Eu son… IES Pintor Colmeiro O alumnado de 1º e 2º da ESO recolleu as historias de antepasados da súa familia co obxectivo de profundizar na súa identidade. Curso 2015-2016
Equipo de Normalización Lingüística IES Pintor Colmeiro Curso 2015-2016
Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di, un ninguén. E, ademáis, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesar do que lle aconteceu por causa miña. Así comenza Memorias dun neno labrego, da autoría de Neira Vilas. No libro Balbino conta en primeira persoa as súas vivencias, explica, en definitiva, quen é. Recollendo este argumento quixemos profundizar en quen somos nós, e para isto cómpre saber de onde vimos, quen son os nosos antepasados. É seguro que os nosos avós e bisavós poden recoñecerse na historia de Balbino. Eles vivían en galego, coñecían o territorio que habitaban, as súas lendas e tradicións. Mais tamén sofriron unha educación de facía desprezo de todo isto. Velaí a razón de que tamén se forxara unha fenda xeneracional que oculta a nosa identidade, promove prexuízos e abona o campo para o abandono da lingua da terra. Profundizando en quen eran os nosos devanceiros, nas súas expresións e vivencias, estamos reforzando a nosa identidade como galegos e dando un paso cara ao reforzo do compromiso coa nosa lingua. Con este traballo pretendemos abrir unha porta á reflexión sobre o que hai en nós de Balbino e o que temos de Manolito, pois canto máis teñamos do primeiro e menos do segundo, máis falsa será a afirmación do principio (eu son un ninguén)
Queremos agradecer ás familias a colaboración prestada tanto na recollida da información oral como na dos documentos Equipo de Normalización do IES Pintor Colmeiro
Páxina
1
Xuño 2016
Eu son…Pepe, un rapaz de aldea. Nacín en Camanzo nunha aldea de Vila de Cruces. Era de familia pobre e numerosa. Tiña tres irmáns e unha irmá, sen contarme a min. A casa era nosa, pero moi antiga e pequena, só tiña tres cuartos eunha cociña. Para alumar utilizábamos candís e para bañarnos iamos ao río. Todos os días iamos coidar as terras e os animais. Para traer cartos á casa meu pai ía ao xornal e miña nai vender produtos á feira. Á escola iamos de noite e non sempre, só había unha mestra. Eu era bastante listo e aprendía rápido. Ao saír da escola iamos todos xuntos, cantando e aturuxando. Nos tempos da Guerra Civil aos roxos maltratábanos e ata chegaban a matalos. Recordo que meu pai me contara que a un veciño o levaran preso. Nese tempo el colleu a pleure. Tamén me contaron que daquela eran os curas quen mandaban. Cando coñecín á miña muller eu Nunha festa, primeiro pola dereita xa tiña 20 anos, pero ela aínda era una rapaza. A primeira vez que nos vimos foi nunha das festas da aldea. Mentres bailabamos díxenlle que algún día ía ser a miña muller, e así foi. Nas festas sacabamos a bailar ás mozas, como era un mozo ben feito bailábanme todas.
Páxina
2
Recollido por Nerea Araújo González (1ºA)
Eu son… Delia, unha rapaza de aldea,máis pobre que rica. Nacín no ano 1935 munha aldea de Galicia chamada Taboada. A miña crianza foi difícil,coma a de moita xente nesa época.Os meus pais non tiñan terras propias,polo que non podiamos permitirnos ter roupa nova sempre. Cando era nena ía á escola, que era moi pobre, e que hoxe en día é o vello videoclub de Taboada.
Delia
Eu podía ir todos os días á escola, pero ao saír ía chamarlle as vacas a una veciña e pagábame unha mísera peseta.
Cando cumprín os once anos marchei, obrigada polos meus país, a Santiago, para a casa da miña irmá.Alí vivía cos seus fillos e eu coidaba deles e facíalles a comida mentres ela ía traballar de barredora.O trato que tivo cos meus pais era que me tiña que mandar á escola e comprarme roupa, pero non o cumpriu. Cando fixen os 20 anos decidín emigrar, voluntariamente, a Venezuela.Alí atopei un mozo co que casei.Eu traballei de cociñeira e el de chofer nunha casa moi rica.
Páxina
3
Recollido por Álex Calviño Rodríguez (1ºA)
Eu son… Edelmiro. Un rapaz da aldea,nin moi rico, nin moi pobre. Vivía nunha casa tradicional galega: unha cociña con lareira,unha artesa,ao lado tiñamos a corte das vacas e dos porcos, arriba tiñamos dous cuartos que estaban enriba das cortes. Meu avó traballaba na madeira e na casa tiñamos dúas vacas e dous porcos. Compartiamos o pozo da auga cos vecinos, xa que non había auga corrente. Non había estradas, pero si había camiños e congostras. Cando queriamos leite ou pan tiñamos que ir a un sitio, a onde ían os panadeiros e os leiteiros vender o produto, chamado:“Car de Reis”. Non tiñamos coche, tiñamos un carro tirado das vacas; acórdome un día que iamos buscar herba para as vacas, cando nun abrir e pechar de ollos caín aos pes delas. Fun á escola só 5 anos, xa que lles tiña que axudar a miña nai e a meu pai a sachar a leira.
Páxina
4
Recollido por Noor Chaitany Alamancos (1ºA)
Eu son… Carme García, unha muller pobre, de aldea. Eu era unha muller nova, de trinta e sete anos, que estaba namorada dun home da aldea de Escuadro. Queriamos casar, pero non tiñamos diñeiro; pero era igual, estabamos decididos a casarnos e como non tiñamos roupa para a cerimonia decidimos pedírllela prestada a uns veciños da aldea, e por fin, casamos. Foi unha cerimonia íntima, pero moi bonita. Como a casa dos meus pais era pequena decidimos irnos vivir a Bilbao, fomos nun barco, ao principio custounos reunir o diñeiro para os boletos, pero conseguímolo. Cando chegamos o primeiro que fixemos foi buscar un sitio onde durmir, pero todo era moi caro e nós só tiñamos unhas poucas prendas.A primeira noite tivémola que pasar na rúa, con moito frío. Cando amenceu, Afonso(o meu home), decidiu ir buscar traballo, buscou todo o día ata que lle deron traballo nunha mina. Co diñeiro que gañou puidemos encontrar un sitio onde durmir. Era pequeño, pero valíanos. Uns días despois eu conseguín emprego como costureira nunha pequena empresa. Como no sitio onde viviamos facía moito frío eu quería comprar unha manta que neses tempos estaba de moda, pero era moi cara; así que decidín tecela, saíume moi ben e ata o día de hoxe consérvoa porque me recorda o que tiven que pasar para sobrevivir.
Páxina
5
Recollido por Aminata Mbaye (1ºA)
Eu son...Josefa, unha nena que nacín, medrei e vivín na aldea dePiñeiro, no lugar de Basteiros. Eramos catro irmáns, treshomes e eu, a única muller. Pola mañá levantábame cedo para ir á escola. Eu tiven asorte de poder ir, pois non todos os rapaces podían facelo xaque na aldea había traballo arreo. Ao rematar ía para acasa, tiña que coidar dun irmán pequeno mentres meus país ían facer os labores do campo. Eu collía ao irmán eía para a cama con el e pechaba as portas porque tiña medoe durmiamos os dous ata que chegaban meus pais. Cando era a recollida do trigo e do centeo os maiores íansegar e os rapaces e rapazas xuntar aos monllos para facero palleiro e despois facíase a malla. Fun ao xornal a sacharo millo e pagábanme 5 ptas. e viña moi leda cos cartos no peto. Cando era máis grande fun aprender a coser, bordar...Fun ao wolfram a Brea (Fontao). No verán iamosao lugar de Ximonde, pola noite, con candeas, buscar ondenacía a auga dunha mina que había alí.
Páxina
Recollido por Anxo Domínguez Troitiño
6
Foron tempos durosnos que houbo miseria e as cousas non eran doadas, perotamén teño moi bos recordos.
Eu son…Josefa, unha rapaza de aldea. Nacín no lugar de Costoia (Fiestras), o día 24 de agosto de 1929. Meus pais, Xosé e Encarnación, tiveron outra filla chamada María. Fun á escola da parroquia, pero non todos os días, a causa dos labores do fogar. Un deles era coidar as vacas. Normalmente na miña casa comíase bacallau, carne de porco, touciño ou uns poucos chourizos que non se vendían. Os xamóns dos porcos e os lacónslevábanse ás feiras para vendelos e comprar aceite e peixe. Na aldea cocíase pan no forno da casa,cada 8 ou 15 días, para todos os veciños. Na miña época de rapaza durmíase en camas nas que o somier era de arames e o colchón de carochas de millo. Os baños,antigamente, eran denominados “trapas”, e consistían nun burato arredondado ou cadrado cortado na madeira, o cal ía parar á corte das vacas. Un día que fun ao monte levei o carro coas vacas e ao pasar por riba dunha pedra volcou, outro día ía sentada na grade afalándolles as vacas cunha vara, nese momento rompeulle o solillo e quedou no medio da leira, e así escapáronme as vacas.
Páxina
7
Recollido por Sheila Gómez Rozados (1ºA)
Eu son…. Rosario, unha rapaza de aldea. A abundancia máis grande que tiñamos era de pan e leite. Aos seis anos empecei na escola, alí foi onde aprendín a ler, escribir, a coser e a rezar o rosario; fun ata os 14 anos, e foi a primeira vez que houbo o graduado escolar. No colexio pasámolo moi mal porque a profesora castigábanos moito. Poñíanos de xeonllos cun libro en cada man ata saber as preguntas e para aprender a raíz cadrada botei unha semana de cara á parede. A nosa vida na aldea era de pobres,viviamos dos animais,antes de ir ao colexio iamos coas vacas e a volta tamén iamos para o monte coas vacas e coas ovellas e había que reparar das ovellas porque as comía o lobo. Despois de saír da escola fun aprender a coser,para traballar facendo pantalóns,para axudar na casa a vivir,así foi ata os 21 anos. Despois xa foi cando casei. O meu home marchou para o cuartel e eu seguín traballando facendo pantalóns e mais atendendo a casa.
Páxina
8
Recollido por Samuel Iglesias Alonso (1ºA)
Eu son… Julia, unha rapaza de aldea. A miña vida non foi nada sinxela, a única excursión que fixen foi ir a A Coruña cos veciños da aldea. O resto dos días da miña vida foron case iguais, todos os días ía coas vacas antes de ir ao colexio. Fixen unha obra de teatro cos compañeiros e máis coa profesora,que poñía poucas contas e facía moitos teatros. Daquela pasámolo moi ben con todo, cos ensaios e mais cos resultados deses ensaios, a época máis bonita da miña vida. Na comuñón
O que faciamos os domingos era ir á misa eao catecismo,cousa que agora facedes pouco!
Un día ía camiñando coas vacas e mais cuns años, nese día ocurriu algo que nunca esquecerei, ocurriu que, eu estaba camiñando tranquilamente e…pum! Un lobo apareceu diante miña, tería 7 ou 8 anos e, como era evidente,botei a correr ata chegar á casa. A trasnada máis grande que fixen foi ensinar a cotar a un carneiro, tiveron que véndelo, xa que non paraba de cotar aos demais. Con 19 anos marchei a Francia, alí nun centro galego coñecín ao meu marido que é este que vedes nas fotos.Casamos en Grava sen ningún problema. Pepe, o meu marido
Páxina
9
Recollido por Cristian Mella Hermida (1ºA)
Eu son… Luísa. Unha nena de aldea. Nacín en 1928, en Oines, Arzúa (A Coruña). O meu pai chamábase Andrés e a miña nai Asunción. Eran agricultores. Tiven 7 irmáns (3 homes e 4 mulleres). Quédame viva unha irmá.
Luísa
Aos seis anos empecei a escola. Era unha casa con poucos mobles, na parte de arriba vivía a profesora e a planta baixa era unha aula para todos os nenos e nenas.Había bancos unidos ás mesas, para dous ou catro alumnos . As mesas tiña un burato e un tinteiro. Os maiores escribían con plumas e tinta e os pequenos con pizarras. A mestra queríame moito. Despois da escola quedábame con ela, ensinábame a coser e facer punto.
Eu quería ser mestra, pero como vivía nunha aldea non podía ir todos os días a Santiago. Aos catorce anos saín da escola e fun a Santiago a aprender corte nunha academia na rúa Carretas. Dicían que cosía moi ben. O meu pai comproume unha máquina que se lle daba á roda coa man e levábase na cabeza dun lugar a outro. Cosía polas casas cunha curmá. Así gañei os primeiros cartos. Aos dezaseis anos cobrabamos dez pesetas cada día por coser para todos os que vivían nunha casa. Daquela non había discotecas, a xente ía ás romarías camiñando, algúns mozos presumidos que tiñan unha besta levábana. Se unha moza saía dunha festa montada nunha sentíase importante. Cando a un mozo lle gustaba unha moza invitábaa a dar un paseo para falar. Cando coñecín ao que ía ser o meu marido gustoume porque era moi educado e sempre chegaba cos zapatos limpos cando me visitaba na miña casa, aínda que atravesaba o monte con barro. Contoume que o conseguira porque levaba dous pares.
Páxina
10
Casei aos vinte e un anos. Houbo unha festa moi grande. Os padriños e parentes almorzamos na miña casa, logo fomos á igrexa. Despois da voda, todos fomos andando á romaría de Santa Cruz de Maio, en Baiobre. Levábanse unhas cestas coa comida que se compartía. Alí estivemos ata a noite. Tamén había baile. A cea foi na casa do noivo .
Ao día seguinte marchamos ao Bierzo (León) porque o meu home, Xosé, que era ferroviario, tiña que traballar na renovación da vía dos ferrocarrís. A nosa primeira casa era unha habitación con dereito a cociña. Eu seguía cosendo na casa para fóra. Tivemos que cambiar de residencia varias veces debido á ocupación do meu home. Estivemos en Bembibre, Porqueros, Astorga, Rairos, Taboadela,Taboada e en Santa Cruz de Rivadulla. Alí quedámonos finalmente, xa que ao estar preto de Santiago, os fillos podían estudar e ir á universidade. Xosé morreu aos setenta e un anos. Tivemos trece fillos. Sempre confiei en que coa axuda de Deus os sacariamos adiante. Todos estudaron e teñen saúde. Cando hai unha festa xuntámonos. Agora teño oitenta e sete anos, de cabeza estou ben, pero as pernas fállanme.
Páxina
11
Recollido por David Castillo Abel (1ºB)
Eu son… Marisol, unha nena de aldea. Nacín en Millerada(Forcarei), no ano 1960. Meus pais traballaban no campo e a min metíanme nunha cesta coa miña cadeliña branca,chamada Lúa, para poder realizar as tarefas do campo. A medida que fun medrando, fun axudando, ademais era unha nena que me gustaba moito aprender dos demais. Con 7 anos, meu pai aprendeume a calcetar e con 11, por diversas circunstancias, comecei a arar co arado de ferro para poder botar patacas e millo e así obter comida. Máis adiante, con 13 anos, atopei ó que sería o amor da miña vida,tiña 9 anos máis ca min e era panadeiro de profesión. O 26 de agosto de 1974 saín coller o pan e atopeime con el. Foi un amor a primeira vista,coma eses que xorden nas películas románticas. O 30 de xaneiro de 1975 casamos. Un mes despois de cumprir 15 anos tiven á miña primeira e única filla.Resultábame difícil compaxinar o traballo da panadería cos coidados que un bebé necesitaba; ademais perdín a miña nai a causa dun infarto á idade de 49 ano. Non puiden disfrutar de todos os anos que me gustaría ó seu carón xa que tras o meu casamento marchei vivir á casa do meu home. Perder unha nai é moi duro,as persoas que máis queres sempre soen irse cando máis as precisas.
Páxina
O tempo fíxome ser unha persoa forte á que non lle asustaba ningún tipo de dificultade. Pouco a pouco funme gañando a calor e o cariño daquela xente que para min era descoñecida. Pasaron os anos e a miña filla decidiu casar á idade de 17 anos, tanto o meu marido coma min decidimos non opoñernos a tal decisión, apoiámola en todo o que puidemos.
12
Resultoume difícil adaptarme debido á miña curta idade, a unha casa de fóra na que semellaba que todos estaban na miña contra xa que aínda era unha nena á cal se lle atribuían os traballos e responsabilidades dunha persoa adulta. O tempo fixo que tivese que ter os dedos de fronte que probablemente outras rapazas da miña idade non tiñan. Tiven que loitar contra vento e marea.
O meu xenro tiña tres irmáns e visto que a miña filla era única veuse a vivir á nosa casa e foi tamén un traballador máis da panadaría.
Marisol: segunda pola esquerda
Xusto tres anos despois, no ano 1996, sucedeu outro milagro da vida, naceu a miña primeira neta, producíndome unha inmensa felicidade. Contaba con só 35 anos e recibín a noticia de que sería a súa madriña. Naceu prematura, cando a fun ver era moi pequeniña,pero sempre souben que sería a nena dos meus ollos. Pero esta non sería a miña única neta; 8 anos despois naceu María,unha nena moi
rideira e con ollos lagarteiros. Dende logo, non todo é felicidade, un cancro de páncreas arrasou a vida da miña sogra. Din que as desgrazas nunca veñen soas, por se iso non fora pouco, 4 meses despois a morte levouse ó meu sogro, enfermo de alzheimer, xusto o día en que a miña neta máis pequena cumpría 3 anos. Novamente 5 meses despois sufrín a noticia da separación da miña filla e o pai das miñas netas. Pouco despois, o meu marido enfrontouse a un tumor na gorxa, a pesar da radio e a quimioterapia que recibiu as células multiplicáronse con tanta rapidez que alteraron o funcionamento de diversos órganos estendendo o cancro en practicamente todo o corpo. Ningunha das medidas levadas a cabo lograron ter éxito, soamente alongaron tres anos máis o sufrimento. Foi aí cando me din conta de que a sorte é un factor tan importante que incluso debe acompañarte o propio día da túa morte. Foron momentos terribles nos que,en tan pouco tempo, un nin sequera sabe como afrontar. O tempo vai curando as feridas, facendo que cada vez causen menos dor, aínda que dende logo, os recordos permanecerán. Quizais moitas veces sexa cuestión de paciencia, de aceptar a realidade tal e como se presenta, sen pararse a pensar un triste e miserable porqué do que poucas veces se obten resposta.
Recollido por María Couto Núñez (1ºB)
Páxina
13
Agradézolle a Deus por premiarme con todas aquelas cousas boas que apareceron no meu camiño, dunha maneira ou doutra, contrarrestran as malas, incluíndo as peores que alguén poida imaxinarse. Sempre me gustou conformarme e non mirar a esas persoas que están mellor, xa que outras, atoparanse en peores condicións ca min.
Eu son... Perfecta,
Perfecta e Manuel
unha nena de aldea. Nacín o 9 de agosto do ano 1936 , ano no que comezou a Guerra Civil española. O meu lugar de nacemento foi Narcellas, unha pequena aldea de Forcarei con apenas 10 casas.
Son a terceira de catro irmás e somos fillas de María Rosa e Desiderio. Meus pais dedicábanse á labranza e de aí que eu me críase entre animais e natureza. Iamos á escola a unha aldea próxima, San Bartolomeo, xa que na nosa non había. Para ir á escola tiñamos que levantarnos cedo porque nos quedaba lonxe. Eu ía á escola coas miñas curmás e irmás, debido a que meus pais non podían acompañarme porque tiñan que quedar na casa facendo os labores propios da agricultura. Daquela andar soas polas rúas non supoñía ningún perigo, xa que as aldeas estaban cheas de xente que nos coñecía. Polas tardes, ao volver da escola, tiñamos que axudarlles aos nosos pais a atender aos animais. Despois tocábanos facer os deberes da escola aínda que estivésemos cansas de traballar. Cando tiñamos tempo xuntabámonos Perfecta e Manuel coa súa filla tódolos rapaces e rapazas da aldea para xogar. Naqueles tempos as aldeas, por pequenas que fosen, estaban cheas de cativos que xogaban polas rúas sen necesidade de xoguetes caros e modernos.
Páxina
Aos doce anos meus pais decidiron que aprendese a coser e mandáronme á casa dunha boa modista na aldea do Castro. Antigamente a xente prefería facer a roupa antes que mercala, porque lle saía máis barato. Así as modistas e xastres tiñan moito
14
No verán xuntabámonos todos os veciños e iamos as festas das aldeas do arredor. Como non había coches tiñamos que ir a pé e aproveitabamos para ir contando historias. Eran épocas nas que había moito traballo, pero tamén eran tempos nos que a xente se divertía moito e sempre tiñan tempo para estar uns con outros. Agora é cando máis boto en falta iso, xa que cada un está na súa casa e os veciños botan semanas sen verse.
traballo. Cando xa aprendera a coser meus pais compráranme unha máquina e comecei a traballar. Primeiro ía polas casas dos veciños e despois era a xente a que viña á miña casa para que lle fixese a roupa. Grazas a isto comecei a gañar os meus primeiros cartos. No 1962 casei con Manuel, un mozo da aldea de Pedrouzo, co que tiven unha filla chamada Mercedes no 1966. De alí a uns En Inglaterra anos, no 1969, emigramos a Inglaterra, onde estivemos catro anos. Cando volvemos á nosa terra, fixemos unha casa en Graba na que agora vivo coa miña filla e a miña neta.
Páxina
15
Recollido por Claudia Gómez Rozados (1ºB)
Eu son…Celsa. Xa son avoa, pero tamén fun nena de aldea, dunha aldea das Rías Baixas, pero eu non ía ó marisco, na miña aldea predominaban as tarefas agrícolas; había que ir cos animais ó pasto, coller herba, coller millo, patacas e outras tarefas agrícolas de pequena importancia. Quen facía iso? A nena! Son orfa de pai, a quen non coñecín porque morreu loitando na Guerra Civil cando eu tiña dous anos e meu irmán sete meses, así que miña nai quedou con dous cativos e moito traballo, por iso había que axudar arreo. Celsa
O que miña nai non nos escatimou foi a escola, unha escola na que eramos máis de oitenta alumnas, e na que a xeografía se aprendía cantando en alto: cabos, golfos, ríos etc., pero aínda hoxe o recordo tal cual. Non me gustaba nada traballar no campo, por iso en canto tiven a oportunidade de estudar non o dubidei, choreille a miña nai para que me deixara ir ó colexio; aínda así cando había vacacións eu tiña que botar unha man nas faenas agrícolas.
Antonio, Celsa, Elvira e Mª Jesús
Páxina
Caseime con trinta e catro anos e daquela vivía nunha casa escola, en Castrelo, no concello de Cambados, con miña nai e as miñas fillas xa que o meu marido traballaba no Banco Pastor en Bandeira e só o viamos as fins de semana. Na planta de arriba da casa estabamos nós, e na de abaixo dáballe clase aos nenos e nenas de por alí. Ao ter as miñas fillas oito e nove anos, viñemos vivir a Bandeira, xunto ao meu marido. Fai trece anos, el faleceu dun ataque ao corazón,
16
Fixen maxisterio e adiqueime a inculcar ós meus alumnos/as as gañas por aprender, animándoos a eles e aos seus pais para que os puxeran a estudar no caso de que puideran económicamente, aínda que fora facendo un grande esforzo, cousa que me agradeceron, pois esas insistencias deron o seu froito e hoxe teñen unha carreira da que viven.
deixándonos a todos nós e a unha neta de sete meses. A día de hoxe, sigo vivindo aquí, nun pobo precioso e cunha moi boa familia. Se boto unha mirada á miña nenez atópoa feliz, xogabamos moito polo campo, eramos libres coma os paxariños e mesmo cando argallabamos as tarefas disfrutabamos correndo ó aire libre. Teño moitas anécdotas das miñas andainas infantís que me ocasionaron algún que outro coscorrón e castigo, pero tamén iso forma parte da vida, dunha vida que lembro con agarimo.
Casamento de Celsa
Páxina
17
Recollido por Mariña López Rodríguez (1ºB)
Eu son… Luísa. Nacín nunha aldea preto de Silleda chamada Rellas, fai 73 anos. Alí pasei a miña infancia co meu irmán e os meus pais. Na miña familia eran labregos e tiñamos que esforzarnos moito para saír adiante. Con tan só sete anos iamos levar ás vacas ao prado para que pastaranalí. Recordo que xogabamos mentres estabamos coas vacas, con outros nenos veciños, con xoguetes fabricados por nós: á roda, bonecas de cartón, carros feitos con nabos, etc... Tiñamos que axudar na casa coas tarefas do fogar e mais coas do campo. Fun á escola cando tiña once anos e aprendín o básico para saír adiante. Con Luísa
quince anos fun aprender a coser. A pesar de todos os esforzos que tivemos que pasar e toda a miseria que había naquela época teño uns gratos recordos da miña infancia. Podo dicir que fun unha nena feliz e con moita sorte. Antes na aldea había moitos nenos cos que poder xogar e a pesar de ter que axudar e traballar, divertiámonos moito. Recordo uns ratos moi agradables coa miña curmá e amiga Isabel e coa miña amiga Aurora. Con ellas xogaba os ratos que tiñamos libres; pasabámolo moi ben. Síntome unha priviliexiada porque me ensinaron a traballar e a esforzarme para saír adiante. Débolles moito aos meus pais por iso e estoulles moi agradecida. Recordo que estaba na casa da miña tía e viñéronme a buscar as miñas amigas para ir á festa do San Martiño da miña parroquia, antes de ir fun onda meu pai a pedirlle que me deixase ir por medo a que despois me berrara.
Páxina
Recollido por Pablo Mosquera González (1ºB)
18
Despois fomos todas xuntas andando e íamos cantando polo camiño que nos levaba á festa. Na festa tocaban os gaiteiros e nós bailabamos unhas coas outras e cos mozos alí había.
Eu son…Concha, unha nena de aldea e nacín en Breixa (Silleda) o 6 de maio de 1930. Son a segunda de 5 irmáns, e vivín na aldea dende que nacín ata os 9 anos. Ía á escola a Ansemil, a 2 km de distancia, pasaba polo medio dunha gran leira de millo, e recordo as follas dándome na cara. Ía coas vacas e axudaba a miña nai a recoller verdura e herba para os animais. Viñamos ás feiras. Calzaba zocos. Estiven ata os 10 anos vivindo en Breixa. Logo, fomos vivir a Silleda porque meus pais tiñan unha casa de comidas. Máis tarde meu pai montou unha fábrica de gasosas e eu tiña que axudalo. Na casa tiñamos galiñas, porcos e unha egua chamada Rubia. Dende Silleda ía na egua ata un muíño que se atopaba en Breixa. Vivín a guerra moi mal, recordo que non había azucre, aceite...había soamente patacas, se as plantabas. Requisaban os porcos, para matalos e que non berraran dábanlles primeiro un golpe na cabeza xa que se se escoitaban viñan homes armados e levábanos, dicían que era para a fronte. Recordo unha cartilla de racionamento e tamén que cociamos o pan na casa. Un pan negro, de centeo e millo. Había moita xente en Silleda e pasabamos moito medo. A guerra foi terrible, veciños contra veciños. Aos 11 anos tiven que marchar a Santiago, ao instituto Rosalía de Castro e volvía á casa algunhas fins de semana. Nese tempo boteime un mozo moi guapo, casei con el e tivemos 10 fillos. Agora teño 17 netos e 5 bisnetos.
Páxina
19
Recollido por Lía Pérez Fernández (1ºB)
Eu son… Cisco, un rapaz de aldea... Tiven unha familia normal, meu pai era xastre e miña nai traballaba no servizo doméstico. Nacín no pobo de Moaña, na parroquia de San Martiño. Durante os primeiros oito anos da miña vida tiven unha infancia moi felíz. A partir dos nove anos viñeron os problemas derivados da Guerra Civil: a escaseza, a pobreza e a xente xa non podía comprar os traxes dos que viviamos nós. Eu tiven que ir pedir peixes para sobrevivir polas lonxas de Moaña e Vigo e miña nai tivo que ir gañar o xornal ao campo e ao monte. Como os problemas económicos e a convivencia dos meus pais era moi difícil, optaron por separarse. Meu pai quedou só, e miña nai, meu irmán e eu fomos para a casa dos meus avós. Transcorridos os anos, eu con 11 anos comecei a traballar na pesca(a do” boliche” e a do “cerco” ou “adora”).
Francisco, Chelo, Marichelo e Cisco
Páxina
Xogabamos ao fútbol cunha pelota de trapo, ata que fixemos unha colecta e mercamos entre os compañeiros unha pelota de goma. Tan encariñados estabamos con ese balón que por quendas durmiamos con el. Como anécdota: un día o cura de San Martiño roubounos a pelota, pero grazas a un compañeiro que lla quitou das mans recuperámola.
20
A situación económica mellorou e miña nai comezou a construír unha casiña. A auga quentábase cunha pota na lareira para bañarnos.
Xa con 17 anos traballei nos barcos de pesca dedicados ao bonito e a castañeta. Pescábase con cordel. Aos 20 anos fun ao servizo militar obrigatorio, que duraba 2 anos. Alí xoguei ao fútbol nun equipo de terceira división de Ferrol. Máis tarde, cun billete de tren e co pasaporte na man, funme cun íntimo compañeiro para Holanda(Países Baixos) a traballar na mercante holandesa. Alí estiven traballando 14 anos. Neste intervalo de tempo, con moitas dificultades, namorei e casei coa miña muller. Casamos no ano 1964 e dese matrimonio naceron tres fillos, un deles é o pai do meu neto Xián. Despois de coñecer portos de 4 continentes, regresei a Moaña e comecei a traballar de patrón de tráfico interior nas embarcacións que fan a travesía Vigo, Cangas, Cíes e Moaña. No ano 1979 tiven a honra de formar parte do primeiro goberno democrático do concello de Moaña. Exercín de concelleiro 8 anos. Aos 52 anos fun á pesca do bacallau embarcando no porto de Pasaxes, no País Vasco. Con 57 anos xubileime e dediqueime a vivir coa miña familia gozando da vida, ata a data en que relato esta historia con 72 anos.
Páxina
21
Recollido por Xián Suárez Ripoll (1ºB)
Nieves na escola
Eu son… Nieves, unha nena de aldea.
Tamén o pasabamos ben no monte
Páxina
Tiñamos terras nas que botabamos patacas, millo, trigo...E tiñamos un forno no que se cocía, que nunca pasamos gana de pan.
22
Os recordos que teño de cando era nena son moi distintos dos que podedes ter agora, pero vouche contar algo por encima. Son a segunda de cinco irmáns. Con só nove anos morreu meu pai, despois de vir da guerra e botar un tempo moi enfermo. Foron tempos moi difíciles; non tiñamos roupa, andabamos remendados e aproveitando uns irmáns a roupa dos outros, pasando frío e como se podía. Tiñamos que ir coas vacas ao monte, carrexar feixes de herba ao lombo dende bastante lonxe e medio descalzos por camiños de pedras, non había estradas coma as de hoxe nin tractores. Nós tiñamos seis ou sete vacas e un carro, pero en moitos sitios non entraba e por iso tiñamos que levar ao lombo as cousas.
cando iamos coas vacas, porque nos xuntabamos cos outros rapaces, apañabamos moras e machucabámolas cunha pedra e era o que moitas veces comiamos, que non había abundancia de comida coma agora. Fun pouco ao colexio porque sempre había que facer e como era muller non tiña tanto dereito a ir, pero cando podía ir aproveitaba para aprender todo o que podía. Aprendíase todo en castelán e non había cadernos coma agora, só había unhas pizarras pequenas.
Nieves cun palleiro onda a casa
Nos veráns, mentres todos durmían a sesta, ía aprender a coser, bordar, calcetar, facer sombreiros…A min gustábame moito aprender a facer cousas.
Cando fun sendo máis grande ía coa miña nai á feira, ela levaba os porcos para vender e eu aproveitaba para vender os cestos e sombreiros que facía, así axudaba a facer uns cartiños para a casa e algo gardábao para min. Nunha desas feiras coñecín ao meu home, antes moceábase nas feiras e nalgunha festa da redonda das que se podía ir, porque non había coches coma agora, tiñamos que ir andando a todos os lados. -Non che había colesterol coma agora! Logo dun tempo o meu mozo comprou unha bicicleta na que me viña ver e xa non tiña que vir andando, aínda que ás veces tiña que levábaa ao lombo polas costas que había, érache todo por camiños. Despois duns anos de mozos casamos, pero non che eran vodas como as de agora. Foi unha voda na casa, non había iso de ir con vestidos brancos, eu fun cun vestido que fixen eu moi bonito para aqueles tempos, pero un vestido normal.
Recollido por Sandra Raíño Núñez (1ºB)
Páxina
E pouco a pouco todo foi cambiando, compramos un cochiño e empezaron as cousas a ir mello, pero nunca coa abundancia de hoxe en día.
23
Ao día seguinte de casar marchamos para San Sebastián, pero non de lúa de mel, fomos traballar. Aforrabamos todo o que podiamos para comprar unha casa aquí en Galicia. Daquela foi cando tivemos os nosos fillos.
Pepe conducindo un autobús
Eu son… Pepe, un rapaz de aldea, nacín en San Miguel de Vilar no ano 1937. Cando eu era pequeno, mentres non ía á escola, fun vivir a Boqueixón coas miñas tías e a miña avoa á que lle había que dar a man porque tiña perlesía. Daquela tiña que ir levar as dúas vacas de miña tía pacer ao monte e preocuparme de que non se escaparan. Aos sete anos cando empecei a escola volvín a vivir cos meus pais e os meus cinco irmáns e foi entón cando empecei a facer amigos cos que xogaba á raíña, á estornela, a saltar á corda...Cando estaba só na casa tiña que xogar ao que faciamos eu ou os meus familiares. O noso regalo de reis era como moito unha peza de froita que nos deixaban nun prato, eu e os meus irmáns pelexabamos por poñer o noso prato nunha ventá rota para asegurarnos de que os reis nos deixaran algo.
Recollido por Breixo Rivas Fernández (1ºC)
Páxina
Con vinte e un anos tiven que ir á mili durante dezaseis anos. Os dezaseis anos que estiven nela paseino moi mal porque Pepe na comuñón dunha filla non podía ver á miña familia nin aos meus amigos, só lles podía enviar algunha que outra carta.
24
Aos catorce anos acabei a escola e fun para A Susana onde andei cun condutor da obra da estación de ferrocarril deSantiago ata Zamora, que ás veces me deixaba conducir .
Eu son… Ramona do Coto, unha nena de aldea. Nacín o 22 de abril de 1934. Meus pais chamábanse Andrés e Concepción; meu pai era xastre e a miña nai axudáballe coa costura. Estabamos en plena Guerra Civil e a única forma de manter o negocio familiar era grazas a uns parentes de Arxentina que nos mandaban fío e teas; aínda así, as necesidades eran moitas e a comida escaseaba. Con 6 anos comecei a escola en Cervaña, e recordo que á miña primeira mestra chamábanlle “A señorita Quina”. Eu xa traballei dende pequeña, xa con aqueles anos , ia cas vacas para o monte. Cando cumprin os 10 anos a miña nai morreu e tívome que criar meu pai. Cando íamos moer ao muíño a Lamela con 14 anos , coñecín ao que anos despois sería o meu home. O meu pai coidou de min e eu tiña que traballar a terra. Eu sempre fun unha moza que andei moi ben vestida, porque meu pai facíame a roupa. Tiven unha xuventude moi alegre unha vez por carnaval disfraceime coas miñas amigas de home e ninguén me coñeceu. Con 20 anos tiven uns cantos pretendentes, pero con 25 casei con aquel mozo de ollos azuis que coñecera no muíño, el é Xesús de Barreiro, casamos o 24 de outubro de 1959.Un ano despois tivemos a nosa primeira filla e anos despois xa eramos familia numerosa, 6 fillos! Agora vivo en Cervaña co meu home e temos 11 netos e unha bisneta. Aquí deíxovos unas cantas fotos miñas.
Páxina
25
Nesta fotografía eu son a do pelo longo a dereita ,iamos asi vestidas porque era o dia das flores e as nenas tiñamos que ir vestidas de branco
Aquí estou eu coas miñas amigas nunha voda. Son a primeira da esquerda
Eu son a da esquerda
Cunha amiga, eu son a da dereita
Páxina
26
Recollido por Paula Rosende López (1ºC)
Páxina
27
Manuela Colmeiro: de pé
Eu son… Manuela Colmeiro, unha rapaza de aldea. Nacín en Andamollo, parroquia de Santiso de Manduas, no ano 1925. Son a maior de 3 irmáns e a única muller. Fun á escola a Bandeira dende os 7 ata os 14 anos, alí estabamos separados en dúas clases, unha de homes e outra de mulleres. Na casa tiñamos vacas e ao chegar da escola axudaba a coidalas. Ao rematar a escola, con 15 anos, fun aprender a coser cunha costureira da Bandeira. Estiven sempre traballando na casa, cosendo, facendo o xantar… O meu irmán máis novo, Manuel, con 20 anos emigrou a Bos Aires porque meus tíos estaban alí. Traballou nunha fábrica. Veu visitarnos dúas veces e volveu para aquí cando tiña 65 anos. Á volta casouse coa súa moza, coa que xa tiña unha filla.
Páxina
28
Eu caseime con Antonio con 28 anos. Coñecémonos nunha festa en Lamela. Estivemos de mozos 7 anos, casamos na igrexa de Santiso, o banquete de mediodía foi na miña casa en Andamollo e a cea en Breixa na casa de Antonio. Eu xa me quedei alí a vivir e alí tivemos aos nosos catro fillos. Fixemos no ano 2005 cincuenta anos de casados, as vodas de ouro, e celebrámolo con toda a familia. Estivemos 55 anos casados, no 2010 Antonio morreu.
Pรกxina
29
Pรกxina
30
Recollido por Laura Santos Rey (1ยบC)
Eu son…Benito. Un neno de aldea. Nacín no 1933. Eu son o maior de dous irmáns. Meu pai traballaba nun serradoiro e miña nai na casa. Tiñamos vacas e ovellas. Cebabamos os porcos para matar e tamén algún polo. Tiñamos galiñas para os ovos e botabamos patacas, fabas, millo, trigo e centeo. Faciamos o pan na casa. Cociamos unha vez á semana. Coa la das ovellas faciamos colchóns, despois de lavala e secala. O leite das vacas tamén servía de alimento e os becerros vendiámolos na feira. A min gustábanme moito as papas, que era leite con fariña e un pouco azucre por riba. Nos invernos para quecer na cama, levabamos un ladrillo que quentabamos na cociña, envolviámolo nun trapo e metiámolo na cama. Na miña infancia fun á escola aprender a ler e a escribir cun profesor que nos daba nas uñas cunha vara cada vez que non sabiamos alguna cousa. Non ía todos os días, pois cando había que facer algún traballo na casa, como por exemplo chamar as vacas, non ía. Un traballo que me gustaba moito era ir co meu pai ao muíño para facer fariña co millo, trigo e centeo e ver como se movían as pedras coa forza da auga.
Páxina
A min gustábame moito ir coas vacas para aquel monte porque nunha parroquia do outro lado vivía una mociña que logo sería a miña muller. Para poder ir vela, dicíalle a una veciña un pouco máis pequena ca min que me coidara as vacas mentres eu ía vela;
31
Cando fun xa máis mociño xuntábame cos vecinos, tamén do meu tempo, e iamos coas vacas para o monte (cada un coas súas). Para pasar o tempo faciamos que pelexaran unhas coas outras para ver cal gañaba, pero un día unha vaca chegou á casa toda chea de sangue e os nosos pais cando cando souberon o que pasara botáronnos unha gran reprimenda.
tiña que ir e vir a toda présa.
Benito: segundo pola esquerda
O día máis triste da miña vida foi cando recibín a noticia de que tiña que ir facer a mili a África. Cando chegou o día preparei a maleta e alá me fun. Cando xa levaba alá algo máis dunha semana déronme a mellor noticia para min: tiña os pés planos e non valía para facer a mili, polo cal, volvín
para a casa todo contento. E con isto remato este pequeno resumo do que foi a miña vida.
Páxina
32
Recollido por Alba Senra Troitiño (1ºC)
Eu son… Avelino Villaverde Chamosa, un rapaz de aldea. Nacín no 1902, na Ponte, no concello de Forcarei e son da familia dos Villaverde da Ponte. Teño catro irmáns (dous varóns e dúas mulleres). Fun ao colexio, onde aprendín a ler e a escribir. Vivín cos meus pais ata que coñecín a Carme Villaverde, coa que co paso do tempo casei. Fomos vivir a unha casa-muíño en Forcarei, onde a xente nos pagaba por moer e algúns moían á maquía, é dicir, pagaban cunha porcentaxe de fariña. Alí tivemos tres fillos: un varón (Aquilino) e dúas mulleres (Carme e Vitoria). Non fun á guerra. Con trinta anos presenteime a alcalde de Forcarei, gañei, e estiven gobernando durante seis anos (1943-1949). Pasei os meus últimos anos na casa, coa miña muller e cos meus fillos.
Páxina
33
Recollido por Xabier Tato Pereiras (1ºC)
Eu son… Elías Guillermo Sánchez Valladares, un neno de aldea, e esta é a miña historia: Aló polo ano 1936, unha vez comezada a guerra, que aquí na nosa terra coñeceuse como “Guerra Civil”, foi cando chamaron a filas ó último reemplazo. O máis novo de todos. O meu. Contaba con dezasete anos de idade. Nin rapaz nin home aínda, tiven que deixar a miña casa para ir á fronte. Meu pai, Indalecio, quixo pagar mil pesetas das de aqueles tempos para que me destinaran a artillería e non a infantería, para protexerme, xa que non podía da guerra, sí do máis duro desta, que era estar en primeira liña de fogo. Díxenlle que non, pois miña nai estaba no cárcere no País Vasco, xunto con outros parentes, ademais dun irmán agochado na casa; todos acusados de comunistas. Os medios eran moi escasos e boa falta facían os poucos cartos que tiñan, así que lle dixen que non se preocupara… que o que ía ser sería. O meu primeiro destino foi a A Coruña. Comigo estaba un veciño e bo amigo dende rapaces, Antonio Gamallo, así que non me sentía só. Estabamos sempre xuntos… ata que chegou o momento de marchar a Barcelona. Fixéronnos formar e fixémolo un a carón do outro, pero a sorte non estivo do noso lado. Un capitán partiu a fila xusto entre el e mais eu, facendo que o meu destino fora artillería e o de Antonio infantería.
Páxina
Como no batallón non tiñan cociñeiro tocoume ir axudar á cociña, converténdome pouco a pouco en cociñeiro de tropa baixo a supervisión do Capitán e amigo Becerra.
34
Xa en Barcelona, o meu traballo consistía en mover a munición dun lugar a outro, sempre por detrás da liña de fogo, por iso sempre digo que realmente eu só vin guerra dous días, e foi porque quedamos atrapados por un bombardeo na batalla do Ebro.
A guerra continuou e eu seguín co meu traballo entre o polvorín e as cociñas. Unha vez rematada a guerra, no ano 1939, por medo a un levantamento, moitos soldados non puideron volver ás súas casas, entre eles eu, que volvín ser destinado a A Coruña. O cociñeiro do cuartel tivo que marchar e o Capitán Becerra, que pasara toda a guerra comigo, díxome que eu ía ser o novo cociñeiro de oficiais. Levei un disgusto grandísimo… pedinlle que buscaran a outro, porque non era o mesmo cociñar para soldados que para os oficiais, pero Becerra, que me coñecía ben, non deu o brazo a torcer. Esa noite non peguei ollo… e ó fin non gañei nada, porque non tiven máis remedio que aceptar o cargo. E así é como un peón de canteiro chegou a ser un soldado entre pucheiros.
Páxina
35
Recollido por Marcos Varela Suárez(1º C)
Eu son… Manuel. Un
Manuel e esposa Juventina nunha festa
rapaz de aldea que pertence a unha familia de curas da cal son o irmán máis novo, de sete. Nacín en 1927 nunha casa grande de pedra de Ouzande (Cervaña). A casa tiña un largo corredor e un baño por onde as feces ían para un pozo. As vacas
estaban dentro da casa e os cabalos na corte. Cando tiña dous anos miña nai morreu dunha pulmonía, así que Celia, a miña irmá maior e a que me leva trece anos, sempre foi como unha nai para min e axudoume en todo o que puido. Con oito anos quixéronme levar a un seminario para facerme sacerdote, pero eu díxenlles que non “tiña peito” para iso, así que fun á escola a Lamela. No colexio os mestres eran de ferrado, xa que non se lles pagaba con cartos, pero si con trigo, por exemplo. Aquí estiven ata os catorce anos.
Páxina
Aos vinte e un anos fun ao servizo militar, onde exercín de sanitario grazas a unha recomendación que me fixo Sánchez Cantón, un teniente coronel de Oleiros. El dixo: “Recomiendo a José Manuel Luis Bibián Viz no como un amigo, sino como un familiar y espero que por su buena conducta desempeñe el cargo que uxía le ponga”. En principio eu ía ser asistente pero grazas a esta gran recomendación exercín de sanitario. Aínda me acordo ben de que na primeira inxección que puxen rompeume a agulla, xa que os moros teñen a pel máis dura, pero non Manuel no centro pasou nada grazas a que unha monxa lle quitou da pel a agulla rota. Na mili coñecín novos costumes, fixen moitos amigos e farteime de comer papas de arroz. Outra cousa que levo aprendida é que o que se bota no prato hai que comelo.
36
A miña infancia foi feliz, paseino ben e nunca me faltou de nada. Daquela os nenos xogabamos á estornela e íamos ás festas, onde comiamos a fartar e o pasabamos moi ben. Na miña casa Celia era a encargada de cociñar e facíao moi ben. Recordo especialmente a carne rechea e o leite frito.
Na voda cos padriños
Regresei con vinte e tres anos a Galicia e tiven varias mozas e dúas delas pelexaban por min, pero acabeinas deixando. Despois ao pasar tres anos nunha festa en Piñeiro saquei a bailar a unha rapaza chamada Juventina da que me namorei e empezamos a quedar todos os domingos en Gres, eu ía
vela montado na miña besta. Estivemos dous anos de mozos e de seguido casamos na súa aldea, Gres. Ao rematar a voda fomos de lúa de mel a Santiago, Coruña, Pontevedra e Vigo e de feito Juventina nunca vira o mar ata esas datas. Despois veu para a miña casa onde coidou ao meu pai e ao meu tío Xacobo, un cura retirado do que todo o mundo fala moi ben por ser moi boa persoa. Traballamos moi duro no campo durante toda a nosa vida. Daquela o traballo no campo era moi distinto que o de hoxe en día xa que non había máquinas que o facilitasen. Da nosa unión naceron seis fillos: Xosé Manuel, Elvira, Toño, Maribel, María Xosé e Luís; que nos deron moitas alegrías e séguennolas a dar. E tamén nos deron uns marabillosos netos/as e bisnetos/as.
Páxina
Recollido por Nerea Bibián Pascual (2ºA)
37
De pé: Juventina, o seu pai e Manuel
EU SON… Jesús,un rapaz de aldea, coma quen di, un ninguén, e ademais pobre. Nacín no ano 1938, eu era o máis pequeno de dez irmáns. Meu pai era carpinteiro dun pequeno pobo de Lalín. Jesús con pantalón curto
Miña nai e miñas irmás, que eran tres, adicábanse ás tarefas da casa e nós, os rapaces, adicabámonos ás ovellas e ós porcos que tiñamos na casa. Cando era tempo de malla todos os veciños axudabamos a mallar o trigo. Un tempo depois, dous dos meus irmáns emigraron cara a Arxentina, porque na casa non había cartos , a nós deunos moita pena que nosos irmáns emigraran. Cando eramos pequenos comiamos moitos produtos da horta, moito caldo e pouca carne , o pan facíase e cocíase na casa . Nós, os dous máis pequenos da casa, fomos á escola grazas ao meu irmán que era cura, xa que era moi difícil asistir. A nosa roupa era toda feita á man e eu tiña só dous pares de zapatos, un para todos os días, e outro para os domingos, tamén me pasaba o mesmo cos pantalóns, un par para andar pola eira e outro para os domingos. Jesús: deitado coa cabeza erguida
Esta era a miña vida cando era pequeno.
Páxina
38
Recollido por Salma Chaitany Alamancos (2ºA)
Eu son… Manolo, un rapaz da pequena aldea de O Pereiro, coñecido por Manolo de Donisio. Nesa aldea nacín, en 1930, fun o maior de catro irmáns, dúas mulleres e dous homes. Viviamos nunha casa non moi grande, con cuartos separadas por táboas de madeira, con colchóns de cosco, que era o que sacabamos das espigas do millo, cheos de pulgas das que miña nai nos protexía botándonos xabrón no pescozo. Non había baños, só había un burato no medio do corredor que ía parar á corte das vacas. O teito non estaba moi ben colocado e de noite téñennos caído predolos de sarabia e darnos na cabeza. Pasei unha infancia moi dura, porque non había para comer: unas pataquiñas cun caldiño de fariña e unha miga de pan de millo cocido nun forno que tiñamos na casa. Pola noite, como non había luz eléctrica, prendiamos unha candea e comiamos como podiamos. Aos cinco anos xa tiña que ir coas vacas para arar, para un irmán de miña avoa, que me daba un real ó día. Tamén mentres as vacas pacían no monte ou no prado, reuniámonos os compañeiros da aldea e xogabamos no prado á marrá, á pita cega…e moitos máis xogos aos que podiamos xogar con cousas que topabamos por alí. Cando tiña seis anos empecei a escola aquí na parroquia, á que iamos pola mañá ou pola tarde, porque despois tiñamos que traballar. Para chegar iamos por uns camiños de terra, no inverno chegabamos cos zocos todos cheos de lama, aínda que tamén pasabamos por un cachiño de estrada.
Páxina
39
Miña nai esperaba a que eu viñese do colexio para lavarme a roupa para ir o próximo día, porque esa era única muda que tiña; a roupa era feita por un xastre que che viña tomar as medidas á casa, estaba chea de remendos, e como eu tiña moitas ganas dun pantalón longo porque os que nós levabamos non eran o que se quere dicir longos, a miña avoa alargoulle coséndolle un anaco de tea, e eu todo contento.
Eu era un rapaz moi estudoso que sempre ía por diante dos outros, mais habíaos máis maiores ca min. Había dous libros chamados Silabarios A e U, e outros máis grandes: o Preparatorio e Grado Elemental, que era o último, todos en castelán; para escibrir, o que había era o “pizarrillo”, pizarra e un pequeño tizón. A clase era dada na mesma lingua dos libros, aínda que se che se escapaba alguna palabra sen querer, por costume de falar galego na casa, non pasaba nada. O profesor, chamado don José, estaba moi contento comigo; una vez deume un real por unha pregunta que lle respondín ben. Pero un día por unha acusación falsa que me fixo un compañeiro da clase deume cunha variña, que eu mismo lle fixera, nas orellas e enfadouse moito comigo. El pedíame sempre que por favor lle levara unha manzanilla á casa porque estaba mal do estómago, e eu leváballa con gusto, pero desde aquel día pediúllela a outros. Os outros compañeiros tíñanlle medo a un can que había alí, moi grande; entón un día sabendo o que lle pasaba funlle levar eu unha manzanilla, xa que ese can a min non me facía nada, e chorou de agradecemento, porque lle fixera moito ben. Don José díxonos un día que rezaramos porque España estaba en guerra, e todos rezamos; meu pai marchou para ela con 27 anos, e nós pasámolo moi mal, porque cos poucos recursos que tiñamos era moi difícil alimentarse e manterse para poder sobrevivir.
Páxina
Cando acababa a escola ía ás festas da parroquia, que había tres daquela: o San Benito, As Neves e o San Roque e bailaba coas mozas da miña idade. No San Benito era
40
Aos dez anos xa me puxen cun posto de gasosas, feitas na casa e cando acababa omes dábanme seis pesetas, e eu todo contento porque para min eran moito; chegaba á casa e dáballas a miña nai para que comprara alimentos e outras cousas para a casa. Despois empecei de cesteiro, que me gustaba moito iso de facer nos cestos, aprendín a facelos un curmán meu; despois vendíaos na feira e ía ó troque, que quere dicir intercambiar (troquear) os cestos por millo, patacas…porque non nos chegaba co que plantabamos na casa.
costume poxar os quicos que lle vendiamos ao cura e quen dera máis gañaba o quico poxado, unha vez eu conseguino. Aos dezasete anos enfermei e estiven seis meses mal, pero salvoume da morte a penicilina, que saíu nese mesmo ano. Antes de casarme fun a Luxemburgo e estiven alí dous anos traballando. Logo fun a Francia, alí estiven outros catro anos, tamén traballando; o primeiro ano custoume moito aprender o francés pero logo xa me fun acostumando. Alí tiven unha moza, pero cando volvín para España coñecín a miña querida Carme, coa que casei cando eu tiña 36 anos e ela 21, o 1 de febreiro de 1967; os regalos das vodas eran colchas, sabas e cubertos, xogos de café, é dicir, cuncas cos pratiños e culleriñas para o café. Con ela tiven dúas fillas: Marita e Montse, que me deron catro netos: Eloi, Lara, Anxo e Iago. Con esa familia que formei estou moi feliz agora e estarei ata o último día da miña vida.
Páxina
41
Recollido por Lara Diéguez Troitiño (2ºA)
EU SON...Carme, unha rapaza da aldea, dunha familia moi pobre, quetraballabamos de caseiros na casa dun veciño. Tiña que traballarmoito, porque meu pai morreu cando eu era unha rapaza. Ía á escola, pero tiña que madrugar moito porque antes había quelevar as vacas e ir sachar á horta, xa que despois facía moita calor. Xogabamos á pillada e ás agachadas, tamén a bailar, bailabamos unhas coas outras, unha tocaba para que as demaisbailásemos, pero xogabamos só as nenas porque os nenos estabanseparados de nós.
As vacas non as levabamos para o monte, senón que as levabamospara os prados e para as carballeiras,
Carme, de negro
Páxina
Tiña dúas ou tres mudas, e vestiamos con saias e vestidos, xa quede pantalón só se vestían os nenos. A roupa facíanola unhacostureira que nos viña coser á casa, daquela non era a roupacomo a de agora.
42
A casa era vella, tiña os pisos de madeira, as divisións tamén erande madeira e o resto, o de fóra, era dunha pedra bastante vella.
porque aquí, en Freixeiro, nonhabía monte. Nas festa só se bailaba e había gaiteiros ou a banda de música, xaque non había ningunha outra maneira de pasalo ben. Ao meu home coñecino bailando, no bar chamado Castro. Bueno, eu xa o coñecía, que era do Pereiro, pero empezou a vir por alí, eempezou a bailar comigo e despois empezamos a ser mozos. Carme no 1963
Os catro días de festa, que eran sábado, domingo, luns e martes,nun momento que paraban os gaiteiros poxábase unha botella decoñac, cada día.
Agora teño dúas fillas e catro netos dos que estou e estarei moiorgullosa.
Na voda, 1967
Páxina
43
Recollido por Eloi Domínguez Troitiño (2ºA)
Eu son… José Antonio, un neno de aldea e vouvos contar unha historia. Eu nacín en Galicia, pero tiven que marchar para Alemaña, e tiven que comezar a traballar na construción polo feito de que alí non tiña familia. Aos 17 anos miña nai emigrou a Andorra e eu fun con ela. Aos 19 emigrei a Pontevedra. En Pontevedra non estaba só,tiña aos meus 6 irmáns; eu son o máis vello. Tamén casei cunha muller moi fermosa chamada Carme, actualmente levo 50 anos casado. Despois de casar fun a Alemaña 3 meses, onde traballei en correos. Despois dos 3 meses volvín a Andorra xa que non puiden levar a miña muller a Alemaña. Regresei a España, despois de 9 meses, para facer a mili, e nela que estiven 1 ano. Cando rematei a mili tiven a miña primeira filla. No ano 1970 volvín á terra onde pasei case toda a miña vida, Alemaña, onde estiven ata que me xubilei a unha idade moi nova debido a unha enfermidade. Despois volvín a España onde me encontro actualmente.
Páxina
44
Recollido por Antón Fondevila Calvo (2ºA)
EU SON...Juventina, unha rapaza de aldea. Nacín en Gres no ano 1937, cando empezou a Guerra Civil, polo que meu pai non me coñeceu ata que tiven 3 anos. Ao voltar da guerra decidiron ter outro fillo, Manolo, aínda que eu sempre o chamei Juventina ten unha nena no colo
Lolo.
Pertencía a unha familia humilde e crieime nunha casa á que chamaban a casa da Torre, pois fora construída polos romanos e tiña dúas chemineas moi altas. Ata os cinco anos durmín no que nós chamabamos xergón de carocha, que era unha funda con carochas de millo no seu interior. Non fun á escola da miña aldea, pois as miñas mestras denunciaran ao meu pai porque a nosa auga pasaba polas súas terras e como o preito o gañou meu pai, elas comezaron a tratarme mal na escola polo que tiven que ir á escola do pobo do lado, Ponte Ledesma. Un día cando ía coas vacas levei un xersei vello de meu pai e desfíxeno, collín dúas ramas finas e comecei a calcetar, desde entón foi o meu entretemento cada vez que ía coas vacas, sempre con tino de que non me escaparan, pois o meu veciño seguro que llelo contaba a meus pais. Tiña que calcetar ás escondidas pois aos meus pais parecíalles unha distracción, ata que un día unha señora me viu calcetando coas ramas e quixo axudarme, ensinoume trucos e regaloume unhas agullas de marfil.
Páxina
Con quince anos coñecín a Félix (que daquela tiña dezaoito anos) cando me sacou a bailar despois da misa, pois por aqueles tempos os mozos e as mozas iamos á misa os domingos vestíndonos coa mellor roupa que tiñamos, sabendo que despois da misa chegaba a hora do baile, o momento máis esperado de toda a semana.
45
Con doce anos acabei a escola e a miña mestra, que para min era como unha segunda nai, rogoulles aos meus pais que seguira estudando pois era moi boa alumna, pero eles non lle fixeron caso e nin sequera fun ao instituto.
Era un rapaz moi guapo e moi ben vestido, pero era bastante aburrido e ao cabo de tres meses decidín deixalo, e non tardei moito en coñecer a Manolo, o meu marido. Tamén o coñecín nunha festa, concretamente na de Piñeiro, desde entón viña un día cada semana a verme Juventina de negro e con colar montado na súa besta. Pasabamos horas falando e rindo, case sempre viña de día e se o facía de noite tiñamos que ir para a cociña. Dous anos e medio despois decidimos casar e fixémolo en Gres, pero tiven que casar de negro pois estaba de loito pola morte da miña avoa, un loito que durou seis meses nos cales tiña que ir sempre de negro e non podía ir a ningunha festa. Casamos á unha e levamos sesenta invitados, foi unha vodaza. Despois da lúa de mel fun vivir con el a Cervaña, co seu pai, a súa irmá e o seu tío sacerdote. Traballabamos coidando o gando e as terras, e eu, ademais diso e dos labores da casa, coidaba ao seu tío que caera recentemente Juventina agarrando un neno
enfermo. Ao cabo dun ano de matrimonio tivemos o noso primeiro fillo, o primeiro de seis: Xosé Manuel, Elvira, Maribel, Antonio, María Xosé e Luís. E a día de hoxe, ademais dos meus seis fillos teño once netos e tres bisnetos.
Páxina
Recollido por Sandra García Bibián (2ºA)
46
Juventina agarrando un neno
Eu son...Carme, a cuarta de 6 irmás.Vivo en Piñeiro, no lugar de Basteiros, nunha casa boa e nova, feita por meus avós que viaxaban moito a Bos Aires. Tiñamos un salido grande e nunha parte había moitos frutais e viñas, eu recordo de pequena ir alí comer froita. A escola quedábanos a uns 3 km da casa, a miña profesora chamábase dona Benigna, era unha profesora moi agradable. O que máis recordo era o leite e o queixo que nos daban alí. Cando Carme en San Sebastián
volviamos para a casa enredabamos cos nosos compañeiros e compañeiras, eramos moitos e ao chegar a casa axudabamos nas tarefas da casa e atendiamos a os animais. Eu ía ás festas onde tiñamos familia e recordo que se había algunha festa pola noite xa era a mellor do ano. Carme: con vestido estampado
Cando fun máis vella cada irmán tomou o seu camiño, e aínda que nos seguimos vendo, xuntando e falando vivimos en lugares distintos.
Axeonllada cos irmáns
Páxina
47
Carme: no centro
Carme no colo cos pais e irmáns
De pé: irmá Marisa, Carme. Pais sentados
Páxina
48
Recollido por: Zaira González Taboada (2ºB)
EU SON…Lino, un neno de aldea. Como quen di, un ninguén. Nacín o 13 de xullo do 1920, vivo no Castro, Santo Tomé de Ancorados, A Estrada. Fun o maior de sete irmáns, meu pai era canteiro e miña nai ama de casa, mais coidaba as vacas xunto coa nosa axuda. Fun á escola ata ós doce anos, despois comecei a traballar con meu pai de canteiro. Como de canteiro gañabamos pouco e non chegaba para comer todos na casa, vinme obrigado a marchar con dezaseis anos para Cádiz a traballar nun fritideiro, carrexando peixe desde o peirao. Aos dezaoito anos chamáronme para ir loitar á Guerra Civil, enviáronme con destino a Figueras, Cataluña. O máis terrible que vivín na Guerra, foron os bombardeos de Figueras, onde houbo cerca de catrocentos mortos e máis de mil feridos. Despois de cinco anos na guerra volvín para a miña casa. A situación era moi mala, pois non había traballo nin cartos. Aos vinte e catro anos collín un barco e emigrei a Venezuela, alí busquei traballo na construción. Despois de dez anos quixen volver para a miña terra, pois miña nai estaba moi enferma. Nese ano coñecín a que sería a miña muller, unha veciña da miña aldea, levabámonos doce anos, pero o amor non ten idade.
Páxina
Lino: 4º pola esquerda
Aos seis meses de casarme marchei para Venezuela porque alá xa tiña o meu posto de traballo fixo; a miña muller, Otilia, tivo que quedar na aldea para coidar á súa nai.
49
Despois da morte de miña nai volvín para Venezuela. Estiven dous anos carteándome coa miña moza, ata que decidín regresar no 1959 e casarme con ela.
Durante eses anos fixen varias viaxes para ver á miña muller e aos tres fillos que tivemos. Alí traballei ata os 62 anos, ata que volvín definitivamente. Despois dunha vida traballando fóra e botando de menos á miña familia só quería regresar para estar con eles.
Páxina
50
Recollido por Laura Míguez Caramés (2ºB)
EU SON...Ramón Felino. Un rapaz de aldea. Nacín o 11 de setembro de 1911, en Santirso de Manduas. Tiven unha infancia bastante feliz, aínda que con moitos traballos. Na miña familia non eramos ricos. Decidín aprender a profesión de carpinteiro, porque estudar era moi costoso, así, con 25 anos xa traballaba no meu. Ao ano seguinte, alá polo 1937, ía casar con Carme, a miña moza, pero en xullo do mesmo ano, por mandado do cura, apresáronme e fun acusado de adhesión á rebelión e condenado a cadea perpetua. Leváronme para a illa de San Simón, convertida nesa época en cárcere. Tiven sorte, había persoas ás que fusilaban directamente. Alí atopeime con José dos Zocos, e cando podiamos contabamos contos dos días de feira que tan lonxe quedaban neses momentos. Non o volvín ver máis. Cada mes escribíalle unha carta, porque non me permitían máis, a miña nai, e dentro dela, mandáballe agochada outra a Carme, porque ao non estar casados aínda, non podía mandarllas. Despois de estar na illa, mandáronme para un cárcere de Pontevedra e logo a un en Pamplona. Alí presentóusenos a uns poucos a ocasión de marchar. Pensamos un plan para escapar e partir dirección a Andorra e alí pasar a fronteira. No 1941, xusto cando nos decidimos a escapar, deixáronnos volver á casa. Cando cheguei, todos se alegraron moito, e sen pensalo dúas veces, volvín a pedirlle a Carme que se casara comigo, e así o fixemos ese mesmo ano.
Páxina
51
Recollido po Iria Moreira Suárez (2ºB)
Eu son... Luís Lareu Soto, un rapaz de aldea, coma quen di, un ninguén. Nacín o 11 e agosto de 1918 en Anzo, no concello de Lalín, nunha casa moi humilde. Fun o segundo de cinco irmáns, meu pai era labrego, dende moi Arriba á esquerda pequeno tiven que traballar. Meus pais mandáronme á escola de dona Emilia onde aprendín a ler, escribir e sumar. A miña infancia transcorreu entre leiras, sachos e animais; eran épocas de miseria e pobreza. Cando fun requirido (para facer o servizo militar) incorporeime a filas e estiven en: Pontevedra, Sevilla, Asturias, Burgos, Levante e Barcelona, o que me permitiu ver mundo, pois eu nunca saíra da miña aldea. Rematado o servizo militar, e sen ningún traballo nin cadelas, decidín alistarme voluntario no exército como soldado de artillería e marchei na División Azul cara a Rusia. A viaxe fixémola en tren militar cara a Hendaya-Granforwörd, déronnos provisións para dous días, saímos ó mencer, e ó pasar por Burdeos xa as esgotaramos. Unha vez que chegamos ó campamento déronnos uniformes, equipos e armamento do exército alemán. Tódalas tardes iamos ata o pobo e a igrexa, ceabamos no cuartel unha cea fría e cativa. Ó descoñecer o idioma non podiamos entablar comunicación cos habitantes do pobo. Chegamos a Norgord o 12 de outubro do 1941. No campamento tiñamos: cantinas, cine (en alemán), campo de tiro...
Postal enviada desde Alemaña
Páxina
52
Despois fomos ata Antonowa, nas orelas do río Volchof. O frío era moi intenso, a comida moi escasa, as condicións de vida eran duras. Neste lugar un día que me fun lavar ao río o xeo cedeu e caín nel, o que me custou unha pulmonía.
Estivemos en Antonowa ata o 24 de xaneiro de 1942, dende aí partimos cara a Tichichulino que queda na estrada de Nougorod a Podvereje, nesta zona tirábannos moita máis artillería que na anterior. Mentres estabamos aquí chegou a primavera, pero antes tivemos a época do desxeo, onde todo se cubría de lodo, atravesabamos os bosques a pé, mollados e cheos de lama. Fun ferido o 3 de setembro de 1942, unha bomba alcanzoume de cheo, no bombardeo da estación de ferrocarril en Novo-Lissino; debido á gravidade das nosas feridas (dos meus compañeiros e das miñas) fomos trasladados en avión a un hospital de Alemaña. O 8 de Luís: á dereita
decembro dese mesmo ano concedéronme levar no cinto a Medalla de Inverno, que me outorgaron por salvar ao meu superiorAlfonso Armadadunha morte segura, do cal eu era o seu asistente. Partín cara a España o 3 de decembro de 1942. Despois do meu regreso casei coa miña dona Isolina o día 12 de outubro de 1944. Nesa época fun traballar ás minas de Fontao (onde pagaban moi ben), a extraer wolfram. Tivemos un fillo, Xosé Luís. Anos máis tarde fun tratante de bestas e porcos. E moitos anos despois recoñecéronme a miña minusvalía polas feridas da guerra, aínda teño anacos de metralla nos meus pulmóns e fáltanme anacos de carne no meu corpo.
Documento da súa volta de Rusia.1942
O meu bisavó finou o 26 de marzo de 2011, eu tiven a sorte de coñecelo e pasar con el moitos días, dándolle parte do meu bocadillo de chocolate que lle gustaba moito e non podía comer porque era diabético, pero o que máis lle gustaba era falar da súa estadía en Rusia.
nto da volta de Luís de Rusia 1942
Páxina
53
Recollido por María Mosteiro Lareo (2ºB)
EU SON…Silvia Nastuta, unha rapaza dunha aldea que está moi lonxe de aquí! Unha nena pobre. Nacín en Runcu Salvei( Rumanía) o 29 de xuño de 1954. Un ano antes naceu meu irmán, Caliman Androne, o 17 de febrero; pero o 12 de setembro de 2015 faleceu. Cando eu tiña 14 anos pasoume unha cousa incríble e hoxe en día sigo asombrada de que siga viva. Era o día que me tocaba coller a herba, xa que o meu irmán tiña que ir coas ovellas. O día non empezaba ben, xa que empezou a chover e os cabalos non corrían igual e a min non se me daba moi ben andar neles. Á noite tiña que volver e estaba todo enlamado, entón fun diante deles e coa má sorte esvarei diante deles, co susto empezaron a correr e pisáronme todo o corpo deixándome unha cicatriz no queixo. Aos 21 anos coñecín ao meu difunto esposo. Isto ocorreu na voda de dúas persoas de distintos pobos. El sacoume a bailar e foi impresionante... Dende entón empezamos a vernos e a un mes diso pediume a man e eu díxenlle que si. Antes de casarnos vino con outra muller e estaban bicándose, cousa que non me gustou nada e que falamos e ao final acabeino perdoando e finalmente casamos. Un ano despois tivemos ao noso primeiro fillo, Calimán, en 1981 tivemos ao noso segundo fillo, Silviu. Despois de 18 anos de matrimonio o meu home morreu por cancro de pulmón. Os nosos fillos eran preciosos, medraron e foron ao colexio e ao instituto. Calimán, o primeiro fillo, casou aos 21 anos con Ana María. Silviu casou aos 25 anos con Ica e el foi o primeiro da familia que emigrou a España, no 2002(ano no que naceu o meu neto Catalin). Un ano despois o meu fillo Calimán tamén emigrou a España, sen embargo non foi ata o 2005 cando eu tamén vin a Galicia.
Páxina
54
Hoxe en día sigo vivindo en Galicia, pero gustaríame volver a Rumanía.
Pรกxina
55
Recollido por Catalin Silviu Nastuta (2ยบB)
EU SON… Pepe.Un rapaz de aldea.Coma quen di, un ninguén.Nacín en Añobre no ano 1943 e meus pais chamábanse Ramón Oleiro Artiaga e Carmen Gómez Lodeiro, teño nove irmáns, eu fun o sexto dos nove.Vivía nunha aldea pobre,comecei a ir aos 7 ou 8 anos á escola. Os meus primeiros zapatos compreinos aos doce anos co meu primeiro soldo.Naquela época non era nada fácil ter uns zapatos para cada momento, tiñas un par e punto.Despois da escola sempre iamos coas vacas ao monte.Non había moito tempo de xogar.Comecei a traballar aos 12 anos, a traballar de barroso para facer as paredes das casas. Cando xa era máis grandiño funme a Francia,no ano 1966, despois de facer o servizo militar obrigatorio e casarme aos 23 anos coa miña muller, Mercedes Calveiro Curros. Fun a Francia para gañar cartos e dedicábame a canteiro, isto consistía en facer muros de pedra.O meu primeiro soldo en Francia foron 500 pesetas ao día. Botei alá 4 tempadas e viña tres meses por ano de vacacións a Galicia. Vin para aquí e comecei a montar a miña nova vida.Cos cartos que gañei en Francia e xunto con dous socios montei unha canteira para facer materiais para construír estradas e pistas,estiven traballando na canteira 10 anos. Despois de traballar dez anos deixaimos esa empresa e eu montei unha empresa de construción para facer casas de pedra.E con isto cheguei a xubilación.
Páxina
56
Encarna Oleiro Novo (2ºB)
Eu son…Emma. Unha rapaza de aldea. Son filla de emigrantes. Miña nai marchou para Bos Aires, onde coñeceu a meu pai (un italiano). Despois marchou para Nase Messina (provincia de Sicilia). Tróuxome miña nai a Galicia con catro meses e deixou alí o home. Crioume a base de leite e caldo, que era o que tiñamos. Fun á escola aos nove anos, cunha soa mestra para grandes e pequenos que era de Santiago, e ía unha vez á semana, se non chovía moito para andar coas vacas. Saín de 14 anos. E tivemos sorte, a mestra deixábanos falar galego!
Emma coa súa filla Carmucha
Iamos ás festas andando polos camiños cheos de lama e saltando portelos. Á hora da recolleita xuntabamonos todos os veciños de Saídres para mallar o trigo e o centeo. Traballabamos coma mulas, coas vacas e coa labranza. Iamos á feira cun xamón e traïamos a barriga dun porco para que rendera máis, e cambiabamos os ovos por aceite. De moza fun ao wolfram e foi alí onde coñecín ao meu futuro marido (que era de Breixa e chamábase Luís) e que traballaba alí cribando o mineral. Caseime con vinte e un anos e tiven tres fillos. A rutina era case igual todos os días: “Ir coas vacas chovendo e con frío, primeiro cos nenos no colo e despois ao lado, chegabamos e muxiamos a man,etc.”
Páxina
Nai, marido, Emma e fillos
57
Houbo algunhas ocasións nas que fomos de excursión, como esa vez con corenta anos que fun ver o mar por primeira vez. Acórdome ben diso, pois foi cando puxen por primeira vez uns pantalóns que me fixera Vitorio do Xastres, que agora está en Brasil.
Quedei viúva con corenta e nove anos, cunha paga pequena que non chegaba nin para empezar o mes. Cando cumprín cincuenta e cinco anos deixei as vacas e déronme una paga por “cese de actividade”. Aos sesenta e cinco xubileime. E aquí sigo con oitenta e dous, toda estragada e mal dos ósos.
Emma co marido
Emma en Luarca
Páxina
58
Recollido por Rubén Pérez Márquez (2ºB)
Mª del Carmen, sentada á dereita
Eu son...María del Carmen, nacín no ano 1950 nunha aldea de labregos e de gandeiros. Cando tiña dous anos empecei a ir á escola, para ir ía andando pero tiña que andar pouco xa que vivía cerca. Cando cumprín 8 anos tiven que empezar a axudar na casa e tamén empecei a ir coas vacas, ía eu soa e estaba con elas toda a tarde, mentras alindaba xogaba á raia, á pelota, etc. Sempre ía a todos os sitios con vestidos e saias, ata que cumprín os 18 anos non empecei a usar pantalóns. Miña nai era tendeira, facía as tarefas da casa e traballaba na horta; meu pai era tratante de vacas. Na miña casa non faltaban os cartos, pero aínda así comiamos sempre patacas con verduras, ovos e cando se mataba un porco ou un capón comiamos iso.
Páxina
Cando cumprín os dezaoito marchei a Inglaterra para gañar cartos, primeiro traballeide camareira e despois de limpadora. Cando cheguei a Inglaterra custoume moito afacerme xa que non sabía falar inglés e botaba moito de menos a miña terra, a miña familia e a miña casa; tardei un ano en acostumarme a aquel lugar.Mentres traballaba de camareira coñecín a un home que tamén traballaba de camareiro e aínda que naquel momento non o sabía, ía ser o meu home. Antes de casarme xa estaba embarazada e por iso cando ía casar non quixen volver ao meu pobo para facelo alí, porque naquel entón estar embarazada antes de casarse era unha vergonza, por iso o fixen en Londres; botei moito de menos á miña familia. Para a cerimonia levei un vestido branco e azul e despois de casarnos fomos para a nosa casa.
59
A miña nai nunca me deu moito cariño porque o favorito da familia era o meu irmán pequeno, aínda que traballaba pouco e sempre se metía comigo.
Un mes despois de casarme tiven o meu fillo, en Londres, cando o meu fillo tiña cinco meses vinme para aquí para bautizalo. Cando o neno tiña catro ano funme co meu home a Venezuela e aínda que non quería deixar o meu fillo só funme igual. En Venezuela traballei de vendedora, despois volvín e cando cheguei o meu fillo xa tiña cinco anos. Aínda non ía a escola. Despois volvín marchar para Venezuela, pero esta vez leveino comigo, en contra da opinión da miña madriña Amalia, que non quería que o levara comigo. Cando chegamos a Venezuela empezou a escola e eu estaba moi feliz porque todos os profesores me dicían que era moi listo e moi bo alumno. Cando o meu fillo cumpriu os vinte anos quixo ir facer a mili e estivo alí ata os vinte e dous anos.
Páxina
60
Recollido por Ángela Quintás Mato (2ºB)
EU SON… Maruja, unha rapaza da vila de A Estrada. Son unha dos oito fillos de Xosé e Lola. Nacín no ano 1919. O que máis nos gustaba a min e as miñas amigas era ir de festa, meu pai obrigábanos a chegar a cear así que saïamos correndo cara á festa, alí bailabamos cos nosos amigos, e máis tarde volviamos correndo de novo para chegar a tempo. Os días de festa unha costureira que traballaba con meu pai vestíanos e peiteábanos a todas as amigas para ir ao casino, pero nunca nos deixaban entrar pola noite porque eramos moi novas. Os venres, durante a guerra, na casa dun veciño había unha cola de pobres que ían coller unha cunca de caldo. No pobo todos eramos coñecidos e a miña tía era a madriña de todos os rapaces da vila.
Imposición medalla á muller traballadora
Na vila había una asociación de mulleres chamada “Sección feminina”, estas mulleres ían ao campo e aprendíanlles ás mulleres do campo a coser, a ler... Tamén lles axudaban a cociñar e a facer as labores do campo.
Páxina
61
En setembro de 1936 morreu Secundino, o meu irmán maior, na guerra. Todos os da casa tiñamos que ir vestidos de negro e non nos deixaban ir ás festas. A causa diso meus pais decidiron vender o comercio. Mentres tanto meu pai foi o cronista oficial do Faro de Vigo, seguiu sendo mestre e tamén foi locutor de radio. Despois de moitos anos decidiu volver a abrir o comercio, pero desta vez fabricaban roupa de homes.
Ía ao colexio na Estrada, pero os exames iámos facelos a Pontevedra. Ao instituto tiven que ir a Pontevedra xa que aquí non o había. Fixen o bacharelato superior, pero cando ía empezar a universidade estalou a guerra. Meu pai dérame a Coa filla e marido. 1945 elixir entre traballar con el no comercio ou preparar unhas oposicións para traballar en correos. Púxenme a estudar coa axuda de meu pai, que ademais de ter un comercio de xastrería, tamén era mestre. Cando xa tiña preparada a oposición fun facer un exame a Santiago, e aprobeino. Empecei a traballar na oficina de correos de Santiago. Alí chamábanme “A da Estrada de catro mans” porque calculaba todas as miles de contas antes que a calculadora. Conseguín a Medalla de Prata ó traballo. No ano 1985 xubileime e comecei a pintar. No ano 1938 coñecín a Paco, o meu marido, uns meses despois cando me ía presentar a súa familia, atopeime con que seu pai era o xefe da oficina de correos onde traballaba eu. Despois de casarnos, decidimos volver á Estrada, el traballou de dentista e eu era a xefa de correos. No ano 1948 quedei viúva con tres fillos pequenos.
Páxina
62
Recollido por Xoana Rivas López (2ºB)
Eu son… Mª Luisa, una rapaza de aldea, filla de labregos, como a maioría dos rapaces.
2ª á dereita, co home e os 10 fillos
Naqueles tempos, as nosas camas eran de madeira, aínda que algunhas eran de ferro e o xerghón, que era o colchón de agora, era de carochas de espiga. Case sempre
comiamos caldo de unto e pan de broa… Cando era pequena non se ía á escola, xa que había que traballar na casa, axudar aos pais, coidar do gando…. Aínda que un pouco si que fun, non moito. Sempre nos mandaban falar en castelán, eu non aprendín moito, metía a pata ata a barriga co castelán, acórdome que cando pasabamos tempo demais no recreo poñíannos dexeonllos, pechábannos as mans e dábannos coa regra nelas. Disfrutei moito o último día de catecismo, xa que o señor cura coceu unha fornada de pan de trigo, e deunos a todos os rapaces unha rebanda e un pouco de chocolate, que antes non che era pouca cousa e como estabamos fartos do pan de broa, ese sóubonos que daba gusto. Outra anécdota é que cando iamos coidar as bestas e levabamos pan, os rapaces cambiabámolo porque a cada un sabíanos ben o do outro, xa que estabamos afeitos ao noso.
Páxina
63
Tamén podo dicir que como estabamos en época de guerra había moita miseria, e recordo que unha veciña era tan pobre neses tempos que tivo que facer unha saia cos sacos do mineral.
Máis tarde, cando era moza, funme a Bodaño, alí tiñamos as ovellas entre uns cantos veciños e cada vez tocáballe a un distinto ir sacalas ou ir gardalas. Logo, fun a Santa Comba onde estiven 6 anos e onde coñecín a Xesús, o meu marido, nun enterro. Xa nos coñeciamos de vista, pero nin falabamos nin faciamos nada. Pero alí xa falamos e collemos confianza. Máis tarde, nas festas xa bailabamos xuntos, e divertíame moito. Logo escribiámonos cartas, tantas cartas nos escribiamos que o carteiro quedaba abraiado e sempre que me vía preguntábame se tiña algunha carta para mandar. Despois iamos xuntos á feira de Bodaño a vender animais: ou porcos ou becerros. E ao rematar a feira ía No casamento
comer o polbo á casa como se xa fose da familia. Tras un ano de coñecernos casamos. E todo ata agora que temos 81 e 89 anos.
Páxina
64
Recollido por Nicolás Rodríguez López (2ºB)
Eu son… Otilia. Unha rapaza da aldea. Nacín en Noceda (Lalín), no ano 1919. Cando meu pai morreu, a miña irmá maior tiña 11 anos, e eramos nove, e como dicía miña avoa, colliamos todos debaixo dunha cesta. Consuelo, a maior, quedou na casa coidando aos meus irmáns pequenos, e os tres máis vellos, incluída eu, fomos á casa dos meus avós. Eu apenas sabía ler e escribir, de pequena era moi traste, cando facía trasnadas subíame as cerdeiras e maceiras, porque sabía que me ían dar unha zurra. Pero o que máis me gustaba era cando o meu avó nos xuntaba a todos os irmáns ao pé da lareira e nos contaba contos sobre a súa vida, historias de medo… Cando morreu a miña irmá Carmen, que tiña 5 anos, volvín para Noceda, eu daquela tiña 10 anos e empecei a axudar na casa. Todos os días ía coas ovellas, collía verdura na horta pequena que tiñamos, de paso sacáballe a maleza co sacho e íalles roubar as mazás aos da Casa do Vento xa que quedaba a maceira ao pé do valado, só collía una ou dúas para que non me berraran na casa. Eu preguntáballe a miña nai se eramos probes, e ela dicíame: somos, pero dos de traballar, non dos de pedir. Uns anos máis tarde a miña familia desprazouse a Vilar do Río. Por fin tiñamos a nosa casa. Aos 13 anos fun servir á casa da Fábrica, as miñas irmáns case todas fomos servir ás casas e os meus irmáns foron aprender diversos oficios. No ano 1939 namoreime do meu mozo, José, que estaba prestando axuda militar na Guerra Civil. Nun permiso que tivo sufriu un accidente de bicicleta e morreu, quedando eu embarazada. A única filla que tiven, Milagros, naceu no ano 1940, foron tempos moi difíciles xa que daquela quedar embarazada e estar solteira era malo. Seguín traballando na casa que estaba e tamén andaba o xornal. Os cartos non chegaban a nada, e para manter a miña filla levantábame moi cedo e algúns da zona e mais eu iamos ao wólfram á mina de Fontao, na posguerra.
Páxina
Recollido por Nazaret Touceiro Peón (2ºB)
65
Pasaron os anos de miseria. A miña filla casouse e tivo catro fillos. Cando morreu a miña filla no ano 1997 paseino moi mal, pero saín adiante. Tiven 4 netos e 8 bisnetos.
Eu son… Manuel e como apelido Mejuto. Vivo en Escuadro coa miña numerosa familia.Meu pai é capataz celador de Obras Públicas, ao que destinaron a Salamanca, e miña nai traballa na casa e na terra, na que colaboramos todos.Somos 7 irmáns, os meus pais e a miña avoa. Para comer matabamos un ou como moito dous porcos ao ano, estes había que repartilos entre todos e durante un ano enteiro. Como eran tempos difíciles, case non había cartos nin para comprar aceite. O pan duraba quince días máis ou menos, este era de millo e as veces de centeo. Eu con 17 anos emigrei a Venezuela porque non quería ir á mili, e tampouco quería que me pegaran sen culpa.O meu primeiro traballo bo é o de chofer do Xeneral do Exército. Os primeiros cartos que gañei dinllos a meu pai para que llos devolvese a quen llos prestara para ir eu a Venezuela. A xuventude de antes era moi distinta a actual, para os medios que había, divertiámonos máis que agora. Nós xogabamos a xogos como a estornela, a buxaina, ao tres en raia e cousas polo estilo. Para ir ás festas había que ir andando, comezaban polo día e remataban sobre as once ou as doce da noite, quen decidía que a festa acabase era a garda civil. No día de Reis, ninguén tiña regalos, o meu primeiro regalo foi un acordeón de cartón. A escola era pobre, escribíamos en pizarras cuns “pizarrillos”. Ter un bolígrafo ou un reloxo era un luxo.
Páxina
Recollido por Eva López Villar (2ºC)
66
Na fotografía que se encontra ao carón deste texto, atopámonos meus pais, algúns dos meus irmáns e mais eu.
Eu son…Carmen. Unha rapaza de aldea. Unha rapaza normal coma calquera. De pequena fun ao colexio de Escuadro, naquela época nese colexio só se daba ata 4º de primaria e só aprendín a sumar, restar, multiplicar, dividir e raíz cadrada. De nova acompañaba a miña irmá, que era costureira titulada, iamos de casa en casa facendo os arranxos da roupa.
Páxina
De moza traballei na casa e de costureira. Aos 20 anos meus irmáns Manuel e Adolfo foron traballar ás minas de Carboeiro na busca do wólfram (a partir de 1940, en plena Segunda Guerra Mundial empezou a haber moita demanda). Algunha xente durmía alí xa para ir traballar, empezaban a traballar desde que saía o sol ata que se poñía. Meus irmáns ás veces durmían alí e eu leváballes a comida ata alí, eran 6km, tardaba en ir hora e media e outra hora e media en volver.
67
A familia.Meus pais son Luís Canda Troitiño e Jesusa Valladares. Meus irmáns por orde son: María José(tería agora 100 anos), Evangelina(ten 97 anos), Jose(tería 95 anos), Daniel(tería 94anos), Manuel(ten 92anos), Adolfo(tería 89 anos), eu (teño 87 anos)e Clara (ten 85 anos). Os 8 irmáns que fomos tivemos moitas carencias, pero fomos moi felices, xogabamos a diario. O cariño nunca nos faltou.
Aos 25 anos caseime con Jose Ares Bravo, tiven 4 fillos: Carmen, Alfonso, Clara e Encarna. Desde que me casei fun gandeira, e eu mais o meu home fixemos unha casa na que vivíamos 8 persoas: a nai e a tía do meu home, os meus 4 fillos, o meu home e eu, algúns foron marchando e outros morreron. Aos 40 anos tiven unha enfermidade que se chamaba tifus, e tiven que estar na cama 3 meses porque tiña case todos os días 40 graos de febre e naquela época morría moita xente por iso. Os meus fillos tiveron que ir poner una vacina porque era moi contaxioso, e eles facían todos os labores da casa. Agora estou vivindo co meu fillo Alfonso e a miña neta, desde que quedei viúva os 76 anos. E de momento sigo valéndome por min mesma, fago todas as tarefas da casa con enerxía, pero con algún achaque propio da miña idade.
Páxina
68
Recollido por María Mejuto Ares (2ºC)
EU SON…Servando Muiños, da casa de Muíños en Pereira. Son o máis pequeno de cinco irmáns, por iso fun o máis afortunado dos cinco. A miña familia nunca foi moi rica, foi máis pobre ca rica, pero eu era feliz. Dispuña dun pantalón e unha camisa para o verán e outra muda para o inverno, nada máis. Eu nunca cheguei a ir á Guerra Civil, pero si vivín durante moitos anos, máis da metade da miña vida, a ditadura de Franco. Acórdame que a noite na que morreu Franco, alí polo ano 1975, eu e mais a miña muller quedaramos para ir ao baile a Freixeiro, pero cando chegamos alí, mandárannos para a casa porque lle había que gardar loito. Dous anos despois naceu a miña filla pequena, Susana. Toda a miña vida me adiquei a coidar as vacas e a cultivar e recoller alimentos, pero complicóuseme algo cando tiña 38 anos. Un día de calor, ao subir ó tellado da miña casa para colocar unhas tellas, puxen mal un pé e caín. Hoxe en día teño que andar cunha soleta ortopédica á medida e, para traballa,cunha estrutura na espalda; pero todo é acostumarse. Aínda así, hoxe por hoxe, coido 17 vacas de carne.
Páxina
69
Recollido por Lara Silva Muiños (2ºC)
EU SON...Aurita, unha nena da aldea, nacín ala polo 1929. Fun pouco á escola, desde os 6 anos ata os 14 , máis ou menos, non ía moito, só unha semana ao mes. A miña xuventude foi pequena, porque tiña que coidar a miña nai, que desgraciadamente estaba enferma, ía de vez en cando a algunha festa. Tiña que traballar na casa gran parte do tempo, no campo, coas vacas... Na casa non se pasaba moita fame, meu pai tiña oficio e co que traballabamos na casa non había fame. Eu mais a miña irmá traballabamos e divertiámonos moito, non me levaba moito cós meus 2 irmáns por parte de me pai; caseime con 18 anos co meu marido Adolfo, o meu primeiro fillo tíveno con 19 anos e despois de 7 anos naceu a sua irmá; con 26 anos xa tiña unha casa, home e 2 preciosos fillos, pero por mala sorte alá no ano 1950 tivemos que emigar a Venezuela, onde fun agraciada con 3 preciosos netos. No ano 1975 máis ou menos, que xa non recordo ben, viñémonos de novo para España. Alá en Venezuela os meus 3 netos déronme 3 bisnetos que hoxe en día estan a vivir en EE UU. Hoxe estamos a vivir en España con un dos meus fillos e a súa muller. Eu xa non sei que podo pedir nesta vida, viaxei, teño familia e uns primos que veñen moitas veces a xogar ás cartas, pasámolo moi ben de tanto que xogamos, xa temos unha libreta para apuntar quen gaña. Isto, o que vos estou a contar son as cousas máis importantes da miña vida.
Páxina
70
Recollido por Carlos Taín Gil (2ºC)
Eu son...Elías, un rapaz da aldea. Coma quen di un ninguén. Nacín en Vilar, unha pequena aldea, en 1919. Cando era pequeno, coma no meu pobo non había escola, fixérona a miña tía e outra muller do pobo. Despois fun á escola dun home inglés, ata que veu a primeira mestra a Vilar. Ao que aprendín algo, xa eu lle daba clase ós máis cativos. Aos 18 anos marchei á Guerra Civil e estiven 4 anos por Cataluña. Logo de voltar para a casa volvéronme chamar para estarmos mobilizados na Coruña durante dous anos, cando estalou a II Guerra Mundial. Na familia eramos 8. Meus pais, Indalecio e María Andrea, e 6 irmáns: Indalecio, Sara, Eliseu, Ruth, Elías, que son eu, e Daniel. Caseime aos 25 anos, en 1944, con Otilia. Xa tiñamos unha filla, Adelina, e 13 meses despois naceu Nicolás, en 1945. Tiveron que pasar 7 anos ata que nacera a miña filla máis nova, Isabel, coa que vivo agora mesmo. Sempre traballei de canteiro, na miña aldea, en Taboada, en Oirós e por varias parroquias da contorna. Tamén traballei nas minas do wolfram en Saídres, Carboeiro e na Brea. Por todo o concello de Silleda e parte de Lalín traballei coa máquina de mallar o centeo, avea e trigo. Na casa axudaba á miña muller cos traballos da labranza.
Páxina
Recollido por David Varela Vázquez (2ºC)
71
É a mesma persoa da redacción de Marcos Varela Fernández,porque ambos somos bisnetos del.
Eu son...Concha. Unha rapaza da aldea. Nacín en San Miguel de Cerceda, Arzúa, na Coruña, no 1928. Cando era unha rapaza ben nova morreu miña nai e eramos cinco irmáns na familia. Meu pai ao morrer miña nai casouse con outra muller, e eu mais os meus irmáns fomos servir polo mundo adiante. Cando eu era ainda pequena tiñamos que ir ao muíño ata a noite e levar o gran para que lle chegara para moer á noite, e iamos pola noite co farol ou co fachuco de palla para ver o camiño. Na casa para poder ver tiñamos un candil de gas ou una candea para andar por toda a casa. Máis tarde xa había luces de carburo. Todos os días iamos coas vacas, cun saco de carapucho para non se mollar e muxiámolas xa dende pequenas. Ata os seis anos iamos á escola máis cerca que tiñamos, que nos levaba media hora. Cando morreu miña nai xa case non fun máis á escola. Despois a miña madrasta mandoume para unha casa dunha irmá, á que non coñecía, e cando acababamos de comer a mediodía e á noite pechábanos o pan para que non comeramos máis. Normalmente cando nos aburriamos xogabamos á ruleta, utilizabamos unha pedra que pintara e iamos saltando dun recadro ao outro, e ao escondite ou á pillada. Cando tiña 16 anos empecei a saír ás festas, pero antes de que fora noite xa tiñamos que ir para a casa. O meu primeiro mozo chamábase Mario e moceabamos no cuberto da casa, pois non se podía saír fóra e só nos deixaban mocear ata as dez. Pola tarde cando había feira iamos á feira a pasear.
Páxina
Recollido por Ainoa Villar Vahamonde (2ºB)
72
O goberno de antes non era coma este, antes era a ditadura de Franco. Antes á xente que facía moito mal ou aos comunistas levábanos e poñíanos contra unha parede e matábanos. Eu aínda presenciei como levaron a un home e o mataron por ser comunista, ou iso dicían, cando viña do muíño, era amigo meu.