[π]
[IES PINTOR COLMEIRO]
II CONCURSO DE ESOPÍAS
[ENDL. Departamento de matemáticas] | 2015
Esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π. A nosa intención era que esta edición fose un boletín pero as axudas económicas da Xunta volveron a chegar tarde e as actividades do curso fóronse complicando… Colaborando conxuntamente o Equipo de Normalización Lingüística e o Departamento de Matemáticas co fin de demostrar, unha vez máis, que a lingua galega e os números fan boa compañía, puxemos en marcha a segunda edición dun concurso de esopías O resultado foi moito mellor do previsto polo que era unha obriga volver a facer unha edición cunha escolma das esopías que máis nos chamaron a atención e que son unha boa mostra das dificultades que tivo o xurado para escoller aos premiados. Calquera das creacións que se poden ver aquí é merecedora do noso recoñecemento. Para esta edición tivemos a axuda do Departamento de Plástica, quen co alumnado de 3º da ESO elaborou algunhas ilustracións inspirándose nas esopías que lles presentamos. ENDL+Departamento de Matemáticas+Departamento de Plástica IES Pintor Colmeiro 2
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
Ela é todo. o vento virulento; as forzas vivas que levan sorrisos elegantes; desexos olvidados que te fan recordar. 1º PREMIO (1º Ciclo ESO): Laura Villanueva (2º ESO B)
Sen a vida, a morte aparecerá na escura noite, soa. Ollos chorosos, inundados, destino esquecido. Ceo de lúa prateada, alma espida na vellez pura. 1º PREMIO (2º Ciclo ESO e BAC.): Alesandra Bazán Casanova (4º ESO B)
3
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
Vén o aire, a brisa agarimosa do mencer; sendo tan forte, delicada, primorosa; batendo intrépida. Vén co sol tardeiro como saíndo co solpor. 1º PREMIO(2º Ciclo ESO e BAC.): Alberto García (1º BAC A) 1º PREMIO (2º Ciclo ESO e BAC) do IV Concurso de Esopías de AGAPEMA
Que é amor? É maxia, fantasías de noivos, vidas cun mundo profundo, poderosos latexos, murmurios, cen ou mil agarimos. 2ºPREMIO (1º Ciclo ESO): Natalia Matos (2º ESO B)
4
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
Que é amor? É laiar, liberdade de paixón, maxia con bicos, profunda confianza, sorriso agarimoso. 2ºPREMIO (1º Ciclo ESO): Nerea González (2º ESO B)
Voa e crea e chora friamente ti. Pasiva serea sen coroa. Balborda silencios. Recitas: benévolos son 5
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
os que ensucian este pranto no cálido luar. 2º PREMIO(2º Ciclo ESO e BAC.): Mariña Castro (4º ESO B)
6
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
Dor: o amor é maxia, murmurios do camiño. Herdo que temos, esencias poderosas, corazón agarimoso. Rir: un ben viaxeiro. Amar libres de rancor. Cristina López (2º ESO B)
Até o amor é fugaz, romántico ao solpor, ardor que adoro. Queridas harmonías, fermosa partitura. Son do meu namorado. Soraya Fraga (2º ESO B)
7
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
Sen o riso, a bágoa iluminada da mirada negra. Sen aquel aloumiño enmeigado, amencer esquecido. Sen ti: sol, estrelas, dona Branca... Eu xamais vivo! David Cabaleiro (4º ESO A)
Soa: a nena, a forte guerreira da escura noite. Sen axuda: agardaba. Esperanza: ninguén escoitaba. Dor: xa non insistía, caía espida na agonía cega. David Cabaleiro (4º ESO A)
8
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
9
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
Ven e mira a tarde rematando xa. Pronta noite que chega. Beatriz Rodríguez (1ª BAC. A)
Ten o amor a forza necesaria? Un camiño feito por homes abatidos, doloridos, tristes, agobiados. Laura Presas (1ª BAC. B)
10
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
Nós, o pobo, a xente loitadora da Galiza, somos mar, terra, lareiras, carballos, regatos, recunchos, que me fan sentir(me) como peixes no oceáno azul. Álvaro Villar (1ª BAC. A)
Son o medo, o tempo procurado do futuro. Coido que todos buscaban respostas, aquelas respostas que ti non atopabas, como lendas do antigo amor. Martina Domínguez (1ª BAC. A) 11
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
Dor e medo á noite. Vinganzas co pracer delas, con sabor pesaroso, tristeiro. Bonitas metáforas que na lúa semellan case bágoas do chorar ledo. Ana Colmeiro (1ª BAC. A)
Alí é onde a viaxe mariñeira do oceáno, parte con vento, causando tristezas. Alba Iglesias (1ª BAC. B)
12
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
Son o medo á morte, abundante no escuro; nunha soa noite incertos pesadelos, soidade expresiva. Lucía Fernández (2º ESO A)
Ven e mira, e pensa. Sinxeleza do cantar agudo, dos chíos. Paisaxes belísimas. Matinei, sinxeleza sen un ton agridoce, coma Galiza. Oh! Galiza nosa! Rebecca García (3º ESO A) 13
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
Ela, a bela e loura namorada; os merlos falan coa mesma perfecta fermosura, gozando nerviosos, cun nó, nas cadeiras dela. Andrés Cangas (1ª BAC. A)
Ves o medo e notas murmurios. Ti, ruliña, pides meu breve aloumiño, levadeira ledicia. Barca Pérez (2º ESO B)
14
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
Riu e saíu, o fogar tranquilo da colina. Sendo ela menor estivera prantando aqueles arboredos. Ela xa non seguiría viva, perdeu os folgos. Sonia Framiñán (1º BAC.A)
Ser o amor, o ardor encendido da paixón feito dos soños. María Framiñán (1ª BAC. A)
15
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
Iso é amor, a calor agarimosa do ensoño presa dos soños; camiñiño estrelado, esencia perfumada... Tamara Taboada (1ª BAC. A)
Ves a auga, o vivir! Imaxínate as leiras todas con trigo, colleito, arrincado; morriña, desacougo. Ves, ti, que fermosos pans feitos ca segada alma! 16
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
Martín Rodríguez (2º ESO B)
17
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
Fun á casa e comín marmelada de pexego. Agora vou facer: biscoito, madalenas, boliños saborosos... Que eu son larpeiro para xantar un postre máis! Óscar González (3º ESO B)
18
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
Vin a gata! É negra, rabilonga, as unllas rosas con raias amarelas verticais... Quérela? Busqueina con el sen descanso nesa casiña... Ti queres vela? Alba Fuentes (3º ESO B)
19
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
Que é fala? A maior lembranza do camiño longo das miñas memorias. Carmen (3º ESO B)
Túa e miña, a terra pequeniña do solpor. Iago Espiño (2º ESO A)
Ten o lobo a presa arrepiada. El tentou fuxir con valor tremendo. Rafael Blanco (2º ESO A)
20
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
Iso é todo, o fugaz (d)espertar do mártir canso dun arduo desprezo. Diego Iglesias (1ª BAC. A)
Iso é amor, a forza vehemente da persoa, cando nos falan fermosas raparigas. Daniel Pérez (1ª BAC. A) 21
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
Sen o amor, a morte, inspírase no pracer lento das dores. Minerva Malho (4º ESO A)
Son a alma, o brazo pequeniño da persoa amada. Javier Valladares (2º ESO B)
22
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
23
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
Dor e amor, o campo florecido do sufrir. Vivir das cores sufridas, namoradas, rosadas, esgotadas por un sol radiante. David Núñez (1ª BAC. A)
Dor é vida, é maxia, liberdade de sentir, forza dos nosos parentes. Sheila Núñez (2º ESO B)
24
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
25
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
Era o neno, o rapaz Minúsculo. Mario Rodríguez (1ª BAC. A)
Ten o amor, a mente temperada co simple vento das nubes lonxanas. Agarimoso corazón, comezando ben ou mal, morrendo coas cousas do último amor. Patricia Lázara (1ª BAC. B)
26
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
27
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
28
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
29
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
30
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15
31
II CONCURSO DE ESOPÍAS PINTOR COLMEIRO 2014/15