UNHA CONVERSA CO CIM DE RIBADEO "É importante que a nosa situación laboral se adapte ás particularidades dos nosos postos, como é cun salario adaptado á categoría profesional e unha clasificación independente na RPT"
Desde ASOCIM conversamos con Luísa Couceiro, directora e avogada do Centro de Información á Muller de Ribadeo desde que comezase a funcionar, en setembro de 2004. Tras case dúas décadas de compromiso diario acompañando ás mulleres no seu camiñar cara ao apoderamento e a unha vida libre de violencias machistas, o traballo de Luísa no CIM chega a súa fin. Falamos con ela sobre o impacto da COVID-19 ou os proxectos que levan desenvolvendo desde este centro e facemos balance. O CIM de Ribadeo abriu as súas portas polo mes de setembro do 2004, nel traballan actualmente unha avogada, Luísa Couceiro Rodríguez, que se encarga tamén de xestionar a dirección do centro e está contratada a xornada completa e unha psicóloga, Fiamma Prada Lens, que acode ao CIM dous días por semana. Durante o 2020, este Centro de Información á Muller atendeu a un centenar de usuarias e rexistrou máis de duascentas consultas. No que levamos de ano, foron corenta as mulleres atendidas e resolveron preto de cen consultas. A crise sanitaria, económica e social derivada da COVID-19 marcou o ano 2020, que impacto tivo a pandemia no traballo diario do CIM? Considera que a adaptación a esta nova realidade xa está encamiñada tanto pola vosa parte como por parte das usuarias? Observouse que a raíz da pandemia vivimos unha parálise na captación de novas usuarias, das mulleres que padecen algún tipo de violencia machista. Só se estaba