CEIP PLURILINGร E ANTONIO PALACIOS LETRAS GALEGAS 2014 REVISTA Nยบ 27
ÍNDICE Recuncho da anpa A liña do cine (5º A) Xosé María Diaz castro (6º) To the cinema in english (2º) Plasticoff (5º B) Pasapalabra (4º) Proxecto “imos ó cine” (5 anos) Un ano de película (3 anos) Caligramas monumentais (3º) Un entroido de cine (2º) Le ballon rouge (1º) Crucigrama Peter Pan (4 anos) Culture quiz “the cinema” (5º A) San patricio (5º B) Entrevista a Raúl, o conserxe (4º B) Orla 6º
RECUNCHO DA ANPA A Xunta Directiva quere aproveitar a oportunidade que nos brinda o colexio para recordarvos que dende esta asociación traballamos co obxectivo de conseguir que tódolos nenos e nenas teñan a oportunidade de ocupar o seu tempo de lecer, mentres que adquiren hábitos saludables a través do deporte e actividades culturais, favorecendo deste xeito a educación integral dos nosos fillos e fillas. Algunha das actividades que ofertamos este ano son as seguintes: patinaxe, baile moderno, natación, taekwondo, baloncesto, multideporte, inglés, balonmano,… No festival que celebraremos no colexio o vindeiro 3 de xuño poderedes ver o que fan os nenos e nenas en todas estas actividades.
Ademais xestionamos o servizo de aula matinal (de 7:45 a 8:45) e de sobremesa (de 15:00 a 16:00) para todos aquelas familias que precisen deixar aos nenos antes na escola ou recollelos máis tarde. Dende a Xunta Directiva queremos recordarvos que para poder levar a cabo todo isto precisamos contar coa participación e colaboración das familias, facéndose socias co fin de acadar unha mallor subvención e poder así abaratar o custo das actividades.
CINE: Abreviatura de CINEMATOGRAFÍA. Técnica que consiste en proxectar fotogramas de forma rápida (24 por seg.) Os inicios do cine remóntanse a finais do século XIX en Francia, coa primeira proxección, en 1895, no Salón Indien du Grand Café, en París, duns obreiros saíndo dunha fábrica.
5º
A
A D L O IÑ CI A NE
XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO Xosé Mª facía poemas con alegría, naceu o 19 de febreiro e dos irmáns el foi o terceiro, no ano 1914 e foi un home con sorte, en Guitiriz e viviu moi feliz, na aldea de Vilares onde había moitos lares. Os seus pais eran galegos e, ademáis, labregos, acompañado de tres irmáns e unha tía, traballaba noite e día. Na súa casa había unha biblioteca con moitos libros e libretas e alí aprendeu a ser un gran poeta. Estudou en Buriz un pobo preto de Guitiriz despois na escola da Conchada onde había moita rapazada. Seu pai era escribinte e el foi o seguinte, en 1926 gañou o primeiro concurso de narración e o seu pai alegrouse un montón. En 1929 marchou a Mondoñedo e estudou nun Seminario galego alí coñeceu a Aquilino Iglesias Alvariño que o inspirou con moito cariño. Publicou poesías no “Progreso de Vilalba” ás que se entregou en corpo e alma. En “Pasionaria” e “Pensamento” demostrou o seu talento, escribiunas en galego e falaba dos labregos. Dous cadernos de poesía escribiu con alegría, en galego e castelán moitas poesía había, de natureza e relixión poesías tiñan un montón. “Follas verdes” e “Follas ao aire” perdéronse no tempo e para a súa carreira isto foi un contratempo. En 1936 ingresa no exército, no corpo de Sanidade, onde tivo moita actividade, vai ao frente en Asturias pero non o pode soportar e regresa a Pontevedra para traballar. Escribiulle a Teresa, para el unha princesa, era unha madriña de guerra e no 1954 casou con ela.
No 1939 volta ao seminario onde seguirá estudando pero con falta de ánimo, Aquilino ofreceulle un posto de mestre en Vilagarcía e el sabía o que facía era mestre de latín e inglés e exercía con moito interés. Co poema “Nascida dun soño” gañou os “Xogos Florais” unha gran alegría para os seus pais.
No 1946 volta aos Vilares porque estrañaba os seus lares aproba as oposicións e adica parte da súa vida a tradución, despois abandona os Vilares e visita outros lugares. Traballou no Ministerio de Gobernación facendo traducións sen ningunha complicación. Durante tres anos ensinou linguas modernas e clásicas que para el eran básicas. No 1952 vai a Instituto de Cultura e deixou de escribir. Vaia loucura!! A finais dos sesenta recibiu varios diplomas por saber tantos idiomas e iso foron noticias boas. En Madrid escribiu para revistas e diarios que eran moi valorados-. Francisco Fernández del Riego nomeouno poeta fundamental porque non o facía nada mal. No 1959 fixo o seu 1ª recital poético aínda que non era a súa dedicación, el prefería a tradución. En 1984 deu o seu segundo recital en Guitiriz e fixo á xente moi feliz, o presentou Manuel María ao que lle impresionaba o que Xosé Mª facía. No 1985 volveu a Galicia a súa terra ben querida. Participou en varios actos para homenaxear ao seu amigo Aquilino Iglesias Alvariño. No 1990 morreu en Lugo por problemas cardíacos e del só nos queda un libriño. Xosé María escribíu <<Nimbos>> que é a súa única obra. Pero…, chégalle de sobra! Un libro de poemas que é brillante coma as xemas no que descubrirás 23 poemas de distintintos temas. Este poemario tivo moita influencia nos poetas da lingua galega , pola súa preocupación por Galicia , A nosa terra! Publicouse no mes de xullo e provocou moito murmurio no ano 1961 pola editorial Galaxia que casi fai maxía. “Penélope” é un dos poemas e outro Nimbos, sabedes? Tamén escribíu manuscritos, todos eles moi bonitos un deles foi “Dulce pajarillo alado”, un poema non ilustrado; outro é “Temblorosa” que é unha poesía moi fermosa; o último é “ Sencillo amor”, un poema que brilla con ardor.
TO THE CINEMA, IN ENGLISH. Os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria tamén incluiron o cine como un dos temas a tratar na área de plástica, aprendendo moito vocabulario en inglés relacionado co cine. A aula converteuse por un tempo nunha sala de cine e elaboramos a nosa caixa de palomitas e gafas 3D. Non podíamos estar máis preparados para ir ver unha película!!!!
Quedou todo moi ben!!!
RECOMENDAVOS ECO-CINE Os alumnos de 5ºB puxemos en marcha neste curso o proxecto PlasticOFF coa intención de reducir a grande cantidade de plástico que chega ao colexio nas merendas , a partir de aquí o noso proxecto medrou ata recolectar os envases de plástico incluso do comedor. Creemos na necesidade de coidar o medio ambiente xa que o plástico está invadindo os océanos chagando a formar auténticas illas de basura, e este plástico chega ata nos mediante os peixes que consumimos pois eles comen ese plástico confundindoo con algas e placton. Xa que este ano o colexio ten por tema central o cine, desde PLASTICOFF queremos xuntar cine e ecoloxía , así que imosvos recomendar algunhas películas que axudan a tomar conciencia da necesidade de coidar o medio ambiente. 1. BAMBI (EEUU, 1942) Uns cazadores matan a nai de Bambi quedando orfo. 2. O LIBRO DA SELVA ( EEUU,1967) Mowgli vive cos animais que o salvan dende bebé e aprende que estes temen ao ser humano. 3. O REI LEON (EEUU,1994) as hienas apropianse do hábitat dos leóns e rompen o ecosistema. 4. POCAHONTAS (EEUU,1995) Pocahontas e a súa comunidade india teñen unha especial relación coa Natureza e os animais que se ven amenazados coas invasións de conquistadores que buscan ouro e outras riquezas. 5. ICE AGE (EEUU 2002) Un grupo de animais teñen que buscar un novo lugar onde vivir polo problema do desxeo. 6. IRMAN OSO (EEUU 2003) Un humano que oida os osos aprende a convivir con eles. 7. HAPPY FEET ( EEUU 2006) Un grupo de pingüíns emperador teñen problemas por culpa da contaminación. 8. WALL-E (EEUU 2008) Un pequeno robot intenta solucinar os problemas da contaminación do seu mundo. 9. RIO ( EEUU 2011) Blue e supostamente o último guacamayo da súa especie. 10. LORAX ( EEUU 2012) Crónica da difícil situación do medio ambiente. 11. A TROPA DE TRAPO (España 2014) uns pequenos monecos de trapo tentan solucionar problemas do medioambiente.
XOGO: identifica estas imaxes coas películas da lista anterior.
PASAPALABRA (elaborado polos alumnos e alumnas de 4º) ¿Queres comprobar canto sabes de cine? Pois xoga co noso Pasapalabra adiviñando as seguintes palabras!
Comeza por A: Persoa que representa un personaxe nunha obra de teatro ou nunha película Comeza por B (2 palabras): Música dunha película Comeza por C: Proceso de selección de actores para traballar nunha película Comeza por D: Persoa que dirixe unha película Comeza por E: Persoa que ve unha película no cine ou na televisión Comeza por F: Fotografía ou imaxe dunha película cinematográfica Comeza por G: Persoa que elabora o guion dunha película Comeza por H: O seu nome escrito nunha montaña asóciase á industria do cine estadounidense
Comeza por I (2 palabras): Película de animación da prehistoria protagonizada por un mamut e un tigre dentes de sabre Comeza por J (2 palabras): Protagonista da película Piratas do Caribe Remata en K: Película de animación infantil protagonizada por un ogro verde e un burro Comeza por L: Película cinematográfica de máis de 60 minutos. Pode ser usado como sinónimo de película Comeza por M (2 palabras): Vídeo documental que mostra como se fixo unha película Comeza polo N: Nome do peixe pallaso que protagoniza unha película de Disney Pixar Comeza por O: Premio cinematográfico que concede anualmente a Academia estadounidense a actores, directores… Comeza por P: Persoa que financia os gastos da elaboración dunha película. Contén o Q: Reprodución a escala pequena dun edificio, lugar… usadas habitualmente en películas. Os alumnos de 3º e 4º fixeron unha este curso sobre o relevo de costa e de interior Comeza por R: Filmar unha película Comeza por S: Conxunto de ilustracións mostradas en secuencia que sirven como guía para rodar unha película Comeza por T: Resumo ou avance en imaxes dunha película Comeza por U: Película protagonizada por un ancián na que unha casa voa levada por uns globos Comeza por v (3 palabras): Voz que se escoita nunha película sen que se vexa quen é o que fala Comeza por W: Segunda palabra do título en inglés da película A guerra das Galaxias Comeza por X: Título dunha película protagonizada por un grupo de superheroes, entre eles Lobezno, Magneto e Tormenta Remata en Y: Compañía de debuxos animados mais importante do mundo. Tamén é o nome dunha canle infantil de televisión Comeza por Z: Obxectivo dunha cámara que permite acercarse ou separarse dunha imaxe
Os nenos e nenas de 3Âş estivemos traballando o paso do tempo e fixemos de historiadores. Podedes coĂąecer os distintos monumentos deste xeito tan divertido peroâ&#x20AC;Ś COIDADO!!! Non vaiades marearvos ao ler!
Prehistoria
Idade Antiga
Idade Moderna e Idade Contemporรกnea
Idade Media
Pascal é o protagonista da película Ballon Rouge. É un neno de 6 anos coma nós que un día de camiño á escola atopa un globo vermello atrapado no alto dunha farola. A partir dese momento neno e globo fanse amigos e cada vez que Pascal se mete nun problema o globo vermello acode ao seu rescate .
Nós tamén quixemos ter un amigo coma o globo de Pascal, fixemos globos en equipo e nos atamos a eles nun mural.
Os globos tamén nos serviron para coñecer que hai nenos con autismo como Manuel.. Non está enfermo como algunhas persoas cren, nin ten unha discapacidade, o que lle ocorre é que se relaciona dun xeito diferente á maioría dos nenos e nenas.
O día 2 de abril, día mundial da concienciación sobre o autismo, vimos o vídeo de Manuel. Ese día quixemos contribuir cun pequeño xesto: colocar nas ventás globos azuis feitos por nós.
Nenos e nenas de 1ºA e 1ºB
CRUCIGRAMA PETER PAN
“ RAÚL, O NOSO CONSERXE “ O luns 28 de abril foi entrevistado polos alumnos de 4ºB o noso conserxe Raúl. Chamounos a atención sobre todo o seu currículo, entre os oficios que desempeñou destacan os de pintor, albanel, mineiro e o máis importante, conserxe no mellor colexio “Ceip plurilingüe antonio Palacios”. P: Raúl, ti quixeches ser conserxe ou tiveches que selo? R: Quería selo, antes de ser conserxe fun pintor que é o meu traballo. P: Raúl, cantos anos levas traballando de conserxe? R: Sobre catro. P: Raúl, traballaches nalgún sitio antes de ser conserxe? R: En moitos sitios, albanel, peón, pintor que é o meu desde os 15 anos, tamén traballei nas minas de carbón. P: Raúl, gústache esta profesión? R: Si porque vos portades ben, estase moi ben neste colexio. P: Raúl, traballaches de conserxe noutro sitio? R: Non, este foi o primeiro, estiven de pintor no colexio vello. P: Raúl, que zonas correspóndeche limpar? R: Todo o que se poida limpar. P: Raúl, cal é a zona máis dificil de limpar? R: A do patio, onde tirades os papeis. P: Raúl,algunha vez esquecícheste de apagar a calefacción ou pechar as xanelas? R: A calefacción sí, as xanelas pola conta que me ten non. P: Raúl,consideras que o teu traballo é fácil ou difícil? R: Segundo se vexa, depende do que toque arranxar, hai cousas fáciles e outras en cambio difíciles.
P: Raúl,tes descanso durante a xornada laboral? R: Sí, dúas tardes. P: Raúl,aproximadamente cantas horas pasas no colexio? R: Ás veces 10,9,8,non hai hora. P: Raúl,a que hora termina a túa xornada laboral? R: Entro sobre as 7:45 até as 14:00 e das 16:00 até as 19:00-19:30. P: Raúl,que é o máis bonito do teu traballo? R: Que vos portedes ben, eu tamén, que vos levedes ben cos profesores, cos pais, que sexamos como unha familia. P:Raúl,quédanche moitos anos para xubilarte? R: Quédanme dous anos. P: Raúl,algunha vez entraron os ladróns? R: Tentárono pero non.