O copg oferta unha actividade impartida por unha psicóloga que emprega a teoría sap

Page 1

COMUNICADO DE PRENSA O COPG OFERTA UNHA ACTIVIDADE IMPARTIDA POR UNHA PSICÓLOGA QUE EMPREGA A TEORÍA SAP

A ESTRADA, 11 de maio, 2018

O próximo 19 de maio o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acollerá unha xornada formativa impartida por unha psicóloga e mediadora que, en opinión de ASOCIM, non debería ter cabida no programa de actividades do COPG polas súas valoracións sobre o síndrome de alienación parental (SAP) e por prestar servizos especializados en “situacións de alienación parental”, tal e como publicita na súa páxina web. O SAP foi un recurso creado en 1985 polo médico norteamericano Richard Gardner no contexto dun proceso xudicial pola custodia dos fillos. Gardner sostiña que, no marco dun litixio pola tutela, un dos proxenitores (a nai en máis do 90% dos casos) aliena ó menor en contra o pai. Gardner nunca proporcionou probas sobre as súas teorías porén o SAP popularizouse. Ningunha asociación profesional nin científica recoñeceu o SAP e a teoría foi rexeitada tanto pola Asociación Americana de Psiquiatría como pola Organización Mundial da Saúde. Xa en 1996, a Asociación Americana de Psicoloxía, advertía de que non existía evidencia científica que avalase o SAP. No noso país, o uso xudicial do SAP está desaconsellado. Na Guía práctica de la Ley Orgánica 1/2004, de 28 de diciembre, de Medidas de Protección Integral contra la Violencia de Género (2016) publicada polo Consello Xeral do Poder Xudicial advirten do preocupante que é o uso do SAP para tratar de explicar e solucionar problemas de relación entre pais e fillos e recomendan non empregar esta teoría que tachan de “pseudo-científica”. Ademais, o Grupo de Traballo de Investigación sobre o mal chamado Síndrome de Alienación Parental (2010) creado polo Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller, presentou un informe no que determinaba que o SAP era “un elemento que podía danar gravemente a protección dos e das menores”. Ante a cantidade de evidencias do negativa que é a teoría SAP, a ausencia de base científica e as numerosas reclamacións de entidades do ámbito político, civil e lexislativo en contra dun recurso que resulta


prexudicial para os e as menores, ASOCIM pide ó COPG que non ofreza un altavoz a profesionais que traballan baixo o paraugas dunha pseudo-ciencia que perpetúa a desigualdade de xénero, promove unha idea negativa da muller (a manipuladora) e desvaloriza os testemuños de menores vítimas de abuso ou violencia por parte dun proxenitor.

PARA MÁIS INFORMACIÓN: DEPARTAMENTO DE COMUNICACIÓN DE ASOCIM GALICIA Tlfno: 636 792 073 Correo electrónico: prensaasocim@gmail.com / asociacionprofesionaiscim@gmail.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.