UNHA CONVERSA CO CIM DE BURELA

Page 1

UNHA CONVERSA CO CIM DE BURELA "No noso pobo conviven máis de corenta nacionalidades e atendemos un alto número de mulleres estranxeiras, de tal forma que supoñen aproximadamente a metade das persoas atendidas"

Co obxectivo de coñecer en maior profundidade o traballo e as singularidades dos Centros de Información á Muller galegos conversamos co CIM de Burela. Un CIM caracterizado por atender a mulleres de diversas nacionalidades. Marzuka González Pernas, a súa directora e administrativa, Rocío Valle Fraga, a asesora xurídica, e Cristina Cayón Pardo, a psicóloga, explícannos en que consiste o seu labor diario e que impacto ten a pandemia da COVID-19 nel.

O CIM de Burela naceu fai 23 anos, en setembro de 1997, e foi un dos primeiros Centros de Información á Muller da comunidade. A metade das usuarias atendidas son estranxeiras xa que no concello burelés, de tan só 7,8 quilómetros cadrados, conviven máis de corenta nacionalidades, existindo unha importante comunidade de orixe caboverdiana e peruana. No último período subvencionable rexistraron 178 fichas de mulleres en situación de vulnerabilidade. As consultas máis frecuentes que reciben teñen que ver con permisos de residencia e nacionalidade, axudas económicas, medidas paternofiliais ou comunicacións relacionadas coa migración. Por poñernos en situación, cales son as especificidades do voso CIM? O CIM do Concello de Burela foi dos primeiros de Galicia. Foi creado en setembro de 1997, fai xa 23 anos. Na actualidade compoñemos o CIM tres persoas: a directora, a


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
UNHA CONVERSA CO CIM DE BURELA by ASOCIM - Issuu