O PRINCIPIO DA MAXIA Estaba eu na cama cando percibín algo estraño. O meu pai,o rei non estaba no castelo, pregunteille a todo o reino e ninguén sabia nada, entón decidín emprender un longo viaxe para encontralo. Atopábame no portón dos nosos dominios cando os gardas pararon en seco a miña camiñata eu saltei o muro cando non miraban e encontreime cun animal estrano que díxome exactamente quen era eu e deume un libro de “maxia”. Seguín a viaxe só cunha espada e a roupa que levaba posta, aínda me pareceu moi estrano que soubera todo iso o animaliño. Probei a practicar un pouco os “feitizos” do libro a ver se funcionaban e collinlle o truco. Despois atopeime a unha nena cunhas pinturas que me deteu e dixo que loitaramos, pero eu dixen que non, e pintou un símbolo raro no chan e saíu unha torre altísima na que estaba ela, e atacoume con varios símbolos con distintos poderes. Escalei a torre e vinme nunha encarnizada batalla da que saín vitorioso pero notei como se houbese morto miles de veces. Logo de tres semanas en combates con persoas moi poderosas alguén coñecido acercouse e axudoume na viaxe, era meu mellor amigo !Kiryl!. Chegamos ata un castelo enorme no que vivía o suposto xefe das persoas que me atacaron, dixomo o seu mellor home. Pasei e loitamos, primeiro levaba unha capa con capucha negra e non o distinguia aínda que despois de varios feitizos caéuselle e non evitei ver que era o animal do muro do reino. Entón explicoume o seu plan e sentín un baixón de enerxías, coma se me pegaran a paliza mais grande da miña vida, e ganeille, todo volveu a normalidade no reino, por agora. “Que bo videoxogo, sorte que o comprei”. Saúl
Amor Eterno Venres 4 de Febreiro nacen Clara e Hugo no hospital da cidade. Catorce anos despois Clara xa é una bonita nena delgada, de pelo largo e castaño de ollos marróns. Hugo xa feito un home delgado, alto forte rubito de pel e cabelo e de ollos azuis. Ambos viven na mesma rúa, pero inda non se coñecen. Clara e as súas amigas deciden ir dar un paseo para celebrar o cumpleanos desta. Comendo un xeado e falando pola rúa, Clara, fisaxe nun rapaz, Hugo, que ia nun grupo de chicos que pasan polo seu lado, tropezou e caeu por unhas escaleiras que daban ao parque. -Oeeeeeh! Escoitame?- Clara, cos ollos cerrados, non reconoceu a voz. Abriu os ollos: ”Eres tí”pensou cando veu o chico que lle cámara a atención mentres a miraban as súas amigas- Que pasou? -Case te matas - Dixo en tono sarcástico - Hola, eu son Hugo. -Grazas por axudarme. Ergueuse e preguntou: -Hoxe e o meu aniversario, queredes vir tomar algo connosco? -Que casualidade! Tamén e o meu aniversario. Iremos encantados. Despois daquela celebración Hugo e Clara foron inseparables e incluso namoraronse un do outro. Anos máis tarde, un día de choiva, Hugo,chegou con malas novas a casa de Clara. -Voume mudar a Nova York durante 10 anos. Marcho a semana que ven. -Queééé-éé? Por qué? -Destinaron o meu pai é… -Non pode ser-interrumpiu- Dime que non é verdade.- Coa boca aberta a Clara caeulle unha lágrima. -Queróche dicir unha cousa xa que vou marchar… Estou namorado de ti dende o primeiro momento no que te vin. Clara cerrou ollos despazo e empezou a chorar: Eu… Tamén estou namorada de ti… Estaba claro, o seu amor era imposible. As casualidades os habían xuntado pero as circunstancias os separaban. Vivían coa esperanza de volverse encontrarse. Alexia
O Gran Misterio Era un bonito día na miña vila, Lara estaba desexando que chegaran as seis, xa que empezaba o adestramento de ximnasia rítmica, a súa aflición favorita, ademais dábaselle moi ben. Chegou a hora de empezar, colleu o aro e lanzouno, a súa adestradora, Rebeca, fora buscar unha botella de auga facía xa dez minutos e Lara empezarase a preocupar, xa que tardaba moito, empezou a buscala polo pavillón, xa que como era novo podería haberse perdido, non a encontraba cada vez estaba mais nerviosa. Fora a sala de aparatos, a pista, a sala onde empezaban o adestramento, a de ballet, unha parte onde se relaxaba moito e a música de fondo era moi suave, non como a de competición que eran mais fortes para marcar ben o ritmo, tamén fora os vestiarios, pero nada seguía sen aparecer. Agora era a nai de Lara quen buscaba a súa filla, estaba en pista seguindo cos lanzamentos, a chamou. -Ola Lara, chamou Rebe que se tiña que ir. -De acordo entón vamos para casa. Volveron a casa, e pasou algo moi pero que moi estraño, non había ninguén, sempre adoitaban estar o seu pai e a súa irma Nuria, foi o xardín e de repente escoitou unha palabra, sorpresa!! Eran a súa os seus amigos, os familiares e alí estaba Rebeca, por fin a encontrara, a festa era por como loitaba por conseguir seu soño, tendo que pasar por moitas dificultades, ela quería ser unha ximnasta olímpica.
Lucía
Ter un can é complicado Un día un neno chamado Daniel foi a casa do seu mellor amigo Charlie, sorprendeuse do que mirou, o seu amigo regaláranlle un can. Cando chegou a casa lle dixo a nai: -Mamá a Charlie regalaronlle un can moi bonito. -E para que me contas isto? -Por que eu tamén quero un. -Non, por que logo sempre o bou a ter que cuidar eu, ti xa me entendes! -Iso non é verdade. -Basta!, che digo que non. Pasou tempo e xa tiña esquecido o tema do can. Estaba a xogar co seu amigo ao baloncesto no parque, e despois dun tiro a pelota escapou e foi rodando ata debaixo dun arbusto. Foi a buscala, colleuna e cano levantou a vista, viu a un home descoñecido paseando da man da súa nai e espirrando xa que cerca se atopaba un can. Marchou para casa pensativo, e o cabo dun rato chegou a súa nai con ese home. Lle dixeron que eran noivos desde fai dous meses e que se ían casar moi pronto e vivir con eles. -Como se chama? - Pedro. -É alérxico os cans? -Non, por que? -Por que antes cando vos vin no parque pasou un home cun can e empezou a espirrar. -Vale si. -E por iso que non podo ter o can? Eu no o ía meter dentro da casa. -Mercareino si Pedro esta dacordo. Finalmente, Pedro acepta, pero tiñan que respectar unha serie de normas para que non lle afectara e o tiña que cuidar. Ao día seguinte cando ían a mercalo atopáronse cun can ferido, a familia de Daniel lle deu tanta pena que o adoptaron. Marcos
O PELUCHE DE ELA Érase unha vez, Ela, unha nena de 7 anos moi guapa de pelo castaño e longo, nariz chatiña e brazos e pernas finiñas. A súa fermosura non podía ocultar a tristeza duns ollos de cor marrón verdoso. A súa familia era moi pobre, e só tiña un xoguete, e para ela era o mellor do mundo, pois pasaba moito tempo xogando co seu oso de peluche de cor marrón e ollos de botóns que lle regalara a súa avoa polo seu sétimo cumpre anos. Pintaba, xogaba, cantaba, eran amigos inseparables, e incluso lle contaba os seus maiores segredos. Un día, a nai, limpou o cuarto da nena mentres estaba na escola, e sen querer, caeulle o oso nun cubo con lixivia. Estropeouse e a nai tirouno ao lixo. Cando chegou a nena fixo os deberes, e ao rematar, como non encontraba o seu oso, preguntoulle a nai, e esta dixo: - Caéuseme na lixivia e tireino. A nena, foise moi triste porque non sabía que facer sen o seu oso. Ocurriuselle sentarse nunha cadeira e ver como pasaba o tempo, pero aburriuse e foi visitar ao seu veciño e amigo Xulián; xogaron a moitas cousas pero enseguida se cansaron. Entón foi xunto o seu pai, Benito, pero estaba moi ocupado. Despois, foi xunto a súa nai, Olivia. para axudala a facer cousas. A nai contenta, de ter unha axudante, mandoulle recados...., sen pronunciar unha soa palabra, ata que foi noite e foron cear e durmir. Meteuse na cama e sentíase sola sen o seu oso. Era moito mais cun peluche, os adultos sempre estaban ocupados facendo cousas ou lle mandaban recados. Durmiuse, caendo unha bagoa pola súa meixela, pensando cando se darían conta os adultos do que é importante para unha nena. Jennifer
Lupe e Lope no bosque Érase unha vez dous cans chamados Lupe e Lope que foron ao bosque a xogar co seu dono Ían. Mentres descansaba nunha rocha, Lope e Lupe xogaban polo bosque logo. Ían deuse conta de que faltaba Lope e empezou a chamalo: -Lope! Lope! Onde estas! Non aparecía e púxose como tolo a buscalo polo bosque, despois de media hora atopou uns pelos de Lope detrás duns toxos e viu unhas pegadas moi grandes, ao velas asustouse xa que non tiña claro si eran dun animal ou un humano e decidiu seguilas xa que quería atopar ao seu bo amigo Lope. Tivo que andar por carreiros, cruzar un rio e camiños polos que non estivera ata que de súpeto viu unha casa moi estrana, parecía encantada. Mirou pola fiestra a un home moi estrano, era moi alto coa barba e o pelo da cabeza moi longo. Ían asustouse moito ao ver que preto do home había unha pota e pensou que quería cociñar ao can. Agochouse para buscar o teléfono e chamar á policía pero, de súpeto, viu que na pota estaba a cocer unhas herbas e sorprendeuse cando viu que Lope estaba moi contento
e o señor non paraba de acariñalo.
Rapidamente foi a chamar á porta: -Ola son Ían, perdín ao meu can. Non se será este que me atopei no bosque, estaba perdido e tróuxeno para que me fixese compañía xa que vivo só nesta casa -Si, si que é, pero si queres un can de compañía vai parir Lupe e regáloche un cachorro dos que traia e mentres Lope estará contigo É así foi, cando Lupe pariu déixolle un cachorro e fixéronse moi amigos Iker
Unha semana de cans, nun mal soño Ai… menos mal que se acabou a semana porque non o aguantaba máis, debeu ser a peor do mes, porque no é de amor e delicia precisamente.Pasoume de todo Un día As oito o depertador estropease, chego tarde o traballo e botarame una boa bronca. As catro termina a xornada e voume a casa, por o camiño rompe o coche, intento chamar a grúa pero non teño batería. Oito e media chego a casa camiñando e non teño comida no conxelador e paso sin comer, poño o despertador que tíña de reposto po día seguinte. O día seguinte Pola maña pensaba que o do onte fora un soño e non sucedera de verdade e sigo durmindo, despertome e vou tarde outra vez ao traballo. Entro na oficina e o xefe dime que si se repite outra vez estou despedido, e teño que hacer horas extras para compensalo. Cando chego a miña casa, teñoa patas arriba porque o gato e o can pelexaron. Poño todo no seu sitio e voume a durmir. No outro día Estropease o bus e non chego a tempo. Despidenme do traballo . De volta a casa, o veciño dime que me entraron a roubar e o deixaron todo roto. Voume a cama a durmir e pensar noutra cousa. O último día da semana Vólvome a quedar durmido hasta as nove e media da mañan, levántome a toda presa e cando estaba na porta doume conta de que non era venres se non sábado.
E cando despertó do meu soño. Cando despertei todo fora un mal soño, nada disto pasara de verdade, o que si pasou foi que me quedei durmido , e si que cheguei tarde ao colexio. Espero que nunca me pase este soño na vida real. David
UN ROBOT NO DESERTO Un día pola maña un neno e unha nena chamados Noa e Iván, estaban camiñando polo deserto, derrepente pasa unha criatura estraña non sabian o que era, eles seguiron camiñando tranquilos cando volve pasar a criatura facendo un son moi estraño, coma este - piupiu - Quen e ?. Dixo Iván - Non sei, pero non te preocupes que estou eu aquí Noa non se preocupou. A criatura volve pasar facendo outro son diferente ao de antes, este son -guauguau -Volveu a pasar?, pero que e esa criatura, e porque fai diferentes sons?Dixo Noa -Agora Iván xa podes estar mais asustado porque eu si o estou Eles moi preocupados por se era un extraterrestre ou un dinosauro, foron pra súa casa. Unha vez na casa preguntáronlle ao seu pai se el virá algo ou se escoitara algo estraño, pero el non virá nada nin escoitara nada, o seu pai díxolle que el estivera facendo un robot que lle axudaba no deserto pra axudarlle no traballo pero tamén di que ese robot cada vez que traballa fai uns sons moi estraños e diferentes cada día. Noa xa entendera o que facía eses sons tan estraños era aquela criatura que verán era o robot do seu pai. Despois de todo o que sucedera Noa e Iván sempre estaban co robot éo seu pai axudando no traballo. Cando Noa e Iván xa eran mozos eles fixeron como o seu pai un robot que lle axudara co traballo pero a eles levaralle moito mas tempo co robot do seu pai (claro no deserto e cos adiantos que hai hoxe en día tenra que ser moito mas difícil). Aroa
A perrera máxica Todos os cans non queren estar abandonados,conta Buck aos seus amigos rueiros.Veredes existe un lugar que se chama canceira, pero non as que pensades, senón unha máxica. Os amigos de Buck empezaron a preguntarse uns aos outros de cómo será ese lugar tan máxico. É a máis especial do mundo.Veredes os chans das gaiolas son como as nubes máis brandiñas e suaves do mundo e os barrotes son fíos de lá de brillantes cores. A gaiola está perfumada con aroma de lavanda que ningún can quere quedarse sen cheirarla. Pero o que ocurre e que chega un momento no que te adopta xente moi cariñosa. Pero os seus fogares non son como ese lugar tan lexendario para os cans. Esquecín diciros que por fora parece de xoguete e a comida que che dan e marabillosa, coma un buffet. Os paseos duran dous o tres horas ao día. Iso e marabilloso.O que ten de lexendario e o cariño e o aprecio que lle teñen as persoas aos cans....De pronto os amigos de Buck lle preguntaron como eran as persoas desa canceira.Pois veredes a máis amable e, sobre todo, Nadelina que é unha rapaza de cabelos rubios, ollos azuis e una boca pequena. Entonces,mentras eu describia a Nadelina, acercouse unha xoven e saludounos. Eu reconocin a Nadelina e contesteille cun ladrido de amizade. Entonces levounos ao sitio que tanto describira e eu a partir de agora axudaría a encontrar máis cans rueiros.A partir de agora ningún can volvera a pasar fame. Palabra de Buck.
Judith
O neno perdido O home, Xosé, levantouse dun salto porque tivera un pesadelo destos que non podes durmir durante uns cantos días . Foi a cociña a por un vaso de leite para baixar o medo que tiña e logo foi a cama dos seu fillo para deixarlles o diñeiro do ratiño Pérez e cando entrou , comprobou que o fillo non estaba , el pensou nervioso –
Debe estar no baño, por iso non esta na cama- dixo en voz baixiña
Despois dun rato escoitou un ruído no corredor e foi a ver . Non viu nada e xa pasara unha hora. Pasou o tempo ata que chegou a maña seguinte e o home contoullo a muller -Viches que o neno non estaba na cama pola noite -Non , non me fixei amor- dixo a muller estrañada Foron a chamar a policía para que investigaran o tema... Cando chegaron so fixeron unha inspección do cuarto e forons , é o pai estrañado e cabreado dixo -Iso , para iso viñechedes pero facer unha inspección mais a fondo , non? Logo o pai foi ao servizo e viu pegadas coma dun neno cara a bañeira . O pai impresionado dixo -Seguro que e o neno Abriu a ducha e estaba o neno sentado como durmido , o despertou . –
Me tiñas preocupado Gabriel , que facías nese lugar?
–
Nada que no medio da noite quixen darme unha ducha e quedei durmido dentro dela do cansado que estaba -Anda , date unha ducha parvo- dixo o pai medio rindo -Vale papi – dixo o neno despreocupado
Caso resolto, dixeron o pai e a nai.
Yair.
Area 51 Vou relataros unha historia bastante rara sobre dous adolescentes, a historia comenza.... Unha mañá de verán uns adolescentes tiñan planeado unha viaxe cara ó area 51, non era calquera base militar. Alá facíanse moitos experimentos raros e tamén viron abistamentos de ovnis. Os compañeiros inciaron a viaxe, un queixasabase porque tiña fame e estaban en medio dun deserto. Non moi lexos viron un restaurante , pero non admitían máis xente xa que estaba cheo e seguiron polo camiño que as levaría a área 51 , ata que no seu camiño atoparon cunha anciá e os orientou cara o seu destino. Os adolescentes seguiranos e de pronto, viron achegarse un coche patrulla Os adolescentes foron por onde viñeron por la llanura ven o coche das ancianas envolto en fogo os adolescentes quedaron de pedra .Cando chegaron a casa un destello los deixounos cegos, tempo despois
despertáronse estaban atados a una cadeira e un home vestido de negro
preguntoulles que viron viron . Os adolescentes coa pel blanca non souberon rospender e volveron a quedarse durmidos. Cando despertaron solo viron a escuridade tiñan unha bolsa atada á cabeza e polos rebotes pensaron que estaban nun coche. Ao cabo duns minutos soltaronos e puxeronos de rodillas, sacáronlle as bolsas y foron as criaturas, sen saber onde estaban los xovenes viron unha estrana gasolineira con comida e agua. De súpeto sonou o despertador.