O NÚMERO ÁUREO, Ф=1,61803398 O número áureo, tamén coñecido como razón áurea, represéntase coa letra grega Φ, en honor a Fidias, o arquitecto que deseñou o Partenón, (é un templo dedicado á deusa Atenea que protexe a cidade de Atenas), é o monumento máis importante da civilización grega antiga e considérase como unha das máis belas obras arquitectónicas da humanidade. O descubrimento deste número atribúese á escola Pitagórica, de feito os pitagóricos utilizaban como símbolo a estrela de cinco puntas, na que aparecen distintas razóns ou proporcións áureas. Este número aparece repetidamente no mundo que nos rodea, primeiramente na natureza, nas proporcións dos corpos dos seres vivos, na forma de distribuírse as follas e flores no talo das plantas, e logo en todas as obras da man do home. Usouse como elemento de deseño en construcións arquitectónicas tan antigas como a pirámide de Keops, sempre co propósito de crear beleza, harmonía e perfección.