ASOCIM MANTIVO UNHA XUNTANZA CON REPRESENTANTES DO GRUPO PARLAMENTARIO DO BNG

Page 1

NOTA DE PRENSA ASOCIM MANTIVO UNHA XUNTANZA CON REPRESENTANTES DO GRUPO PARLAMENTARIO DO BNG  Con este encontro a entidade pecha a rolda de encontros cos grupos parlamentarios A ESTRADA, 02 de maio, 2019 –A presidenta de ASOCIM (Asociación de Profesionais dos CIM de Galicia) 1,

Margarita de la Calle, e a vicepresidenta da entidade, María Consuelo Cajide, mantiveron na tarde do martes unha xuntanza co grupo parlamentario do BNG na que participou a deputada, Olalla Rodil. No encontro mostrouse o compromiso de ambas instituciónS en traballar a prol da valoración, proxección e consolidación dos Centros de Información á Muller (CIM). Durante a reunión, as representantes de ASOCIM alertaron das situacións de inestabilidade e precariedade a nivel laboral que se están a dar en moitos dos Centros de Información á Muller. As problemáticas que afrontan as profesionais dos CIM son diversas e van desde o non cumprimento do decreto que regula estes espazos ata a escaseza de persoal e sobrecarga de traballo pasando pola necesidade de formación especializada ou a difícil implicación de actores sociais fundamentais para a loita contra a violencia de xénero nas mesas de coordinación local. Así mesmo, as representantes da asociación reclamaron información especializada e de calidade para o persoal técnico dos CIM recordando que houbo un aumento das súas competencias coa suma de novos colectivos (menores e LGTBI+) aos que atender. As técnicas e técnicos dos centros nin recibiron nin están a recibir formación sólida e de calidade nestas materias o cal repercute negativamente na atención que se presta a estes colectivos. Outros dos asuntos abordados foi a necesidade de explorar novas fórmulas como a mancomunada para que implantación territorial dos CIM abranga a tódolos concellos, especialmente a aqueles que aínda non contan con este servizo. Actualmente non existe equidade territorial ao respecto da implantación deste servizo e son moitos os concellos, especialmente no rural lucense e ourensán que non contan con espazos de información, asesoramento e acompañamento para as mulleres vítimas. Tamén se tratou o estado das axudas ás vítimas da violencia de xénero, especialmente daquelas destinadas ao acceso ao emprego, punto fundamental do proceso de independencia persoal das mulleres vítimas. Neste contexto, as representantes de ASOCIM trasladaron á deputada Rodil casos ilustrativos das trabas administrativas á hora de solicitar as axudas, mulleres ás que lles denegaron as axudas por tecnicismos ou por unha burocracia pouco flexible á realidade individual de cada caso. 1 Desde a súa constitución en 2015, ASOCIM traballa na promoción do recoñecemento social das/os profesionais dos CIM. Asi mesmo loita contra a discriminación e busca promocionar activamente a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres como garantía dos dereitos humanos e liberdades fundamentais.


Finalmente, as representantes de ASOCIM expresaron a súa preocupación polo funcionamento dos Puntos de Encontro Familiar. En Galicia hai sete puntos de encontro, número insuficiente que xera, entre outros problemas, grandes listas de espera. Ademais, o servizo está a funcionar nunhas condicións precarias ao non contar con persoal suficiente nin todo o preparado que debería. Ambas entidades entenden que o servizo debería ser xestionado pola administración e non estar externalizado como sucede agora, e que os protocolos dentro dos Puntos de Encontro deberían estar homoxeneizados.

PARA MÁIS INFORMACIÓN: DEPARTAMENTO DE COMUNICACIÓN DE ASOCIM GALICIA Tlfno: 636 792 073 | Correo electrónico: prensaasocim@gmail.com / asociacionprofesionaiscim@gmail.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.