UNHA CONVERSA CO CIM DE BUEU

Page 1

UNHA CONVERSA CO CIM DE BUEU "Non se pode atender a unha muller se che está a soar o teléfono deseguido e a xente chama a túa porta solicitando atención. Se non hai unha auxiliar administrativa o servizo non é de calidade"

Desde ASOCIM falamos con Montserrat González, asesora xurídica e directora do Centro de Información á Muller de Bueu, para coñecer de preto o día a día deste CIM que conta cunha avogada e unha psicóloga mais non ten adscrita unha auxiliar administrativa o que “dificulta o desenvolvemento do traballo diario” do centro. O persoal dispón de menos tempo para atender ás usuarias por ter que ocuparse de tarefas administrativas que non son propias da dirección técnica. No ano 2019 o CIM de Bueu atendeu 425 consultas, das cales 54 foron remitidas por vítimas de violencia de xénero. A pesares de non existir unha usuaria “tipo”, o 70% das consultas proveñen de mulleres con idades comprendidas entre os 24 e os 54 anos de idade con problemas de ruptura de parella, con fillas e fillos ao seu cargo e con problemas de incorporación ao mercado laboral. En canto ao asesoramento xurídico, o réxime de visitas dos fillos e as fillas ou o impagamento da pensión alimenticia por parte do pai, son dos temas nos que máis se demanda asesoramento xurídico. Así como a solicitude de asistencia xurídica gratuíta e información xeral sobre os dereitos e obrigas existentes nos casos de cese de convivencia. Como apunta Montserrat González, asesora xurídica e directora do CIM de Bueu, "é sorprendentemente frecuente que a estas alturas do século as mulleres non coñezan os seus dereitos e teñan medo ás ameazas das súas parellas se deciden rachar unha relación que non consideran digna”.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
UNHA CONVERSA CO CIM DE BUEU by ASOCIM - Issuu