UNHA CONVERSA CO CIM DE RIBEIRA

Page 1

UNHA CONVERSA CO CIM DE RIBEIRA "Se a realidade dos CIM é a falta de persoal, isto faise máis patente aínda nos concellos de máis poboación. Non podemos ofrecer unha atención de calidade cando temos que estar movendo permanentemente a axenda" Falamos con Dolores Crujeiras, asesora xurídica e directora do Centro de Información á Muller de Ribeira, sobre a actividade do CIM e como é o día a día do persoal técnico. Neste centro atenden unha media de 500 consultas e 150 mulleres ao ano e botan en falta máis persoal para facer fronte á gran carga de traballo, xa que non contan con persoal administrativo e a psicóloga só está a media xornada. Co cal, as xestións administrativas recaen na directora do CIM e os servizos sociais encárganse de organizar as citas. O CIM de Ribeira atende a usuarias deste concello e doutros municipios próximos, como son Porto do Son ou a Pobra do Caramiñal. A tipoloxía das consultas é variada, desde problemáticas derivadas de conflitos de parellas, casos de violencia de xénero ou de índole económica (desafiuzamentos, reclamacións de cantidade). En que se caracteriza o voso CIM? En Ribeira atendemos principalmente a usuarias deste concello, aínda que tamén de Porto do Son e da Pobra do Caramiñal. Ocasionalmente veñen dalgún outro municipio. Atendemos de media unhas 500 consultas cada ano e a unhas 150 mulleres aproximadamente. No CIM estamos faltos de persoal: non contamos nin con persoal administrativo, nin temos dúas traballadoras a tempo completo, xa que a psicóloga só está a media xornada. A tipoloxía da consulta está vinculada a conflitos de parellas, especialmente con fillos/as, nos que en moitas ocasións subxace a violencia de xénero ou micromachismos que desgastan ás mulleres. Ademais de casos de violencia de xénero explícitos e máis graves, tamén atendemos


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.