacións e centros escolares. Tamén nos puxemos en contacto coa directiva de ECOS para que divulguen estes datos da situación sociolingüística do concello.

9


Fíxosenos evidente o emprego masivo do castelán en todo tipo de rotulación e anuncios comerciais. comerciai Se isto, ademais non se acompaña, como acabamos de ver, dunha aposta normalizadora clara das administracións,, temos o campo preparado para a substitución lingüística. O galego está ameazado a pola lingua dominante, que ademais ten todas as ventaxas lexislativas. Pensamos que debemos promover e colaborar cos empresarios e comerciantes de Silleda para trasladarlles esta realidade e a importancia fundamental da súa colaboración para a visibilización da lingua galega. Con este traballo certificamos que o estado o social da lingua galega no concello non é bo. Un síntoma é a súa paixase lingüística. Isto lévanos a pensar que os prexuízos cos que se carga ao uso do galego están profundamente enraizados no noso entorno máis próximo, pero decatármonos desta evidencia é tamén o primeiro paso para establecer un proxecto de futuro para a normalización. Para o pasado deixamos os prexuízos e os modos de proceder antigos e irreflexivos respecto do uso da lingua galega.

Colaboraron neste traballo os alumnos de 4ºA:

Antía Buján Dobarro, Isidro Gil Pallarés, Carlos Mato Rodríguez, Diego Pérez Rodríguez, Pedro Segade Penela, Sonia Troitiño Loureiro e David Varela Salgado

10


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.