ASOCIM REÚNESE CON EN MAREA PARA ANALIZAR A SITUACIÓN DOS CIM

Page 1

NOTA DE PRENSA ASOCIM REÚNESE CON EN MAREA PARA ANALIZAR A SITUACIÓN DOS CIM 

Un dos temas abordados foi o da controvertida figura do coordinador parental

A ESTRADA, 19 de febreiro, 2019 – A presidenta de Asocim (Asociación de Profesionais dos CIM de Galicia)1, Margarita de la Calle, e a secretaria da entidade, Montserrat González, mantiveron onte pola tarde unha xuntanza cos representantes do grupo parlamentar de En Marea, Paula Quinteiro e Marcos Cal, na que se abordaron, entre outras cuestións, as problemáticas dos CIM (Centros de Información á Muller) e a controvertida figura do coordinador parental. A reunión, solicitada polo grupo En Marea a Asocim, tivo lugar no Parlamento de Galicia. En primeiro lugar tratouse a actual situación dos Centros de Información á Muller. A presidenta de Asocim insistiu en que a principal reivindicación da entidade é “que se dote a estes espazos do persoal necesario” e que se traballe “para reforzar a estrutura xa existente”. Actualmente, os CIM afrontan problemáticas moi diversas que, por outra banda, son específicas de cada centro. “A realidade do CIM de Burela non é a mesma que a do CIM de Mos”, explicou De la Calle; “e o CIM dunha cidade como Santiago non pode ter o mesmo persoal que o CIM de Santa Águeda”. Neste sentido, as representantes de Asocim entregarán a En Marea os resultados dunha enquisa realizada ao persoal técnico dos CIM pertencentes á asociación sobre a súa situación laboral. A enquisa articúlase en torno a cuestións como a calidade do lugar de traballo, a opinión sobre os puntos de encontro, a inxerencia política no funcionamento dos CIM, as necesidades formativas ou a motivación do persoal. No tocante á figura do coordinador parental, as representantes de Asocim compartiron a inquedanza da entidade ante unha medida que non atende ás necesidades dos menores e que xoga en detrimento das vítimas, especialmente das que non denuncian. A secretaria, Montserrat González, incidiu en que os menores tamén son vítimas da violencia e que a figura do coordinador parental

obvia os seus dereitos e necesidades. Cómpre recordar que,

recentemente, oito organizacións sociais galegas 2 -entre elas Asocim- mobilizáronse en contra da 1

Desde a súa constitución en 2015, ASOCIM traballa na promoción do recoñecemento social das/os profesionais dos CIM. Asi mesmo loita contra a discriminación e busca promocionar activamente a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres como garantía dos dereitos humanos e liberdades fundamentais.

2 As entidades foron a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (Agamme), Marcha Mundial das Mulleres (MMM), Sindicato Labrego Galgo (SLG), Rede de Mulleres Veciñais de Vigo, Asociación de Axuda a Vítimas de Agresións Sexuais do Baixo Miño (Adavas Baixo Miño), Observatorio da Mariña pola Igualdade, Asociación Fuco Buxán e Asocim (Asociación de Profesionais dos CIM de Galicia)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.