-18xaneiro- marzo 2019
FORMACIÓNS
XESTIÓN DE
2019
BIBLIOTECAS PERSOAIS
Alumnado, PDI e PAS
ferramentas gratuítas para organizar a nosa biblioteca persoal
NÉBEDA
club de lectura e encontros literarios
EXPOSICIÓNS
Alberto Pombo Emblemas XXI
www.educacion.udc.es/biblioteca nebedaclubelectura.wordpress.com/
www.facebook.com/bibliotecaeducacionUDC
@biblioeduca
es.pinterest.com/cineduca es.pinterest.com/beducacion
Podes consultar os números anteriores no noso blog bibeduc.wordpress.com
Biblioteca Facultade de Ciencias da Educación xaneiro 2019 www.educacion.udc.es/biblioteca As imaxes utilizadas están sometidas aos dereitos de copyright dxs autorxs.
CONTIDOS px. 14-15
px. 4-5
Creación de bibliotecas persoais dixitais
Memoria e novos espazos da biblioteca
px. 6
px. 16-17
Puntos de lectura performativa
Nébeda. Club de lectura
px. 7-12
Encontros literarios con escritoras e escritores actuais na nosa lingua.
Formacións en competencias informacionais e dixitais da biblioteca para a comunidade universitaria.
px. 18 "Peceiras de creatividade" Banda deseñada
px. 13
px. 20-21
Servizo de asesoramento a investigadoras e investigadores
Os camiños do escuro / Alberto Pombo Emblemas
Alberto Pombo - Os camiños do escuro
NO TINTEIRO | PÁXINA 3
Arte na Biblioteca
Novos espazos da Biblioteca
MEMORIA E NOVOS ESPAZOS DA BIBLIOTECA
Nestes días estará dispoñible na nosa web a memoria da Biblioteca do ano 2018. Poderédela consultar no enlace de Publicacións da biblioteca dentro do menú "Coñécenos", onde tamén están á vosa disposición as anteriores, desde o ano 2014.
Saliéntase nela a nova Lei de Contratos do Estado, que, como xa sabedes, afectou a todo o proceso de adquisicións da biblioteca producindo moitos retrasos na chegada das obras, que finalmente fan un total de 1.317 novos documentos incorporados.Na memoria quedan recollidas todas as formacións que a Biblioteca impartiu para toda a comunidade universitaria da facultade, así como outras cuestións referidas aos distintos servizos. Inclúe tamén os proxectos de intercambio nos que participa a Biblioteca, dentro dos programas Stella e Erasmus, cos que tanto recibimos colegas doutras universidades como somos nós quen as visita.
NO TINTEIRO | PAXINA 4
Continuamos a crear espazos axeitados ás novas necesidades da comunidade universitaria que nos visita, sempre limitadas polo espazo dispoñible que, segundo medra a colección e se modifican os hábitos de traballo, vai quedando reducido. Aos espazos para traballo de grupo, tan necesarios hoxe, engadimos outros para un traballo individual. Para iso modificamos as cabinas que noutro tempo se utilizaban para consulta de material audiovisual, agora sen sentido por utilizarmos computadoras persoais, eliminando cortinas e pintando algunhas das paredes. Poden ser utilizadas por quen as precise. Mercamos unha serie de pufs de cores que distribuímos pola biblioteca, facilmente movibles, coa intención de cada quen cree o seu propio espazo no lugar que máis lle preste. Estes asentos son tamén útiles para as nosas actividades culturais e para utilizares cando realicedes algunha vosa. Engaden, asemade, unha nota de cor á biblioteca. Permitíronnos tamén habilitar lugares desaproveitados como é o que está baixo a escaleira.
CABINAS INDIVIDUAIS E EXPOSITOR DE NOVIDADES A finais do ano 2018 incorporamos un expositor de novidades no que se colocan, provisionalmente, os novos libros que se engaden á nosa colección para que lles botedes unha ollada e levedes en préstamo aquel que sexa do voso interese. As novidades tamén se poden consultar desde a web no apartado da colección http://www.educacion.udc.es/biblioteca.
NO TINTEIRO | PAXINA 5
PUNTOS
DE
LECTURA
PERFORMATIVA
A Facultade precisa novos espazos de comunicación e creación transmedia a través dos que a comunidade universitaria poda establecer relacións de diálogo, xerar debates e achegarse á lectura desde unha perspectiva diferente, a acción e intervención performativa. Nace así este proxecto de difusión cultural que pretende traspasar o espazo poético e narrativo da escrita para achegarse á comunidade universitaria, establecendo un diálogo coa voz e o corpo de todas aquelas persoas que desexen participar, xerando así novos espazos de intervención creativa.
Que
son?
Puntos de lectura en voz alta e lectura performativa, (a partires dos conceptos de “enunciados performativos” de Austin, ou as ideas de Bauman, Barthes e Butler, converter expresións en acción e ao mesmo tempo relacionalas co xénero e o corpo) Accións efémeras, espontáneas ou ben programadas Poderá ir acompañada de vídeos e proxeccións
Para
que?
Procurar novos enfoques para a achega do alumnado universitario á lectura. Promocionar a nosa literatura Compartir lecturas Xerar debate Propagar o club de lectura Nébeda noutros espazos da facultade Dar visibilidade a escritorxs galegxs Afondar nas emocións a través da lectura
Onde
e
como?
Un punto e lectura performativa en cada andar. Cada punto constará dunha mesa, unha cadeira e unha lona informativa. Utilizaranse materias existentes no centro: mesas e cadeiras sen uso, favorecendo así a reciclaxe. Serán intervidas plasticamente polo alumnado de Educación artística. Nalgunha ocasión as accións poderán ser gravadas e difundidas nas canles sociais da facultade. Cando se trate de lecturas programadas estará así indicado en cada punto. Cando o requira o papel, especialmente en casos de lecturas programadas, poderá utilizarse unha indumentaria específica relacionada coa obra.
Quen
pode
participar?
Calquera que o desexe, o precise, lle preste… Escritoras e escritores que veñan pola facultade para un evento: conferencia, club de lectura, encontros, presentación de libros… Dende a Biblioteca e as aulas favorecerase a participación.
NO TINTEIRO | PAXINA 6
FORMACIÓNS BIBLIOTECA
DA
ALFIN
No primeiro cuadrimestre do curso 2018/2019 realizáronse cursos de formación para o alumnado de primeiro de Grao. Estiveron enmarcados dentro das actividades de presentación de servizos do PAT. Foron 8 formacións de hora e media cada unha nas que o persoal da Biblioteca aproveitou para aprenderlles na procura de información nas fontes básicas e introducirlles algunhas pautas elementais do formato da APA.
Continuamos este cuadrimestre con formacións para toda a comunidade universitaria que o precise. Nesta liña ofertamos cursos para alumnado de Grao, PDI e PAS. Presentamos un calendario cunha serie de formacións con data asignada para que cada quen poida elixir a que máis lle conveña. Tamén, como cada ano, damos a oportunidade de solicitarnos calquera outra que vos poida interesar.
Temos modalidade presencial e semipresencial, cunha duración que vai entre a media hora dos cafés(in)formativos até as 12 horas dos cursos que realizamos a través do Cufie. Ti elixes.
NO TINTEIRO | PAXINA 7
PLANO DE FORMACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS DA BIBLIOTECA UNIVERSITARIA XANEIRO/MARZO 2019
NO TINTEIRO | PÁXINA 8
PLANO DE FORMACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS DA BIBLIOTECA UNIVERSITARIA SETEMBRO/DECEMBRO 2018
Alumnado de Grao Neste cuadrimestre impartiremos cursos específicos de xestión bibliográfica. Serán impartidas na aula multimedia e serán para os graos de primaria e infantil por solicitude de Loli Cotelo Guerra. Nesta formación trataranse os seguintes aspectos: como citaren e referenciaren segundo o estilo da APA e a utilización dun xestor bibliográfico en liña, Refworks. O alumnado que asista terá unha maior destreza á hora de elaborar os seus traballos académicos xa que terá coñecementos do estilo de cita da APA e coñecerá unha das mellores ferramentas para a xestión das súas referencias e documentos.
O alumnado de Grao tamén poderá asistir aos Cafés(in)formativos que realiza o persoal da biblioteca, nos que se tratan aspectos relacionados coa procura e a xestión da información. No entanto, calquera docente pode solicitar unha formación específica para o seu alumnado en calquera das competencias informacionais ou dixitais necesarias para o desenvolvemento do traballo de aula.
NO TINTEIRO | PÁXINA 9
PLANO DE FORMACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS DA BIBLIOTECA UNIVERSITARIA SETEMBRO/DECEMBRO 2018
Alumnado de TFG No último cuadrimestre de 2018 impartimos 6 cursos de formación en competencias informacionais e dixitais para alumnado que prepara o seu traballo de fin de grao. A demanda destes cursos increméntase cada ano e neles detectamos niveis moi diferentes de coñecementos. Unha parte do alumnado xa ten recibida algunha formación da Biblioteca nos primeiros cursos, normalmente dentro das que realizamos coa colaboración de Loli Cotelo, porén hai outro grupo que descoñece os pasos básicos para a realización de calquera busca, así como as fontes principais a utilizaren. Insistimos na necesidade desa formación previa, pensamos que é necesaria desde os primeiros anos e non agardaren até o último ano para seren persoas autónomas na procura bibliográfica.
De continuarmos coas formacións integradas no PAT conseguiremos que todo o alumnado teña unha formación básica e non chegue á de cuarto sen ter idea de onde buscar artigos para un traballo. Certo é que non abonda con esa formación inicial se a necesidade de busca non se vai producir até que realicen o TFG. Neste cuadrimestre continuaremos cos cursos de formación cunha oferta inicial de 4, dous en quenda de mañá e dous en quenda de tarde, mais ofertaremos outros de existir maior demanda. Na Biblioteca nunca deixamos a ninguén que o precise e o solicite sen formación.
Os cursos son semi-presenciais, con 4 horas en aula e apoio en Moodle. Nelas apréndese ao alumnado a faceren procuras complexas nas bases de datos científicas e noutras fontes de información, evitaren o plaxio e no manexo de tesauros, e xestores bibliográficos para a creación de citas e referencias segundo o estilo da APA. Ofrecemos un asesoramento persoal durante e despois do curso, con axuda na revisión bibliográfica.
NO TINTEIRO | PÁXINA 10
PLANO DE FORMACIÓN PARA ALUMNADO DE DOUTORAMENTO E PDI SETEMBRO/DECEMBRO 2018
Cursos en colaboración con CUFIE: Como cada ano a Biblioteca realiza cursos de formación en colaboración co Cufie. Están dentro do Plano de Formacións en Competencias Dixitais da Biblioteca Universitaria (PFBU). Durante os meses de febreiro e marzo realizarase o curso de "Como buscar e usar a información para elaborar a tese de doutoramento”, para PDI e alumnado de doutoramento. O curso é semipresencial. Parte teórica en liña do 1 de febreiro ao 1 de marzo de 2019 / Obradoiros nos centros (no noso caso na Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación) do 4 ao 29 de marzo de 2019.
Seminarios en grupo Os que seguen son algunhas das opcións ofertadas, se estás interesada/o nalgún deles busca colegas e o realizamos, ou contacta con nós e nos encargamos de formar grupo. 1. Recuperación da información en Ciencias da Educación: a procura bibliográfica. (4 horas). 2. Avaliación da produción científica. (4 horas) 3. Xestores de información 4. Xestión da información: diferentes xestores bibliográficos e diferencias entre eles. Cal escoller? (4 horas) 5. Implementarmos a visibilidade das nosas publicacións. Coñecermos as principais ferramentas para a procura de fontes nas que publicar con impacto: JCR, SJR, procuras en WOS, Scopus e recursos específicos que ofrecen revistas axeitadas para o noso traballo. (4 horas) 6. Creación dun perfil de investigador/a 7. Redes sociais dixitais para investigadoras e investigadores
Formacións individuais En calquera momento podes solicitar unha formación específica nalgún recurso (base de datos, fontes de acceso aberto, xestor bibliográfico, fontes para avaliación científica, métricas alternativas, etc.). Buscaremos un tempo que se adapte ao teu horario.
NO TINTEIRO | PÁXINA 11
PLANO DE FORMACIÓN PARA ALUMNADO DE DOUTORAMENTO E PDI SETEMBRO/DECEMBRO 2018
#Cafes(in)formativos Estas formacións están dirixidas a alumnado, PAS e PDI, calquera pode anotarse. Realízanse na sala de proceso técnico, que conta cun pequeno espazo para formación. Teñen unha duración aproximada de 20 minutos. Este curso levamos xa realizadas 4 sesións ás que asistiron entre 4 e 5 persoas en cada unha. Continuamos agora con : CITAVI: xestor bibliográfico + organizador de coñecemento. 19 de febreiro. Publicar con impacto: ferramentas prácticas para procurar revistas ás que enviar os nosos traballos. 12 de marzo.
NO TINTEIRO | PÁXINA 12
SERVIZO DE ASESORAMENTO A INVESTIGADORAS/ES (INDIVIDUAL E GRUPOS DE INVESTIGACIÓN)
Na biblioteca ofrecemos asesoramento en cuestións relacionadas tanto co traballo de aula como co de investigación. Algúns dos aspectos nos que vos podemos axudar son:
Avaliación e difusión da produción científica Elaboración de índices bibliométricos para ANECA e ACSUG Apoio na procura de revistas para publicar con impacto
Formación e apoio na utilización de repositorios institucionais (RUC), nas procuras bibliográficas especializadas e de datos de investigación e na xestión bibliográfica Apoio en cuestións de propiedade intelectual e licenzas. Tipo de materiais que podedes utilizar nas aulas (películas, textos, música) e nos traballos de investigación (fotografías) e onde os podedes localizar. Como crear documentos con licencias creative commons.
Co-edición de contidos Programas para editar e modificar imaxes Ferramentas para a creación de presentacións e pósters Plataformas con opcións de elaboración de vídeo-leccións breves Ferramentas para traballar na nube Creación de entradas na Wikipedia e na Galipedia (perfil de autor/a ou entradas colaborativas co alumnado – sobre temas da materia, mulleres destacadas nunha área-)
NO TINTEIRO | PÁXINA 13
CREACIÓN DE BIBLIOTECAS PERSOAIS DIXITAIS
Existen multitude de plataformas que nos permiten crear unha biblioteca persoal dixital e que podemos utilizar tanto para os libros, películas ou música que temos no noso departamento (colección efémera xa que moitos deles son da Biblioteca) como cos que temos no noso fogar. A maioría delas teñen tamén opcións para compartirmos lecturas con colegas. Algunhas son de pago e outras gratuítas. Moitas teñen aplicación móbil que nos permite ler o código de barras do documento e incorporalo automaticamente á nosa colección con toda a súa descrición bibliográfica e incluso a imaxe da cuberta. Presentamos hoxe unha selección dalgunhas delas.
https://www.librarything.es
Ten opción web e App móbil (Android e IOS). É das que ofrecen un maior número de campos de descrición, incluíndo una clasificación decimal. Podemos compartir documentos coa comunidade da plataforma. Grazas á App web incorporamos directamente os rexistros co lector de código de barras. Ademais de libros impresos podemos incorporar música, películas ou e-books.
https://www.libib.com
Moi sinxela e práctica. Ten versión web e App móbil. Para engadirmos libros, música ou filmes ben coa lectura do código de barras ou introducindo os datos. Permite exportar e importar os datos con formato csv.
NO TINTEIRO | PÁXINA 14
CREACIÓN DE BIBLIOTECAS PERSOAIS DIXITAIS
https://www.sigb.net/
É un Sistema Integrado de Xestión de Bibliotecas de software libre, xa máis completo que o anterior e máis complexo tamén, require coñecementos de formatos de intercambio de datos bibliográficos. Outro similar é KOHA
Hai moitas máis, entre elas BiblioteQ https://biblioteq.sourceforge.io/, Booker http://www.booker.io/ ou Calibre https://calibre-ebook.com, esta última para libros electrónicos.
NO TINTEIRO | PÁXINA 11
Nébeda Club
de
lectura
e
2
encontros
literarios
ECTS
O club de lectura Nébeda vai medrando en lecturas, encontros e alumnado que participa. Tamén aumentan as persoas colaboradoras e comezan novos planos de intercambio e achegamento das nosas letras alén das fronteiras. Continúan os contactos coa Universidade do Porto para realizarmos proxectos comúns, entre os que está o troco de autores e autoras. Este ano un escritor das nosa letras, Francisco X. Fernández Naval, con quen xa estivemos en Nébeda, irá no mes de marzo ao Clube de lectura da FEUP para falar de literatura e memoria e un escritor portugués estará con nós no mes de abril ou maio, comunicarémolo cando confirmemos data.
Está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística e a Biblioteca e moderado e coordinado por Inma Doval Porto, que este ano conta coa fantástica colaboración de Carolina Pacoret. A partir das lecturas o alumnado realiza distintas actividades entre as que están lecturas performativas e outras accións, que iremos gravando e, cando sexa posible, subindo á web do club https://nebedaclubelectura.wordpress.com/
Logo deseñado por Roberto Suárez Brandariz
NO TINTEIRO | PÁXINA 16
PROGRAMA 2019
Achegamos a programación para os meses de febreiro e marzo, lembrando que a asistencia aos encontros é libre e gratuíta, só recomendamos ter lidas as obras para podermos aproveitar máis as intervencións. Na biblioteca dispoñemos de varios
©Xacobe Meléndrez Fassbender
exemplares das obras propostas.
5 de febreiro Ensaio. Arredor da poesía
Obras a ler: Lingua de Eva e Adán ou O sol de Homero Relator: Xavier Seoane Escritor. Licenciado en Filoloxía románica
12 de marzo
Poesía erótica
©Arquivo AELG
Ode à Madison Ivy e outras coisas
Narrativa. Xénero e memoria
NO TINTEIRO | PÁXINA 17
de meter Relatora: Verónica Martínez Delgado Escritora. Licenciada en historia da arte.
BANDA DESEÑADA NAS "PECEIRAS DE CREATIVIDADE"
A banda deseñada será o tema principal das nosas peceiras de creatividade durante o primeiro trimestre do ano. Nesta ocasión as encargadas da selección das obras, montaxe e parte creativa serán Noelia Varela Cháns e Estefanía Franco Álvarez, alumnas de cuarto curso na facultade e bolseiras na biblioteca. Son unha grande axuda para nosoutras e tamén correspondentes entre o alumnado e a biblioteca para a promoción de actividades e servizos.
A Biblioteca conta actualmente cunha pequena colección de obras de banda deseñada que se vai incrementando cada ano. Estamos lonxe de ter unha representación de todos os sub-xéneros que se poidan establecer tanto na cuestión histórica, de narrativas, estilos artísticos ou nacionalidades e non contamos con moitas das iconas principais, mais estamos no camiño. Con esta mostra o que queremos é achegar a banda deseñada á comunidade universitaria, non tanto, quizais, polo que poidan ignorar do xénero, senón para que coñezan a súa presenza na nosa biblioteca.
NO TINTEIRO | PÁXINA 18
ACETOILBIB
AN ETRA
© Alberto Pombo
“Canción do escuro”, un traballo do fotógrafo Alberto Pombo (Loureda, A Coruña – 1985), que transita polos mundos da noite a través dunha lectura xeracional narrada en primeira persoa. Fotógrafo e Doutorando en Filoloxía galega pola Universidade da Coruña, exerce labores de xestión cultural ligadas ao ámbito académico e
Alberto Pombo Canción do escuro
albertopombo.com
artístico desde 2010. Como docente,
Programador cultural do Centro de Estudos
actualmente imparte aulas no ensino
Galegos da Universidade de Extremadura e
secundario, así como no Fórum Metropolitano e
coorganizador do Festival Internacional de
no Centro Ágora da Coruña, logo dunha etapa
Fotografía Visions, foi tamén fundador e
no eido universitario.
codirector da galería especializada en fotografía Sala Sal.
NO TINTEIRO | PÁXINA 19
© Yolanda Castaño Como fotógrafo ten publicado o libro Autorretrato no selo
Algúns dos seus referentes no
“Amor de madre” e participado en exposicións individuais e
eido da fotografía son Anders
colectivas dentro e fóra da Galiza, desde 2012,
Petersen, Michael Ackerman,
compaxinando esta faceta artística con traballos
Jacob Aue Sobol, Antoine
comerciais para moda e publicidade.
D’Agata ou Nan Goldin.
Finalista en certames internacionais de prestixio como o NPAF do goberno dos Estados Unidos ou o Premio Ruta de la Plata, a Universidade da Coruña acolle estes fragmentos dun retrato xeracional que forman parte da colección Negrume e do primeiro libro publicado polo autor.
“Escrevendo, agora com luz, abro apenas umha nova janela a partir da qual me situar como indivíduo e galego no mundo” (Alberto Pombo, 2014)
Reconstrución emocional a partir de imaxes fragmentarias
Alberto Pombo, fotógrafo
e cheas de ruído. Precariedade, exceso, violencia. Evasión,
multifacetado:
sexo, toxicidades. Un diario en branco e negro da crúa década dos dez.
«A comunicaçom é umha constante no que fago». (11 de abril 2014). [post de blog] Disponíbel en http://www.pglingua.org/noticias/entr
““Nessa treva longínqua e melancólica que me oferece o mundo da noite, situo-me para analisar os mecanismos de contato social partindo da minha própria experiência como sujeito” (Alberto Pombo)
evistas/6227-alberto-pombofotografo-multifacetado-lacomunicacom-e-umha-constante-noque-fagor
NO TINTEIRO | PÁXINA 20
#Emblemas XXI A exposición é parte do proxecto ideado polo grupo Xerminal do Concello da Coruña, dirixido por Sandra Peñasco e que pretende un diálogo entre a palabra e a escrita. Participan artistas, escritoras e escritores da Escola de Arte e Deseño Superior Pablo Picasso, das Facultades de Ciencias da Educación e Filoloxía da UDC, da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo e da Facultade de Arquitectura da Universitat Politècnica de Catalunya. A estas creadoras e creadores súmanse unha nena e un neno do CEIP Karbo xunto coas súas nais, a escritora e debuxante Alicia Louzao, a escritora Andrea Maceiras e a oleira Fani Sánchez Barreiro.
As obras relaciónanse coa emblemática adaptada ao panorama artístico actual.
Até a súa exhibición na Sala Xohana Torres a mostra pódese visitar no Pavillón de deportes da UDC, no Campus de Elviña.
NO TINTEIRO | PÁXINA 21
Biblioteca Facultade de Ciencias da Educaciรณn setembro 2018 www.educacion.udc.es/biblioteca nebedaclubelectura.wordpress.com/