COMUNICADO DE PRENSA O PATRIARCADO CONDENA ÁS MULLERES NON Á MANADA
A ESTRADA, 26 de abril, 2018
ASOCIM quere mostrar o profundo rexeitamento á sentenza ditada hoxe na Audiencia de Navarra no caso da violación grupal dos Sanfermíns. Os tres maxistrados do tribunal que xulgou o caso entenden que os membros da Manada cometeron un delito de abuso sexual e non de agresión. A sentenza estpula nove anos de condena e prohíbelles acercarse á vítma a unha distancia inferior ós 500 metros e comunicarse con ela durante un período de tempo de 15 anos. Ademais, tras cumprir a pena de cárcere, terán que cumprir cinco anos de liberdade vixiada. A xustza, unha vez máis, falla á vítma e ó conxunto das mulleres do estado ó entender que non houbo agresión sexual. A mensaxe que traslada esta sentenza a tódalas mulleres é que se non actuamos conforme as normas ditadas polo patriarcado ante unha violación, se non saímos feridas ou mortas; non cumprimos con ese ideal de vítma que estman aceptable e crible. Esta sentenza evidencia o moito que queda por facer no ámbito legal do noso país, onde a xustza patriarcal vai en contra das mulleres que se atreven a denunciar, que sobreviven, que buscan -e precisan – xustza. Estamos ante una revitmización, nun espazo que debera ser seguro as mulleres son humilladas polas agresións sufridas. Estamos ante un antes e un despois na confanza que poden depositar as mulleres no sistema xudicial español. Que os tres maxistrados consideren que non se deu violencia nin intmidación nestes feitos delata o seu descoñecemento sobre como se xeran e producen as agresións sexuais. Especialmente reprobable é o voto partcular dun dos maxistrados pedindo a absolución dos acusados de tódolos delitos e a súa posta en liberdade.