Programa do bono de alugueiro social para as vítimas de violencia de xénero

Page 1

DOG Núm. 69

Mércores, 8 de abril de 2020

Páx. 18037

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2020 pola que se convocan, para o ano 2020, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero con financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (códigos de procedemento VI482C e VI482D). O 24 de abril de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 11 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero, con financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Tendo en conta o importante grao de acollida destas axudas, as cales se manifestan como un mecanismo útil para asegurar a existencia de recursos habitacionais suficientes e dignos para as vítimas da violencia de xénero, considérase oportuno realizar unha nova convocatoria deste programa que inclúa, ademais, a concesión das prórrogas das axudas xa recoñecidas.

CVE-DOG: a1s1noe1-elu7-clb4-soe4-uvodj0pjxkk8

O 28 de febreiro de 2020, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, asinou un acordo coa Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para desenvolver, no marco das medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, aquelas que se refiren a asegurar a existencia de recursos habitacionais suficientes e dignos para as vítimas de violencia de xénero durante o ano 2020. Ao abeiro do citado acordo e da Orde do 11 de abril de 2019, realízase esta convocatoria, que se suxeita ao disposto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Esta convocatoria realízase, así mesmo, de conformidade co establecido no parágrafo cuarto da disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, segundo a redacción dada polo Real decreto 465/2020, do 17 de marzo, por tratarse dun procedemento dirixido a garantir o acceso e permanencia nunha vivenda dun colectivo especialmente vulnerable como é o das vítimas de violencia de xénero, e satisfacendo deste xeito a protección do interese xeral.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Programa do bono de alugueiro social para as vítimas de violencia de xénero by ASOCIM - Issuu