PRETO DE 120 PROFESIONAIS AMPLÍAN A SÚA FORMACIÓN EN ATENCIÓN E INTERVENCIÓN CON VÍTIMAS DA VIOLENCI

Page 1

NOTA DE PRENSA PRETO DE 120 PROFESIONAIS AMPLÍAN A SÚA FORMACIÓN EN ATENCIÓN E INTERVENCIÓN CON VÍTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO  Trátase da primeira actividade formativa organizada por ASOCIM A ESTRADA, 17 de setembro, 2018 – O salón de actos do SERGAS en Santiago de Compostela acolleu esta

mañá, entre as 10.00 h a as 14.30 horas, a xornada ‘Violencia de Xénero: enfoque actualizado en materia de menores, estatuto da vítima do delito e orde de protección europea. Avances no Pacto de Estado’, primeira actividade formativa organizada pola Asociación de Profesionais dos CIM (ASOCIM 1). A xornada, enmarcada dentro do plan de formación en violencia de xénero para profesionais dos Centros de Información ás Mulleres de Galicia, congregou a preto de 120 profesionais co obxectivo de ampliar os seus coñecementos para a mellora na atención e intervención no traballo en relación á atención a mulleres vítimas da violencia de xénero e aos seus fillos e fillas, vítimas tamén desta violencia. A actividade contou coa participación como poñentes da fiscala delegada de Galicia para a Violencia contra a Muller, Rosalina Carrera Cotado; a xuíza de 1ª instancia do xulgado número 12 de Vigo, Mª Paz Filgueira Paz, e a Fiscala de Violencia de Xénero na Fiscalía de Santiago de Compostela, Pilar Fernández Pérez. Durante o acto de apertura, a presidenta de ASOCIM, Margarita de la Calle, destacou que a formación especializada e actualizada resulta fundamental para que o persoal dos CIM “poida ofrecer ás usuarias un servizo de calidade e seguir avanzando na súa loita diaria contra a violencia de xénero”. Así mesmo, quixo agradecer “a enorme dispoñibilidade e colaboración da Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López, e da Subdirectora Xeral para o tratamento da violencia de xénero, Belén Liste” polo seu apoio na organización e difusión desta xornada.

PARA MÁIS INFORMACIÓN: DEPARTAMENTO DE COMUNICACIÓN DE ASOCIM Tlfno: 636 792 073 Correo electrónico: asociacionprofesionaiscim@gmail.com

1 Desde a súa constitución en 2015, ASOCIM traballa na promoción do recoñecemento social das/os profesionais dos CIM. Asi mesmo loita contra a discriminación e busca promocionar activamenta a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres como garantía dos dereitos humanos e liberdades fundamentais.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.