ACTIVIDADES Documentación elaborada para o alumnado Entendemos que esta documentación é máis significativa estruturada por ámbitos. ➢ Ámbito científico: Documentación para o alumnado ➢ Ámbito lingüístico Documentación para o alumnado
Relación das tarefas máis importantes realizadas polo alumnado 1. Inicio da busca de información dos dous proxectos: ➢ consulta de fontes e selección das mesmas, tras comprobar a autoría ➢ lectura e comprensión da información ➢ análise e síntese dos datos relevantes ➢ elaboración do documento, evitando a reprodución literal dos textos consultados e facendo un esforzo por ser orixinal ➢ busca de imaxes e/ou vídeos que apoien o texto explicativo dando, sempre que sexa posible, a referencia da fonte ➢ interpretación de gráficos e mapas ➢ recollida das fontes consultadas ➢ lectura pausada da información para corrixir os posibles erros, tanto de redacción como léxicos ou ortográficos
Tamén nós somos Da Vinci
2. Elección do elemento básico de cada proxecto: o sensor (funcionamento, comparativa, conexionado, vantaxes e desvantaxes dos mesmos). O sensor Grupo UV Vídeo explicativo 3. Redacción final dos documentos en Drive, tendo en conta a estrutura que debe ter todo traballo. Os raios ultravioleta (ámbito lingüístico) Os raios ultravioleta (ámbito científico) 4. Deseño, implementación e automatización do medidor de raios UV: simulación do proxecto con scratch 2.0, construción física do mesmo, elección do sensor de raios ultravioleta, montaxe electrónico, programación dos elementos do proxecto co IDE de Arduino e conclusións e posibles melloras. 5. Lectura e comprensión de textos xornalísticos, vinculando o obxecto de estudo á actualidade. ¿Cuánto sol es bueno para la salud? 6. Creación de carteis de prevención solar en Publisher. Carteis de prevención solar 7. Creación das webs nas que albergar os proxectos:
Link Web UV 8. Presentación e exposición do seu traballo aos seus compañeiros e compañeiras. 9. Exposición e gravación de cada unha das partes máis relevantes do proxecto: Os raios ultravioleta: Que imos facer?; Construción, montaxe e cableado dos compoñentes electrónicos; O sensor como o elemento esencial do proxecto; Programación; Aplicacións. Vídeos “Os raios UV” 10. Visita ao instituto Aquis Celenis de Caldas como fase final do proxecto, para demostraren a súa capacidade de transmisión oral a estudantes de 3º PMAR. 11. Reflexión e valoración da presentación do seu proxecto en Caldas. As nosas impresións. Grupo UV 12. Encontro, no instituto, cun axente da Policía científica, que lles deu a coñecer datos importantes da utilización das pegadas como método de identificación. Tamén nós somos Da Vinci