No Tinteiro 15

Page 1

-15xaneiro - marzo 2018 FORMACIÓNS E MEMORIA

ONDE PUBLICAR

NÉBEDA

EXPOSICIÓNS

club de lectura e encontros literarios

mostras bibliográficas arte

2017

Alumnado, PDI e PAS

Guía útil


CONTIDOS px. 3-5

px. 10-11

FORMACIÓNS DA BIBLIOTECA

CLUB DE LECTURA

Oferta de ALFIN e formacións para a comunidade universitaria.

Encontros literarios con escritoras e escritores actuais na nosa lingua.

px. 6

px. 12

MEMORIA DA BIBLIOTECA

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA O noso pasado, a nosa lingua

px. 7-9

px. 13-16

ONDE PUBLICAR?

ARTE NA BIBLIOTECA

Guía elaborada pola Biblioteca con pautas e ferramentas útiles para publicar con impacto.

Exposicións de pintura de Noemía Lorenzo Pérez e Lauri Goás.

NO TINTEIRO | PÁXINA 2


FORMACIÓNS BIBLIOTECA

DA

ALFIN

Neste primeiro trimestre de 2018 realizaranse formacións para alumnado de fin de grao, alumnado de doutoramento e docentes. Ademais das formacións previstas, lembrade que temos cursos á carta, podedes elexir o qeu mellor satisfaga as vosas necesidades. No último cuatrimestre de 2017 formamos a todo o alumnado de primeiro de Grao. Estas formacións iniciais están incluídas no PAT. Tamén impartimos cursoa a que estaba realizando o TFG eTFM, así como a alumnado de doutoramento.

Os cursos para axuda na procura e xestión da información para a preparación do TFG terán lugar no mes de febreiro, en coordinación co Vicedecanato de Organización académica. Terá unha duración de catro horas presenciais. Neste curso apréndese ao alumnado a facer procuras complexas nas bases de datos científicas e noutras fontes de información, utilizar tesauros, evitar o plaxio e utilizar xestores bibliográficos para crear citas e referencias segundo o estilo da APA. Ofrecemos un asesoramento persoal durante e despois do curso, con axuda na revisión bibliográfica. Compleméntanse con contidos creados pola Biblioteca na plataforma Moodle. NO TINTEIRO | PAXINA3


NO TINTEIRO | PAXINA3 NO TINTEIRO | PAXINA 4


COMPETENCIAS INFORMACIONAIS E DIXITAIS PARA O ACCESO E XESTIÓN DA INFORMACIÓN ACADÉMICA: PDI E DOUTORAMENTO 2018

Cursos en colaboración con CUFIE: Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación (Parte teórica en liña do 1 de febreiro ao 1 de marzo de 2018 / Obradoiros nos centros do 2 ao 31 de marzo de 2018) (Virtual / Bibliotecas dos centros) Cómo buscar e usar a información para elaborar a tese de doutoramento (Parte teórica en liña do 3 ao 20 de abril de 2018 / Obradoiros do 23 de abril ao 31 de maio de 2018) (Virtual / Bibliotecas dos centros

Seminarios prácticos: Os que seguen son algunhas das opcións ofertadas, se estás interesada/o nalgún deles busca colegas e o realizamos, ou contacta con nós e nos encargamos de formar grupo. Recuperación da información en Ciencias da educación: a procura bibliográfica. (4 horas). Avaliación da produción científica. (4 horas) Xestión da información (4 horas) Implementar a visibilidade das publicacións (4 horas) Comunicación da información. (2 horas) NO TINTEIRO | PÁXINA 5


MEMORIA ANUAL DA BIBLIOTECA

Como cada ano, a Biblioteca vén de elaborar a súa memoria do 2017, que se publicará na nosa páxina web e será, asemade, enviada a todo o profesorado e PAS para a súa consulta. Como adoitamos, nela damos datos sobre a mesma (adquisicións, préstamos….) e publicitamos a nosa colección e servizos. Como novidade, nesta ocasión farase fincapé naqueles procesos da Biblioteca que poden ser máis úteis para as persoas qeu utilizan os nosos servizos, como cuestións relacionadas cos pedidos de monografías e revistas (como e en que prazo facer a solicitude e cando recibirei o aviso de chegada) ou procedementos para continuar utilizando a Biblioteca unha vez rematados os estudos na UDC: O máis visíbel no 2017 foi a inauguración da nova sala de traballo de grupo Elvira Bao e o feito de asinar nomes propios aos diferentes espazos da biblioteca. As salas de traballo en grupo están moi solicitadas e a creación deste novo espazo aumentou as posibilidades de reserva e uso.Tamén renovamos a sinalética, coa intención de mellorar o acceso ás coleccións. Tamén é de salientar a publicación do Plan de Formación en Competencias Informacionais da Biblioteca, accesible na web.

NO TINTEIRO | PÁXINA 6


Onde publicar? Guía Non sempre é doado elixir a revista na que podemos publicar o noso artigo, xa que son varios os factores que influirán na decisión: 1. Impacto da revista. Sempre que sexa posible, debemos optar por unha revista de impacto, de cara a unha posterior avaliación da nosa produción científica. As distintas axencias de avaliación valoran preferentemente os artigos publicados en revistas indizadas en Web of Science e en Scopus, e polo tanto as recollidas no JCR (Journal Citation Reports) e SJR (Scimago Journal Rank). De non estar nestes índices poderán ser considerados os indicios de calidade da revista, isto é que cumpran unha serie de requisitos como son a revisión por pares, resume e palabras chave en inglés, e tamén se terán en conta as citas recibidas polo artigo. Se estamos realizando unha tese por compendio de artigos será imprescindible tamén o impacto da revista.

4. Acceso aberto ou pechado, e ás veces, relacionado con este punto, se estamos ou non dispostos a pagar por publicar. Non debemos desconfiar do acceso aberto, é a tendencia actual da produción científica e a que nos vai dar máis visibilidade e, polo tanto, maior número de citas. O número de revistas en OA incluídas nos índices de impacto se está incrementando. Cal é o problema? Que en ocasións para publicar en algunha desas revistas debemos pagar unha cantidade considerable que pode variar entre os 1000 e 3000 €. Hai revistas que ofrecen as dúas opcións pero a de acceso aberto con pago se publica antes.

2. Idoneidade da materia. Debemos ler con detemento a cobertura temática da revista, tipoloxía de documentos, así como o tipo de análise que aceptan (cuantitativos, cualitativos, de caso, estudos comparativos, etc.) Asegurarémonos que o noso artigo se adapta ben a os requirimentos. 3. Periodicidade e rapidez na publicación dos traballos (prazos de revisión, de aceptación e tempo ata a publicación). Non é o mesmo publicar un traballo en humanidades que un traballo de ciencia e tecnoloxía, se no primeiro caso a rapidez pode non ser imprescindible, si o é no segundo, xa que a obsolescencia da información é moito maior. Tamén é un factor importante cando o artigo forma parte dun proxecto cun tempo límite estipulado para a súa publicación. Debemos valorar asemade as taxas de rexeitamento, para non perder tempo agardando se previsiblemente imos ter poucas probabilidades. NO TINTEIRO | PÁXINA 7


Para que un artigo sexa admitido nunha revista de impacto é imprescindible que o tema tratado sexa relevante e que, dalgún xeito, teña alcance internacional. Tamén é importante elixir ben quen vai colaborar con nós, xa que actualmente prima a autoría colectiva, o traballo en equipa nunha investigación, e as revistas científicas internacionais van por ese camiño, de aceptar traballos realizados co esforzo e participación de varias persoas. Mais o número non debe ser excesivo e cada participante deberá ter un papel activo no traballo, a orde de autoría virá determinada pola importancia da contribución de cada quen.

1. Procurar nos índices de gradación ou impacto JCR (Web of Science, de Thompson & Reuters, agora Clarivate) e SJR http://www.scimagojr.com (Scopus, de Elsevier), nos que atoparemos as revistas que teñen maior impacto a nivel internacional. Permiten buscar revistas, facer comparacións entre varias, ver rankings por áreas, limitar por países, etc. Tamén existen outros índices como son o índice H (en SJR) e H5 que podemos ver en Scholar Metrics ou o ICDS que ofrece MIAR (para revistas españolas e tamén internacionais).

Como procurar as revistas de maior impacto para publicar?

2. Outras bases de datos que non dan índices de impacto pero si nos permiten ver índicios de calidade da revista: Emerging Sources Citation Index (ESCI) tamén de Thomson-Reuters no que están as revistas que superaron unha primeira avaliación de Clarivate e que poderán continuar para a súa posible inclusión en SCIE, SSCI e AHCI. A Clasificación Integrada de Revistas Científicas (CIRC) https://clasificacioncirc.es/inicio ofrece unha clasificación de revistas científicas de Ciencias Sociais e Humanas en función da súa calidade. Tamén podemos buscar entre as revistas que teñen o selo de calidade da FECYT https://calidadrevistas.fecyt.es/.

3. É importante facer unha procura bibliográfica sobre o noso tema nas principais fontes bibliográficas nacionais e internacionais (WOS, Scopus, Psyinfo, Eric, Pubmed, Sport Discus, CSIC, Dialnet) para ver onde son publicados os artigos relacionados co noso tema, despois miraremos se esas revistas teñen factor de impacto ou satisfán os criterios de calidade. Se buscamos en WOS ou en Scopus é evidente que a revista xa ten unha calidade boa.

NO TINTEIRO | PÁXINA 81


ferramentas específicas

Existen ademais ferramentas específicas que nos permiten, a partires da introdución do título, palabras chave ou abstract do noso manuscrito, ver unha listaxe de revistas clasificadas de maior a menor impacto, ofrecendo ademais os prazos de revisión, aceptación e publicación, así como se é preciso pagar ou non e as porcentaxes de rexeitamento.

Journal guide https://www.journalguide.com/: É unha ferramenta creada por persoal informático e de investigación. Permítenos ademais do comentado anteriormente crear un perfil para crear listaxes, exportar datos e compartir con colegas. Springer Journal Selector, con moita información sobre como preparar o manuscrito e consellos prácticos. A ferramenta Springer Journal Suggest https://journalsuggester.springer.com/# permite buscar revistas introducindo título ou abstract, limitando por área. Edanz Journal Selector https://www.edanzediting.com/journal-selector. Coas mesmas opcións xa comentadas. Elsevier Journal Finder http://journalfinder.elsevier.com. É similar aos anteriores pero restrinxido ás revistas de Elsevier. Asemade debemos ter en conta onde non publicar, xa que existen revistas chamadas depredadoras. Estas revistas utilizan nomes similares a revistas de impacto e indicadores con nomes que tamén nos poden despistar. OLLO!, adoitan enviar correos electrónicos ofrecendo publicar nas súas revistas, non confiedes nestas propostas. Consultade antes na Biblioteca. CIRC ofrece unha base de datos na que podemos procurar se unha revista é ou non depredadora https://clasificacioncirc.es/resultados-busqueda-predator, ou ben consultar a Beall’s listo f predatory journals https://beallslist.weebly.com/

Axudámosvos

Aprendervos no uso de todas estas ferramentas Axudarvos na revisión do manuscrito (estrutura, palabras chave ou bibliografía). Seleccionar as revistas máis axeitadas para publicar.

NO TINTEIRO | PÁXINA 9


Nébeda Club

de

lectura

e

2

Ten como finalidade a creación de hábitos lectores entre estudantes da Universidade, ao tempo que fomenta a utilización da lingua galega e o coñecemento da nosa literatura contemporánea. Quere ser un lugar de encontro, arredor da lectura, interxeneracional e entre os distintos grupos da comunidade universitaria. Promove a utilización da lingua galega e potencia o achegamento á narrativa, poesía, teatro ou banda deseñada contemporáneas en galego. Procura tamén o diálogo con outras artes, como o cine, realizándose sesións debate cinematográfico.

5NO TINTEIRO | PÁXINA 10

encontros

literarios

ECTS

Pretende a interacción cos textos, chegando á creación dunha obra propia (texto, imaxe fotográfica ou vídeo). Dirixido a alumnado, PAS e PDI da Universidade da Coruña, aínda que o curso completo coa realización de todas as actividades para a obtención de 2 ECTS está focalizado ao alumnado da UDC. Organizado por o Servizo de Normalización Lingüística e a Biblioetca da Facultade de CC da Educación. Coordinado por Inma Doval Porto. Modera as sesións de cine Juan José Bueno Aguilar.


PROGRAMA 2018 Febreiro

Novela histórica. Literatura e sociedade.

Os nenos da varíola

María Solar. Escritora e xornalista. Licenciada en Bioloxía e Xornalismo. Diplomada en Maxisterio. Encontro literario o 6/2 ás 17 h.

Con motivo desta lectura realizaremos unha exposición bibliográfica nas "peceiras de creatividade" sobre Isabel Zendal e a expedición que levoua a vintedous nenos a América para levar no seu corpo a vacina contra a varíola. Contaremos coa colaboración de Begoña Bas López e Roberto García Morís, xa que están a traballar co alumnado no tema. A exposición poderá visitarse ata o 15 de febreiro.

abril

Banda deseñada. Lectura da obra Cabana de Balieiros de Tokio. Lectura da información colgada no blog de Nébeda e comentarios na mesma. Participación no encontro literario. Autor: Tokio (Alfredo Lópes Cabana de Fernández, autor do texto e Balieiros debuxos). Escritor, ilustrador e biólogo. Data a confirmar O autor realizará unha exposición con ilustracións da oobra na Sala Xohana Torres. Engadirmos máis información no vindeiro número. NO TINTEIRO | PÁXINA 11

Santos Diaz CC-BY-SA 3.0


o noso pasado, a nosa lingua Dende o 15 de febreiro ata o 15 de abril pódese ver na Biblioteca a exposición bibliográfica O noso pasado, a nosa língua. Trátase dunha mostra dupla, recollendo textos sobre o reino suevo e tamén sobre a lírica medieval galega. Con ela queremos dar visibilidade a dúas exposicións extraordinarias e únicas que temos no noso país até primeiros de marzo: "Pergamiño Vindel": un tesouro entre sete cantigas. Museo do Mar en Vigo, Trátase dun manuscrito con sete cantigas de amigo de Martín Códax, cedidas temporalmente polo Morgan Library Museum de Nova Yok á Universidade de Vigo. "In tempore sueborum", repartida en tres lugares da cidade de Ourense, o Museo Municipal, o Centro Cultural Marcos Valcárcel e a Igrexa de Santa María Nai. Primeira exposición monográfica que se dedica ao reino suevo, o primeiro reino medieval de Occidente.

NO TINTEIRO | PÁXINA 12


© Xacobe Meléndrez Fassbender

ARTE NA BIBLIOTECA

Noemí Lorenzo Pérez Pensando cos pés Pensando cos pés forma parte dunha mostra máis ampla que Noemí Lorenzo Pérez realizou co patrocinio do Colexio Oficial de Podólogos de Galicia (COPOGA) para conmemorar o seu XX aniversario, e que foi exposta na Galería Sargadelos de Ourense e no MIHL de Lugo no 2017. A proposta nace a partires A proposta nace a partires do traballo fotográfico de pés nus,

libres de todo accesorio. En palabras da autora: “Quixen facer uns debuxos que nos achegasen directamente a eles, ós pés, sen outra interrupción visual, nun formato próximo ás imaxes xurdidas dun fotomatón. Deste xeito, ademáis de pór en valor as nosas extremidades inferiores, pretendía crear un momento de intimidade entre o público e a peza, tentando provocar unha reflexión no primeiro”. Posteriormente ás tomas fotográficas realiza apuntes a lapis e vai tirando moldes dos pés a escala real nuns casos en resina de poliéster transparente, noutros en escaiola e resina de poliuretano. Utilizou pintura dourada para xogar coa idea de ouro como valor económico. Realiza ademais unha serie de debuxos en tinta chinesa sobre papel de poliéster do pé en movemento. NO TINTEIRO | PÁXINA 13


Noemí Pérez Lorenzo é doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo e titulada no VII Mestrado sobre Obra Gráfica do Centro Internacional para a Estampa Contemporánea (CIEC, Betanzos, A Coruña).Ten realizado numeroas exposicións individuais e colectivas. Ecos de Narciso Autoretrato. Noemía Lorenzo Pérez

Nesa primeira mostra presentaba unha peza dos seus pés, aberta á colaboración do público, coa intencion de que fora este quen a concluíra. “Eles xeran o ritmo da parte que vai na parede e se prolonga un anaco ó chan, onde debe ser rematada coas pisadas do calzado da xente que visite a sala. Os restos de po que cadaquén trae nos zapatos deixan un rastro de pegadas cun ritmo máis aleatorio, que contrasta coa formalidade da parte suspendida no muro. As luces e sombras xéranse pola mestura de diferentes pisadas con diferente carga matérica, creando cadencias con zonas luz e sombra.” Agora amosa unha selección daquelas pezas: o díptico Con bos pés, realizado en óleo con tinta fluorescente sobre lenzo; unha serie en grafito e lapis acurelable sobre papel de poliéster; e unha colección de pequenas esculturas en resina transparente sobre fondo dourado. Os pés teñen unha longa tradición simbólica na arte con valores relixiosos, mitolóxicos ou incluso fetichistas, nus ou calzados, son a parte da anatonmía que relaciona o mundo inferiror (do inframundo) co terrestre. Aquiles tiña un punto débil, o seu talón dereito, polo que o agarrou a súa nai, Tetis, cando o mergullou no lago de Estigia para facelo inmortal; os pés de Hermes ou Mercurio teñen as xa que el é o mensaxeiro dos deuses; os pés de Cristo aparecen nús, e na cruz con cravos representativos da dor; no templo de Éfeso a cabeza de Ártemis aparece xunto á planta dun pé; Sérapis e Isis tamén teñen a súa iconografía unida aos pés, como outros deuses e deusa exipcios; tamén este extremidade é utilizada en moitos exvotos; temos pegadas na arte rupestre, tanto na Península como en Ibero-América (Cuevas de Oxkutzcab en México, escritura maia, etc.) (Rodríguez Oliva, 1987). Na Biblia os pés teñen gran importancia, Xesús lava os pés aos seus discípulos como vemos tamén en numerosas pinturas renacentistas e barrocas. E xa na arte contemporánea temos os pés das bailarinas de Degás ou os debuxos de Egon Schiele, entre outras obras (Villaverde Solar, 2008). Rodríguez Oliva, P. (1987). Representación de pies en el arte antiguo de los territorios malacitanos. Baética: Estudios De Arte, Geografía E Historia, (10), 189-210. Villaverde Solar, M. D. (2008). La representación de los pies en el arte moderno y contemporáneo: Su valor iconográfico, simbólico y compositivo. Revista Internacional De Ciencias Podológicas, 2(1), 27-38. NO TINTEIRO | PÁXINA 14


Lauri Goás Artista plástica e pianista. Con só cinco anos aloumiñaba as teclas do piano e desa intimidade nacía a música que hoxe forma parte da súa profesión e creación. Graduada no Conservatorio Superior de Música da Coruña, estudou piano con Irina Moriatova, Marina Shamagian e María Keilina; composición con Antón García Abril e Wladímir Rossinskij; e canto con Pablo Carballido e Diana Somkhieva. Actualmente é profesora de piano no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Realiza concertos como solista e como acompañante en danza clásica. Dirixe recitais de piano no MAC da Coruña. A súa creación plástica é autodidacta, e o diálogo coa música emerxe de cada pincelada. O seu tema principal é a figura feminina, que flúe na quentura das cores. Debuxo e pintura, acuarela, acrílico e óleo, son as técnicas máis utilizadas. “Desde una liviandad textural casi evanescente a obras donde la materia se desarrolla tridimensionalmente; como en una vocación escultórica que quizás precise en su momento del espacio para un cabal desarrollo. Y en todos ellos, la expresión de una sensibilidad a flor de piel. La feminidad -protagonista temática única y absoluta- como una emanación natural de la propia pintora; de su visión del mundo” (Carrillo, 2016). Carrillo, J. (2016, xuño 30). La versatilidad de un alma sensible (post de blog). Recuperado de http://lineasadicionales.blogspot.com.es/2016/06/

NO TINTEIRO | PÁXINA 15


Heroínas Durante o mes de marzo e ata o 6 de abril podemos ver no espazo Xohana Torres a serie “Llitle red Riding Hood”. Trátase dunha ollada crítica á transmisión da literatura clásica infantil, dende un punto de vista de xénero, reinterpretando as súas mensaxes. A muller dos contos revélasenos ante a deturpación da súa palabra, ela é a heroína, a que debe vencer a violencia da sociedade patriarcal. E se todas as protagonistas deses contos toman a palabra e se liberan da imaxe que delas nos achegou a literatura? Recibiríamos unha mensaxe primixenia, que crearía unha nova infancia, unha nova sociedade.

Little riding hood

NO TINTEIRO | PÁXINA 16


bibedu.blogaliza.org nebedaclubelectura.wordpress.com/

www.facebook.com/bibliotecaeducacionUDC

@biblioeduca

es.pinterest.com/cineduca es.pinterest.com/beducacion

Podes consultar os números anteriores no noso blog bibedu.blogaliza.org/no-tinteiro

Biblioteca Facultade de Ciencias da Educación Setembro 2017 www.educacion.udc.es/biblioteca As imaxes utilizadas están sometidas aos dereitos de copyright dos seus autores


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.