Día de Rosalía

Page 1


Rosalía de Castro é a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas. A publicación do seu libro Cantares Gallegos, o primeiro escrito integramente no noso idioma, sinala o inicio da restauración do uso escrito do noso idioma e o final de séculos de silencio e esquecemento. A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade. Desde o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polas galegas e os galegos como poeta nacional, pois reclamou a redención da da patria galega e asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Esta galeguidade intrínseca dos seus textos, esta comunicación e entendemento permanente co seu pobo, ao se dirixir a el no seu idioma propio, foi o que que a fixo tamén poeta de todos os pobos, chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de todos os tempos.


ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES Adios, ríos; adios, fontes; adios, regatos pequenos; adios, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei, prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, muíño dos castañares, noites craras craras de luar, campaniñas trimbadoras, da igrexiña do lugar, amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo, ¡adios, para sempre adios! ¡Adios groria! ¡Adios contento! ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conozo por un mundo que non vin! Deixo amigos por estraños, deixo a veiga polo mar, deixo, en fin, canto ben quero... ¡Quen pudera non deixar!... ........................................ Mais son probe e, ¡mal pecado!, a miña terra n'é miña, que hastra lle dan de prestado a beira por que camiña

ó que naceu desdichado. Téñovos, pois, que deixar, hortiña que tanto amei, fogueiriña do meu lar, arboriños que prantei, fontiña do cabañar. Adios, adios, que me vou, herbiñas do camposanto, donde meu pai se enterrou, herbiñas que biquei biquei tanto, terriña que nos criou. Adios Virxe da Asunción, branca como un serafín; lévovos no corazón: Pedídelle a Dios por min, miña Virxe da Asunción. Xa se oien lonxe, moi lonxe, as campanas do Pomar; para min, ¡ai!, coitadiño, nunca máis han de tocar. Xa se oien lonxe, máis lonxe Cada balada é un dolor; voume soio, sin arrimo... ¡Miña terra, ¡adios!, ¡adios! ¡Adios tamén, queridiña!... ¡Adios por sempre quizais!... Dígoche este adios chorando desde a beiriña do mar. Non me olvides, queridiña, si morro de soidás... tantas légoas mar adentro... ¡Miña casiña!,¡meu lar! Cantares Gallegos, Gallegos, 1863


NEGRA SOMBRA Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras, i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora. En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma moras, nin me abandonarás abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras. Follas Novas Novas, 1880


A XUSTIZA POLA MAN Aqués que ten fama de honrados na vila, roubáronme tanta brancura que eu tiña; botáronme estrume nas galas dun día, a roupa de cote puñéronma en tiras. Nin pedra deixaron deixaron en donde eu vivira; sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas; ó raso cas lebres dormín nas campías; meus fillos…, ¡meus anxos…!, que tanto eu quería, ¡morreron, morreron ca fame que tiñan! Quedei deshonrada, mucharonme a vida, fixéronme un leito de toxos toxos e silvas; y en tanto, os raposos de sangre maldita, tranquilos nun leito de rosas dormían. -¡Salvádeme, ou, xueces!xueces!- berrei…¡Tolería! De min se mofaron, vendeume a xustiza. -Bon Dios, axudaimeaxudaime- berrei, berrei inda… Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra. oíra. Entonces, cal loba doente ou ferida, dun salto con rabia pillei a fouciña, rondei paseniño… ¡Nen as herbas sentían! I a lúa escondíase, i a fera dormía cos seus compañeiros en cama mullida. Mireinos con calma, i as mans estendidas, dun golpe, ¡dun soio!, soio!, deixeinos sen vida. I ó lado, contenta, senteime das vítimas, tranquila, esperando pola alba do día. I estonces…, estonces cumpreuse a xustiza: eu, neles; i as leises, na man que os ferira. Follas Novas, Novas, 1880


UN REPOLUDO GAITEIRO... Un repoludo gaiteiro gaiteiro de pano sedán vestido como un principe cumprido cariñoso e falangueiro, antre os mozos o primeiro e nas sidades sin par, tiña costume en cantar aló pola mañanciña: Con esta miña gaitiña as nenas hei de engañar.

Camiño da romería debaixo dunha figueira, canta meniña solteira ¡Quérote!, lle lle repetía..., i el coa gaita respondía por a todas embaucar pois ben fixera en cantar aló pola mañanciña: Con esta miña gaitiña As nenas hei de engañar.

Sempre pola vila entraba con aquel de señorío señorío sempre con poxante brío co tambor se acompasaba; e si na gaita sopraba, era tan doce soprar, que ben fixera en cantar Aló pola mañanciña: Con esta miña gaitiña As nenas hei de engañar.

Elas louquiñas bailaban e por xunta del corrían, cegas, cegas que non vían as espiñas que as cercaban; probes pombiñas buscaban a lus que as iba a quiemar, pois que el soupera cantar aló pola mañanciña: Con esta miña gaitiña As nenas hei de engañar.

Todas por el reloucaban Todas por el se morrían, Se o teñan perto, perto, sorrían Se o tiñan lonxe, choraban. ¡Mal pocado!, non coidaban que aquel seu frolear tiña costume en cantar aló pola mañanciña: Con esta miña gaitiña As nenas hei de engañar.

¡Nas festas canto contento! ¡Canta risa nas fiadas! Todas, todas namoradas déranlle o seu pensamento; i el, que de amores sedento quixo a todas engañar, cando as veu dimpois chorar cantaba nas mañanciñas: Non sexan elas toliñas Non veñan ao meu tocar. Cantares Gallegos, Gallegos, 1863


LIEDER (…) Jamás ha dominado en mi alma la esperanza de la gloria ni he soñado nunca con laureles que oprimiesen mi frente. Solo cantos de alrrededor independencia y libertad han balbucido mis labios aunque al hubiese sentido, desde la cuna ya, el ruido de las cadenas que debían aprisionarme para siempre, porque el patrimonio de la mujer son los grillos de la esclavitud. Yo, sin embargo, soy libre, libre como los pájaros, como las brisas; como los árboles en el desierto y el pirata en el mar. Libre es mi corazón, libre mi alma, y libre mi pensamiento, que se alza hasta el cielo y desciende hasta hasta la tierra, soberbio como Luzbel y dulce como una esperanza. Cuando los señores de la tierra me amenazan con una mirada, o quieren marcar mi frente con una mancha de oprobio, yo me río como ellos se ríen y hago, en apariencia, mi iniquidad más grande que que su iniquidad. En el fondo, no obstante, mi corazón es bueno; pero no acato los mandatos de mis iguales y creo que su hechura es igual a mi hechura, y que su carne es igual a mi carne. (…) Artículo publicado en El Álbum del Miño ,1858


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.