Comunicado 25-N 2018

Page 1

COMUNICADO DE PRENSA OS CIM SON FUNDAMENTAIS PARA A LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A ESTRADA, 23 de novembro, 2018

O pasado 20 de novembro a Xunta de Galicia anunciou a posta en marcha dun paquete de novas medidas contra a violencia de xénero centradas na atención ás vítimas, na concienciación e na ampliación do coñecemento sobre as formas e incidencias da violencia. Ante este anuncio, ASOCIM 1 (Asociación de profesionais dos CIM) quere recordar que os oitenta e un Centros de Información á Muller de Galicia xogan un papel fundamental na promoción da igualdade e na prevención da violencia de xénero. Desde os CIM articúlanse procesos de asesoramento xurídico, de atención psicolóxica, de orientación profesional e sociolaboral; e tamén realízanse actividades de sensibilización e prevención da violencia de xénero. Por todo isto, ASOCIM non só solicita que se fomente o crecemento desta rede senón que tamén pide que se dote a tódolos CIM das ferramentas humanas, materiais e orzamentarias necesarias para levar a cabo o seu traballo e o desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Esixe, por tanto, unha aposta firme e decidida polos CIM como espazos de prevención e educación en igualdade, de recuperación e acompañamento, de loita e resistencia.

Esta asociación considera primordial unir esforzos, crear redes e realizar accións que garantan unha vida libre de violencia para as mulleres. É necesario facer máis porque a realidade coa que se atopan diariamente as técnicas e técnicos dos CIM precisa de moito máis que boas palabras para atallar situacións que poden acabar da peor das maneiras. Os CIM son piares na a loita contra a violencia de xénero a nivel local, as profesionais (avogadas, psicólogas, etc) que traballan nestes centros posúen os coñecementos necesarios para axudar ás mulleres e aos menores, mais o seu traballo, as súas valoracións e achegas son, en moitos casos, infrautilizadas ou, directamente, desbotadas. Un recurso tan valioso e tan en contacto coa realidade das vítimas debería estar mellor valorado e ser tomado en conta. Esta é outra das reivindicacións de ASOCIM co galo do 25-N, unha maior consideración e respecto polo traballo que se desenvolve nos CIM.

1Desde a súa constitución en 2015, ASOCIM traballa na promoción do recoñecemento social das/os profesionais dos CIM. Así mesmo loita contra a discriminación e busca promocionar activamente a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres como garantía dos dereitos humanos e liberdades fundamentais.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Comunicado 25-N 2018 by ASOCIM - Issuu