Comunicado sobre a apertura de expediente de extinción cim ponte caldelas

Page 1

COMUNICADO SOBRE A APERTURA DO EXPEDIENTE PARA A EXTINCIÓN DO CIM DE PONTE CALDELAS •

Como asociación que aglutina ós profesionais dos CIM, ASOCIM quere manifestar a súa preocupación polo peche do centro de Ponte Caldelas.

A medida afecta directamente ás persoas e colectivos cos que os/as profesionais dos CIM traballan regularmente

Redúcense, unha vez máis, os servizos, programas e recursos destinados á atención integral ás mulleres A ESTRADA, 27 de abril, 2017

A Xunta de Galicia ven de iniciar, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, o correspondente expediente para a extinción do CIM1 de Ponte Caldelas, tras cumprirse máis de tres meses de inactividade neste centro. Os oitenta e un CIM espallados por toda a xeografía galega xogan un papel fundamental para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. O peche dun destes centros é unha noticia que debería facernos reflexionar sobre a importancia duns espazos que supoñen un recurso insubstituíble para as mulleres que sofren violencia e que se atopan en situación de vulnerabilidade. Co peche do CIM de Ponte Caldelas o número de centros redúcese e a súa influencia positiva a través de actividades de sensibilización e prevención tamén. ASOCIM considera imprescindible o mantemento deste servizo do que se benefician moitas persoas e, por elo, quere facer público o seu total apoio e solidariedade coas técnicas do CIM de Ponte Caldelas e con tódalas persoas afectadas polo peche deste centro. O CIM de Ponte Caldelas funcionou durante unha década atendendo casos de violencia de xénero, consultas, asuntos relacionados coa promoción social da igualdade de xénero e serviu de impulso para a creación da Mesa Local contra a Violencia de Xénero. A atención próxima, especializada e integral que se prestaba neste centro non pode ser substituída. Pechar este servizo tras anos de impecable traxectoria significa abandonar a unha parte da poboación e renegar do bo labor e da calidade do traballo realizado polas profesionais (avogada e psicóloga) que atendían este CIM. Especialmente preocupante é a situación na que queda unha parte da poboación deste concello pontevedrés ó carecer do servizo e apoio que o persoal cualificado do centro proporcionaba. O CIM cumpre unha serie de funcións moi necesarias nun contexto social no que tristemente aínda se dan casos de violencia de xénero. Este peche prexudica ás usuarias non só porque redúcense o número de horas de asesoramento legal que recibían, xa que o novo servizo integral de asesoría legal -que tamén atenderá 1 Os Centros de Información á Muller (CIM) son un conxunto de recursos das entidades locais desde os que se articula unha intervención global dirixida ás mulleres e que proporcionan asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e sociolaboral, así como calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.