No Tinteiro 17

Page 1

-17setembro- decembro 2018 FORMACIÓNS

BUSCADORES

2018

CIENTÍFICOS

Alumnado, PDI e PAS

buscadores + ferramentas de descoberta + métricas alternativas

NÉBEDA

club de lectura e encontros literarios

EXPOSICIÓNS

mostras bibliográficas arte


www.educacion.udc.es/biblioteca nebedaclubelectura.wordpress.com/

www.facebook.com/bibliotecaeducacionUDC

@biblioeduca

es.pinterest.com/cineduca es.pinterest.com/beducacion

Podes consultar os números anteriores no noso blog bibeduc.wordpress.com

Biblioteca Facultade de Ciencias da Educación setembro 2018 www.educacion.udc.es/biblioteca As imaxes utilizadas están sometidas aos dereitos de copyright dos seus autores e autoras.


CONTIDOS px. 3-5

px. 9-11

FORMACIÓNS DA BIBLIOTECA

CLUB DE LECTURA

Oferta de ALFIN e formacións para a comunidade universitaria.

px. 6-8

Encontros literarios con escritoras e escritores actuais na nosa lingua.

px. 12-14 "PECEIRAS DE CREATIVIDADE"

BUSCAR INFORMACIÓN CIENTÍFICA NA REDE

Matemáticas, literatura e cine

Como localizar información científica de calidade en internet: buscadores e ferramentas de descuberta.

ARTE NA BIBLIOTECA

px. 15-17 Acuarelas de Pilar Cancio Collages de Begoña Paz

Begoña Paz - Collages

NO TINTEIRO | PÁXINA 3

Pilar Cancio (foto de Rafael Magán)


FORMACIÓNS BIBLIOTECA

DA

ALFIN

Comeza un novo curso e con el a adquisición de novos coñecementos, competencias e destrezas. Na Biblioteca avanzamos con vós, axudámosvos a buscar e xestionar a información que precisades .

Ofertamos cursos de formación en Competencias Informacionais para todo o alumnado e tamén para o PDI que o precise. O calendario de cursos irase ampliando ao longo do curso, tanto con formacións programadas por nós como con outras que vós queirades realizar. Temos para todos os gustos: presenciais e en liña, express cun café, para aquelas persoas qeu dispoñan de pouco tempo, e sesións máis estensas para quen queira afondar nalgún tema ou aprender a buscar e xestionar a información para calquera traballo (académico ou de investigación). En ocasións os cursos son realizados en colaboración con docentes do centro ou co Cufie. Infórmate na Biblioteca de todas as posibilidades e das opcións de acadar algún certificado.

NO TINTEIRO | PAXINA 4


PLANO DE FORMACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS DA BIBLIOTECA UNIVERSITARIA SETEMBRO/DECEMBRO 2018

A adquisición de competencias dixitais é unha necesidade para a aprendizaxe nos actuais sistemas de ensino universitario e no marco da Europa do coñecemento; son ademais competencias claves para a aprendizaxe permanente e para a participación nunha sociedade cada vez máis dixitalizada. A Biblioteca ofrece formación en varios niveis: inicial, media e avanzada.

Alumnado de novo ingreso O alumnado que comeza este curso terá un primeiro achegamento á Biblioteca nunha formación que impartirá o persoal da Biblioteca na aula, dentro do PAT. Os temas a tratar nesta primeira aproximación serán: A Biblioteca /Onde?: acceso físico e virtual. Os seus espazos / Servizos que ofrece / Recursos/ Onde e como buscar información? (Catálogo, bibliografía recomendada, buscadores académicos, Dialnet) / Onde localizar outras fontes/ Acceso ao meu rexistro / Como acceder aos recursos electrónicos da BUDC? / Conectarse á wifi da UDC / Acceso desde casa / Revistas e libros electrónicos.

Non será posible afondar nos procesos de busca nin explicar cuestións relativas a citas, referencias bibliográficas e normativa APA. Estes aspectos formarán parte dun curso específico, semipresencial, para alumnado de Grao, de carácter voluntario e que impartirá o persoal da Biblioteca nas sesións que sexan precisas. Si terá carácter obrigatorio nos graos de primaria e infantil no segundo cuatrimestre, nas aulas de Dolores Cotelo.

NO TINTEIRO | PÁXINA 5


PLANO DE FORMACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS DA BIBLIOTECA UNIVERSITARIA SETEMBRO/DECEMBRO 2018

Alumnado de TFG Continuamos un ano máis coas formacións para alumnado matriculado no TFG, en colaboración co vicedecanato de Organización académica. Realizaranse dúas convocatorias ao longo do curso. A primeira será no mes de outubro, para quen o presente en xaneiro, e a segunda será en febreiro para quen o presente en xuño e xullo. Son formacións de procura máis avanzada, utilizando operadores booleáns e tesauros, nas que se incorporan fontes de cobertura internacional. Tamén se explican os xestores de referencia, cuestións relacionadas coas licencias de uso de imaxes, evitar o plaxio, aspectos éticos referidos a datos, imaxes e entrevistas, o RUC e aspectos avanzados da normativa APA. Amósanse tamén ferramentas útis para traballar na nube e realizar presentacións.

Alumnado de TFM As formacións para alumnado de TFM realízanse en colaboración co profesorado que coordina cada Mestrado. O programa é similar ao do alumnado de TFG pero as fontes de información amplíanse e preséntanse recursos de procura de datos de investigación.

Tanto as formacións para TFG e TFM son semipresenciais, xa que poden seguir parte dos contidos en liña, a través da plataforma Moodle. E as prácticas da parte presencial realízanse xa co traballo específico que están a realizar.

NO TINTEIRO | PÁXINA 6


PLANO DE FORMACIÓN PARA ALUMNADO DE DOUTORAMENTO E PDI SETEMBRO/DECEMBRO 2018 A Biblioteca ten unha ampla oferta, que se adapta a todas as necesidades e horarios:

Formacións individuais En calquera momento podes solicitar unha formación específica nalgún recurso (base de datos, fontes de acceso aberto, xestor bibliográfico, fontes para avaliación científica, métricas alternativas, etc.). Buscaremos un tempo que se adapte ao teu horario.

Seminarios en grupo Calquera departamento, grupo de investigación, grupo de colegas, pode solicitar algún seminario formativo nunha ou varias sesións. A Biblioteca ten varias propostas, pero nos adaptamos a outras necesidades: 1. Alén dos buscadores académicos: buscadores científicos + ferramentas de descoberta + análise métrico 2. Como publicar con impacto 3. Xestores de información 4. Redes sociais para investigadoras/es 5. Localización de datos de investigación e creación dun plan de xestión de datos 6. Creación dun perfil de investigador/a 7. Avaliación da produción científica

Express con espresso Actividades formativas express, de 20 minutos, cun café ou te. As programadas para este cuatrimestre son:

REFWORKS (27 ou 29 /09): Xestor de referencias bibliográficas contratado pola UDC. Permite: - Importar e exportar citas desde bases de datos científicas, catálogos, webs, buscadores académicos, repositorios, etc. - Gardar documentos, editalos, engadir notas e comentarios. - Compartir as referencias e documentos con colegas. - Formatear citas e bibliografías dun xeito automático no estilo da APA, en calquera traballo. BUSCADORES CIENTÍFICOS + FERRAMENTAS DE DESCUBERTA + MÉTRICAS (29/10) Preséntanse unha serie de buscadores científicos que engaden opcións de visualización de métricas.

NO TINTEIRO | PÁXINA 7


PLANO DE FORMACIÓN PARA ALUMNADO DE DOUTORAMENTO E PDI SETEMBRO/DECEMBRO 2018

MENDELEY (27/11): Xestor bibliográfico gratuíto, con prestacións similares a Refworks, mais con outras opcións de interese para a investigación: - Buscador de documentos científicos - Buscador de datos de investigación - Rede social de investigación - Opcións de ofertas de emprego e procura de bolsas para proxectos de investigación.

NO TINTEIRO | PÁXINA 8


PLANO DE FORMACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS DA BIBLIOTECA UNIVERSITARIA SETEMBRO/DECEMBRO 2018 Cursos en colaboración con CUFIE www.udc.es/cufie/UFA/PFBU A Biblioteca da Universidade da Coruña, a través do Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE), presenta un plano de formación en competencias dixitais que ten por obxectivo formar aos membros da comunidade universitaria en competencias e habilidades que permitan o acceso e o uso eficiente da información nun entorno dixital. A oferta actual vai dirixida ao alumnado de doutoramento e ao PDI da Universidade, aínda que a Biblioteca ten previsto ampliar a oferta formativa deste plano con máis cursos destinados a outros usuarios da UDC para o 2019.

Os obxectivos destas accións formativas da Biblioteca Universitaria poden enmarcarse dentro das competencias dixitais básicas, definidas en “DIGCOMP: Marco para o desenvolvementeo e a competencia dixital en Europa”.

As formacións do curso 2018/2019 realizaranse no segundo cuatrimestre pero é posible que a data de inscripción sexa xa en decembro.

ASESORAMENTO E APOIO A INVESTIGADORAS E INVESTIGADORES AVALIACIÓN DA PRODUCIÓN CIENTÍFICA A Biblioteca da Universidade da Coruña ofrece un servizo de asesoramento e apoio en cuestións relacionadas con: identidade dixital, avaliación da produción científica, procuras e xestión bibliográficas, redes sociais de investigación, etc.

Queres crear un perfil en ORCID? ResearcherId? Google Scholar? Non sabes como engadir as túas publicacións? Precisas un plan de xestión de datos? Queres procurar datos de investigación? Descoñeces o teu índice h ou quen te cita? Tes pensado solicitar un sexenio e non coñeces o impacto das revistas nas que publicas? Gustaríache utilizar un xestor para organizar as túas referencias bibliográficas? Buscas unha revista de impacto na que publicar o teu artigo? Se tes algunha desas dúbidas ou outra similar, na Biblioteca podemos axudarte.

Realizamos informes bibliométricos das vosas publicacións de cara á solicitude de sexenios, proxectos de investigación ou prazas docentes.

NO TINTEIRO | PÁXINA 9


LOCALIZAR INFORMACIÓN CIENTÍFICA DE CALIDADE NA REDE. BUSCADORES + FERRAMENTAS DE DESCOBERTA + PORTAIS BIBLIOMÉTRICOS Procurar información de calidade na web ás veces pode ser unha tarefa complicada, dada a cantidade de información dispoñible. Con esta guía de recursos queremos facérvola un pouco máis doada. Existen multitude de ferramentas que nos permiten buscar información na rede, a cuestión é seleccionar o que mellor se adapte ás nosas necesidades e iso dependerá do tipo de información que precisemos, a área do coñecemento, a lingua coa que podemos traballar sen dificultade, o tipo de documentos que queremos recuperar e se nos interesa obter valores engadidos como citas e métricas ou a posibilidade de exportar as referencias a un xestor bibliográfico. Iso si, sempre procuraremos ferramentas que nos ofrezan documentos de calidade científica. En calquera dos buscadores que presentamos deberemos construír unha estratexia de busca que despois poderemos utilizar copiando e pegando en cada un deles, o que nos permitirá ver as diferenzas. Tedes unha guía completa na nosa páxina web, e o día 29 de outubro ofreceremos un café(in)formativo sobre o tema.

https://scholar.google.es/

Buscador de literatura científica e académica lanzado por Google en 2006. Permítenos facer unha procura nos documentos que están en acceso aberto, así como en fontes de distintas institucións que conteñen información relevante e de calidade. Ten unha ampla cobertura: monografías, capítulos de libros, teses, artigos, informes, traballos académicos e científicos, comunicacións e actas de congresos, recensións e páxinas web. É de carácter multidisciplinar e internacional. Recuperamos referencias bibliográficas, resumos, citas e en moitas ocasións o texto completo. Valor engadido: Recupera todas as posibles versións do documento. Para cada resultado ofrece documentos relacionados. Podemos configurar un perfil de autor/a e ver o noso índice H, agregar os documentos da nosa autoría e crear listaxes de favoritos. Permite crear alertas. Ofrece un modelo de cita en distintos estilos, no que se inclúe o da APA (ollo!, ás veces non é correcta).

https://dialnet.unirioja.es/

É un dos maiores portais de difusión da produción científica do mundo. Especializado en documentos científicos e académicos do eido hispánico, das áreas de ciencias sociais, xurídicas e humanidades. Comezou en 2001 da man da Universidad de La Rioja e hoxe a súa base de datos é alimentada polo traballo en colaboración de moitas institucións académicas. Indiza monografías, revistas científicas, recensións, actas de congresos e teses de España, Portugal e América Latina. Ten xa máis de 6 millóns de rexistros. Valor engadido: Se estamos identificados na nosa conta podemos crear alertas e, coa opción Plus, crear listaxes de referencias. Ofrece índices de calidade das revistas.

NO TINTEIRO | PÁXINA 10


LOCALIZAR INFORMACIÓN CIENTÍFICA DE CALIDADE NA REDE. BUSCADORES + FERRAMENTAS DE DESCOBERTA + PORTAIS BIBLIOMÉTRICOS

1findr.1science.com

Buscador e plataforma de descuberta da empresa canadiana 1Science. Creada en 2015 e en continua evolución. Cobertura multidisciplinar e internacional (todos os idiomas e países). Ten unha versión gratuíta e outra de pago institucional. A de pago indexa tamén bases de datos científicas. Ten 90 millóns de rexistros, todos eles revisados, dos que aproximadamente 27 millóns están en acceso aberto. Valor engadido: as publicacións que indiza están revisadas por pares. Enlaza con Almetrics e tamén proporciona mencións nas redes sociais.

lens.org

Plataforma aberta de procura científica creada por Cambia International Property Resouce e Queensland University of Technology. Comezou os seus primeiros pasos en 1999. Actualmente ten máis de 100 millóns de rexistros. Podemos buscar patentes e literatura científica, e en cada caso amosa as citas da outra opción. Toma os datos de PubMed, Crossref, Microsoft Academic, así como de oficinas de patentes de todo o mundo. Valor engadido: ofrece as citas de patentes e citas académicas a través de Microsoft Academic. Proporciona API para reutilización de datos. Podemos crear e compartir coleccións de patentes e de documentos científicos. Permite crear unha conta e enlazala con Orcid e LinkedIn.

www.dimensions.ai

Plataforma de investigación científica, buscador de patentes e ferramenta de descuberta, multidisciplinar, creada por Digital Science en 2018. Recompila patentes, artigos, proxectos de investigación ou ensaios clínicos, de todos os países, materias e linguas. Dada a súa ampla cobertura (89 millóns de documentos na versión gratuíta nos comezos) e as funcionalidades que ofrece podería competir con Scopus e Google Scholar. Ten unha versión gratuíta e dúas de pago. Valor engadido: Citas nas publicacións indexadas en Dimensións e citas en Almetrics. Indica a Ratio de Citación Relativa (RCR), a Ratio de Citación por Campo (FCR), en base ás citas doutros documentos da mesma área, e o número de citas recentes (nos últimos 2 anos).

NO TINTEIRO | PÁXINA 11


LOCALIZAR INFORMACIÓN CIENTÍFICA DE CALIDADE NA REDE. BUSCADORES + FERRAMENTAS DE DESCOBERTA + PORTAIS BIBLIOMÉTRICOS mendeley.com

Ferramenta que nos permite xestionar as nosas referencias bibliográficas, pero tamén realizar procuras en literatura científica e académica, e colaborar con colegas en liña. Ten aplicación web e de escritorio, sendo a web a utilizada para as procuras bibliográficas e de datos de investigación. Ten unha base de datos de máis de 100 millóns de documentos. Foi creada en 2007 e hoxe pertence ao grupo Elsevier. Valor engadido: Funciona tamén como rede social de investigación. Podemos facer procuras en documentos, datos de investigación e tamén en ofertas de emprego e posibilidades de fondos de investigación. A busca realízase entre os documentos subidos por máis de 3 millóns de usuarias e usuarios que ten hoxe a plataforma. Ofrece métricas alternativas: número de lectores, número citas en Mendeley

education.iseek.com

Motor de busca de todo tipo de información, en calquera medio. Busca en recursos de universidades, prensa, redes sociais, vídeos, sitios gobernamentais, etc. Ofrece catro opcións: na rede (prensa e redes sociais), médica (Pubmed), Educación (universidades, revistas, libros, vídeos ou imaxes) e financeira. Valor engadido: permite procurar nas redes sociais ou en medios non buscables por outras ferramentas (vídeos, imaxes...).

www.base-search.net

É un dos maiores motores de busca do mundo. Creado pola Biblioteca da Bielefeld Universität, ofrece máis de 120 millóns de documentos de carácter internacional e multidisciplinar, dos que un 60% están en acceso libre. Valor engadido: Permite enlazar co perfil de Orcid e exportar as publicacións. É posible gardar a busca e crear alertas RSS. Podemos enviar os resultados ou calquera documento por correo electrónico. Ten opción de crear listas de favoritos. Ofrece enlace a Google Scholar.

RECURSOS SIMILARES: buscadores que ofrecen redes sociais de investigación como Academia.edu ou ResearchGate (researchgate.net); o buscador SciELO (http://www.scielo.org), especializado en produción científica de Latinoamérica e o Caribe, que está tamén accesible dende WOS (Web of Science); buscadores de editoriais científicas como SpringerLink (https://link.springer.com/) ou ScienceDirect (https://www.sciencedirect.com/); e o buscador científico Science-reserach (http://scienceresearch.com).

NO TINTEIRO | PÁXINA 12


Nébeda Club

de

lectura

e

2

encontros

literarios

ECTS

Ten como finalidade a creación de hábitos

Procura tamén o diálogo con outras artes, como o

lectores entre estudantes da Universidade, ao

cine, realizándose sesións de debate

tempo que fomenta a utilización da lingua

cinematográfico.

galega e o coñecemento da nosa literatura

Dirixido a alumnado, PAS e PDI da Universidade da

contemporánea.

Coruña, aínda que o curso completo coa realización

Quere ser un lugar de encontro, arredor da

de todas as actividades para a obtención de 2 ECTS

lectura, interxeneracional e entre os distintos

está focalizado ao alumnado da UDC.

grupos da comunidade universitaria.

Organizado por o Servizo de Normalización Lingüística

Promove a utilización da lingua galega e

e a Biblioteca da Facultade de CC da Educación.

potencia o achegamento á narrativa, poesía,

Coordinado por Inma Doval Porto, colaboran Carolina

teatro ou banda deseñada contemporáneas en

Carrero Pacoret, Montse Muriano e Iria Sobrino.

galego.

Modera as sesións de cine Juan José Bueno Aguilar.

Logo deseñado por Roberto Suárez Brandariz

NO TINTEIRO | PÁXINA 13


23 outubro

Fotos Rianxo CC-BY-SA

PROGRAMA 2018 Teatro. Arredor da memoria

Na Butaca

Esther Carrodeguas e escritora, actriz e directora teatral. Encontro literarario o 23/10 ás 16 h. Obra na que o Alzheimer entra en escena a través da poesía.

novembro

Senlleiras

Antía Yñez Escritora. Enxeñeira de CAmiños, Canais e Portos. Encontro literario: 20 de novembro ás 16 h. Narrativa. Xénero e memoria

A vida de dúas mulleres e dous tempos nun tecido de violencia contra a muller. Unha novela de misterio e denuncia, de visibilización de moitas dores contidas.

NO TINTEIRO | PÁXINA 14


MATEMÁTICAS + CINE + LITERATURA NAS "PECEIRAS DE CREATIVIDADE"

Nos meses de setembro e outubro podedes ver unha mostra bibliográfica sobre Matemáticas + Cine + Literatura nas vitrinas da nosa biblioteca. Como ben sabemos as matemáticas son fonte de coñecemento e porta aberta a múltiples disciplinas e artes. Alén da influencia ou relación que poida haber dende o punto de vista técnico entre elas, centrámonos nesta exposición no diálogo máis creativo e íntimo. Todas as obras expostas están á vosa disposición.

Nesta ocasión contamos coa valiosa axuda de Enrique de La Torre e Cristina Naya, que nos aconsellaron sobre o tema e cederon en préstamo obxectos que enriquecen e iluminan esta selección.

NO TINTEIRO | PÁXINA 15


ARTE NA BIBLIOTECA

Pilar Cancio é cravecinista especializada na Música Barroca e profesora do Conservatorio Superior de Música da Coruña na especialidade de Formación Auditiva.

Pilar Cancio Acuarela e tinta chinesa

Recibe clases de Francisco Castro, Zorrilla, Idoia Lasagabaster, Cesc Farré, Manolo

Pilar Cancio dorme e vive entre paxaros. A

Jiménez, Juan R. Alves e Darío Percy entre

delicadeza das súas acuarelas nos fala dunha

outros.

sensibilidade extrema, de luz e silencio. Ela persegue a auga no papel, e ésta esvara

Conbina a súa formación musical coa paixón

atopando no camiño as cores máis doces. As

pola pintura, que plasma en delicadas

paisaxes e arquitecturas acóllennos no misterio

acuarelas e tintas chinesas.

que desvelan.

NO TINTEIRO | PÁXINA 16

Ilustración de CAbana de BAlieiros

foto de Rafael Magán


imaxe de

foto de Juan Ondategui Rubio

"Levo anos en contacto coa acuarela. Busco a maneira de recoller dunha forma persoal as miñas sensacións dos camiños, paisaxes e rincóns cos que levo conectada dende nena e aos que sempre volvo. A acuarela ten algo de imprevisíbel, sempre hai unha parte de aposta, de risco, que queda en mans do camiño que vai tomando a auga sobre o papel. Neste xogoás veces se gaña e ás veces se perde. Saber retomar este camiño é o que precisamente me atrae desta técnica" (Pilar Cancio).

NO TINTEIRO | PÁXINA 17


foto de Eduardo Castro Bal CC BY-SA

Begoña Paz Fundamentalmente escritora, poeta (A mala vida) e narradora (Norocai, A ferida e As mellores intencións). Licenciada en inglés e con estudos de postgrao en cultura e violencia de xénero e literaturas hispánicas (catalá, galega e vasca) no contexto europeo. É unha das guionistas da primeira película “porno” galega, O divino ferrete. Forma parte do GSG (Grupo Surrealista Galego) no que participa con recitais e videocreacións.

"Como boa náufraga, Begoña escríbelle poemas ás vías de auga que ameazan a nosa liña de flotación. Os seus versos son coma cotenos que petan na nosa conciencia para confirmarnos o que, aínda que disimulásemos, xa estabamos agoirando" (Uxío Larvós, prefacio para "a mala vida", 2011).

Presenta nesta ocasión unha colección de collages realizados en dialálogo con poemas para unha obra de próxima publicación, "A caixa das bestas". A exposición complementarase cunha mostra nas vitrinas sobre o surrealismo.

NO TINTEIRO | PÁXINA 18


Collages

novembro- decembro

“Nos contos, e logo nas novelas, as mulleres esperaban longas tardes xunto á fiestra a que o home viñese visitala. As mulleres pecaban –eles non–, as mulleres desmaiábanse –eles non–, as mulleres sufrían por amor –ben, eles ás veces tamén, pero sempre ficaba a sospeita de que ese sufrimento duraría ben pouco. ” (anaco da súa autobiografía publicada na web da AELG)

NO TINTEIRO | PÁXINA 19


Biblioteca Facultade de Ciencias da Educaciรณn setembro 2018 www.educacion.udc.es/biblioteca nebedaclubelectura.wordpress.com/


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.