NOTA DE PRENSA ASOCIM CONTINÚA COA ROLDA DE CONVERSAS COS GRUPOS PARLAMENTARIOS CUNHA REUNIÓN CO PSOE Nas últimas semanas mantivéronse xuntanzas con En Marea e Partido Popular A ESTRADA, 10 de abril, 2019 –A presidenta de ASOCIM (Asociación de Profesionais dos CIM de Galicia) 1,
Margarita de la Calle, e a vicepresidenta da entidade, María Consuelo Cajide, mantiveron na tarde do martes un encontro coas representantes do grupo parlamentario dos Socialistas de Galicia María Luisa Pierres López, Patricia Otero Rodríguez e María Dolores Toja Suárez, Esta xuntanza forma parte da rolda de encontros que esta entidade está a realizar ao fin de trasladar e visibilizar as problemáticas que afrontan as persoas traballadoras dos CIM (Centros de Información á Muller). Tras realizar unha enquisa sobre a situación laboral do persoal técnico que forma parte da asociación detectáronse numerosas problemáticas que van desde o non cumprimento do decreto que regula os centros de información á muller á necesidade de formación especializada e de calidade pasando por situacións de inestabilidade laboral ata a escaseza de persoal e sobrecarga de traballo. Durante a reunión, as representantes de ASOCIM alertaron do impacto negativo destas problemáticas tanto no servizo que prestan os CIM como na súa xestión diaria e, finalmente, nas usuarias. Outros dos asuntos abordados foi necesidade de explorar novas fórmulas como a mancomunada para que a implantación territorial dos CIM en Galicia sexa completa e abranga a tódolos concellos, especialmente a aqueles que aínda non contan con este servizo. Así mesmo, as representantes da asociación reclamaron información especializada e de calidade para o persoal técnico dos CIM recordando que, malia o aumento das súas competencias coa suma de novos colectivos (menores e LGTBI+) aos que atender, nin se contratou persoal especializado nin se formou axeitadamente ao xa existente.
PARA MÁIS INFORMACIÓN: DEPARTAMENTO DE COMUNICACIÓN DE ASOCIM GALICIA Tlfno: 636 792 073 | Correo electrónico: prensaasocim@gmail.com / asociacionprofesionaiscim@gmail.com
1 Desde a súa constitución en 2015, ASOCIM traballa na promoción do recoñecemento social das/os profesionais dos CIM. Asi mesmo loita contra a discriminación e busca promocionar activamente a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres como garantía dos dereitos humanos e liberdades fundamentais.