[π]
[IES PINTOR COLMEIRO]
[CONCURSO DE ESOPÍASDOCUMENTO]
[ENDL. Departamento de matemáticas] | 2014
Esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π. Por primeira vez, e en vista do éxito que tivera noutros centros o concurso de esopías, decidímonos a mergullarnos nel colaborando conxuntamente o Equipo de Normalización Lingüística e o Departamento de Matemáticas co fin de demostrar, unha vez máis, que a lingua galega e os números fan boa compañía. O resultado foi sorprendente. Tanto que decidimos editar esta escolma coas 22 esopías que máis nos chamaron a atención e que son unha boa mostra das dificultades que tivo o xurado para escoller aos premiados. Calquera das creacións que se poden ver aquí é merecedora do noso recoñecemento. ENDL+Departamento de Matemáticas IES Pintor Colmeiro
Son o mito, o fogar acolledor, os berros feros; voz veraz, palabras olvidadas, romance enmeigado, son de lúa, inmortal soño: lingua de utopía pura. David Cabaleiro Otero (3ºB) Gañador do concurso do instituto
Vou á cama e durmo, tranquila. Os ventos calan sen razón. Silencio alarmante. Síntome esquecida, soa na Lúa. Fantasía, soño, engano de agonía cega. David Cabaleiro Otero (3ºB) Gañador do II Concurso de Esopías Edubarrié-Agapema na categoría 2º ciclo ESO-Bacharelato
Son e eran e serán edificios do pasado, deses que viven atónitos, ancorados, tristes, avellados. Son os que argallan sons cansos do eterno gris Álvaro Villar Ferreiro (4ºA) Finalista do concurso do instituto
Voz e mito, e corpo iluminado de divino trazo. Ela, nobre Afrodita encarnada. Sensual, encantada por un día infinito. Risa alegre de beleza pura. Silvia Escuredo Ramos (3ºB) Finalista do concurso do instituto
Non é vida, é loita. Expresión de desexo fugaz. Alá sinto tristura, desacougo, loucura sufocante. Iso ao mar silencia, mata beleza do fráxil luar. Juan ares Pérez (3ºB) Finalista do concurso do instituto
Eva e Adán. A serpe incitando ao pecado, orixe das penas, aplicada sentencia, castigo celestial, seo do mal. Desterro, mazá, pecado do xardín. Edén. Mariña Castro Fontao (3ºB) Finalista do concurso do instituto
Que é medo? O voraz devorador de febles almas, sen valor. Compañía tenebrosa, maldita, enmeigada… Ira de dor inmortal, fero alento de engano nato. David Cabaleiro Otero (3ºB)
Ven, e sube, e baixa estrañado. Ti posúes pezas que nunca destapas, custodias valores infinitos. Ser de fin ficticio, alma franca: un simple reto. David Cabaleiro Otero (3ºB)
Ela é coma a noite: estrelada no espazo, suave con doces caricias; intrépida, fermosa, solidaria… non, si, non, indecisa, unha muller de moitos anos… Lucrecia Balagué Blanco (4º A)
Era a risa a única lembranza do camiño, agora esa viaxe rematara. Asombrado recorda problema que xa non lembrará máis. Camiño da máxica vida. Nicolás (3ºA)
Vou ó lago e atopo vagalumes na cálida noite. Era verán. Xornadas perfectas, prácido escenario nas ás dos insectos como música do solpor. Carla Filloy (3ºB)
Ven e soña, e vanse olvidadas na cálida noite. Hai doces estrelas camiñando, escuras trevoadas que ti ves exhausta, ceos negros no último bico. Cintia Ansemil Mariño (3ºB)
Ían a casa e viron maltratos de xénero nunha das casas. Pensaron denunciar aqueles maltratos que el non soportou máis, martes el acabou todo. Martín Villar (4ºA)
Son o lume, o monte derrubado, un triste mundo que quere esquecer olvidadas linguas. Dubidades que si, son fermosas esas terras da Galiza nosa? Rebeca Mª García Fernández (3ºA)
Alí é onde a xente pensativa da cabana vivía sen temor. Pequenos tormentos corrían temerosos ata el sen coñecelo. Onde sempre se xuntan eles. Mª Teresa Rodríguez Igleisas (3ºA)
Foi e será a terra, orgullosa do galego. Cando nos vexan sentirán fermosura, alegría, elegancia por me ver expresar esta viveza de grande amor. Iago Fernández Brey (4ºA)
Ven e mira o tempo abrasador de agosto. Xeada nas casas, estradas adoecidas… prendas coloridas nas ás dos colibrís, unha mirada da árbore viva. Uxía Mosquera Castro (4ºB)
Xan, a nena e Marta marcharon do parque cando era noite. Quentaba moitísimo, rompían lóstregos por un ceo grisáceo coma cinzas de branda leña. Noelia Soto Igleisas (3ºA)
Que é amor?. O aroma agradable do alegre mundo das almas xemelgas. Perfectas persoas namoradas por un mar precioso onde mareas só forman unha. Minerva Malho González (3ºB)
Teo e Rosa e Román estudaron un refrán fácil con axuda familiar. Empezaron comendo. Estudaron que un oso asasinou unha raposa de cabelo roxo. Bánicá María Izabela (3ºA)
Son o pobo e berro altamente os ideais, berro que chego animando duramente cultura, linguaxes que en nós reclaman vida propia da casiña nosa. Belén Ansedes Cornado (3ºB)
Nai, a doce, a raíña agradable de moita scores con ollos fermosos, luminosos. Alesandra Isabel Bazán Casanova (3ºB)