Viajamos por el mundo

Page 1

CUADERNO DE VIAXE

2º Educación Primaria CEIP plurilingüe Antonio Palacios


que APRENDEMOS? O proxecto deste anos das viaxes tennos emocionados, estamos intrigadísimos por coñecer a vida doutras persoas en distinats partes do mundo e descubrir novos lugares, culturas... A nosa primeira parada nesta viaxe imaxinaria foi AUSTRALIA, unha illa de Oceanía situada entre os océanos Índico e Pacífico, un lugar de contrastes onde podemos atopar grandes cidades coma Sidney e espazos naturais tan asombrosos coma a Gran Barreira de Coral.

Por grupos investigamos os aspectos máis salientables do seu relevo, clima, flora e fauna, pero se temos que escoller algo que nos gustara escollemos os animais: koalas, canguros, emús, crocodilos e moooitos máis.

Aproveitamos o tema para facer unha visita o museo interactivo de Naturnova, alí falaronnos de moitas cousas pero sobre todo dun líquido que resulta esencial para as nosas vida e para o noso planteta, a auga. Aprendemos un montón de cousas e o mellor de todo foi que non nos rifaron por andar a tocalo todo!

Pero a nosa curiosidade levounos ata a experimentación recreando o hábitat dunha pranta nunha botella e observando as capas do solo e o ciclo da auga. Máis sinxelo pero non menos emocinante foi a recreación caseira dun tornado.


A lenda de Tiddalick, de tradición oral australiana, recordounos a riqueza en ríos e lagos de Australia e a problemática da sequía, tema que puidemos vivir de primeira man. Embalses valeiros, especies amenazadas, lumes... non perdemos detalle na prensa.

A arte aborixen australiana ademáis de interesante resultounos moi divertida e nos mesmos nos convertemos en artistas. A través de puntos representamos animais e elementos da natureza empregando lineas xeométricas, carai, para ser artista tamén fan falta as mates! Con todo, quedáronnos uns cuadros a mar de chulos!

O boomerang, o didyeridú, un lago de cor rosa, unha illa en forma de corazón, a ópera de Sidney... o único que nos faltou foi facer surf! Acabamos esgotados pero xa estamos a lidar a ver que aprendemos no noso próximo destino...


que APRENDEMOS? A segunda parada na nosa viaxe de investigación foi INDIA, unha península de Asia bañada polo océano Índico. O país das mil cores impresionounos polo seu río sagrado, o Ganxes, polas vacas paseando polas rúas e pola cantidade de coches das grandes cidades coma Bombai.

Coma sempre investigamos por grupos os aspectos máis salientables do seu relevo, clima, flora e fauna... Non sabemos se escoller o tigre ou a serpe coma animal favorito así que quedamos cos dous.

A nosa actividade de experimentación estivo directamente relacionada coa tecnoxía e a ecoloxía. A India estase a converter nun país punteiro coas súas investigacións sobre enerxías renovables e nós tamén estivemos a ver como podemos facer para contribuir ao coidado do noso planeta. Aínda que sexamos nenos podemos colaborar reducindo, reutilizando e reciclando o lixo. Imos ser uns superheroes da reciclaxe!

Pero se con algo quedamos impresionados foi coa historia da construcción do Taj Mahal, unha auténtica marabilla, pero canto lles debeu custar construílo! tardaron máis de 20 anos! E que coidado tiveron que ter para que quedara todo perfectamente simétrico! Si, si, que nos o comprobamos e se o dobramos pola metade seguindo o seu exe de simetría encaixa perfectamente!

As especies que empregan nas comidas, a vestimenta, o seu cine e a vida de persoas tan importantes coma Gandhi ou Teresa de Calcuta foron só algunhas das curiosidades que aprendemos. Cal será a nosa próxima parada? Soamente unha pista, mellor que busquemos un oasis...


que APRENDEMOS? A nova parada na nosa viaxe investigadora non foi un país senón un continente completo, África, e o máis importante de todo o que aprendemos foi que o ser un territorio tan amplo, o terceiro continente en extensión do planeta, non podemos xeneralizar xa que atopamos moita diversidade.

Este continente está situado entre os océanos Atlántico e Índico, o separa de Europa o Mar Mediterráneo e está unido a Asia polo itsmo de Suez. Composto por 54 estados fálanse arredor de 1700 linguas autóctonas ademáis de árabe, inglés ou francés.

Os principais ecosistemas africans son o deserto, a sabana e a selva así que cando investigamos por grupos os aspectos máis salientables do seu relevo, clima, flora e fauna, tivemos en conta que os animais e plantas que atopamos no deserto serían completamente diferentes dos que atopariamos na sabana ou na selva. No que non tivemos ningunha dúbida foi en que en África o león é o rei.

E xusto dun león falaba o conto do escritor africán Boniface Ofogo, O león Kandinga, co que estivemos a traballar, unha historia na que aparecían os diferentes animais da sabana a na que o seu protagonista quedaba so debido a súa maldade e o seu egoísmo.


De animais tamén foi o noso experimento que nesta ocasión consistiu en descubrir os animais ocultos segundo fosen diurnos ou nocturnos, e onde estaba o truco? en que para ver os animais diurnos empregabamos un filtro vermello e para os nocturnos un filtro azul e... tachaaan a maxia da luz e das cores facíaos aparecer!! Funciona, e senón probade na casa...

Da obra artística africana tamén falamos e fixemos a nosa propia recreación dunha pintura aborixen coa teacher Lorena en plástica e unha máscara que nos serviu para repasar as principais figuras xeométricas, non nos quedou tan chula coma a orixinal pero paréceselle bastante!

Pero se con algo quedamos impactados foi coa visita da nai de Alba, ela estivo nun campamento saharaui e viunos falar de como era a vida alí: durmían no chan, tiñan que sair da casa para ir ao baño, apenas tiñan auga e todo o que vían ao seu arredor era area e mais area... e con todo sempre estaban dispostos a compartir! Iso sí que é xenerosidade!

Por certo, que a nosa celebración escolar do Día da Paz tamén estivo ambientada en África, se queredes saber máis podedes visitar a web do cole e ver as fotos.

Pirámides, rosas do deserto, area auténtica do deserto, máscaras, billetes... cantas cousas interesantísimas puidemos aprender nesta viaxe pero agora toca cambiar de destino, ata onde iremos?


zo a p s E o d

que APRENDEMOS? Despois de visitar Australia, Asia e África queriamos un novo destino que supuxera un reto, e dende logo que o foi, xa sabedes ata onde fomos? Ata O ESPAZO! Para preparar esta viaxe comezamos por unha toma de contacto no planetario itinerante que tiñan no CPI de Ribeira, así que cos ollos e as orellas ben abertas transportámonos ata o espazo exterior para observar de primeira man planetas, estrelas e asteroides. Pero non vos creades que xa estabamos conformes co aprendido, todo o contrario queriamos aprender mais e mais, así que por grupos puxémonos mans a obra.

U n g r u p o i n v e s t i g a b a a Te r r a , o s s e u s movementos, a que daban lugar e que consecuencias tiñan para nós, e aínda que falar de rotación e traslación ao principio parecía un pouco dificil agora xa o temos máis que dominado.

A lúa, as súas fases e consecuencias na natureza foi outra das investigacións. Apoiándonos no calendario lunar anotamos os cambios que se producen na observación da lúa, porque temos clarísimo que a lúa é sempre igual, que o que cambia é o noso punto de vista... Xa somos todos uns expertos e podemos explicarllo a calquera na nosa caixa de luz!


A Osa Maior, Orión, Leo, Casiopea, milleiros de estrelas agrupadas en constelacións, e milleiros de curiosidades para investigar... o que de verdade nos deixou abraiados foi saber que as estrelas cambian de cor dependendo da súa temperatura e que as estrellas vermellas xa están chegando ao final da súa vida, que sí, que sí, que aínda que nos non o apreciemos hai estrelas vermellas!

E aínda nos quedaba outra investigación que facer, o sistema solar, coa súa estrela, o sol, e o os oito planetas xirando ao seu redor. Para iso aproveitamos as aplicacións que nos ensinaran a manexar os nosos padriños e desfrutamos curioseando cada recuncho da nosa galaxia. Se aínda non o viches na web do cole está o video desta experiencia.

Pero sabedes que foi o mellor de todo desta investigación? que aprendemos uns dos outros, observando e compartindo cos nosos compañeiros o que íamos descubrindo, porque traballar, traballamos un montón. Mirade ben que maquetas tan chulas fixemos coas familias e que súper telescopio nos prestaron!


onas z a m A do

que APRENDEMOS? A nosa última parada investigadora levounos ata América do sur, e máis concretamente ata a conca do río AMAZONAS, e temos que dicir que foi unha viaxe do máis doce...

Coma noutras ocasións, por grupos investigamos os aspectos máis salientables do seu relevo, clima, flora e fauna e neste caso profundizamos no río, onde nace, a súa desembocadura e coma é o territorio polo que discorre xa que atravesa practicamente todo o continente de oeste a leste. Impresionáronnos as súas paisaxes e non puidemos evitar imaxinar coma seria navegar en canoa por esas paraxes.

Outro dos aspectos investigados foron os pobos indíxenas que viviron nese territorio fai anos e descubrimos parte do seu legado. O que máis nos gustou foron os avances agrícolas dos aztecas porque grazas as súas plantacións de cacao coñecemos o chocolate!!

E dicimos isto porque fascinounos todo o proceso de recolección do cacao e a súa transformación ata chegar ao chocolate e tan metidos estabamos no tema que ata fixemos unha cata de cacao puro para comparar o seu sabor co chocolate negro e co chocolate con leite. Podemos dicir que aprender é do máis saboroso!


E coma a curiosos non nos gaña ninguén, unha cousa levou a outra e acabamos estudando a roda dos alimentos, os diferentes tipos de alimentos, os efectos na nosa saúde e a necesidade dunha dieta sá e variada. Tamén é certo que quedamos tranquilos cando descubrimos que con moderación o chocolate pode ser bo porque é un alimento altamente enerxético e de todos é ben sabido que os nenos precisamos moita enerxía.

Pero se temos que destacar algo desta investigación é a nosa visita ao obrador de Rosquillas Regino. Alí ademáis de coñecer un pouco a historia da familia puidemos ver de primeira man coma é o proceso de elaboración, recepción e almacenaxe da materia prima, o amasado, o proceso artesanal e a mecanización do traballo... e así un cento de detalles que nos deixaron coa boca aberta!

Seguro xa tedes probado as deliciosas rosquillas de Regino pero non vos podedes imaxinar que ricas están quentiñas recén feitas!! Si, si, probámolas e ben que chupamos os dedos!!


ia c i l a G de

que APRENDEMOS? A nosa viaxe investigadora chega ao seu fin. Ao longo de todo o curso estivemos percorrendo os cinco continentes tratando de coñecer a vida doutras persoas en distintas partes do mundo e descubrir novos lugares, culturas... Rematamos esta viaxe onde a comezamos, en Galicia, pero antes de dala por finalizada quixemos profundizar no seu coñecemento. A nosa comunidade autónoma está situada no noroeste da península ibérica, está formada polas provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Limita ao norte co mar Cantábrico, o sur con Portugal, o oeste co océano Atlántico e o leste con Asturias e Castela e León.

Coma xa é habitual investigamos por grupos, e un dos aspectos nos que nos paramos foi nas súas cidades: o número de habitántes, a súa superficie, que podemos visitar, as celebracións máis importantes... así descubrimos que Santiago de Compostela é a capital, que Vigo é a cidade máis poboada e que se imos a Lugo non podemos deixar de visitar a súa muralla.

Despois de tanto viaxar xa somos todos uns expertos e ata nos atrevemos a planificar as nosas propias viaxes, así que para practicar organizamos unha visita a un castelo galego, eso si, imaxinaria, e non nos faltou detalle, seleccionamos o castelo (Pambre, Soutomaior, San Antón e Sobroso), o localizamos no mapa e fixemos tódolos preparativos: horario de apertura, prezo da entrada, aspectos de interese da visita... Cando queirades podemos ir, xa o temos todo controlado!!


As diferentes celebracións foi outro dos aspectos que despertou a nosa curiosidade, xa investigaramos o entroido en Galicia, pero será por festas... cada localidade ten as súas a cada cal máis interesante. E como empataron na selección contámosvos que a rapa das bestas e os maios foron as máis votadas, así que si queredes ver unha rapa das bestas típica no deixedes de visitar Sabucedo!

A nosa lingua e literatura tamán forman parte da nosa riqueza cultural, e coma tales, as traballamos. Aproveitamos para profundizar na v i d a e o b r a d a M a r í a Vi c t o r i a M o r e n o , homenaxeada no día das Letras Galegas 2018. Mar adiante, Eu canto, ti cantas e A festa no faiado foron algunhas das súas obras e con elas elaboramos uns carteis a mar de chulos!

Pero ainda nos quedaba a mellor parte, o parque natural das Illas Atlánticas. Investigamos a diferenza entre illa e arquipélago e descubrimos os seus ecosistemas e por que e un espazo protexido. Para rematar, non poida ser doutro xeito, fomos de excursion de fin de curso ata a illa de Ons para comprobar de primeira se era certo todo o que aprenderamos... iso sí que é vivir unha aventura!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.