formación en servicios biblioteca educación para docentes

Page 1

Biblioteca da Facultade de CC da Educaci贸n: ww.educacion.udc.es/biblioteca HORARIO 8.30 a 21.30 luns a venres


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

Introducción: Globalización económica e cultural, rápidos cambios tecnológicos e impacto das tecnologías da información e comunicación “Sociedade do coñecemento”: – Obsolescencia dos coñecementos é cada vez máis rápida. – Manterse ao día sobre unha disciplina implica dedicar moito tempo á formación e información. – Necesidade dunha serie de estratexias para poder buscar e seleccionar a información máis relevante e útil. – Aprendizaxe ao longo da vida e a adquisición de habilidades para xestionar a información.


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

Mapa de ruta: ¿Qué preciso?

Utilizarei

Atoparei

Saber se temos unha publicación na Biblioteca

Catálogo da biblioteca

Se temos a publicación e se está ou non dispoñible

Material audiovisual para completar os contidos dunha clase

Catálogo da Biblioteca

Películas, documentais…

Saber qué revistas ten subscritas a biblioteca

Listado A/Z da web da Biblioteca

Títulos de revistas, referencia bibliográfica e saber se teñen ou non acceso electrónico.

Saber que revistas hai no meu campo de investigación

Directorios de revistas: Ulrich's, a base de datos do ISSN, Journal Citation Report.

Títulos de revistas cos datos editoriais e no caso do Ulrich tamén as bases de datos que as indizan, e no JCR o factor de impacto

Un estudo máis profundo

Bases de datos

Referencias de artigos de revista ou o artigo a texto completo

Realizar unha procura bibliográfica

Podes solicitala na biblioteca ou ben realizala tí mesmo/a utilizando as bases de datos

Unha bibliografía sobre un tema específico.

Realizar unha bibliografía sobre un tema determinado

Catálogos de bibliotecas Bases de datos

Libros Artigos de revista

Xestionar as miñas citas bibliográficas para facer unha bibliografía ou traballar con elas

Os xestores de citas bibliográficas: Refworks ou Endnote.

Poderei ter tantas bibliografías como queira actualizadas e co estilo para citas bibliográficas do meu campo (APA, p.e).


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

Mapa de ruta: ¿Qué preciso?

Utilizarei

Atoparei

Manterme ao día sobre o meu traballo

Crear unha alerta informativa nas bases de datos do meu interés. Acudir a foros e listas de distribución

Información actualizada.

Coñecer as citas que teñen os meus traballos

As bases de datos do ISI (SSCI, JCR, Latindex, Eric, Scimago, IN-RECS...)

O impacto dos meus traballos

Quero publicar un artigo ou un traballo científico

Repositorios dixitais

Un espazo aberto no que dar maior visibilidade ao meu traballo

Unha ferramenta dinámica para poder poñer os contidos do curso, os exames, e ao mesmo tempo que podan participar os meus alumnos/as.

As utilidades que ofrece a web 2.0, son gratuítas, sinxelas e permiten a comunicación social. Ou a plataforma Moodle.

Blogs, wikis, plataformas de autoaprendizaje.

Mercar libros para a Biblioteca ou o Departamento

Entrar na intranet da Facultade

Facilidades para solicitalos ás librerías nas que merco habitualmente, saber sempre os libros que pedín, se están xa na biblioteca, se están esgotados ou se están pendentes de recibir, o saldo que me queda.

Colegas que traballan no mesmo ámbito.Discusións vivas sobre o tema


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

Préstamo • Nova normativa de préstamo • Documentos que se poden levar en préstamo. • Documentos con características especiais: –Teses –Test –Depósito –Referencia –Revistas


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

Catálogo da UDC

• Todos os documentos catalogados na UDC • Se o documento está ou non dispoñible • Ubicación á que pertenece • Consultar o meu rexistro de usuario/a


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

Catálogos de bibliotecas: Ademáis do catálogo da Biblioteca da UDC podedes consultar outros coma por exemplo:

o Catálogos colectivos REBIUN: É o catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Universitarias Españolas. Pola amplitude dos seus fondos (máis de 70 bibliotecas) é unha fonte de información moi interesante. Catálogo CBUC: é o catálogo colectivo do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Catalunya.

o Directorios de catálogos de bibliotecas universitarias Bibliotecas universitarias y de investigación españolas (CSIC) Libweb: directorio internacional


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

Libros electrónicos A Biblioteca está subscrita entre outros aos seguintes libros electrónicos: ACM Digital Library : Informática Espasa Universal LION (Literature Online) máis de 350.000 obras a texto completo de literatura en lingua inglesa desde o século XVIII ata os nosos días. NetLibrary NetLibrary é unha plataforma de OCLC que ofrece ás bibliotecas académicas acceso a contidos electrónicos como apoio á investigación, referencia e aprendizaxe na Web. A colección accesible está formada por 979 libros electrónicos adquiridos e 3400 máis de libre acceso de distintas materias. Oxford English Dictionary


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

Material audiovisual para completar os contidos dunha clase Na Biblioteca estamos creando unha selección de cine de educación e psicoloxía como material de apoio á docencia. Contamos xa con máis dun centenar de películas en dvd, ademáis dunha colección de documentais. o Podes buscar títulos no catálogo. o Ou podes consultar o noso wiki de cine, no que tes unha selección por materias con moitos máis títulos que aínda non temos e que poden ter noutros centros. o Están en libre acceso na sala de audiovisuais.


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

Como localizar e/ou acceder ás revistas da Biblioteca da UDC o

As revistas académicas e científicas son o medio máis importante de transmisión do coñecemento científico.

o

A Biblioteca Universitaria ofrece acceso a gran número de revistas electrónicas, ben por subscripción directa ou ben a través da compra de paquetes electrónicos de forma consorciada coas outras universidades galegas.

o

Hai varias vías para localizar/acceder ás revistas da colección da Biblioteca: Catálogo da Biblioteca: para localizar as revistas en formato papel e papel/electrónico SFX: para acceder as revistas en formato electrónico Listado A/Z da Biblioteca Universitaria: para localizar revistas electrónicas por título de calquera materia. Listado A/Z da Biblioteca da Facultade de CC da Educación: para saber qué revistas temos na biblioteca en papel (abertas ou pechadas) e cales en versión electrónica. Acceso por proveedores: dende os portais dos distintos proveedores (Web da Hemeroteca)


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

1. Dende o catálogo da BUV A través do catálogo da Biblioteca localizarás as revistas en formato papel e tamén as que xunto ca versión en papel teñen unha versión electrónica, pero non todas as que recibimos en paquetes electrónicos. Se a revista ademáis da versión en papel, ten versión electrónica, debaixo dos datos da publicación aparecerá un enlace do tipo: Texto completo Sumarios Texto completo solicitar contrasinais Nos dos primeiros casos non é preciso identificarse, se premes no enlace conducirache á versión electrónica da revista, (salvo no caso das revistas de acceso libre, sempre e cando accedas dende a rede da Universidade da Coruña ou dende fóra a través do proxy) No segundo caso debes solicitar unha contrasinal


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

2. Dende o SFX ¿Que é? O SFX é un multibuscador que permite localizar todas as revistas e libros electrónicos subscritos pola Biblioteca a través do consorcio Bugalicia, así coma unha selección de títulos gratuitos. ¿Cómo podo acceder? Dende a Web da Biblioteca (nela tamén podes descargar unha guía de uso do SFX) Ademáis o SFX permite: Acceder ao texto completo de artigos, libros, actas de congresos, estándares, etc. Enlazar dende bases de datos referenciais ou desde os portais dos editores nos que aparece o botón SFX, ao texto completo dos artigos ou dos libros. Dispoñer, dende o menú que oferta o SFX, doutras funcionalidades como: consultar o catálogo web da biblioteca, buscar noutros catálogos, solicitar o documento a través do servizo de préstamo interbibliotecario, descargar as referencias en Refworks, coñecer o factor de impacto da revista, lanzar buscas en Google Scholar, etc.


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

3. Dende os Listados A/Z o

Web da Biblioteca Universitaria Listaxe cos títulos de revistas electrónicas subscritos pola UDC.

o

Multidisciplinar. Só revistas electrónicas

Web da Biblioteca de CC da Educación > Colección > Revistas subscritas na facultade Listaxe cos títulos de revistas subscritas pola Facultade e revistas electrónicas das nosas áreas do coñecemento

Ciencias da Educación e afins Papel (abertas e pechadas) coa sús localización na hemeroteca e electrónicas


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

4. Dende os Portais dos distintos proveedores ¿Qué son? Son portais onde se reúne unha colección de revistas-e (xeralmente dunha editorial) Contido Son mulitidisciplinares (a maioría) ou especializados nunha área determinada. Funcionalidades Persoalización, búsqueda no contido das revistas, creación de alertas, etc... Acceso: Dende a Web da Biblioteca > Biblioteca > Colección > Revistas Algúns portais con cobertura ampla en Ciencias Sociais: Taylor and Francis Cambridge Journals Online JSTOR Oxford Project Muse Ademáis dos portais que ofrecen acceso aberto: Revistas universitarias españolas DOAJ


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

Bases de datos o

Abranxen todas as áreas do coñecemento e permiten buscar información publicada en artigos de revistas, capítulos de libros, ponencias e congresos, teses, etc

o

Acceso: o o

o

Web da Biblioteca Universitaria > Bases de datos: Multidisciplinar. Web da Biblioteca de CC da Educación > Colección > Bases de datos : Ciencias da Educación e afins.

As utilizaremos para: o Realizar unha bibliografía sobre un tema determinado o Coñecer qué artigos hai sobre un tema do noso interés o Estar ao día sobre o noso traballo o Coñecer as citas que teñen as nosas publicacións o Buscar no contido das revistas, das actas de congresos ou das teses


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

Bases de datos máis destacadas para Ciencias da Educación: o Bases de datos do CSIC: Contén varias bases de datos bibliográficas elaboradas por diversas Seccións ou Centros do CSIC: referencias dos artigos de investigación en ciencia e tecnoloxía extraidos de revistas editadas en España desde 1979. o ERIC: Base de datos bibliográfica de educación e ciencias afíns, con covertura dende 1966. o PsycInfo: Base de datos elaborada pola American Psychological Association (APA), con cobertura internacional sobre Psicoloxía e disciplinas afíns como Psiquiatría, Educación, Socioloxía, Dereito, Farmacoloxía, etc. Cobertura dende 1806. Dialnet: Portal de difusión da producción científica hispana. Artigos de revistas, teses e libros. o Scopus: Base multidisciplinar que indiza máis de 14.000 publicacións científicas procedentes duns 4.000 editores, ofrecendo acceso aos resumos dende 1966, referencias, citas, enlaces ao texto completo dende 1996. Posibilidade de crear alertas. Inclúe o buscador científico Scirus o Web of Knowledge: É a plataforma de consulta de ISI (Institute for Scientific Information) que integra entre outros os seguintes productos: – Science Citation Index, Social Sciences Citation Index, Arts & Humanities Citation Index and ISI Proceedings – Current Contents – Medline


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

Estratexia de busca

Antes de mergullarte nunha base de datos debes planificar a túa procura bibliográfica e para iso crear unha estratexia. Os principais pasos que debes seguir son: -

Resumir o tema nunha frase ou en poucas palabras. P.e. “traballo sobre se é ou non ética a prohibición do uso do velo das mulleres musulamnas nas escolas públicas “

-

Seleccionamos as palabras mías importantes e lles buscamos sinónimos: velo, prohibición, escolas, educación, mulleres, musulmáns

-

Tradúceos a outros idiomas (castelán e inglés)

Palabras clave

velo

Muller/es

Musulam*

prohibición

Educación

or

veil

Wom?n

Islam*

censura

Escolas

or

hijab

Female*

Muslim*

prohibition

School*

or

burka

Islam*

censorship

College*

or

Islamic culture

Education


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

Estratexia de busca

-

Utilizando os operadores booleáns (and, or, not) e os paréntesis (nesting) podes ir creando ecuacións de busca.

-

Lembra que podes utilizar truncados (?*).

-

Combina cada set entre sí de novo cos operadores booleáns

Set 1

education or school* or college*

Set 2

(muslim* or islami*) or (veil or hijab)

Set 3

wom?n or female

Set 4

Prohibition or censorship


Estratexia de busca

-

Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

Avalía os resultados: - Se obtés poucos tenta ampliar a procura con algúns sinónimos - Se son moitos tenta limitala por data, idioma, punto de vista… - Se non obtiveches ningún: pode ser que teñas un erro nalgún término, que precises ampliar os sinónimos ou que a limitaches demasiado.

-

Cando atopes algún artigo do teu interés revisa os descriptores que utiliza para lanzar unha nova procura con ises términos.


Exportar resultados

-

Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

-

Case todas as bases de datos contan con opcións de texto completo, ben ofertados por elas ou ben a través do noso SFX. Todas as bases de datos permiten gardar, enviar por correo electrónico ou imprimir os resultados. A maioría ademáis dan a opción de exportalos a un xestor de referencias bibliográficas (Refworks ou Endnote)

-

Case todas as bases de datos permiter crear alertas bibliográficas: - Correo electrónico - RSS


Xestores de referencias bibliográficas

Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

o

Os xetores de referencias bibliográficas permiten organizar as referencias bibliográficas dos teus traballos, ben as obtidas dende unha base de datos ou ben as exportadas dun documento que teñas en word.

o

A UDC conta cun xestor de referencias Bibliográficas en liña: Refworks, ao que podes acceder dende a páxina web da Biblioteca. Só debes darte de alta, é moi doado, no teu correo recibirás as claves. Se o fas dende fóra da Universidade tes que introducir o "Código de grupo" que recibirás xunto co teu nome de usuario e contrasinal no buzón cando te rexistres ou podes conectarte a través do proxy.

o

Como está en liña poderás utilizalo dende calquera ordenador con internet e ademáis poderás compartir as referencias con outros colegas.

Titoriais en inglés: http://www.refworks.com/tutorial/ Guía básica en castelán: http://www.udc.es/biblioteca/GUIAS/ManualRefworks.doc Tamén podes utilizar o xestor Endnote, gratuíto a través do portal Web of Science.


Alertas bibliográficas •

Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

¿Qué é unha alerta informativa? É unha activación automática de novidades informativas sobre un tema, unha web, prensa…. Podemos activalas dende bases de datos, dende algunhas páxinas webs, blogs, wikis… ou dende lectores ou agregadores de feeds. Case todas as bases de datos ofrecenche esta posibilidade, de xeito que ti lanzas unha procura sobre un tema ou un autor e activando a alerta informativa recibirás automaticamente todas as actualizacións que se fagan.

Sistemas de recepción de alertas: -

-

Por correro electrónico: Normalmente as alertas informativas enviábanse por correo electrónico, saturándonos deste xeito a bandexa de entrada. Trátase do sistema máis tradicional e case todas as bases de datos ofrécenche esta opción. No teu lector de RSS. RSS é unha linguaxe creada a partir de XML e que sirven para distribuir noticias contidas en sitios webs. Cada vez son máis as bases de datos e portais electrónicos que ofrecen un sistema de alertas RSS. Só precisamos un lector e hai moitos gratuítos na web: Bloglines, Google Reader, Rojo, Netvibes. Ademáis o xestor de referencias bibliográficas, Refworks tamén dispón dun lector de rss.


Foros, listas de distribución e comunidades.

Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

¿Qué son? Son ferramentas que permiten colaborar a grupos de persoas con intereses comúns, debatir temas, intercambiar información, etc.

¿Onde atopar listas e foros?: RedIris: é a rede académica e de investigación nacional patrocinada polo Plan I+D+I. Inclúe un apartado onde podedes atopar listas de distribución por categorías.

As comunidades Ning. É outra alternativa aos clásicos foros de discusión. Trátase dunha ferramenta da web 2.0 coa que podes crear unha comunidade relacionada co teu tema ou engaadirche a unha xa creada do teu interés. Un exemplo pode ser a Comunidade de “Art Educaction 2.0” creada para a educación artística utilizando as ferramentas da web 2.0. O la comunidad ning de “Educación permanente”


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

Prácticas nas bases de datos 1. ¿Cómo acceder? - Dende a nosa web


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

Prácticas nas bases de datos 1. ¿Cómo acceder? - Dende a web do Servizo de Biblioteca


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

Prácticas nas bases de datos 2. Bases de datos do CSIC Contén varias bases de datos bibliográficas elaboradas por diversas Seccións ou Centros do CSIC: ICYT: contén referencias dos artigos de investigación en ciencia e tecnoloxía extraidos de revistas editadas en España desde 1979.


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

Prácticas nas bases de datos 3. ERIC - Promovida polo U.S. Departament of Education - Recolle as citas bibliográficas de artigos que son indizados e resumidos por Resources in Education (RIE) e Current Index to Journals in Education (CIJE). - Base de datos bibliográfica de educación e ciencias afíns, con covertura dende 1966. - Pode seleccionar a lingua da interface en preferencias. Rexistrarse previamente. - Permite RSS. - Page composer para crear webs. - Tutoriais e axuda: http://support.epnet.com/ > recursos internacionales


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

Prácticas nas bases de datos 4. Web of Knowledge

É a plataforma de consulta do ISI (Institute for Scientific Information) que integra entre outros os seguintes productos: – Science Citation Index, Social Sciences Citation Index, Arts & Humanities Citation Index and ISI Proceedings – Journal Citation Reports – Current Contents – Medline Novas funcionalidades. Cursos en línea, apuntarse en: http://www.accesowok.fecyt.es/news/2009/20090203.html


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

Web of Knowledge

A utilizaremos para: – – – –

Coñecer quén e cantas veces son citados os nosos traballos Facer procuras nunha materia determinada Seguir a liña de investigación dun traballo Ver cáles son as revistas máis punteras nunha área do coñecemento

Non permite exportar directamente a Refworks (competencia), debemos gardar primeiro os resultados e logo recuperalos.


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

AVALIACIÓN DA PRODUCCIÓN CIENTÍFICA: RPM (Medición do Rendemento da Investigación)

o A RPM é a disciplina que mide o rendemento dun investigador, unha colección de artigos seleccionados, unha revista, unha institución… o A avaliación do profesorado nas Universidades españolas xurde coa Ley de Reforma Universitaria (art. 45.3), no que se establece que se disporán procedementos para a avaliación periódica do rendemento docente e científico do profesorado universitario. Posteriormente, no Real Decreto 1086/89, de 28 de agosto , sobre retribuciones do profesorado se establece un sistema complementario ao de cada universidade para a avaliación docente de competencia estatal e se lle encomenda á Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora (CNEAI), que se crea por Orden Ministerial de 28 de diciembre de 1989 (derogada por Orden Ministerial de 2 de diciembre de 1994 ). o Na web da CNEAI (http://www.mec.es/ciencia/cneai) está toda a información e o procedemento a seguir para a avaliación da producción científica do profesorado universitario.


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

AVALIACIÓN DA PRODUCCIÓN CIENTÍFICA: RPM (Medición do Rendemento da Investigación)

o A convocatoria sae cada ano no mes de novembro. o Na web da Vicerreitoría de Investigación da UDC tes información sobre a convocatoria, os baremos e a clasificación das revistas por grupos. o As citas son unha das ferramentas fundamentais para a avaliación do rendemento de investigación. ¿Cómo podo saber se os meus traballos teñen algunha cita? Deberás consultar os ÍNDICES DE IMPACTO E ÍNDICES DE CITAS


AVALIACIÓN DA PRODUCCIÓN CIENTÍFICA: RPM (Medición do Rendemento da Investigación)

Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

o O fundamental: Web of knowledge Bases de datos de índices de citas do ISI: Citation Index e Journal Citation Reports. o Para revistas españolas temos a Base de datos IN-RECS: (Índice de impacto de las Revistas Españolas de Ciencias Sociales). Permite: a. Coñecer o impacto científico dunha revista, a súa evolución e a súa posición respecto ao resto das revistas da súa especialidade, utilizando distintos indicadores bibliométricos, como o índice de impacto. b. Coñecer qué publicacións citan unha revista e cales son as citadas por ela mesma, e así poder trazar afinidades e relacións científicas e coñecer o mercado editorial. c. Saber cales son os artigos máis citados dunha especialidade. d. Coñecer o impacto científico dos autores que publican nas revistas españolas. e.

Saber cales son as institucións máis citadas en cada


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

AVALIACIÓN DA PRODUCCIÓN CIENTÍFICA: RPM (Medición do Rendemento da Investigación)

Outros índices de impacto: o SCImago Journal Rank (SJR): un nuevo portal de indicadores científicos, que utiliza o índice H e non o SCI. oRESH. Revistas españolas de Ciencias Sociales y Humanas: valoración integrada e índice de citas (CINDOC) o DICE: Difusión y Calidad Editorial de las Revistas Españolas de Humanidades y Ciencias Sociales y Jurídicas (CINDOC/ANECA) o No caso de CC da Educación, como é un ámbito un pouco subxetivo á hora da avaliación cada vez utilízase máis o chamado “ÍNDICE H” que utiliza p.e Scimago Journal Rank y Scopus, a ANECA xa o está aceptando.


QUERO PUBLICAR UN TRABALLO CIENTÍFICO

Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

o Para que despois teña unha avaliación positiva da CNEAI: consultarei cáles son as revistas máis valoradas e tentarei publicar nelas os meus artigos. Podo consultar: Journal Citation Reports ou Scimago Journal Rank o Visibilidade: publicación electrónica nalgún REPOSITORIO INSTITUCIONAL Avantaxes: preservación dixital dos meus traballos e maior número de colegas que os lean. A UDC dispón dun repositorio institucional, o primeiro das universidades galegas e un dos primeiros a nivel nacional: UDCSpace, utilízao e axudarás a mellorar o prestixio da túa Universidade. Hai outros repositorios importantes: REPOSITORIO DIXITAL DAS UNIVERSIDADES CATALANAS, REPOSITORIO DIXITAL DA UPC , REPOSITORIO DIXITAL DA UCM o Publicar en revistas electrónicas do teu ámbito de interés. o Crear un espazo na web social no que publicar os teus traballos e permitir que outros investigadores os lean e aporten comentarios. Para iso podes utilizar: os blogs, wikis, slideshare… o Publicar a miña tese: podes engadila á base de datos máis importante neste campo a nivel internacional, que é ProQuest Dissertations & Theses (Proquest), e ademáis nalgún repositorio.


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

FERRAMENTAS DINÁMICAS: WEB 2.0

o A web 2.0 ou tamén chamada web social está basada en comunidades de usuarios/as e nunha serie de servizos que favorecen a colaboración e intercambio entre usuarios e grupos de usuarios/as. Entre os servizos que ofrece están os blogs, wikis e as folcsonomías. o É útil para: o Compartir os contidos da asignatura cos alumnos ou con outros colegas o Compartir presentacións o Facer probas con traballos en grupo


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

FERRAMENTAS DINÁMICAS: WEB 2.0

o Blogs o¿Qué son? Según a Wikipedia un blog, ou en español tamén bitácora, é un sitio web periódicamente actualizado que recopila cronoloxicamente textos ou artigos dunou varios autores, aparecendo primeiro o máis recente, onde o autor conserva sempre la liberdade de deixar publicado o que crea pertinente. o¿Cómo crear un? Se queremos crear un blog podemos optar por ferramentas gratuítas ou que requiren unha instalación e pago de aloxamento nun servidor. Entre as que non requiren instalación e son mási doadas de utilizar están: Blogger, LaCoctelera, Blogia, Bitacoras.com ou WordPress en versión gratuita. Entre os que requiren instalación e un poco de experiencia en deseño web: Wordpress, Movable Type ou Typepad.


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

FERRAMENTAS DINÁMICAS: WEB 2.0

o Wikis o ¿Que son? Os wikis son sitios webs nos que podes editar contados e ademáis podes dar acceso a quen queras para que tamén participe engadindo novos comentarios ou revisándos. O seu creador foi Ward Cunningham xa no 1995. Un exemplo é a wikipedia, ou o seus ompetidores: Scolarpedia, enciclopedias libre na que todos poden editar e definir un témino. o Como podo crear un wiki? Existen servidores gratuítos que proporcionan aloxamento e axuda para a creación dun wiki: Wikia, gratis pero con anuncios de google a la derecha, WikiSpaces, Wetpaint, SeedWiki ou Zohowiki. Calquera deles moi asistidos. Tamén podes optar por instalar o software no teu propio servidor, o cal ofrece máis opcións e tamén require un pouco máis de coñecementos informáticos e matemento. Unha selección está na wiki de Cunningham WikiWiki reference list que amosa diversos motores.


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

MERCAR LIBROS PARA A MIÑA DOCENCIA OU INVESTIGACIÓN

o O Regulamento de organización e funcionamento do Servizo de Biblioteca da UDC (aprobado polo Consello de Goberno do 22 de maio de 2008), no art. 2 deixa claro que:

“Integran os fondos bibliográficos e documentais do Servizo de Biblioteca todos os libros, as publicacións periódicas e os documentos adquiridos pola UDC con independencia do concepto orzamentario, obtidos con financiamento exterior ou doados por persoas físicas ou xurídicas e con independencia da súa tipoloxía documental ou do seu soporte material ou ubicación”.


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

MERCAR LIBROS PARA A MIÑA DOCENCIA OU INVESTIGACIÓN o Os docentes poden solicitar a compra de calquera monografía con cargo ao orzamento de Facultade (para docencia) ou ben de Departamento (investigación). o Procedemento: INTRANET da Facultade


Biblioteca da Facultade de Cc da Educación Guía práctica para coñecer e utilizar os servizos e recursos da Biblioteca da UDC 2008/2009

MERCAR LIBROS PARA A MIÑA DOCENCIA OU INVESTIGACIÓN o Se aínda non dispós das túas contrasinais de entrada preme en “Rexistrarse ou esqueceu o Contrasinal” e che serán enviadas por correo electrónico. o Unha vez identificado só tes que seleccionar o orzamento ao que queres asignar o pedido, engadir os datos do libro ou libros que queres mercar: título, autor, editorial, nº de exemplares e coste aproximado. Ademáis elexirás a librería á que llo queres pedir. Pode axudarte consultar a base de datos do ISBN se é libro español. o Lembra: o Comprobar se o exemplar está xa no noso catálogo para evitar duplicar o fondo innecesariamente, a Biblioteca ten pouco espazo. o Non podes gastar máis do que tes asignado. o Poderás modificar o pedido antes de que a Biblioteca o envíe definitivamente. o En todo momento sabrás: o A cantidade gastada e a disponible o O estado do teu pedido


¡¡ Grazas pola vosa atención!!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.