ASOCIM RECLAMA REFORZAR OS SERVIZOS DE ATENCIÓN ÁS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO ESPECIALMENTE NO V

Page 1

NOTA DE PRENSA ASOCIM RECLAMA REFORZAR OS SERVIZOS DE ATENCIÓN ÁS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO ESPECIALMENTE NO VERÁN  Entre xuño e xullo deste ano 11 mulleres foron asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 de xullo, 2019 – Dous novos casos de violencia de xénero en dous días. Cos

asasinatos de Calpe (Alicante) e Vilalba (Lugo) xa son 1009 as mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas desde 2003 e 34 no que levamos de 2019. Durante a época estival obsérvase unha preocupante tendencia: o aumento dos crimes machistas. Nos meses de xuño, xullo e agosto de 2016, 2017 e 2018, un total de 40 mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou exparellas, segundo recollen as estatísticas da Delegación do Goberno para a Violencia Machista. Concretamente, o pasado ano durante este período contabilizáronse 19 crimes machistas e este verán, aínda con xullo por finalizar, xa son 11 os casos. A que se debe este aumento? Segundo Miguel Lorente, exdelegado do Goberno para a Violencia de Xénero, varios factores inflúen no incremento de asasinatos machistas no verán, causas que facilmente poden darse noutras épocas do ano de similares características como o Nadal. Llorente destaca que o descenso do ritmo laboral ou o cese da actividade mesma pode levar a que vítima e agresor pasen máis tempo xuntas e, polo tanto, a que a violencia que se viña exercendo ata ese momento aumente, así como os conflitos vencellados á convivencia con outros membros da familia. No caso das exparellas, as rutinas vense suspendidas polas vacacións algo que o maltratador pode interpretar como perda de control sobre a vítima levándoo a reforzar máis a presión e o control. Tendo en conta a confluencia de feminicidios durante estes meses, ASOCIM (Asociación de Profesionais dos CIM de Galicia)1 reclama o reforzo de todos aqueles servizos dirixidos a atención e protección das mulleres especialmente no verán, época na que varios dos factores presentes de forma perenne na problemática da violencia de xénero vense reforzados; o que supón un aumento da vulnerabilidade das vítimas (mulleres e menores).

1

Desde a súa constitución en 2015, ASOCIM traballa na promoción do recoñecemento social das/os profesionais dos CIM. Asi mesmo loita contra a discriminación e busca promocionar activamente a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres como garantía dos dereitos humanos e liberdades fundamentais.


Os Centros de Información á Muller Actualmente hai máis de oitenta CIM distribuídos por toda a xeografía galega, son espazos de referencia nos que as mulleres atoparán asesoramento e acompañamento da man dun cadro de persoal especializado e multidisciplinar que abordará as súas necesidades desde a intervención social, a axuda psicolóxica e a orientación xudicial.

PARA MÁIS INFORMACIÓN: DEPARTAMENTO DE COMUNICACIÓN DE ASOCIM GALICIA Tlfno: 636 792 073 | Correo electrónico: prensaasocim@gmail.com / asociacionprofesionaiscim@gmail.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.