Actividades. Grupo Pegadas

Page 1

ACTIVIDADES Documentación elaborada para o alumnado Entendemos que esta documentación é máis significativa estruturada por ámbitos. ➢ Ámbito científico: Documentación para o alumnado ➢ Ámbito lingüístico Documentación para o alumnado

Relación das tarefas máis importantes realizadas polo alumnado 1. Inicio da busca de información dos dous proxectos: ➢ consulta de fontes e selección das mesmas, tras comprobar a autoría ➢ lectura e comprensión da información ➢ análise e síntese dos datos relevantes ➢ elaboración do documento, evitando a reprodución literal dos textos consultados e facendo un esforzo por ser orixinal ➢ busca de imaxes e/ou vídeos que apoien o texto explicativo dando, sempre que sexa posible, a referencia da fonte ➢ interpretación de gráficos e mapas ➢ recollida das fontes consultadas ➢ lectura pausada da información para corrixir os posibles erros, tanto de redacción como léxicos ou ortográficos

Tamén nós somos Da Vinci


2. Elección do elemento básico de cada proxecto: o sensor (funcionamento, comparativa, conexionado, vantaxes e desvantaxes dos mesmos). O sensor Grupo Pegadas Vídeo explicativo 3. Redacción final dos documentos en Drive, tendo en conta a estrutura que debe ter todo traballo. A pegada dixital (ámbito lingüístico) A pegada dixital (ámbito científico) 4. Deseño, implementación e automatización da apertura e peche dunha porta corrediza usando como chave un sensor de pegada dixital: simulación do proxecto con Scratch 2.0, construción física da maqueta da porta dun garaxe, elección do sensor de pegadas dixitais, montaxe electrónico, programación dos elementos do proxecto co IDE de Arduino e conclusións e posibles melloras. 5. Lectura e comprensión de textos xornalísticos, vinculando o obxecto de estudo á actualidade. ¿Pueden realmente hackear tus huellas dactilares…? 6. Creación de liñas do tempo, en Tiki-Toki, que reflictan a historia da pegada dixital. Historia da pegada dixital 7. Creación das webs nas que albergar os proxectos:

Link Web Pegadas 8. Presentación e exposición do seu traballo aos seus compañeiros e compañeiras. 9. Exposición e gravación de cada unha das partes máis relevantes do proxecto:  A pegada dixital: Historia da pegada dixital; Que imos facer?; O sensor como elemento esencial do proxecto; Construción, montaxe e cableado dos compoñentes electrónicos; Programación. Vídeos “A pegada dixital” 12. Visita ao instituto Aquis Celenis de Caldas como fase final do proxecto, para demostraren a súa capacidade de transmisión oral a estudantes de 3º PMAR. 13. Reflexión e valoración da presentación do seu proxecto en Caldas. As nosas impresións. Grupo Pegada 14. Encontro, no instituto, cun axente da Policía científica, que lles deu a coñecer datos importantes da utilización das pegadas como método de identificación. Tamén nós somos Da Vinci


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.