ESTATUTOS ASOCIACIÓN DE PROFESIONAIS DOS CIM
Capítulo I.- Denominación. Ámbito. Enderezo. Finalidade.
Artigo 1. Co nome de ASOCIM constitúese unha entidade profesional independente que abrangue aos Centros de Información ás Mulleres de Galicia, non vencellada a ningunha organización ou organismo público afín. Rexerase polo disposto na Lei Orgánica 1/2002 de 22 de marzo que regula as Asociacións e demais disposicións legais vixentes que sexan de aplicación. Artigo 2. A asociación ASOCIM de profesionais dos Centros de Información ás Mulleres – CIM - é unha asociación sen ánimo de lucro, con plena personalidade xurídica e a capacidade de obrar precisa para a realización dos seus fins, exercer dereitos e disposición de bens, segundo á lexislación vixente que lle sexa de aplicación. O patrimonio da asociación administrarase autonomamente e será independente do patrimonio das súas socias e socios. O ámbito territorial desta asociación será o da Comunidade Autónoma de Galicia, lugar no que residen os CIM e as/os profesionais que neles desenvolven o seu labor. Artigo 3. O enderezo social da asociación de profesionais dos CIM terá a súa sede na avenida de Santiago,núm 65,2ºC da Estrada. C.P 36680 (Pontevedra). Este enderezo poderase trasladar a calquera outro lugar de Galicia, se así o decide a Asemblea Xeral. Artigo 4. A constitución da asociación é por tempo indefinido. A súa disolución, de ser o caso, decidirase pola Asemblea Xeral co voto dos dous terzos de seus membros presentes ou representados. Actuarán como liquidadores os membros da Xunta Directiva. A asociación poderá adoptar a decisión de fusionarse ou federarse con outras asociacións que teñan intereses e obxectivos semellantes, por decisión da Asemblea Xeral convocada para este obxecto. Serán precisos dous terzos dos votos dos membros presentes ou debidamente representados. Artigo 5. O obxecto principal da asociación é a defensa e representación dos intereses das súas asociadas e asociados, a promoción do recoñecemento social das/os profesionais dos CIM , a consolidación dos postos de traballo dentro da Administración local e a prestación dun servizo de 1