-14FORMACIÓNS E BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA
Alumnado, PDI e PAS Menú
ACTIVIDADES
ESPAZOS DA BIBLIOTECA
Reserva a túa sala de traballo
NÉBEDA
club de lectura e encontros literarios
CULTURAIS
exposicións, presentacións...
CONTIDOS px. 3 FORMACIÓNS DA BIBLIOTECA Oferta de ALFIN e formacións para a comunidade universitaria.
px. 9 BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA
px. 10
px. 12 CLUB DE LECTURA Encontros literarios con escritoras e escritores actuais na nosa lingua.
px. 14
ESPAZOS DA BIBLIOTECA
ACTIVIDADES CULTURAIS
Salas de traballo en grupo, individual, espazos para actividades culturais. Reserva o teu.
Exposicións, concursos, mostras bibliográficas...
NO TINTEIRO | PÁXINA 2
FORMACIÓNS BIBLIOTECA
DA
ALFIN
Non podes pasar pola Facultade sen probar as especialidades da Biblioteca. Somos expertas chefs da información, preparamos os nosos pratos con ingredientes saudables e levamos máis de 20 anos de experiencia. Adaptámonos ao teu tempo e ás túas necesidades. Podes tomar un café ou un té con nós e en 15 minutos saberás utilizar unha nova ferramenta, ou ben encher o bandullo con algo máis consistente. Ben saborosos, e non engordan. Algúns pódelos levar para casa e degustalos pouco a pouco no momento que o precises, outros son para compartir cun grupo de colegas na aula ou na Biblioteca. Reserva xa o teu menú e a túa mesa. Deixámosche aquí o menú completo. Se tes algunha dúbida ou prefires algún prato especial, temos para tódalas dietas.
NO TINTEIRO | PAXINA3
MENÚS 2017/ 2018
FORMACIÓNS
NO TINTEIRO | PAXINA 4
NO TINTEIRO | PAXINA 5
COMPETENCIAS INFORMACIONAIS E DIXITAIS PARA O ACCESO E XESTIÓN DA INFORMACIÓN ACADÉMICA: ALUMNADO DE GRAO 2017/ 2018
A Biblioteca no seu Plan de formación en Competencias Informacionais inclúe formación progresiva para alumnado de Grao, que se impartirá en 1º e 2º ou 3º curso. Está focalizada á adquisición das competencias informacionais, incluídas no Decálogo CI2 da Comisión mixta CRUE-TIC (Conferencia de Rectores de Universidades Españolas) e REBIUN (Red de Bibliotecas Universitarias) no Manual para la formación en competencias informáticas e informacionais CI e competencias dixitais básicas (coñecemento e utilización de TIC), en consonancia co DIGCOMP: Marco para el desarrollo y comprensión de la competencia digital en Europa, tomando como modelo o borrador Marco de competencia digital para estudiantes de grado: Adaptación de DIGCOMP realizado polo grupo de traballo CI da Línea 2 de REBIUN (2016), que adapta o documento Marco Común de Competencia Digital Docente V 2.0 á formación de alumnado de grao. 1. Identificar a natureza e nivel de necesidade de información 2. Acceder á información dun xeito eficaz OBXECTIVOS 4. Achegarse á procura, xestión e avaliación da información para a realización dun traballo académico. 5. Contribuír a xerar un espírito crítico na selección da información. 6. Facer uso ético da información e evitar o plaxio
Contará con apoio para todos os contidos na plataforma Moodle, con temas, video-titoriais, cuestionarios de autoavaliación, etc…
NO TINTEIRO | PAXINA 5
As formacións do primeiro nivel intégranse na aula polo que precisamos a colaboración docente para cesión de horas (1,30 h). Este ano agradecemos a implicación na formación de alumnado de 1º de educación social a Araceli Serantes e de Educación infantil e primaria a Loli Cotelo. Se alguén de logopedia pode ceder 1,30 h para que o alumnado comece a súa formación en competencias informacionais, que nolo comunique, deste xeito conseguiríamos ese nivel inicial en todos os primeiros. As formacións para o nivel intermedio serán no vindeiro curso académico, para todo o alumnado que xa estea formado no nivel inicial, pero se alguén de 2º ou 3º precisa xa formación en aula para o seu alumnado a pode solicitar. COMPETENCIAS INFORMACIONAIS E DIXITAIS PARA O ACCESO E XESTIÓN DA INFORMACIÓN ACADÉMICA: ALUMNADO DE TFG E TFM. NIVEL AVANZADO 2017/ 2018
O nivel 3, superior, acadarase ao realizar o curso específico para TFG e TFM. A parte presencial das formacións do nivel 3 pode realizarse integrada en aula ou ben fóra das horas lectivas. No caso do alumnado de TFG conta coa colaboración do vicedecano coordinador do TFG e realízase na aula multimedia do centro. As formacións para TFM fanse en colaboración co profesorado coordinador de cada mestrado e son en horas docentes. As horas presenciais son 3 para TFG e 4 para TFM. Nelas apréndesee ao alumnado a facer procuras complexas nas bases de datos científicas e noutras fontes de información, utilizar tesauros, evitar o plaxio e utilizar xestores bibliográficos para crear citas e referencias segundo o estilo da APA. Ofrecemos un asesoramento persoal durante e despois do curso, con axuda na revisión bibliográfica. Compleméntanse con contidos creados pola Biblioteca na plataforma Moodle. NO TINTEIRO | PAXINA 6
COMPETENCIAS INFORMACIONAIS E DIXITAIS PARA O ACCESO E XESTIÓN DA INFORMACIÓN ACADÉMICA: PDI E DOUTORAMENTO 2017/ 2018
Elixe o que mellor se cheadapte e contacta con nós Cursos en colaboración con CUFIE: Realízase tódolos anos, anunciaremos a convocatoria cando saia e publicarase na web da Biblioteca e do Cufie. Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación. Para PDi e alumnado de doutoramento. Dúas convocatorias anuais.
Seminarios prácticos: Os que seguen son algunhas das opcións ofertadas, se estás interesada/o nalgún deles busca colegas e o realizamos, ou contacta con nós e nos encargamos de formar grupo. Recuperación da información en Ciencias da educación: a procura bibliográfica. (4 horas). Avaliación da produción científica. (4 horas) Xestión da información (4 horas) Implementar a visibilidade das publicacións (4 horas) Comunicación da información. (2 horas)
NO TINTEIRO | PÁXINA 7
CAFÉ-FORMACIÓNS 15
minutos
de
café
Estas formacións estás dirixidas a alumnado, PAS e PDI, calquera pode anotarse. Realízanse na sala de proceso técnico, que conta cun pequeno espazo para formación. A primeira formación con café que realizamos foi sobre a nova plataforma de Refworks, á que asistiron 6 persoas.
NO TINTEIRO | PÁXINA 8
ou
té
+
aprendizaxe
Temos algunhas programadas para este curso, pero nos podedes solicitar a que resulte do voso interés:
Dialnet Buscar en Proquest (Psyinfo, Eric, Dissertation&Theses) Xestores bibliográficos Refworks: nova plataforma
BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA E SOLICITUDES DE COMPRA Como cada ano, aproveitamos os meses de verán para a actualización da bibliografía recomendada polo profesorado no catálogo. Practicamente todos os libros que aparecen nas guías docentes como BR están enlazados dende o catálogo, agás algúns que non temos na Biblioteca. Lembrámosvos que cada ano se asigna a cada docente unha cantidade para realizaren pedidos de material monográfico, e é este o xeito de garantir que a BR estea no fondo bibliográfico. A BR pódese buscar dende o catálogo da Biblioteca, por materia ou por docente.
Se es PDI lembra que o prazo para solicitar libros a través da intranet é ata o 20 de outubro. O alumnado que desexe solicitar algunha adquisición deberá facelo na Biblioteca ou a través do formulario da web. NO TINTEIRO 9 | PÁXINA 11 NO| PÁXINA TINTEIRO
RESERVA O TEU ESPAZO NA BIBLIOTECA Salas de traballo en grupo, cabinas individuais, espazos de lectura.
Sala Elvira Bao Espazo de traballo en grupo. Conta con 12 postos de traballo. Unha das súas paredes se pode utilizar como taboleiro para ecribir con xiz. Máximo dous grupos simultáneos.
Sala María Barbeito Espazo de traballo en grupo. Conta con 12 postos de traballo e 4 ordenadores conectados á rede. Máximo dous grupos simultáneos.
Sala Chano Piñeiro Conta cun espazo de cine e audiovisuais. no que se pode consultar películas utilizando dispositivos de lectura propios ou ben solicitando préstamo dun dvd portátil. Tamén dispón de catro cabinas de estudo individual. As películas tamén están dispoñibles para préstamo.
Sala Xohana Torres Recuncho de lectura no que se pode ler con tranquilidade. Conta cun mobiliario cómodo e cálido. Tamén é a sala de exposicións da Biblioteca e dispón dunha pantalla de proxección. Pode reservarse para actividades culturais organizadas por membros da comunidade universitaria do centro para realizar clases interactivas, presentacións de libros....
0O TINTEIRO | PÁXINA 10
O 5 de outubro inauguramos o espazo Elvira Bao. Faremos un percorrido polos catro espazos da biblioteca, rendendo unha homenaxe a figuras tan importantes para a nosa historia como Elvira Bao, María Barbeito, Chano Piñeiro e Xohana Torres. Inauguraremos asi a nova sala de traballos en grupo, que está adicada a Elvira Bao, mestra republicana, nacionalista galega, secretaria das Irmandades da Fala da Coruña, represaliada no 36, encarcerada e separada da súa profesión. Sobre ela nos falará, ese día, Uxío Breogán Diéguez Cequiel. Será ás 12 da mañán. Agardamos contar con vós e qeu animedes ao alumnado a achegarse.
mostra bibliográfica.
Nas "peceiras de creatividade" contaremos cunha mostra bibliográfica sobre dúas mestras republicanas, Elvira Bao e María Barbeito, a escritora Xohana Torres e Chano PIñeiro, creador galego de cine. Ata o 15 de outubro.
NO TINTEIRO | PÁXINA 11
Nébeda Club
de
lectura
e
2
Ten como finalidade a creación de hábitos lectores entre estudantes da Universidade, ao tempo que fomenta a utilización da lingua galega e o coñecemento da nosa literatura contemporánea. Quere ser un lugar de encontro, arredor da lectura, interxeneracional e entre os distintos grupos da comunidade universitaria. Promove a utilización da lingua galega e potencia o achegamento á narrativa, poesía, teatro ou banda deseñada contemporáneas en galego. Procura tamén o diálogo con outras artes, como o cine, realizándose sesións debate cinematográfico.
5NO TINTEIRO | PÁXINA 12
encontros
literarios
ECTS
Pretende a interacción cos textos, chegando á creación dunha obra propia (texto, imaxe fotográfica ou vídeo). Dirixido a alumnado, PAS e PDI da Universidade da Coruña, aínda que o curso completo coa realización de todas as actividades para a obtención de 2 ECTS está focalizado ao alumnado da UDC. Organizado por o Servizo de Normalización Lingüística e a Biblioetca da Facultade de CC da Educación. Coordinado por Inma Doval Porto. Modera as sesións de cine Juan José Bueno Aguilar.
PROGRAMA 2017 Outubro 2017
Poesía e prosa poética. Cine e literatura. Lectura da obra O deserto de María do Cebreiro. Lectura da información colgada no blog de Nébeda e comentarios na mesma. Participación no encontro literario coa autora e na sesión de cine.
O deserto
Relatora: María do Cebreiro. Escritora e autora da obra. Doutora en teoría da literatura e profesora na USC. Encontro literario o 17/10 ás 17 h.
Cine e literatura: debate sobre "Viaggio in Italia" (1954), de Roberto Rosselini, que cada participante terá visualizado previamente. Modera: Juan José Bueno Aguilar. Profesor na Facultade de Ciencias da Educación da UDC. Día por determinar. Cada participante realizará un texto creativo a partir do filme.
Decembro 2017
Teatro. Lectura da obra Isóbaras de Gustavo Pernas. Lectura da información colgada no blog de Nébeda e comentarios na mesma. Participación no encontro literario. Isóbaras
Relator: Gustavo Pernas (autor da obra). Dramatugo, actor e director de teatro. Encontro literario o 12/12 ás 17 h.
NO TINTEIRO | PÁXINA 13
Santos Diaz CC-BY-SA 3.0
© Xacobe Meléndrez Fassbender
ARTE NA BIBLIOTECA
Omar Kessel Dentro das actividades programadas para este trimestre está a exposición de gravado de Omar Kessel, artista cubano que reside actualmente en Galicia. A mostra estará no Recuncho de lectura "Xohana Torres" durante os meses de setembro e outubro. Omar Kessel é graduado en Belas Artes pola Universidad de La Habana, e actualmente e profesor no Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC). NO TINTEIRO | PÁXINA 14
Pintura, debuxo, litografía, xilografía, calcográfico, talla, cerámica... son as técnicas que adoita traballar para crear obras cheas de cores cálidas, nas que as figuras femeninas, aparecen entre froitas, árbores, veos e animais, moitas veces observadas por ollos que esculcan na escuridade, nunha profunda evocación á súa terra natal. Pero tamén está presente na súa obra unha lembranza dalgunhas das pinturas negras de Goya, e a pegada desta terra nosa, de acollida, na que vive e traballa dende hai máis de vinte anos. Nesta mostra podemos ver unha pequena selección da súa obra en papel. Omar estará con nós o mércores 27 de setembro ás 12 para presentarnos a mostra, e achegarnos ás distintas técnicas de gravado. Acompañaranos Roberto Suárez Brandariz e parte do seu alumnado. Gustaríanos contar con vós, é unha boa ocasión para achegarse á obra deste grande artista.
O libro de artista: espazo de creación plástica O libro, como espazo de creación para o artista, é un soporte de pequenas dimensións pero cun amplo e denso percorrido. Pola súa estrutura, supón un reto ao ter que representar un conxunto de imaxes fragmentadas polo encadre de cada páxina, e á súa vez, entrelazadas nunha unidade de espazo-tempo. O libro nace e medra como un proxecto unitario, como un obxecto concibido e narrado en toda a súa extensión e profundidade. Un territorio onde experimentar con diversos procedementos, un xogo discursivo entre a palabra e a imaxe, establecendo unha particular simbiose entre ambas. O pintor e gravador Manuel Silvestre, presenta un conxunto de libros de artista onde a imaxe faise presente en cada unha das páxinas. Case todas pezas únicas nas que intervén co propósito de xerar un discurso formal no que experimenta con elementos gráficos directos: manchas, maculaturas, máscaras, tipografías, papeis e imaxes recortados e encolados. Son obras mudas que transcenden o contido literario -do mesmo xeito que os poemas visuais de Joan Brossa- pois van máis aló do simple impacto visual en busca dunha terceira dimensión, o que provoca unha chiscadela gráfica que busca a complicidade do espectador. (Manuel Silvestre)
Doutor en Belas artes e catedrático da Facultade de Belas Artes da Universitat Politécnica de Valencia,
© Xacobe Meléndrez Fassbender
chiscadelas gráficas
Manuel Silvestre Visa
Podemos ver esta mostra nas peceiras de creatividade da Biblioteca a partires do 15 de outubro.
NO TINTEIRO | PÁXINA 15
bibedu.blogaliza.org nebedaclubelectura.wordpress.com/
www.facebook.com/bibliotecaeducacionUDC
@biblioeduca
es.pinterest.com/cineduca es.pinterest.com/beducacion
Podes consultar os números anteriores no noso blog bibedu.blogaliza.org/no-tinteiro
Biblioteca Facultade de Ciencias da Educación Setembro 2017 www.educacion.udc.es/biblioteca As imaxes utilizadas están sometidas aos dereitos de copyright dos seus autores